En cumprimento da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a dar publicidade á prórroga, por un prazo dun ano máis, da encarga a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., ordenada por Resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 30 de decembro de 2019, para a tramitación e xestión do alleamento de bens inmobles que lle sexan adxudicados ao Igape en procedementos xudiciais, desde o 1 de xaneiro de 2020 e ata o 31 de decembro de 2020.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2020
Juan M. Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica