Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 3 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio dos procedementos sancionadores por infracción na orde social (expediente 39490893P/19/12/2019/2.1.E e un máis).

Intentadas as notificacións das comunicacións do inicio dos procedementos sancionadores ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polas que se acordan o inicio dos expedientes sancionadores arriba referenciados, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) para formularen por escrito as alegacións que xulguen oportunas, documentalmente acreditadas, ante a oficina de emprego O Carballiño, sita na rúa Otero Pedrayo, 20, baixo, do Carballiño, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como para os efectos de coñecer integramente o contido da comunicación de inicio ditada polo xefe territorial.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles as persoas interesadas que se, transcorrido o dito prazo, non achegan alegacións en tempo e forma, ditará a correspondente resolución a Xefatura Territorial de Ourense, que dispón dun prazo de seis meses desde a data deste acordo para notificarlles a resolución pertinente.

Ourense, 3 de febreiro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 39490893P/19/12/2019/2.1.E.

Persoa interesada: DNI 39490893P.

Concello: O Carballiño.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da comunicación: comunicación por parte da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecido.

Expediente: Y5865758J/20/12/2019/2.1.E.

Persoa interesada: NIE Y5865758J.

Concello: O Carballiño.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da comunicación: comunicación por parte da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecido.