Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Verín (expediente IN407A 2019/035-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Pedro Tizón Barro, colexiado número 3270 Coeticor, Ourense, o día 4.9.2019, e asinado electronicamente en data 13 de setembro de 2019.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTS VII808, CT e RBT Queizás.

Situación: Concello de Verín.

Características técnicas:

• LMTS ao novo CT Queizás, con E/S en CT proxectado, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na LMT VII808, P.A.R. nº 1 e final na LMT VII808, P.A.R. nº 2.

• RBTS de 351 m de lonxitude, 2 circuítos, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 1*240 Al mm2 Al, con orixe no CT prefabricado man. ext. proxectado Queizás e final nos apoios de formigón existentes en nodos H e G.

• CT Queizás compacto, telecontrolado, 2L1P, con corte en SF6, de 250 kVA de potencia e r/t: 20.000/400 V con envolvente man. ext.

• Orzamento: 100.722,81 €.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, de ser o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas de 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, de ser o caso, polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 27 de xaneiro de 2020

O xefe territorial
P.S.L. (Decreto 135/2017, artigo 62.3)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación
Administrativa e Xestión Económica