Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 12367

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853B).

BDNS (Identif.): 495922.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

As agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que teñan constituída unha unidade mixta de investigación beneficiaria dunha axuda da Axencia Galega de Innovación, para a súa creación e posta en marcha, das convocatorias dos anos 2016 e 2017 e que non desfrutasen ou estean a desfrutar de axudas para a súa consolidación.

Estas unidades mixtas de investigación son as beneficiarias das axudas da Axencia Galega de Innovación concedidas polas resolucións do 23 de novembro de 2016 (DOG nº 237, do 14 de decembro) ou do 31 de outubro de 2017 (DOG nº 213, do 9 de novembro), coa excepción daquelas beneficiarias que renunciasen á axuda e as unidades que recibisen ou estean recibindo axudas de Gain para a súa consolidación.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a consolidación das unidades mixtas de investigación xurdidas ao abeiro das convocatorias de axudas de Gain dos anos 2016 e 2017.

O obxectivo das axudas convocadas é a consolidación, o fortalecemento e o mantemento da actividade investigadora e innovadora destas unidades mixtas de investigación, dando así continuidade e evolución ás expectativas, obxectivos e resultados das súas liñas de investigación e traballo co desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas.

Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2020 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853B). As axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Contía

O importe total da convocatoria é 2.000.000,00 de euros, coa seguinte distribución por anos:

Ano 2020 (€)

Ano 2021 (€)

Ano 2022 (€)

Ano 2023 (€)

Total (€)

240.800,00

679.600,00

679.600,00

400.000,00

2.000.000,00

As axudas reguladas nesta resolución estarán cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: eixe 1. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, prioridade de investimento 1.2. Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes, obxectivo específico 1.2.3. Fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes, e actuación CPSO 1.2.3.2. Actividades de investigación e innovación para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos público-privados: centros mixtos de I+D+i.

Intensidade das axudas: 30 % do orzamento da unidade mixta considerable subvencionable, cun máximo de 1.300.000,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no DOG e, se é inhábil, o primeiro día hábil seguinte.

Outros datos.

Poderase anticipar ata o 50 % do importe da subvención concedida para cada anualidade.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2019

A directora da Axencia Galega de Innovación
P.A. (Resolución do 16.6.2014, da Presidencia da Axencia;
DOG nº 127, do 7 de xullo)
Benito Fernández Rodríguez
Director da Área de Xestión