Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 11961

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 22/2020, do 6 de febreiro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Valga do treito da estrada PO-190 entre os puntos quilométricos 0+070 e 0+550.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Valga é atravesado por distintas estradas autonómicas, entre elas a PO-190 (PO-548 – Alto do Cordeiro PO-548), que constitúe un treito antigo da estrada PO-548 (Pontecesures N-550) Vilagarcía de Arousa (glorieta porto). A estrada PO-190 pertence á rede secundaria da Xunta de Galicia e conta cunha lonxitude de 4,08 quilómetros. O seu trazado discorre polo termo municipal de Valga entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+940, rematando no municipio veciño de Catoira.

Este treito de estrada, resto antigo da PO-548, discorre por solo clasificado como urbano polo plano vixente PXOM do concello. Conta con marcadas características urbanas, está integrado no tecido urbano do núcleo de Ferreirós e o seu tráfico rodado é principalmente de ámbito local. Así mesmo, carece de funcionalidade dentro da Raega xa que a estrada PO-548 supón unha alternativa viaria á estrada PO-190.

O Concello de Valga e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas asinaron un convenio de colaboración para a «dotación de servizos e pavimentación na PO-190 desde o punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 0+470». O concello coa sinatura deste convenio, presta a súa conformidade ao cambio de titularidade dos puntos quilométricos previstos no convenio e nos proxectos de construción redactados pola Axencia Galega de Infraestruturas e polo concello respectivamente no seu día, e que se corresponden cos seguintes puntos quilométricos do inventario de estradas (Axenda):

• Punto quilométrico 0+000 do convenio, correspóndese co punto quilométrico 0+070 da Axenda.

• Punto quilométrico 0+470 do convenio, correspóndese co punto quilométrico 0+550 da Axenda.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de febreiro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Valga de:

Clave

Denominación

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89)

PO-190

PO-548 – Alto do Cordeiro – PO-548

0+070

X=526.084 Y=4.727.475

0+550

X=525.683 Y=4.727.377

– Modificar o Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia corrixindo a nomenclatura da PO-190 da seguinte maneira:

Estrada

Rede

Denominación

Clave anterior

PO-190

S

Ferreirós – PO-548

C-550

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Valga deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade ao que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Valga, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de febreiro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade