Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 12374

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2020 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, procede convocar as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante, SUG), que se detallan nos anexos desta resolución.

O Plan formativo para o ano 2020 continúa cunha oferta formativa conxunta en materia de idiomas para o persoal indicado no parágrafo anterior.

Deste xeito garántese que todas as persoas destinatarias destas actividades, con independencia da Administración a que pertenzan, poidan acceder a esta formación de carácter transversal, que é precisamente unha das que concentra a maior demanda. Con isto, ademais de ampliar a oferta formativa, procúrase unha xestión máis eficiente desta e unha maior racionalización na cobertura das prazas.

RESOLVO:

Convocar as actividades de formación continua en materia de idiomas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

1. Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia, e de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo cuidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

2. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os/as empregados/as públicos/as da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 28 de febreiro de 2020.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a unha.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o/a alumno/a teña coñecemento de que foi seleccionado/a para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado/a debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permiso de maternidade/paternidade) de acordo cos criterios de selección, poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (9.00 a 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Proba de nivel nas actividades de idiomas de teleformación:

Durante o prazo de presentación de solicitudes todo o persoal que desexe solicitar algún dos niveis das actividades de lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa impartidas na modalidade de teleformación, terá dispoñible unha proba de nivel orientativa.

Para realizar a proba de nivel pode facelo accedendo á aula virtual da EGAP no enderezo <https://egap.xunta.gal/aulavirtual/> utilizando o mesmo usuario e contrasinal que na zona de matrícula. Despois de realizar a proba de nivel poderá matricularse na actividades formativas que se correspondan con ese nivel.

2. Proba de nivel nas actividades de idiomas presenciais:

A proba de nivel realizarase con anterioridade ao inicio da actividade para os efectos de seleccionar grupos o máis homoxéneos posibles.

Nestas actividades as probas de nivel serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará da súa selección e da necesidade de realización da proba a través do correo electrónico, indicándolle as datas concretas, o horario e as características desta.

3. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), tendo en conta a seguinte preferencia:

– En primeiro lugar terán preferencia as persoas aspirantes que realicen tarefas/funcións para as que precisen o coñecemento dun idioma en concreto, acreditadas mediante un certificado expedido polo/a seu/súa superior xerárquico durante o prazo de presentación de solicitudes establecido na base 3.1. Non se terán en conta os certificados presentados fóra de prazo.

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración. Para os efectos desta convocatoria non se terán en conta os cursos de idiomas realizados nos dous últimos anos.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo).

A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartiranse nun 70 % para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; nun 10 % para o persoal das entidades locais; outro 10 % para a Administración de xustiza de Galicia, e o 10 % restante para o PAS das universidades galegas do SUG.

No caso de que non haxa un número suficiente de solicitantes da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional poderá completarse o número de alumnos/as asignado co persoal das restantes administracións destinatarias desta resolución de convocatoria de acordo cos criterios sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

4. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

1. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

2. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Novena. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá nas actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Modalidade/localidade

Datas e horario

Data e hora do exame

PI20001

Lingua de signos

25

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Presencial
Santiago de Compostela

Do 24.3.2020 ao 9.6.2020
(Martes e xoves) 16.30 a 18.30 h

9.6.2020 17.30 h

PI20001

Lingua de signos

25

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Presencial
Vigo

Do 15.9.2020 ao 5.11.2020
(Martes e xoves) 16.30 a 19.00 h

5.11.2020 18.00 h

PI20002

Conversa en francés

15

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Presencial
Santiago de Compostela

Do 23.3.2020 ao 22.6.2020
(Luns e mércores) 18.30 a 20.30 h

22.6.2020 19.30 h

PI20003

Conversa en inglés

Do 24.3.2020 ao 25.6.2020
(Martes e xoves) 16.30 a 18.30 h

25.6.2020 17.30 h

Do 8.9.2020 ao 1.12.2020
(Martes e xoves) 16.30 a 18.30 h

1.12.2020 17.30 h

PI20004

A Coruña

Do 23.3.2020 ao 22.6.2020
(Luns e mércores) 16.30 a 18.30 h

22.6.2020 17.30 h

Lugo

Do 24.3.2020 ao 23.6.2020
(Martes e xoves) 16.30 a 18.30 h

23.6.2020 17.30 h

Ourense

Presencial Pontevedra

PI20005

Conversa en alemán

15

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Presencial
Santiago de Compostela

Do 24.3.2020 ao 25.6.2020
(Martes e xoves) 16.30 a 18.30 h

25.6.2020 17.30 h

PI20006

Conversa en portugués

15

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Presencial
Santiago de Compostela

Do 23.3.2020 ao 22.6.2020
(Luns e mércores) 16.30 a 18.30 h

22.6.2020 17.30 h

PI20007

Inglés técnico xurídico para o sector público

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Presencial
Santiago de Compostela

Do 23.3.2020 ao 25.6.2020
(Luns e xoves)
16.30 a 18.30 h

25.6.2020 17.30 h

PI20008

Lingua alemá. Nivel básico 1

75

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 1.6.2020

5.6.2020 16.30 h

PI20009

Lingua alemá. Nivel básico 2

50

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 1.6.2020

5.6.2020 17.30 h

PI20010

Lingua alemá. Nivel intermedio 1

25

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 1.6.2020

5.6.2020 19.00 h

PI20011

Lingua alemá. Nivel intermedio 2

25

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 1.6.2020

5.6.2020 19.00 h

PI20012

Lingua inglesa. Nivel básico 1 (nivel 1)

75

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 12.5.2020

18.5.2020 16.30 h

PI20013

Lingua inglesa. Nivel básico 1 (nivel 2)

75

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 12.5.2020

18.5.2020 17.30 h

PI20014

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (nivel 3)

75

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 12.5.2020

18.5.2020 19.00 h

PI20015

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (nivel 4)

75

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 12.5.2020

19.5.2020 16.30 h

PI20016

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 5)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 12.5.2020

19.5.2020 17.30 h

PI20017

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 6)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 12.5.2020

19.5.2020 19.00 h

PI20018

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 7)

25

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 12.5.2020

20.5.2020 16.30 h

PI20019

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 8)

25

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 12.5.2020

20.5.2020 16.30 h

PI20020

Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (nivel 9)

25

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 12.5.2020

20.5.2020 17.30 h

PI20021

Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (nivel 10)

25

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 12.5.2020

20.5.2020 17.30 h

PI20022

Lingua francesa. Nivel básico 1

100

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 30.6.2020 e do 14.9.2020 ao 27.10.2020

2.11.2020 16.30 h

PI20023

Lingua francesa. Nivel básico 2

75

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 30.6.2020 e do 14.9.2020 ao 27.10.2020

2.11.2020 19.00 h

PI20024

Lingua francesa. Nivel intermedio 1

50

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 30.6.2020 e do 14.9.2020 ao 27.10.2020

3.11.2020 16.30 h

PI20025

Lingua francesa. Nivel intermedio 2

50

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 30.6.2020 e do 14.9.2020 ao 27.10.2020

3.11.2020 17.30 h

PI20026

Lingua francesa. Nivel avanzado 1

50

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 30.6.2020 e do 14.9.2020 ao 27.10.2020

3.11.2020 19.00 h

PI20027

Lingua inglesa. Nivel básico 2

Do 7.9.2020 ao 2.12.2020
(Luns e mércores) 16.30 a 18.30 h

2.12.2020 17.30 h

PI20028

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1

(Martes e xoves) 18.30 a 20.30 h

1.12.2020 19.30 h

2.12.2020 19.30 h

PI20029

Do 23.3.2020 ao 2.12.2020
(Luns e mércores) 16.30 a 18.30 h

2.12.2020 17.30 h

PI20030

Lingua portuguesa. Nivel básico 1 e nivel básico 2

115

100

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 17.3.2020 ao 25.6.2020

30.6.2020 16.30 h

PI20030

Lingua portuguesa. Nivel básico 1 e nivel básico 2

115

100

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 4.5.2020 ao 26.6.2020 e do 14.9.2020 ao 23.10.2020

29.10.2020 16.30 h

PI20031

Lingua portuguesa. Nivel intermedio 1

50

75

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG

Teleformación

Do 13.4.2020 ao 25.6.2020

30.6.2020 19.00 h

PI20032

Lingua portuguesa. Nivel intermedio 2