BDNS Identif.): 496738.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias deste programa os mozos e as mozas que cumpran os requisitos sinalados no artigo 3 da resolución.
Segundo. Obxecto
O obxecto da resolución é regular as axudas correspondentes ao programa Conecta con Galicia para o ano 2020, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 30 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2020 o programa de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior (código de procedemento PR930A).
Cuarto. Importe
As subvencións do presente programa teñen a consideración de axudas en especie e, consecuentemente, non supoñen contabilización do gasto. Os servizos que se prestan ás persoas participantes neste programa serán obxecto de licitación de acordo coa normativa de contratos do sector público.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2019
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración