Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 12924

I. Disposicións xerais

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 24/2020, do 9 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia e polo que se aproba o II Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia.

O artigo 149.1.23 da Constitución española atribúe competencia exclusiva ao Estado para aprobar a lexislación básica sobre protección do ambiente, sen prexuízo das facultades das comunidades autónomas de estableceren normas adicionais de protección. Así mesmo, o seu artigo 148.1.9 dispón que as comunidades autónomas poderán asumir competencias na xestión en materia de protección do ambiente.

O artigo 27.30 do Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia para aprobar normas adicionais sobre a protección do ambiente e da paisaxe nos termos do artigo 149.1.23.

A Lei 42/2007, do 13 de decembro, de patrimonio natural e biodiversidade, sinala no seu artigo 31: «Os parques son áreas naturais que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou da súa diversidade xeolóxica, incluídas as súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos cuxa conservación merece unha atención preferente».

O 18.1.1979 publícase no Boletín Oficial del Estado nº 16 o Real decreto 3160/1978, do 4 de decembro, polo que se declara o parque natural del Monte Aloia (Pontevedra). O Monte Aloia foi o primeiro parque natural creado na Comunidade Autónoma Galega e xa fora declarado sitio natural de interese nacional o 5 de xuño de 1935. Coa transferencia de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en 1984, a xestión do Parque Natural do Monte Aloia pasa á Xunta de Galicia.

O territorio delimitado polo Parque Natural do Monte Aloia integrouse dentro da Rede Natura 2000. Primeiro foi declarado lugar de importancia comunitaria (Decisión da Comisión do 7.12.2004 pola que se adopta, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica, DOUE do 29.12.2004) e, finalmente, como zona de especial conservación (Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (DOG nº 62, do 31 de marzo de 2014). Outra figura de protección que afecta a totalidade do territorio do parque é a zona de especial protección dos valores naturais do Monte Aloia (Decreto 72/2004, DOG nº 69, do 12 de abril).

Na Comunidade Autónoma de Galicia aprobouse a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, que tiña entre os seus obxectivos a protección, restauración e mellora dos recursos naturais e a adecuada xestión dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre. Nesta lei tamén aparecía a figura de parque natural entre as categorías de espazos naturais protexidos.

O Parque Natural do Monte Aloia dispón dun Plan de ordenación dos recursos naturais aprobado polo Decreto 274/2001, do 27 de setembro (DOG nº 205, do 23 de outubro), así como dun Plan reitor de uso e xestión, aprobado polo Decreto 65/2009, do 19 de febreiro, vixente durante 6 anos.

O Decreto 274/2001, do 27 de setembro, contén, entre outros aspectos, tanto as normas particulares sobre a zonificación no seu número 7 (que desagrega en zona de uso restrinxido, zona de uso moderado e zona de uso especial), como a necesidade de que o Plan reitor de uso e xestión o desenvolva mediante programas básicos de actuación sectorial e que se elaborará segundo o disposto da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, e na Lei 4/1989, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre (norma derrogada pola Lei 42/2007, do 13 de decembro), así como un plano sobre a zonificación referida.

A necesidade de homoxeneizar as denominacións da zonificación dos distintos parques naturais (sen alterar de ningún modo os límites dos espazo protexido), ben como de aprobar o correspondente instrumento de xestión que desenvolva as previsións do Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia motivan a necesidade de aprobar esta disposición de carácter xeral, que terá, en consecuencia, como obxectivos, a modificación do Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia e a aprobación do Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia. Neste senso, transcorridos mais de 10 anos desde a aprobación do Decreto 65/2009, do 19 de febreiro, resulta necesario aprobar un novo plan reitor de uso e xestión que substitúa o anterior, conforme o disposto no artigo 36 da Lei 9/2001, do 21 de agosto.

Pola súa banda, o artigo 31 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, enumerou os distintos instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos e establece que nos parques a xestión se levará a cabo mediante plans reitores de uso e xestión.

Na actualidade, a Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, establece o requirimento dun plan reitor de uso e xestión (PRUX) para os parques naturais e as reservas naturais e marca os contidos básicos do plan.

En canto ao procedemento de elaboración deste decreto, por medio do Anuncio do 19 de decembro de 2017 da Dirección Xeral de Patrimonio Natural someteuse á participación do público conforme o establecido no artigo 16 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso ao ambiente.

Conforme o establecido no artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, previamente á aprobación do Plan reitor de uso e xestión, o día 14 de agosto de 2019 publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 154 o Anuncio do 2 de agosto de 2019, da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se acorda someter ao procedemento de información pública o Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia.

Con posterioridade ao trámite de información pública solicitáronse os informes sectoriais preceptivos nos termos establecidos nos artigos 41 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Igualmente incorporáronse ao expediente os informes emitidos pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e pola Xunta Consultiva do parque natural Monte Aloia.

Polo exposto, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do nove de xaneiro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación do Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia

Un. O punto 7.1 do anexo do Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia queda modificado no sentido de substituír o título «Zona de uso restrinxido (limitado)» por «Zona de uso limitado».

Dous. O punto 7.2 do anexo do Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia, queda modificado no sentido de substituír o título «Zona de uso moderado (forestal)» por «Zona de uso compatible».

Tres. O punto 7.3 do anexo do Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia, queda redactado nos seguintes termos:

«7.3. Zona de uso xeral.

Son espazos con certos valores naturais e paisaxísticos que constitúen lugares de estadía, lecer e espallamento ao aire libre de modo compatible coa conservación da natureza e a educación ambiental. Tamén teñen esta consideración aquelas áreas con importantes alteracións de orixe antrópica dentro do recinto do parque natural.

Inclúense nesta zona aquelas áreas do parque natural cun alto interese recreativo, xa que reúnen condicións idóneas para este uso, entre as cales destacan a presencia de auga, sombra, topografía suave e boa accesibilidade.

Están englobados aquí os seguintes enclaves do parque natural: Circos, A Macoca, Trapa, Faca, Casa Forestal, Cabanas, O Cruceiro Novo, Udencias, santuario de San Xián e miradoiro da Oliva, antiga zona de acampada, San Fins e Muíños do Deique, así como as vías principais de comunicación, que teñen como finalidade básica o fluxo de vehículos e visitantes, o que significa sectores cunha forte presión de uso público; as áreas urbanizadas con edificacións e as instalacións deportivas de uso intensivo (campos de fútbol e campo de tiro).

Nestas zonas o uso recreativo deberá ser compatible coa rexeneración da vexetación autóctona e as actividades didácticas de educación ambiental.

*Usos e actividades compatibles.

a) Permitiranse todos aqueles usos e actividades que estean relacionados coas áreas en cuestión, sen prexuízo do espírito conservacionista e de protección que rexerá calquera actividade que se realice dentro do parque natural e con carácter xeral, o uso recreativo que non supoña unha deterioración das condicións naturais destes espazos.

b) Os usos e actuacións destinados a mellorar as condicións naturais e paisaxísticas destes espazos ou a facilitar a realización de actividades científicas e didácticas.

c) Permítese o uso de vehículos de motor polas vías pavimentadas e os aparcadoiros.

d) Poderanse realizar obras de mellora das vías sen que supoñan unha deterioración dos valores naturais que se pretende protexer.

*Usos e actividades incompatibles.

a) Calquera actuación que vaia en contra dos valores naturais que se pretenden protexer ou en contra das determinacións do presente PORN e con carácter xeral, todos aqueles usos que poidan comportar a alteración e degradación da vexetación autóctona.

b) A circulación de vehículos de motor fóra das pistas e camiños.

c) As verteduras de calquera tipo de materiais, lixo e refugallos fóra dos puntos especialmente habilitados para tal fin.

d) Facer lume fóra dos puntos especialmente habilitados para tal fin.

e) O aparcamento de vehículos, agás nas áreas debidamente acondicionadas para tal fin.

f) Queda limitado a 20 toneladas o peso máximo autorizado por vehículo en todas as pistas e estradas do parque natural, con excepción da estrada Tui-Gondomar».

Catro. O punto 9 do anexo do Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia queda redactado nos seguinte termos:

«9. Desenvolvemento do plan.

O desenvolvemento deste plan de ordenación de recursos naturais deberá realizarse mediante o correspondente Plan reitor de uso e xestión, que se elaborará segundo o disposto na Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre, e na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

O Plan reitor de uso e xestión desenvolverase mediante programas básicos de actuación sectorial que poderían ser os que a seguir se citan:

a) Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural.

b) Programa de investigación, seguimento e avaliación.

c) Programa de uso público.

d) Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos».

Quinto. O mapa de zonificación do anexo do Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia queda substituído polo mapa de zonificación do anexo I.

Artigo 2. Aprobación do II Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia

1. Apróbase o II Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia.

2. No anexo II deste decreto recóllese o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia.

3. No anexo III deste decreto recóllese a cartografía correspondente ao Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia.

4. A consellería con competencias en materia de conservación da natureza deberá garantir o acceso permanente na súa web á información contida no plan, incluída a cartografía, e manter actualizada a dita información cando se produzan modificacións ou revisións.

Artigo 3. Réxime de infraccións e sancións

O réxime sancionador aplicable será o recollido na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade e, con carácter complementario, o establecido na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

Disposición adicional única. Denominacións da zonificación

Todas as referencias contidas no Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia, relativas á «zona de uso restrinxido (limitado)» e á «zona de uso moderado (forestal)», entenderanse referidas á «zona de uso limitado» e á «zona de uso compatible» respectivamente.

Disposición derrogatoria. Derrogacións

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ou contradigan ao disposto no presente decreto e, en particular, o Decreto 65/2009, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Habilítase a persoa titular da consellería competente en materia de conservación da natureza para aprobar mediante orde, no ámbito das súas competencias, as disposicións precisas para o desenvolvemento deste decreto.

As ditas ordes respectarán o establecido no título III da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente.

Disposición derradeira segunda. Vixencia

O Plan reitor de uso e de xestión do Parque Natural do Monte Aloia terá unha vixencia de, como mínimo, dez anos, e deberase revisar ao termo do prazo de vixencia establecido ou antes, se for necesario, conforme o estado da ciencia e da técnica ou da aplicación das medidas de seguimento que correspondan.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de xaneiro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Plano de zonificación do Parque Natural do Monte Aloia

missing image file

ANEXO II

Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia

1. Memoria.

1.1. Exposición de motivos.

O Parque Natural do Monte Aloia (no sucesivo, parque natural), no concello de Tui, ao sur da provincia de Pontevedra, foi declarado o 4 de decembro de 1978, en virtude do Real decreto 3160/1978, do 4 de decembro, sobre a declaración do Parque Natural del Monte Alhoya (Pontevedra), BOE nº 16, do 18 de xaneiro de 1979.

O Monte Aloia, cunha superficie de 746,29 ha, foi o primeiro parque natural creado na Comunidade Autónoma galega e xa fora declarado sitio natural de interese nacional o 5 de xuño de 1935. Coa transferencia de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en 1984, a xestión do Parque Natural do Monte Aloia pasou á Xunta de Galicia.

Con posterioridade o territorio delimitado polo parque natural integrouse dentro da Rede Natura 2000. Primeiro foi declarado lugar de importancia comunitaria (Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, pola que se adopta, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica, DOUE do 29 de decembro de 2004) e, finalmente, como zona de especial conservación (Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (DOG nº 62, do 31 de marzo de 2014). Outra figura de protección que afecta a totalidade do territorio do parque natural é a zona de especial protección dos valores naturais do Monte Aloia.

A presente memoria descritiva sobre os compoñentes ambientais e culturais do parque natural desenvolve a información contida no Plan de ordenación dos recursos naturais (Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia); no Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia do ano 2007 (Decreto 65/2009, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia) e do Proxecto de ordenación forestal do Parque Natural do Monte Aloia, redactado no ano 2010.

A Lei 33/2015, do 21 de setembro, pola que se modifica a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, no seu artigo 31, di que se elaborarán plans reitores de uso e xestión dos parques e que a súa aprobación corresponderá ao órgano competente da Comunidade Autónoma.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.trinta, faculta a Xunta de Galicia para levar a cabo aquelas accións que considere necesarias para a protección, conservación e mellora dos espazos naturais. A Lei 5/2019, do 2 de agosto, establece o requirimento dun plan reitor de uso e xestión (PRUX) para os parques naturais e as reservas naturais e marca os contidos básicos do plan.

A Orde do 21 de xaneiro de 1992 sobre o réxime de protección do Parque Natural do Monte Aloia, no seu artigo 6, establece: «A Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes (hoxe, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda), despois de oír a xunta reitora do parque natural, aprobará o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia». Segundo se recolle no Plan de ordenación de recursos naturais, o desenvolvemento do citado plan deberá realizarse mediante o correspondente PRUX.

En consecuencia, o presente PRUX redáctase cumprindo os requisitos establecidos pola normativa estatal (Lei 33/2015) e autonómica (Lei 5/2019). Os efectos do presente plan terán o alcance que establezan as súas propias normas de aplicación; será obrigatorio e executivo nas materias que aparezan reguladas na Lei 33/2015 e na Lei 5/2019.

Así mesmo, debido á integración do parque natural na Rede Natura 2000, a redacción do PRUX articúlase co fin de evitar que se produzan alteracións ou deterioracións significativas sobre a integridade da zona especial de conservación Monte Aloia (ZEC ES1140005), e mais asegurar o mantemento nun estado de conservación favorable dos hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE alí representados e mais dos hábitats das especies silvestres de flora e fauna dos anexos II, IV e V da directiva 92/43/CEE e no anexo I da Directiva 2009/147/CE, e de acordo co Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

A articulación das medidas de xestión require, de acordo coa Directiva 92/43/CEE, a realización dun plan de xestión específico para os lugares da Rede Natura 2000, así como o establecemento de medidas regulamentarias e administrativas, acordes coas exixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats e especies de interese para a conservación e, especialmente, as contidas nos anexos pertinentes das directivas 92/43/CEE e 2009/147/CE.

1.2. Situación xeográfica.

O parque natural está situado no concello de Tui, no suroeste da provincia de Pontevedra, Comunidade Autónoma de Galicia. As Coordenadas do seu punto central son 8º 68’ 00” O/42º 08’ 22” N.

1.3. Ámbito de aplicación do PRUX.

O presente plan reitor de uso e xestión será de aplicación en todo o territorio do parque natural, segundo os límites establecidos no Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Monte Aloia.

O parque natural comprende, de acordo coa limitación establecida no Decreto 274/2001, do 27 de setembro, unha superficie de 746,29 ha, das cales 337 ha pertencen á entidade local menor de Pazos de Reis (Tui) e 409 ha á Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Rebordáns.

Os límites xeográficos do Monte Aloia son os que de seguido se mencionan: norte, termo municipal do Porriño e Gondomar; sur, propiedades particulares do concello de Tui; leste, propiedades particulares do concello de Tui e oeste, Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Randufe e persoas particulares.

1.4. Alcance e efectos.

O PRUX terá carácter vinculante desde o momento da súa aprobación definitiva.

De acordo co artigo 19 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, o PRUX prevalecerá sobre o planeamento urbanístico e ordenación do territorio. Cando as súas determinacións sexan incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, os órganos competentes revisarán esta última de oficio.

As determinacións do PRUX aplicaranse sen prexuízo da lexislación agraria, forestal, de augas e demais normativa sectorial. No caso de contradición entre diferentes normas será de aplicación aquela de carácter máis protector sobre os valores naturais do parque natural.

1.5. Diagnose: pronóstico e potencialidades.

1.5.1. Xeoloxía e xeomorfoloxía.

Xeoloxía.

O territorio do ámbito do PRUX desenvólvese sobre un substrato maioritariamente granítico correspondente coa oroxenia herciniana.

As grandes formas do relevo da comarca son produto de movementos tectónicos a favor de fracturas en direccións aproximadamente perpendiculares, N-S e E-O. Trátase probablemente de fracturas antigas reactivadas durante o Terciario. Destaca entre elas a que deu lugar ao val principal do Miño no seu tramo inferior e resulta análoga ás que xeraron as Rías Baixas.

A descrición dos tipos litolóxicos presentes no ámbito do plan baséase na memoria da folla 04-12 (261) de Tui, do Mapa Xeolóxico Nacional editado polo ITGE. A zona e a súa contorna presentan un evidente predominio dos granitoides relacionados coa oroxenia herciniana, de composición de ácida a intermedia, que aparecen uns intrudidos nos outros:

a) Depósitos coluviais cuaternarios. Procedentes de derrubas nas ladeiras máis pronunciadas, mostran un dominio das texturas graúdas, aínda que con pobre clasificación e, por tanto, heteroxeneidade no tamaño do gran, con limos, areas e cantos de composición variable segundo a rocha nai.

b) Paragneises. Trátase de gneises de biotita e plaxioclasa, con certa variabilidade nos seus compoñentes minerais e súa granulometría. Pola súa riqueza en micas e plaxioclasa, cabe pensar que se orixinaron a partir de formacións de tipo grauwáquico. Presentan intercalación de paraanfibolitas, en niveis lentellonares que non exceden os 3-4 m de potencia e dificilmente superan os 100 m de lonxitude de afloramento. A súa composición é basicamente hornebléndica, con plaxioclasa e cuarzo.

c) Granitos alcalinos de dúas micas pouco deformados. Constitúen as rochas máis abundantes da folla de Tui (04-12); preséntanse nun gran afloramento que ocupa a parte centro-occidental da citada folla. Aparece relacionado con catro tipos de rochas: intrudindo a granodiorita precoz e as formacións metasedimentarias dos complexos Monteferro-O Rosal e Vigo-Tui, e son intrudidos, pola súa vez, polos granitos adameíticos de Pinzás. Téñense observado foliacións con dirección N-150-E, aínda que xeralmente menos desenvolvidas que nos granitos cataclásticos. Pódense observar diferentes facies: granitos equigranulares de gran medio a groso (facies común), granitos porfiroides, granitos equigranulares de grande medio a fino e granitos moscovíticos.

Xeomorfoloxía.

O conxunto montañoso formado pola serra do Galiñeiro e o monte Aloia constitúe unha superficie de aplanamento superior que se estende en dirección NO-SE e que contrasta coa morfoloxía plana da depresión do Porriño-Tui. Este relevo é o resultado do progresivo desmantelamento polo río Miño e os seus afluentes dos restos dunha chaira irregular fracturada (penechaira de arrasamento da oroxenia herciniana), situados a diferentes niveis. O grao de desmantelamento das distintas zonas está en función dos materiais que afloran nelas.

No parque natural distínguense catro grandes unidades xeomorfolóxicas:

a) Superficies culminantes. Trátase das zonas altas do ámbito do plan que constitúen as divisorias de augas entre as subbacías hidrográficas. Baixo esta epígrafe incluirase a superficie superior do monte Aloia e a divisoria chamada Costa de Oia, situada no extremo NNE do parque natural.

b) Superficie superior do monte Aloia. Trátase da zona chaira por enriba dos 600 m, que presenta pendentes de suaves a moderadas e onde se localizan varios promontorios de natureza granítica coñecidos como penedos; alí atópanse varios miradoiros.

c) Divisoria Costa de Oia. Constitúe un interfluvio con pendente lonxitudinal (NO-SE) e con escasa dimensión transversal (<150 m), onde son frecuentes os afloramentos rochosos. As formas que presenta son, en xeral, suaves e a súa altitude máxima acada os 495 m.

d) Ladeiras. Debido á natureza do ámbito do plan, trátase da unidade máis estendida. Son formas de forte pendente (chegan a superar o 60 %) que presentan irregularidades tanto lonxitudinalmente como no gradiente vertical. Inclúen a presenza de interfluvios e valgadas de pequeno tamaño. Trátase de superficies propensas á inestabilidade e que presentan abundantes afloramentos rochosos.

Clima.

O clima nesta zona é de tipo atlántico europeo con veráns cálidos e invernos frescos e chuviosos. O clima correspóndese na clasificación de Papadakis co marítimo temperado. A precipitación anual media é de 1.930 mm, e a temperatura media anual de 14 ºC. A amplitude térmica é moderada, cunha media anual de 12,7 ºC.

Para a caracterización climática tomáronse como referencia os datos recollidos na estación meteorolóxica (termopluviométrica), do monte Aloia a unha altitude de 400 m.s.n.m. Latitude: 42.0786 WGS84 (EPSG: 4326). Lonxitude: -8.67945 WGS84 (EPSG: 4326).

Hidroloxía.

O desenvolvemento hidrolóxico está determinado por dous factores. Por unha parte, o carácter litolóxico do conxunto do territorio, configurado a grandes trazos polas rochas ígneas (materiais graníticos), que pola súa natureza son materias de baixa permeabilidade, ben que localmente esta pode aumentar, segundo as influencias estruturais e de foliación que presentan estes materiais. Xa que logo, a escasa permeabilidade por parte do substrato que limita a infiltración e por conseguinte orixina unha importante enxurrada. Por outra banda, o clima é outro factor que considerar, xa que determinará as dispoñibilidades hídricas. En liñas xerais, dada a litoloxía presente, prodúcese un predominio de circulación hidráulica en forma de escorremento superficial, quedando o escorremento subterráneo moi limitado e condicionado pola fisuración, diaclasamento e foliación.

A rede fluvial está directamente condicionada polas características fisiográficas do territorio, situado na superficie superior de aplanamento da serra do Galiñeiro. Esta rede fluvial está constituída por diversos regatos que nacen nas cotas máis altas do macizo do monte Aloia e que despois se constitúen nunha auténtica rede de drenaxe de todo o macizo.

O escorremento superficial organízase no ámbito do plan en dúas bacías hidrográficas denominadas Louro e O Rosal (Díaz Fierros, F. 1995), ben que ambas as bacías son, en realidade, subbacías do denominado sistema Miño-Sil. Á bacía do Louro, que drena a parte setentrional e oriental do macizo, pertencen os regatos San Simón, Deique e Rebordáns, mentres que á bacía do Rosal, que drena a parte suroccidental do macizo, pertencen os regatos Udencias-Tripes e Tabernas. Existen varias presas nos leitos dos cursos fluviais; é o caso das pozas de Cabanas, Clavildo e Paredes. Tamén son frecuentes as pequenas depresións temporalmente asolagadas, que se encontran condicionadas polo réxime de chuvias.

Pola súa natureza, as litoloxías presentes na área non favorecen o desenvolvemento de acuíferos; estando estes condicionados pola estrutura e a fracturación tectónica que xera nelas unha porosidade de carácter secundario, ben que o grao de fracturación non é tan intenso como para constituír bos reservatorios. Localmente, os mantos de alteración in situ destas rochas graníticas poden albergar recursos de interese local. O seu aproveitamento lévase a cabo mediante captacións para dar caudais da orde dos 0,5 l/s, xeralmente para abastecemento doméstico.

Solos.

Nas valgadas e ladeiras os solos derivados do granito, se non están protexidos por unha cobertoira vexetal densa, son sensibles á erosión. Isto explica que nas áreas graníticas do parque natural non aparezan solos moi evolucionados (rara vez hai verdadeiros horizontes B).

Asociados aos rochedos e ás partes altas das ladeiras encóntranse leptosois líticos, solos que só teñen un horizonte A ócrico de menos de 10 cm de espesor, que descansa sobre a rocha continua e coherente de natureza granítica; e leptosois úmbricos, solos que presentan un contacto lítico que limita o seu espesor en profundidade a menos de 30 cm e constituídos por un horizonte A úmbrico (Macías, F. 1986).

A media ladeira os perfís superficiais dan paso a solos máis profundos, debido a que comezan a producirse procesos de mobilización e acumulación de materiais procedentes de posicións máis elevadas. O aspecto do horizonte A (normalmente úmbrico) non é moi diferente do observado en posicións máis elevadas, pero o seu maior espesor e a existencia de mesturas de fragmentos de rocha e gravas soltas con partículas finas, permite recoñecer a existencia dun transporte de materiais ao longo da ladeira e a súa acumulación nas zonas inferiores. En ocasións, a rocha granítica sofre un proceso de alteración intenso que dá lugar a un material de aspecto parecido ao orixinal, pero mol e facilmente penetrable polas raíces das plantas. Esta formación é o que se coñece vulgarmente como xabre granítico, que corresponde a un horizonte C que pode chegar a ter varios metros de espesor e que se inclúe nos regosois úmbricos de perfil AC. Baixo a denominación de regosois úmbricos tamén se encontran solos que presentan acumulacións espesas de materiais semellantes aos do horizonte A úmbrico, que foron transportados a pequenas distancias e acumulados nas recháns das ladeiras. Localizados en enclaves concretos do ámbito do parque natural, encóntranse os denominados cambisois gleicos, solos restrinxidos a zonas próximas aos leitos fluviais ou depresións onde o nivel freático é elevado.

Flora e vexetación.

A cobertoira vexetal está moi influenciada tanto polos aspectos xeolóxicos e xeomorfolóxicos (litosois, rochedos graníticos e pendentes) como polos usos históricos e actuais do monte. Fundamentalmente, a cobertoira vexetal actual é consecuencia das repoboacións con coníferas efectuadas a principios do século XX co obxecto de mitigar os efectos dos incendios sufridos daquela polo monte Aloia.

Desde un punto de vista corolóxico, e seguindo as propostas de sistematización bioxeográfica perfilada nos traballos de Rivas-Martínez (1983), o ámbito do presente plan atópase no subsector miñense, sector galaico-portugués, provincia cántabro-atlántica, na rexión eurosiberiana. Bioxeograficamente encádrase na provincia atlántica da rexión eurosiberiana, no sector galaico-portugués, e dentro deste no subsector miñense, caracterizado por un réxime benigno de temperaturas que favorece a intrusión de elementos mediterráneos que, se cadra, migraron pola denominada vía litoral. En función da altitude e da orientación, o parque natural atópase situado nos pisos mesosubmediterráneo e termotemperado.

Para caracterizar dunha forma xeral a vexetación optouse por agrupar as distintas formacións vexetais presentes en unidades de vexetación básicas, de acordo co exposto na Guía da flora e vexetación do parque natural (Blanco-Dios, 2005).

• Regatos e ribeiras fluviais. A vexetación potencial destes medios está constituída por un substrato arbóreo dominado polo ameneiro (Alnus glutinosa) e o salgueiro (Salix atrocinerea), que forma as chamadas ripisilvas, de grande importancia ecolóxica debido a que regulan a temperatura das augas, suxeitan as marxes dos leitos e impiden a súa erosión durante as enchentes. Porén, no parque natural, a presenza de Alnus glutinosa é moi escasa e limítase aos treitos das partes baixas dos regatos preto dos límites do parque natural.

Outras especies no substrato arbóreo son os bidueiros (Betula alba var. alba e B. pendula) e máis a abeleira (Corylus avellana). A Betula pendula, foi observada nunha das saídas ao campo, plantada como reforestación riparia ao longo dun curso fluvial, na cal se utilizou esta variedade ornamental no canto da variedade alba. No substrato herbáceo, estas ripisilvas presentan fentos (Athyrium filix-femina, Blechnum spicant e Osmunda regalis) e silvas (Rubus spp.), así como outras especies características das beiras dos regatos como Carex elata subsp. reuteriana, Epilobium obscurum, Molinia caerulea e Saxifraga spathularis. Nos propios cursos de auga encóntranse, entre outras, Callitriche stagnalis, Scirpus fluitans, Montia fontana subsp. amporitana e Ranunculus omiophyllus.

• Pozas e lugares temporalmente anegados. Nestes medios, as comunidades vexetais sitúanse seguindo un gradiente definido polo nivel de asolagamento do substrato, así como pola seca estival.

Nas pozas de Cabanas e Clavildo, onde as augas son permanentes a pesar do descenso estival, encóntranse especies características destes medios como Baldellia alpestris, Thypha latifolia e Myosotis secunda.

En depresións endorreicas e pequenos foxos, onde o nivel da auga permanece case invariable durante os meses de inverno mentres que durante a época estival experimenta un forte descenso, instálase a comunidade caracterizada por Eleocharis multicaulis. Tamén se atopan nestes medios Stellaria alsine e Saxifraga lepismigena, así como Wahlenbergia hederacea.

Nas zonas con solos temporalmente asolagados sitúase unha xunqueira higrófila formada por especies vivaces hemicriptofíticas, dominada por Juncus effusus-Juncus bufonius, e onde tamén se atopan Illecebrum verticillatum e Gamochaeta spicata.

• Matogueiras. Pódense diferenciar dous tipos xerais de vexetación de matogueira: formacións de matogueiras densas e formacións de mato con abundantes afloramentos rochosos. Aínda que en liñas xerais presentan a mesma composición florística e constitúen as etapas de degradación do bosque potencial do territorio, presentan claras diferenzas canto ao grao de cobertura.

Matos densos: esténdense polas ladeiras desprovistas de arboredo ou cunha baixa cobertura de árbores. Teñen a súa orixe na profusión de incendios forestais, que propiciaron a perpetuación destas comunidades evitando a evolución cara a unha situación clímax. Presentan como especies dominantes os toxos (Ulex europaeus, U. minor) e as uces (Erica cinerea, E. umbellata). En determinadas zonas as xestas (Cytisus striatus) substitúen o mato de uces e toxos, formando matos monoespecíficos de porte medio (2-3 m).

Matos dos rochedos: nas zonas con abundantes afloramentos rochosos e desprovistas de arboredo atópase unha comunidade de mato similar á das formacións densas, aínda que, en xeral, cun porte menor. Esta formación adáptase a un solo pouco profundo e a unhas condicións ambientais máis duras. Dominada por matogueiras de uces e toxos (Ulex europaeus, U. minor, U. gallii, U. micranthus, Erica cinerea, E. umbellata, E. arborea, Calluna vulgaris) onde están presentes as carpazas (Cistus psilosepalus, C. salviifolius) e Halimium lasianthum subsp. alyssoides, Galium saxatile, así como outros elementos da uceira atlántica como Daboecia cantabrica e as gramíneas Agrostis curtisii e Pseudarrhenatherum longifolium. Sobre diversas especies de toxo é frecuente atopar Cuscuta epithymum subsp. epithymum. En determinadas zonas en que o terreo foi remexido, os codesos e as xestas (Adenocarpus lainzii, Cytisus striatus) substitúen a matogueira de uces e toxos, formando manchas monoespecíficas densas de porte medio (2-3 m).

• Rochedos e penedías graníticas. A presenza de abundantes afloramentos rochosos de natureza granítica nos cumes, divisorias e gran parte das ladeiras do parque natural propicia a existencia de comunidades vexetais que se encontran adaptadas ás exixentes condicións ambientais dominantes nestes medios. Nos litosois de mínima potencia existentes nas fisuras dos rochedos localízase un bo número de especies de pteridófitos, entre os cales cabe destacar o Asplenium billotii, Asplenium trichomanes, Anogramma leptophylla, Cystopteris viridula, Polypodium interjectum e P. vulgare. Outras especies características destes medios que habitan nas fisuras das rochas son os endemismos do curso baixo do Miño e do Sil Dianthus laricifolius subsp. caespitosifolius, Centaurea Iimbata, Sedum hirsutum, Umbilicus rupestris, Festuca paniculata subsp. multispiculata e Ornithogalum broteroi.

• Carballeiras. O que constitúe a vexetación potencial do parque natural, a carballeira de Quercus robur, na actualidade encóntrase limitada a reducidos arboredos, máis ou menos homoxéneos. En xeral, predominan os individuos novos e resultan escasos os exemplares lonxevos. Non resulta raro atopar pés mesturados de Quercus robur e Q. suber e tamén, outras especies de leñosas como Castanea sativa, Ilex aquifolium, Arbutus unedo, Crataegus monogyna, Prunus spinosa e Pyrus cordata. O estrato arbustivo medra en condicións máis ou menos sombrías e húmidas, e conta coa presenza de fentos Pteridium aquilinum, Dryopteris affinis e Polypodium vulgare, así como da xilbarda (Ruscus aculeatus); son frecuentes tamén a hedra (Hedera helix) e as silvas (Rubus spp.)

• Pequenas mouteiras de sobreirais. Aínda que a sobreira (Quercus suber) conta cunha notable presenza no parque natural, unicamente en determinadas localizacións de solaina forma pequenos arboredos mesturada con Quercus robur.

• Piñeirais de repoboación. Trátase de piñeirais de Pinus pinaster, que é a especie arbórea dominante no parque natural e que ocupa aproximadamente 452 ha. Existen tamén algunhas manchas e pés illados de piñeiro silvestre (Pinus sylvestris) e piñeiro insigne (Pinus radiata), que ocupan unha superficie moito menor. En xeral, trátase de masas con exemplares de porte adulto.

Como sotobosque atópanse formacións de uces-toxos dominadas por Ulex europaeus, U. minor, Erica cinerea, E. umbellata, pero con presenza de Ulex galii, U. micranthus, Genista triacanthos e G. tridentata, así como de Calluna vulgaris, Daboecia cantabrica, Cistus psilosepalus e C. salviifolius.

Como substrato herbáceo acompañando o mato de uces-toxos atópanse, entre outras especies, o fento (Pteridium aquilinum), o narciso (Narcissus triandrus subsp. triandrus), Asphodelus albus subsp. albus, Lithodora prostrata subsp. prostrata, Arenaria montana, Simethis mattiazzi, Polygala vulgaris e as gramíneas Agrostis curtisii e Arrhenatherum elatius subsp. elatius.

• Formacións arbóreas exóticas. Inclúen formacións dominadas pola presenza de mouteiras de coníferas exóticas de introdución artificial, con porte arbóreo e alto grao de cobertura. O termo exótico adóptase aquí para definir aquelas especies que se encontran fóra do seu ámbito bioxeográfico ou afastadas da súa área de distribución natural. A seguir relaciónanse as especies que teñen unha presenza significativa dentro do parque natural.

Cedro de Oregón ou ciprés de Lawson (Chamaecyparis lawsoniana) é unha árbore sempre verde de porte xeralmente piramidal, que pertence á familia das cupresáceas e que nos seus bosques naturais pode acadar os 60 m de altura. Orixinario do sudoeste de Oregón e noroeste de California, utilizouse para repoboar, xa que se reproduce facilmente por semente ou gallo, e medra moi rápido. No ámbito do plan, encóntrase nas pozas de Cabanas e nas proximidades da casa forestal.

Acacias (Acacia spp.): son leguminosas que teñen a súa orixe en Australia e Tasmania e que se introduciron en Europa polo seu valor ornamental e polo seu crecemento rápido e capacidade de expansión. Entre as que mostran unha presenza máis significativa no parque natural, encóntranse dúas especies, a mimosa (Acacia dealbata), especie asilvestrada que forma bosquetes densos nas zonas baixas do parque natural, e a acacia negra (Acacia melanoxylon), distribuída por distintos puntos do parque natural. En Galicia localízanse nos pisos colino, montano baixo húmido e hiperhúmido, e mesomediterráneo húmido, e a primeira considérase como especie invasora.

Robinia: tamén se encontra no ámbito do parque natural a falsa acacia (Robinia pseudoacacia), orixinaria da rexión atlántica dos Estados Unidos, que foi introducida en Europa polo seu valor ornamental e forestal. En Galicia atópase asilvestrada soamente nos pisos colino húmido, hiperhúmido e montano baixo, e mostra certo carácter invasor pola súa facilidade para producir fillos a partir das raíces.

Piñeiro insigne (Pinus radiata): especie orixinaria de California que se utilizou para repoboacións no Norte de España debido ao seu elevado valor forestal. No parque natural atópanse pés illados mesturados con Pinus pinaster, así como unha pequena mouteira de menos de 1 ha. Existe no parque natural un exemplar supervivente das plantacións efectuadas a principios do século XX que está incluído na Lista de árbores senlleiras de España.

O abeto de Douglas ou piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii) é unha pinácea orixinaria da costa oeste de América do Norte que presenta unha copa cónica e que, en condicións naturais, pode acadar os 60 m de altura. Medra en solos frescos e húmidos, preferentemente nos silíceos, e necesita unha certa humidade ambiental. É unha árbore de crecemento rápido cun rendemento en madeira superior ao de todas as coníferas europeas. No ámbito do parque natural localízase unha mouteira de 2,6 ha que ten o piñeiro de Oregón como especie principal.

Cedro xaponés (Cryptomeria japonica): é unha taxodiácea orixinaria do Xapón e do sur da China que se cultiva polo seu valor ornamental e forestal. No monte Aloia atópanse exemplares de notable porte na área de San Xián e nas proximidades da casa forestal.

Eucalipto azul (Eucalyptus globulus): orixinario do sur de Australia e Tasmania, o eucalipto azul, foi introducido polo seu valor para a industria forestal. No parque natural as plantacións de eucalipto ocupan aproximadamente 14 ha e sitúanse mormente en zonas de ladeira con solo escaso e abundantes afloramentos graníticos.

• Herbais e pasteiros. As especies de carácter terofítico, é dicir, aquelas que son capaces de completar todo o ciclo da súa existencia na estación favorable, son as que dominan estes medios. Entre as especies características dos herbais e pasteiros terofíticos encóntranse Moenchia erecta subsp. erecta, Silene scabriflora subsp. scabriflora, Tolpis barbata, Sedum arenarium, Agrostis truncatula subsp. commista, Aira praecox, Anthoxanthum aristatum subsp. aristatum, Vulpia myuros, Stachys arvensis, Ornithopus compressus, O. pinnatus, O. sativus, Trifolium cernuum, T. glomeratum, Asterolinon linum-stellatum, Aphanes australis, Ornithogalum broteroi e Sherardia arvensis.

Naqueles lugares onde o grao de humidade edáfica é máis elevado localízanse as ciperáceas Carex leporina, C. ovalis e C. pilulifera subsp. pilulifera, así como Luzula campestris e Veronica officinalis, mentres que nos solos elevados de carácter higroturboso se encontra Gentiana pneumonanthe.

Nos herbais das beiras dos camiños son frecuentes Silene gallica, Briza maxima, Mentha suaveolens, Vicia sativa, Oxalis corymbosa, O. pes-capreae, Lotus corniculatus subsp. carpetanus, Anthoxanthum amarum e Rumex bucephaloporus subsp. gallicus. En pasteiros de carácter esquelético aparece Romulea clusiana, endemismo da Península Ibérica.

• Labradíos. Inclúense neste punto todas as superficies dedicadas a algún tipo de cultivo, localizadas nas proximidades das zonas habitadas nas partes baixas do parque natural.

• Vexetación ruderal. Trátase de formacións vexetais que habitan en zonas alteradas polo home, como beiras de camiños, campos a poulo, etc. Estes medios son ricos en nitróxeno e caracterízanse por recibiren una insolación elevada debido á falta de cobertoira arbórea. En zonas máis ou menos areosas e beiras de vías atópanse Echium rosulatum, Myosotis discolor e Spergularia purpurea. As compostas están representadas por Artotheca calendula, Bellis perennis, Stellaria media, Carduus asturicus, Chamaemelum nobile, Senecio sylvaticus, S. vulgaris, Soliva pterosperma, típica de lugares pisados, e Sonchus oleraceus. As gramíneas son bos expoñentes destes medios ruderais; entre outras están presentes Avena barbata, Briza maxima, B. minor, Bromus diandrus, Dactylis glomerata, Danthonia decumbens e Poa annua. Entre as leguminosas pódense citar a Medicago minima, M. polymorpha, Trifolium subterraneum e Vicia sativa. Outras plantas presentes son Fumaria muralis, a mapoula (Papaver rhoeas), en herbais subnitrófilos Rumex acetosa, Scrophularia scorodonia, o fiúncho (Foeniculum vulgare), a menta (Mentha súaveolens) e as ortigas (Urtica dioica e U. urens).

Fauna.

Os coñecementos existentes acerca da fauna do parque natural son escasos. A información dispoñible é de carácter xeral e descoñécese para moitos grupos faunísticos o número e a identidade das especies presentes. Mesmo nos grupos mellor coñecidos, como os vertebrados, carécese de información recollida de xeito sistemático sobre aspectos básicos como o patrón de distribución estacional e espacial ou a abundancia das poboacións.

En todo caso, cómpre entender que a fauna do parque natural está constituída na súa maior parte, por especies xeneralistas en termos de requirimentos de hábitat e que son comúns no resto da comarca. Así, moitas especies distribúense pola maioría dos hábitats do parque natural. A seguir descríbense as comunidades faunísticas dos principais medios do parque natural:

• Cursos fluviais. A riqueza da comunidade faunística asociada aos ríos e regatos do parque natural vese moi condicionada tanto polo grao de conservación das súas beiras como polas importantes variacións estacionais do seu caudal. Entre as aves é frecuente a lavandeira real (Motacilla cinerea), asociada aos cursos de maior entidade, concretamente ao río Deique. Neste regato, aínda que non se descarta totalmente a súa presenza noutros cursos do parque natural, é posible a presenza do rato de almizcre (Galemys pyrenaicus), igual que a do murgaño de Cabrera (Neomys anomalus).

Dúas especies de anfibios son características do medio fluvial, a saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica) e a rá patilonga (Rana iberica). Entre os réptiles encontramos o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) nas ribeiras máis vexetadas e tamén o escáncer común (Anguis fragilis).

É frecuente que moitas especies de quirópteros utilicen os cursos fluviais como zonas de caza, ao seren aquí moi abundantes os insectos de que se alimentan. Ademais, é frecuente encontrar o morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) e tamén o morcego común (Pipistrellus pipistrellus).

• Pozas temporais e permanentes. As mellores pozas permanentes son as de Cabanas no regato Udencias, que dan acubillo a unha interesante poboación de vermelliña (Achondrostoma arcasii). Nelas tamén está presente a troita (Salmo trutta fario). O pintafontes común (Lissotriton boscai) e o pintafontes verde (Triturus marmoratus), xunto coa ra verde (Pelophylax perezi) son os anfibios característicos daqueles puntos onde a vexetación subacuática é abundante. Entre os réptiles son especies características as cobras de colar e viperina (Natrix astreptophora e N. maura). Nas pozas temporais desenvólvese tamén unha rica fauna de insectos odonatos.

• Matogueiras e medios rochosos. Nas zonas onde o afloramento rochoso tan só permite o desenvolvemento dunha vexetación herbácea é frecuente o coello (Oryctolagus cuniculus), sempre na proximidade do mato de porte elevado onde poder gorecerse. Aquí fórmanse pozas estacionais, que son utilizadas para reproducirse polo sapo corriqueiro (Epidalea calamita) e a salamántiga común (Salamandra salamandra) na época de reprodución. É abundante o lagarto arnal (Timon lepidus). Encontran tamén aquí un hábitat axeitado a lagarta rabuda (Psammodromus algirus), o esgonzo común (Chalcides striatus) e a cobra lagarteira meridional (Coronella girondica). Entre as aves obsérvanse a papuxa montesa (Sylvia undata), o chasco común (Saxicola torquata), a azulenta común (Prunella modularis) e as escribentas (Emberiza spp.).

• Carballeiras. Nos arboredos caducifolios de carballo son abundantes os páridos e os picafollas (Phylloscopus collybita, P. brehmii) e tamén é frecuente observar o gabeador común (Certhia brachydactyla) e, como especie característica, o gaio (Garrulus glandarius). Entre os invertebrados está presente a vacaloura (Lucanus cervus).

• Piñeirais. Os piñeirais do parque natural albergan unha comunidade de paseriformes forestais, con especies como o ferreiriño común (Periparus ater), o ferreiriño cristado (Lophophanes cristatus), e tamén o gabeador común (Certhia brachydactyla) e o pimpín común (Fringilla coelebs). Nestas zonas ben asolladas é habitual encontrar o lagarto arnal (Timon lepidus) e a lagarta de Bocage (Podarcis bocagei), ocupando a lagarta dos penedos (Podarcis hispanicus) as zonas máis rochosas. Nas zonas onde o mato é abundante encontra un hábitat axeitado a cobra lagarteira común (Coronella austriaca).

Carnívoros como a algaria (Genetta genetta) e o raposo (Vulpes vulpes) desenvólvense nestes medios, igual que o esquío (Sciurus vulgaris). Asociada a esta formación está presente unha fauna de coleópteros escolítidos, insectos xilófagos responsables de pragas forestais.

• Eucaliptais e outras formacións exóticas. A fauna asociada a estes medios é pobre e adoita depender da composición e da cobertura do sotobosque que baixo delas se desenvolve.

• Medios ruderais. É neste medio onde se detecta a maior diversidade de pequenas aves. Grazas á variabilidade estrutural presente, utilizan a zona a totalidade das especies de páridos e frinxílidos do parque natural, acompañados de picafollas (Phylloscopus collybita), merlos (Turdus merula) e paporrubios (Erithacus rubecula). Nos soutos e zonas de vexetación máis mesta está presente a papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala). Entre os mamíferos son característicos o ourizo cacho (Erinaceus europaeus), a toupa cega (Talpa occidentalis) e a donicela (Mustela nivalis).

Unidades ambientais.

As unidades ambientais son as unidades básicas de descrición e avaliación dos territorios amparados pola Rede Natura 2000. Defínense como áreas con características biolóxicas homoxéneas no tocante á vexetación e usos do solo. Na táboa seguinte preséntase a lista de unidades ambientais definidas para o Monte Aloia de acordo coas clases definidas no Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Para cada unha delas indícase a superficie que lle foi estimada no anterior PRUX e máis a evolución estimada desta superficie desde aquela (estable, aumento ou diminución).

Táboa 1

Unidades ambientais do parque natural

UA

Designación abreviada da unidade ambiental

Superficie

(anterior PRUX)

Dinámica

UA220

Augas correntes

5,33 ha

Estable

UA320

Matogueiras e medios rochosos silíceos

246,54 ha

Diminución

UA420

Bosques de carballos caducifolios

10,44 ha

Aumento

UA531

Mosaico rural con campos rodeados de sebes arbustivas

7,46 ha

Diminución

UA630

Piñeirais

435,75 ha

Estable

UA631

Eucaliptais

14,11 ha

Aumento

UA632

Plantacións forestais de especies autóctonas

1,29 ha

Estable

UA633

Plantacións forestais de ximnospermas alóctonas

0,87 ha

Estable

UA634

Plantacións forestais de anxiospermas alóctonas

1,87 ha

Aumento

UA699

Formacións de especies invasoras

4,01 ha

Aumento

UA810

Núcleos de poboación

0,98 ha

Estable

UA820

Construcións de uso agrícola, forestal e de acuicultura

0,10 ha

Estable

UA850

Áreas de uso deportivo, recreativo ou dotacional

5,01 ha

Estable

UA870

Construcións, explotacións e dependencias abandonadas

4,74 ha

Estable

UA890

Áreas perturbadas temporalmente

1,63 ha

Estable

UA910

Vías terrestres de comunicación

42,75 ha

Estable

Como acontece no resto do territorio galego o parque natural está a sufrir as consecuencias do despoboamento e conseguinte abandono do medio rural. En último termo, este abandono determina a progresiva diminución da superficie ocupada polos hábitats abertos (campos de cultivo, pasteiros e matos baixos) que como consecuencia dos procesos de sucesión da vexetación, viran cara a hábitats pechados (mato alto, arboredo e bosque). Entre outras consecuencias, estes cambios adoitan provocar unha diminución xeral da biodiversidade. No caso concreto do Aloia os principais cambios ocorridos desde a redacción do anterior PRUX foron os seguintes:

• Redución da superficie dos hábitats de herbáceas: prados e pasteiros.

• Redución da superficie ocupada polo mato baixo e polo mosaico de mato e pasteiro.

• Redución da superficie ocupada pola vexetación de rochedos e penedías.

• Aumento da superficie de arboredo novo moi denso (piñeiros novos), especialmente na beira esquerda do río Deique.

• Aumento da superficie ocupada por vexetación de leñosas exóticas, fundamentalmente Acacia melanoxylon e, en menor medida Eucaliptus globulus.

• Aumento da cobertoira do sotobosque de leñosas exóticas.

Recursos culturais.

Distintas teorías sitúan no monte Aloia a antiga localización da poboación de Tui. A primeira cita sobre a citada localización proporciónaa Fray Antonio de Sandoval no seu escrito «Antigüedad de la ciudad e iglesia catedral de Tuy» (Braga, 1610), baseada nun documento de 1095, polo que don Ramón e dona Urraca, irmá de Alfonso VI, sinalan a delimitación do couto de Tui: «...venitur in Castrum et ad montem Aloie ubi fuit civitas antiquitus condita et ubi sunt reliquie sancti Iuliani reposite...». Aínda que a cita parece clara, debe ser un erro de apreciación do autor do documento, xa que no monte Aloia non se atopou vestixio ningún, a pesar de atoparse amurallado nunha extensión de 2 km. Baseados nisto, diversos historiadores/as sitúan neste lugar o Mons Medulis que cita Paulo Orosio. O investigador Schulten realizou diversas prospeccións nas cales non encontrou vestixios de hábitat e xustificou a existencia da muralla como medio de protección e defensa nos momentos de evacuación da cidade durante as distintas invasións. Outro lugar que os historiadores/as contemplaron inicialmente coma antiga localización de Tui foi o castro denominado Cabeza de Francos ou castro do Alto dos Cubos, situado na ladeira do monte Aloia, lugar de Frinxo (Pazos de Reis). A pesar de que se comprobou o seu hábitat permanente, a súa reducida identidade motivou desestimar a posibilidade de que albergase unha cidade da importancia de Tui en época romana.

Como elementos do patrimonio histórico-artístico e etnográfico presentes no Parque Natural do Monte Aloia pódense destacar:

• Fortaleza do Monte Aloia: punto incluído no Inventario do patrimonio cultural da provincia de Pontevedra. Conxunto defensivo do cal o documento histórico máis antigo do que se ten coñecemento data do ano 1095. Trátase dun amplo recinto fortificado (muralla ciclópea) que polo seu perímetro pode considerarse como o de maior extensión das fortificacións coñecidas en Galicia «… de las observaciones realizadas durante el trabajo de campo, se extrae que sí existen restos de estructuras lineales que se podrían identificar como murallas, pero que sus características no responden a un planteamiento defensivo unitario, sino que aparecen como tres elementos diferenciados, al menos en esta fase y hasta que se hayan llevado a cabo estudios de mayor profundidad».

• Castro Cabeza de Francos (Alto dos Cubos): poboado (séculos III a C.- III d. C.) cunha superficie de 10.000 metros cadrados. Edificio defensivo que forma parte dun conxunto de castros situados estratexicamente a certa distancia da fortaleza do monte Aloia, entre os cales se atopan o castro de Costal en Ribadelouro, o castro do Castelo en Tui e o castro das Pedras Brancas.

• Muíños de pedra: trátase de antigos muíños de auga, localizados no curso do río Deique, no lugar de Paredes e no curso do río Tripes, augas arriba a partir do lugar de Circos. Neste último río, os muíños aínda conservan os nomes polos que eran coñecidos: «muíño da ponte», «muíño da cerdeira» e «muíño de Benito».

• Capela de San Xián: reconstruída a principios do século XVIII sobre un templo románico. Celébranse as romarías populares na honra de San Xián e da Virxe das Angustias.

• Capela de San Fins: onde o primeiro domingo de agosto se celebra unha romaría de gran tradición popular.

• Vía Crucis: que culmina na gran cruz (1910) situada no alto de San Xián.

• Casa forestal: (1921), de deseño singular realizado polo enxeñeiro Rafael Areses, e onde na actualidade se localiza o centro de interpretación do parque natural.

• Cama do santo: a pesar de non ser unha construción, trátase dunha formación rochosa singular ao nivel do chan na cal, segundo a lenda, descansaba San Xián.

• Petróglifos: os petróglifos son unha das singularidades da paisaxe da provincia de Pontevedra e están declarados monumentos histórico-artísticos polo Decreto 3741/1974, de 20 de decembro. Petróglifos Caseta do Salgueirón (GA 36055003). Petróglifos da Macoca, I, II e III (GA 36055037, GA 36055038, GA 36055039). Petróglifos Camiño do Raposo I e II (GA 36055040, GA 36055041). Petróglifo do Outeiro da Fonteiriña (GA 36055042). Petróglifos de Cabeza de Francos I, II e III (GA 36055044, GA 36055045, GA 36055046)

• Mámoas: é unha acumulación artificial de terra e pedras levantada sobre un enterramento e que, nalgúns casos, pode conter no seu interior un dolmen. Este tipo de monumento funerario foi característico durante o período comprendido entre o Neolítico e a Idade de Bronce. Mámoa de Chan Longa 1 e 2 (GA 36055028 e GA 36055013) Pazos de Reis.

• Xacemento paleolítico do Cruceiro: GA 36055043. Este xacemento é tamén unha zona de achados líticos doutras épocas. O Cruceiro-O Foxo-Rebordáns.

• Zonas de achados líticos: un núcleo lítico é unha masa de rocha homoxénea que foi tallada co obxecto de extraer lascas para o seu uso posterior. Así pois, o propósito principal dun núcleo é proporcionar soportes a unha variedade indeterminada de utensilios líticos. A medida que os núcleos líticos van sendo explotados, isto é, vánselles extraendo lascas, van facéndose máis pequenos ata que son abandonados por non ser necesarios ou por ser esgotados. Campo Grande (GA 36055A-02; GA 36055A-03). Alto de Bouza da Ovella (GA 36055A-07). Pista da Trapa (GA 36055A-20). Chan Longa (GA 36055A-13). Pista dos Cortellos (GA 36055A-14). Vilanova (GA 36055A-17; GA36055A-18; GA 36055A-26). Chan de Feitás (GA 36055A-29). Estántigas de Abaixo (GA 36055A-30; GA 36055A-34). Dos Cubos (GA 36055A-16; GA 36055A-31). Zona de achados líticos e cerámicos de San Fins (GA 36055A-05; GA 36055A-06).

Hábitats de interese para a conservación

Inventario de hábitats de interese do parque natural.

O anexo I da Directiva Hábitats (92/43/CEE) inclúe 231 tipos de hábitats de interese comunitario, dos cales 72 tipos son considerados como hábitats prioritarios. En Galicia estarían presentes 72 hábitats de interese comunitario, dos cales 18 son considerados como prioritarios.

O parque natural alberga nove tipos de hábitats naturais de interese comunitario relacionados no anterior PRUX.

Táboa 2

Tipos de hábitat no anterior PRUX

Código

Tipo de hábitat

4030

Queirogais secos europeos

6510

Prados de sega de baixa altitude

8220

Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230

Rochedos silíceos con vexetación pioneira

3260

Ríos dos pisos basal a montano

5230*

Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis

6220*

Pseudoestepas de gramíneas e anuais da orde Thero-Brachypodietea

6430

Megaforbios éutrofos higrófilos das orlas de chairas e dos pisos montano a alpino.

9230

Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Q. pyrenaica

Os traballos de campo desenvolvidos no curso da redacción do presente documento confirman a presenza dos seguintes:

Queirogais secos europeos (4030); Prados de sega de baixa altitude (6510); Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica (8220) e Rochedos silíceos con vexetación pioneira (8230) aos cales se podería engadir bosques de Ilex Aquifolium (9380).

Táboa 3

Tipo de hábitat de presenza segura no parque natural.

Código

Tipo de hábitat de presenza segura confirmada no campo

4030

Queirogais secos europeos

6510

Prados de sega de baixa altitude

8220

Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230

Rochedos silíceos con vexetación pioneira

9380

Bosques de Ilex aquifolium

4030 Queirogais secos europeos.

Inclúense neste tipo todos os queirogais ibéricos e baleáricos. Danse desde o nivel do mar ata uns 1.900 m de altitude, en solos ácidos, a míudo substituíndo carballeiras, reboleiras, piñeirais, sobreirais ou aciñeirais. Son formacións arbustivas, a miúdo densas, de porte medio a baixo, con especies dos xéneros Erica, Calluna, Cistus ou Ulex. Todos os matos de uces, toxos e queirogas do parque natural pertencen a este tipo de hábitat.

6510 Prados de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis).

Distribuído sobre todo nas zonas basais e montanas da metade norte da Península, especialmente na cornixa cantábrica e Pireneos, aínda que son relativamente comúns na submeseta norte. Son prados desenvolvidos sobre solos profundos, case sempre neutros ou básicos, fertilizados con esterco ou pisados e fertilizados directamente polo gando, e que tradicionalmente foron aproveitados mediante sega para herba seca. Trátase de prados densos, que cobren todo o chan, con alturas de varios decímetros. Este hábitat atópase escasamente representado no parque natural, asociado aos terreos con uso agrícola do redor das aldeas e núcleos habitados das zonas baixas.

8220 Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica.

A vexetación destes hábitats está formada por plantas perennes fixadas ás fendas e fisuras das rochas. Tipo de hábitat propio dos afloramentos de rochas silíceas e compactas de toda a Península Ibérica, especialmente da metade occidental. É posible atopar representacións deste hábitat na gran maioría dos penedos do parque.

8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion o do Sedo albi- Veronicion dilleniiVeronicion dillenii.

Distribúense por todos os sistemas montañosos sílíceos da Península Ibérica. Nas superficies rochosas horizontais xéranse ás veces solos incipientes derivados da meteorización da rocha nai e caracterizados pola súa limitada capacidade de retención hídrica. Este hábitat, amplamente distribuído polo parque natural, vai asociado ás zonas de morfoloxía de solo de rochedos e penedos. A súa flora característica inclúe plantas crasas de pequeno tamaño resistentes á seca.

9380 Bosques de Ilex aquifolium.

As acevedas en España forman pequenos bosquetes, moitas veces baixo o dosel arbóreo doutras especies de maior porte, ademais, adoitan formar mouteiras tanto fóra como no seo doutros bosques. O acivro ten unha distribución europea atlántica e meridional, sen entrar demasiado ao interior do continente, e atópase en zonas montañosas da metade norte da Península Ibérica.

A presenza no Monte Aloia do resto de hábitats citados no PORN e no anterior PRUX é nalgúns casos dubidosa ou mesmo improbable polas cuestións que se expoñen:

Táboa 4

Tipos de hábitats de presenza dubidosa no parque natural

Código

Tipo de hábitat

Hábitats naturais de interese europeo de dubidosa presenza no parque natural

3260

Ríos dos pisos basal a montano

5230*

Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis

6220*

Pseudoestepas de gramíneas e anuais da orde Thero-Brachypodietea

6430

Megaforbios éutrofos higrófilos das orlas de chairas e dos pisos montano a alpino.

9230

Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Q. pyrenaica

3260 Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis y de Callitricho-Batrachion.

Os regatos que compoñen a rede hidrolóxica do parque natural son pequenos de máis e presentan características propias dos tramos altos, polo que non ofrecen condicións axeitadas para o estabelecemento deste tipo de hábitat.

5230* Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis.

Aínda que o loureiro está amplamente distribuido no parque natural, non existen extensións apreciables de matogueira de loureiro.

6220* Pseudoestepas de gramíneas e anuais da Thero-Brachypodietea

A presenza deste tipo de hábitat no Monte Aloia é improbable xa que é propio de áreas en que se dan condicións máis secas e continentais.

6430 Megaforbios éutrofos higrófilos das orlas de chairas e dos pisos montano a alpino.

O parque natural non acada a altitude suficiente como para acoller os pisos de vexetación que son propios deste hábitat.

9230 Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Q. pirenaica.

É dubidoso que no Monte Aloia existan as reboleiras puras ou mesturadas con carballos que constitúen este hábitat.

Cómpre, xa que logo, actualizar o inventario de hábitats de interese europeo do Monte Aloia e máis proceder á súa cartografía.

Conservación dos hábitats de interese no parque natural

Marco previo.

Os hábitats no seu conxunto experimentan a miúdo degradacións provocadas por causas naturais ou, o que é máis frecuente, pola man dos seres humanos. Identificar primeiro as ameazas e impactos que actúan sobre os hábitats e o grao de afectación destes, sintetizar os obxectivos para lograr un estado de conservación aceptable deles definir as actuacións que implementar e deseñar un calendario de seguimento do éxito das ditas actuacións, son os pasos clave para lograr unha conservación efectiva destes elementos naturais.

Ameazas aos hábitats.

Segundo a International Union for Conservation of Nature, existen globalmente 12 grandes tipos (con varios subtipos) de ameazas para as especies, que se poden facer extensibles aos hábitats. Márcanse nesta lista en cursiva os tipos e en grosa os subtipos que son representativos para o parque natural:

1. Desenvolvemento residencial e comercial.

1.1. Vivenda e áreas urbanas.

1.2. Áreas comerciais e industriais.

1.3. Áreas de turismo e lecer.

2. Agricultura e acuicultura.

2.1.Cultivos anuais e perennes non madeireiros.

2.1.1. Cambios agrícolas.

2.1.2. Agricultura a pequena escala.

2.1.3. Agroindustria.

2.1.4. Escala descoñecida/non rexistrada.

2.2. Plantas de madeira e celulosa.

2.2.1. Plantacións pequenas.

2.2.2. Plantacións agroindustriais.

2.2.3. Escala descoñecida/non rexistrada.

2.3. Gandaría e explotación agrícola.

2.3.1. Pasto nómade.

2.3.2. Pastoreo, explotación gandeira ou agricultura de pequeno porte.

2.3.3. Agroindustria de pastoreo, grandes explotacións gandeiras ou agrícolas.

2.3.4. Escala descoñecida/non rexistrada.

2.4. Acuicultura mariña e de auga doce.

2.4.1. Acuicultura de subsistencia ou artesanal.

2.4.2. Acuicultura industrial.

2.4.3. Escala descoñecida/non rexistrada.

3. Produción de enerxía e minaría.

3.1. Perforación de petróleo e gas.

3.2. Minaría e cantaría.

3.3. Enerxías renovables.

4. Corredores de transporte e servizos.

4.1. Estradas e ferrocarrís.

4.2. Liñas de servizos.

4.3. Pistas de transporte.

4.4. Rutas aéreas.

5. Uso de recursos biolóxicos.

5.1. Caza e captura de animais terrestres.

5.1.1. Uso intencional de especies.

5.1.2. Efectos non intencionais sobre as especies.

5.1.3. Persecución/control.

5.1.4. Motivación descoñecida/non rexistrada.

5.2. Recollida de plantas terrestres.

5.2.1. Uso intencional sobre as especies.

5.2.2. Efectos non intencionais sobre as especies.

5.2.3. Persecución/control.

5.2.4. Motivación descoñecida/non rexistrada.

5.3. Cortas e recolección de madeira.

5.3.1. Uso intencional sobre as especies: subsistencia/pequena escala.

5.3.2. Uso intencional sobre as especies a grande escala.

5.3.3. Efectos non intencionais sobre as especies: subsistencia/pequena escala.

5.3.4. Efectos non intencionais sobre as especies a grande escala.

5.3.5. Motivación descoñecida/Non rexistrada.

5.4. Pesca e colleita de recursos acuáticos.

5.4.1. Uso intencional sobre as especies: subsistencia/pequena escala.

5.4.2. Uso intencional sobre as especies a grande escala.

5.4.3. Efectos non intencionais sobre as especies: subsistencia/pequena escala.

5.4.4. Efectos non intencionais sobre as especies a grande escala.

5.5.5. Persecución/control.

5.5.6. Motivación descoñecida/Non rexistrada.

6. Intrusións e perturbacións humanas.

6.1. Actividades recreativas.

6.2. Conflitos e exercicios militares.

6.3. Traballo e outras actividades.

7. Modificacións do sistema natural.

7.1. Incendios e control destes.

7.1.1. Aumento da frecuencia/intensidade do lume.

7.1.2. Control en frecuencia/intensidade de lume.

7.1.3. Tendencia descoñecida/non rexistrada.

7.2. Presas e xestión ou uso da auga.

7.2.1. Captación da auga superficial (uso doméstico).

7.2.2. Captación da auga superficial (uso comercial).

7.2.3. Captación da auga superficial (uso agrícola).

7.2.4. Captación da auga superficial (uso descoñecido).

7.2.5. Captación de augas subterráneas (uso doméstico).

7.2.6. Captación de augas subterráneas (uso comercial).

7.2.7. Captación de augas subterráneas (uso agrícola).

7.2.8. Captación da augas subterráneas (uso descoñecido).

7.2.9. Pequenas presas.

7.2.10. Grandes presas.

7.2.11. Presas (tamaño descoñecido).

7.3. Outras modificacións do ecosistema.

8. Especies invasoras e outras especies problemáticas, contaminación xenética e doenzas.

8.1. Especies/enfermidades invasoras non nativas.

8.1.1. Especies non determinadas.

8.1.2. Especies determinadas.

8.2. Especies/enfermidades nativas problemáticas.

8.2.1. Especies non determinadas.

8.2.2. Especies determinadas.

8.3. Material xenético introducido.

8.4. Especies/enfermidades problemáticas de orixe descoñecida.

8.4.1. Especies non especificadas.

8.4.2. Mesma especie.

8.5. Enfermidades virais/priónicas.

8.5.1. «Especie» (enfermidade) non especificada.

8.5.2. Mesma «especie» (enfermidade).

8.6. Enfermidades de causa descoñecida.

9. Contaminación.

9.1. Augas residuais domésticas e urbanas.

9.1.1. Sumidoiros.

9.1.2. Verteduras.

9.1.3. Tipo descoñecido/non rexistrado.

9.2. Efluentes industriais e militares.

9.2.1. Derramos de petróleo.

9.2.2. Residuos da minaría.

9.2.3. Tipo descoñecido/non rexistrado.

9.3. Efluentes agrícolas e forestais.

9.3.1. Cargas de nutrientes.

9.3.2. Erosión do solo, sedimentación.

9.3.3. Herbicidas e pesticidas.

9.3.4. Tipo descoñecido/non rexistrado.

9.4. Lixo e residuos sólidos.

9.5. Contaminantes aéreos.

9.5.1. Choiva ácida.

9.5.2. Smog.

9.5.3. Ozono.

9.5.4. Tipo descoñecido/non rexistrado.

9.6. Exceso de enerxía.

9.6.1. Contaminación lumínica.

9.6.2. Contaminación térmica.

9.6.3. Contaminación acústica.

9.6.4. Tipo descoñecido/non rexistrado.

10. Eventos xeolóxicos.

10.1. Volcáns.

10.2. Terremotos/tsunamis.

10.3. Avalanchas/escorrementos de terra.

11. Cambio climático e clima severo.

11.1. Cambio e alteración do hábitat.

11.2. Secas.

11.3. Extremos de temperatura.

11.4. Tempestades e inundacións.

11.5. Outros impactos.

12. Outras opcións.

12.1. Outra ameaza.

Especies de interese para a conservación.

Para establecer as especies de interese do parque téñense en conta fundamentalmente os taxons que figuran:

(a) Nos anexos II (especies animais e vexetais de interese comunitario para cuxa conservación é necesario designar zonas especiais de conservación) e IV (especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren unha protección estrita) da Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

(b) No anexo I da Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres.

(c) no Catálogo español de especies silvestres ameazadas (CEEA).

(d) No Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA).

Directivas europeas.

O Narcissus triandrus é a única especie de flora que figura nos dous anexos de referencia da Directiva Hábitats. Entre os animais, os grupos con maior contribución de especies de interese corresponden aos invertebrados, hérpetos, aves e mamíferos. Pola contra, entre os peixes soamente se constata a presenza de pequenas poboacións de Achondrostoma arcasii, tipificada no anexo II da Directiva Hábitats.

Das seis especies de invertebrados incluídas no anexo II da Directiva Hábitats, dúas atópanse no Catálogo español de especies silvestres ameazadas (CEEA), Lucanus cervus e Elona quimperiana.

A Rana iberica se encontra catalogada no anexo IV, mentres que Discoglossus galganoi e Lacerta schreiberi están incluídas no anexo II da Directiva Hábitats.

A importancia das aves no conxunto de especies de interese para a conservación do parque natural queda patente pola inclusión de máis de cincuenta especies na categoría de interese especial do CEEA. Delas, seis especies aparecen tipificadas no anexo I da Directiva Hábitats.

Dúas especies de mamíferos (Myotis myotis, Rhinolophus ferrumequinum) están incluídas no anexo II da Directiva Hábitats e mais son consideradas como vulnerables tanto no CEEA coma no CGEA. Galemys pyrenaicus, e Rhinolophus hipposideros, están incluídos no anexo II da Directiva Hábitats e tipificadas como vulnerables no CGEA e de interese especial no CEEA. Finalmente, debe resaltarse a presenza de Lutra lutra, especie incluída no anexo II e IV da Directiva Hábitats.

Táboa 5

Relación de especies dos anexos de referencia da Directiva Hábitats
(92/43/CEE. Revisión vixente desde o 1 de xullo de 2013) e da Directiva Aves (2009/147/CE) presentes no parque natural

Anexos Directiva Hábitats

Anexos Directiva Aves

II

IV

V

I

Flora

Narcissus bulbocodium

*

Narcissus triandrus

*

*

Invertebrados

Coenagrion mercuriale

*

Lucanus cervus

*

Elona quimperiana

*

*

Peixes

Achondrostoma arcasii

*

Anfibios

Alytes obstetricans

*

Epidalea calamita

*

Chioglossa lusitanica

*

*

Discoglossus galganoi

*

*

Rana iberica

*

Pelophylax perezi

*

Triturus marmoratus

*

Réptiles

Lacerta schreiberi

*

*

Coronella austriaca

*

Aves

Alcedo atthis

*

Caprimulgus europaeus

*

Falco peregrinus

*

Lullula arborea

*

Pernis apivorus

*

Sylvia undata

*

Mamíferos

Galemys pyrenaicus

*

*

Genetta genetta

*

Lutra lutra

*

*

Mustela putorius

*

Myotis myotis

*

Rhinolophus ferrumequinum

*

Rhinolophus hipposideros

*

Na seguinte táboa desenvólvense as especies das cales non se probou a existencia e, por tanto, deberían ser obxecto de estudo.

Táboa 6

Especies das cales non se probou a súa existencia no parque natural.
Directiva Hábitats (92/43/CEE. Revisión vixente desde o 1 de xullo de 2013)
e da Directiva Aves (2009/147/CE)

Anexos Directiva Hábitats

Anexos Directiva Aves

II

IV

V

I

Invertebrados

Euphydryas aurinia

*

Geomalacus maculosus

*

*

Oxygastra curtisii

*

*

Catálogo español de especies silvestres ameazadas.

Un catálogo de especies ameazadas é unha ferramenta de conservación que recolle aquelas especies de flora e fauna que presentan, nun ou outro grao, algún tipo de ameaza para a súa supervivencia. A nivel nacional, a Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015), do patrimonio natural e da biodiversidade, establece a Lista de especies silvestres en réxime de protección especial e o Catálogo español de especies silvestres ameazadas (Real decreto 139/2011, do 4 de febreiro, e as súas modificacións: Orde AAA/75/2012, do 12 de xaneiro; Orde AAA/1771/2015, do 31 de agosto, e Orde AAA/1351/2016, do 29 de xullo). De acordo con este catálogo ningunha das especies do parque natural se encontra en perigo de extinción e só tres especies de mamíferos e un anfibio se califican na categoría de vulnerables:

Táboa 7

Especies do parque natural catalogadas como vulnerables no CEEA

CEEA

En perigo de extinción

Vulnerables

Anfibios

Chioglossa lusitanica

*

Mamíferos

Galemys pyrenaicus

*

Myotis myotis

*

Rhinolophus ferrumequinum

*

Na seguinte táboa desenvólvense as especies das cales non se probou a existencia e, por tanto, deberían ser obxecto de estudo.

Táboa 8

Especies das cales non se probou a súa existencia no parque natural. CEEA

CEEA

En perigo de extinción

Vulnerables

Invertebrados

Oxygastra curtisii

*

Catálogo galego de especies ameazadas.

O Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA), modificado e actualizado polo Decreto 167/2011, do 4 de agosto, ten por obxecto a regulación deste catálogo. A finalidade é evitar a perda da diversidade biolóxica en todas as súas formas, xa sexa xenética, de individuos ou de especies. De acordo co disposto no artigo 91 da Lei 5/2019, as especies que se inclúan no dito catálogo deberán clasificarse nalgunha das seguintes categorías:

a) En perigo de extinción: reservada para aquelas cuxa supervivencia é pouco probable se os factores causantes da súa actual situación seguen actuando.

b) Sensibles á alteración do seu hábitat: referida a aquelas cun hábitat característico particularmente ameazado, en grave recesión, fraccionado ou moi limitado.

c) Vulnerables: destinada a aquelas que corren perigo de pasar ás categorías anteriores nun futuro inmediato se os factores adversos que actúan sobre elas non son corrixidos.

d) De interese especial: aquelas outras merecedoras de catalogación e que teñan un grao de ameaza insuficientemente coñecido.

En total, sete especies do parque natural figuran recollidas no CGEA, unha delas, o caracol de Quimper, en perigo de extinción, e as seis restantes como vulnerables.

Táboa 9

Especies do parque natural figuran recollidas no CGEA

CGEA

En perigo de extinción

Vulnerables

Invertebrados

Elona quimperiana

*

Anfibios

Chioglossa lusitanica

*

Rana iberica

*

Mamíferos

Galemys pyrenaicus

*

Myotis myotis

*

Rhinolophus ferrumequinum

*

Rhinolophus hipposideros

*

Especies das cales non se probou a existencia e polo tanto deberían ser obxecto de estudo.

Táboa 10

Especies das cales non se probou a existencia no parque natural. CGEA

CGEA

En perigo de extinción

Vulnerables

Invertebrados

Oxygastra curtisii

*

Conservación das especies de interese no parque natural

Ameazas ás especies.

Seguindo o esquema do punto dos hábitats, considéranse os seguintes tipos e subtipos de ameazas ás especies representativos para o parque natural (IUCN, 2018). Márcanse nesta lista en cursiva os tipos e en grosa os subtipos que son representativos para o parque natural:

1. Desenvolvemento residencial e comercial.

1.1. Vivenda e áreas urbanas.

1.2. Áreas comerciais e industriais.

1.3. Áreas de turismo e lecer.

2. Agricultura e acuicultura.

2.1. Cultivos anuais e perennes non madeireiros.

2.1.1. Cambios agrícolas.

2.1.2. Agricultura a pequena escala.

2.1.3. Agroindustria.

2.1.4. Escala descoñecida/non rexistrada.

2.2. Plantas de madeira e celulosa.

2.2.1. Plantacións pequenas.

2.2.2. Plantacións agroindustriais.

2.2.3. Escala descoñecida/non rexistrada.

2.3. Gandaría e explotación agrícola.

2.3.1. Pasto nómade.

2.3.2. Pastoreo, explotación gandeira ou agricultura de pequeno porte.

2.3.3. Agroindustria de pastoreo, grandes explotacións gandeiras ou agrícolas.

2.3.4. Escala descoñecida/non rexistrada.

2.4. Acuicultura mariña e de auga doce.

2.4.1. Acuicultura de subsistencia ou artesanal.

2.4.2. Acuicultura industrial.

2.4.3. Escala descoñecida/non rexistrada.

3. Produción de enerxía e minaría.

3.1. Perforación de petróleo e gas.

3.2. Minaría e cantaría.

3.3. Enerxías renovables.

4. Corredores de transporte e servizos.

4.1. Estradas e ferrocarrís.

4.2. Liñas de servizos.

4.3. Pistas de transporte.

4.4. Rutas aéreas.

5. Uso de recursos biolóxicos.

5.1. Caza e captura de animais terrestres.

5.1.1. Uso intencional de especies.

5.1.2. Efectos non intencionais sobre as especies.

5.1.3. Persecución/control.

5.1.4. Motivación descoñecida/non rexistrada.

5.2. Recollida de plantas terrestres.

5.2.1. Uso intencional sobre as especies.

5.2.2. Efectos non intencionais sobre as especies.

5.2.3. Persecución/control.

5.2.4. Motivación descoñecida/non rexistrada.

5.3. Cortas e recolección de madeira.

5.3.1. Uso intencional sobre as especies: subsistencia/pequena escala.

5.3.2. Uso intencional sobre as especies a grande escala.

5.3.3. Efectos non intencionais sobre as especies: subsistencia/pequena escala.

5.3.4. Efectos non intencionais sobre as especies a grande escala.

5.3.5. Motivación descoñecida/non rexistrada.

5.4. Pesca e colleita de recursos acuáticos.

5.4.1. Uso intencional sobre as especies: subsistencia/pequena escala.

5.4.2. Uso intencional sobre as especies a grande escala.

5.4.3. Efectos non intencionais sobre as especies: subsistencia/pequena escala.

5.4.4. Efectos non intencionais sobre as especies a grande escala.

5.4.5. Persecución/control.

5.4.6. Motivación descoñecida/non rexistrada.

6. Intrusións e perturbacións humanas.

6.1. Actividades recreativas.

6.2. Conflitos e exercicios militares.

6.3. Traballo e outras actividades.

7. Modificacións do sistema natural.

7.1. Incendios e control destes.

7.1.1. Aumento da frecuencia/intensidade do lume.

7.1.2. Control en frecuencia/intensidade de lume.

7.1.3. Tendencia descoñecida/non rexistrada.

7.2. Presas e xestión ou uso da auga.

7.2.1. Captación da auga superficial (uso doméstico).

7.2.2. Captación da auga superficial (uso comercial).

7.2.3. Captación da auga superficial (uso agrícola).

7.2.4. Captación da auga superficial (uso descoñecido).

7.2.5. Captación de augas subterráneas (uso doméstico).

7.2.6. Captación de augas subterráneas (uso comercial).

7.2.7. Captación de augas subterráneas (uso agrícola).

7.2.8. Captación da augas subterráneas (uso descoñecido).

7.2.9. Pequenas presas.

7.2.10. Grandes presas.

7.2.11. Presas (tamaño descoñecido).

7.3. Outras modificacións do ecosistema.

8. Especies invasoras e outras especies problemáticas, contaminación xenética e doenzas.

8.1. Especies/enfermidades invasoras non nativas.

8.1.1. Especies non determinadas.

8.1.2. Especies determinadas.

8.2. Especies/enfermidades nativas problemáticas.

8.2.1. Especies non determinadas.

8.2.2. Especies determinadas.

8.3. Material xenético introducido.

8.4. Especies/enfermidades problemáticas de orixe descoñecida.

8.4.1. Especies non especificadas.

8.4.2. Mesma especie.

8.5. Enfermidades virais/priónicas.

8.5.1. «Especie» (enfermidade) non especificada.

8.5.2. Mesma «especie» (enfermidade).

8.6. Enfermidades de causa descoñecida.

9. Contaminación.

9.1. Augas residuais domésticas e urbanas.

9.1.1. Sumidoiros.

9.1.2. Verteduras.

9.1.3. Tipo descoñecido/non rexistrado.

9.2. Efluentes industriais e militares.

9.2.1. Derramos de petróleo.

9.2.2. Residuos da minaría.

9.2.3. Tipo descoñecido/non rexistrado.

9.3. Efluentes agrícolas e forestais.

9.3.1. Cargas de nutrientes.

9.3.2. Erosión do solo, sedimentación.

9.3.3. Herbicidas e pesticidas.

9.3.4. Tipo descoñecido/non rexistrado.

9.4. Lixo e residuos sólidos.

9.5. Contaminantes aéreos.

9.5.1. Choiva ácida.

9.5.2. Smog.

9.5.3. Ozono.

9.5.4. Tipo descoñecido/non rexistrado.

9.6. Exceso de enerxía.

9.6.1. Contaminación lumínica.

9.6.2. Contaminación térmica.

9.6.3. Contaminación acústica.

9.6.4. Tipo descoñecido/non rexistrado.

10. Eventos xeolóxicos.

10.1. Volcáns.

10.2. Terremotos/tsunamis.

10.3. Avalanchas/deslizamentos de terra.

11. Cambio climático e clima severo.

11.1. Cambio e alteración do hábitat.

11.2. Secas.

11.3. Extremos de temperatura.

11.4. Tempestades e inundacións.

11.5. Outros impactos.

12. Outras opcións.

12.1. Outra ameaza.

Especies exóticas invasoras.

Contexto legal.

O Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, artigo 8, punto 1, establece que: «As comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla e a Administración xeral do Estado, no marco das súas competencias, realizarán o seguimento xeral das especies exóticas con potencial invasor, talo como determina el artigo 61.4 da Lei 42/2007, do 13 de decembro. Para iso, establecerán unha relación indicativa en que se inclúan as especies exóticas para as cales, polas súas especiais circunstancias, sexa aconsellable manter un maior nivel de control e vixilancia, co fin de propor, chegado o caso, a súa inclusión no catálogo».

Así mesmo, o artigo 10 establece que: «As administracións competentes adoptarán, se for o caso, as medidas de xestión, control e posible erradicación das especies incluídas no catálogo. No marco de estratexias, plans e campañas de control e erradicación, as administracións competentes poderán autorizar a posesión e o transporte temporais de exemplares destas especies ata o lugar da súa eliminación do medio natural, proceso que haberá de realizarse no menor prazo posible e de acordo coa lexislación sectorial sobre esta materia».

E o artigo 16 establece o contido das estratexias de xestión e control e posible erradicación: «As estratexias terán, polo menos, o seguinte contido:

a. Definición da especie o especies obxectivo e diagnóstico da súa problemática.

b. Análises de riscos.

c. Análises de vías de entrada.

d. Medidas de actuación e definición da estratexia que se seguirá: xestión, control e posible erradicación.

e. Distribución e abundancia.

f. Actuacións de coordinación entre as diferentes administracións públicas.

g. Actuacións de seguimento da eficacia de aplicación da estratexia.

h. Actuacións de sensibilización e educación ambiental sobre a problemática de especies exóticas invasoras.

i. Análise económica dos custos da aplicación da estratexia sobre terceiros ou instalacións afectadas de forma involuntaria pola presenza de especies exóticas invasoras».

Especies exóticas presentes no parque natural.

A limitación de información documental existente na actualidade sobre especies exóticas invasoras en Galicia, escasa e desigual entre diferentes grupos taxonómicos, sublíñase no referente á distribución e abundancia das especies invasoras nos espazos naturais da Rede galega de espazos protexidos.

No parque natural existe información sobre a biodiversidade de especies de diversos grupos de flora e fauna, incluíndo un atlas de hérpetos, un catálogo de flora vascular (Blanco-Dios et all., 2000) e mesmo un atlas de flora vascular exótica (Atlas de flora vascular exótica, Arcea, 2006). En total, están rexistradas 48 especies de flora exóticas (alén doutras cultivadas), 18 das invasoras, todas elas plantas vasculares. Como invasora destaca, pola superficie ocupada e perigosidade, a Acacia dealbata. Cómpre mencionar que, aínda que no Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, a Acacia melanoxylon non é considerada invasora, na actualidade existen numerosos brotes e manchas de individuos distribuídos polo parque natural. Puntualmente, e principalmente asociadas a núcleos rurais, aparecen, Aster squamatus, Buddleja davidii, Conyza canadensis, Cortaderia selloana, Cyperus eragrostis, Oxalis pes-caprae, Phytolacca americana, Robinia pseudoacacia, Stenotaphrum secundatum, Tradescantia fluminensis e Vinca difformis. Outras 19 son invasoras potenciais: Acacia decurrens, Amaranthus retroflexus, Erigeron karvinskianus, Gamochaeta spicata, Hakea salicifolia, H. sericea, Helychrysum foetidum, Ipomoea purpurea, Lonicera japonica, Opuntia maxima, Pittosporum tobira, P. undulatum, Prunus serotina, Pseudotsuga menziesii, Quercus rubra, Soliva pterosperma, e Zantedeschia aethiopica, ademais de Setaria sp. Aínda que non dispoñan de hábitats axeitados, este espazo é sensible á invasión de animais exóticos invasores que existen no seu contorno, como o cangrexo de río americano (Procambarus clarkii), a tartaruga de Florida (Trachemys scripta) ou o visón americano (Mustela vison) entre outros.

No caso do Monte Aloia, as principais vías de entrada de flora invasora veñen dadas pola presenza de núcleos habitados na súa contorna inmediata e polo uso forestal de gran parte da súa superficie, o que implica o uso de maquinaria posiblemente contaminada por sementes e propágulos.

As contornas habitadas son fonte de flora ornamental e de flora asociada aos cultivos. En canto á silvicultura baseada no cultivo de especies arbóreas que non son propias da vexetación natural, cómpre ter en conta que ademais do emprego de árbores con comportamento invasor, se favorece tamén a introdución de especies exóticas ou mesmo invasoras asociadas a eles como fungos macromicetos (Lago-Álvarez & Castro, 2003 e 2004);ou insectos. Ademais da introdución directa, os labores silvícolas (rozas, cortas, tránsito de maquinaria...) poden compoñer unha vía de entrada local e unha fonte de dispersión de especies invasoras, fundamentalmente plantas vasculares (Arcea, 2006).

Na listaxe seguinte, tomado do anexo IV da Lista e catalogación dispoñible acerca da flora vascular exótica invasora (2006), preséntase a relación de especies de flora vascular exótica do Monte Aloia e máis valórase o seu status invasor en Galicia de acordo cos seguintes criterios:

– Catálogo español de especies exóticas invasoras:

x: especie presente no catálogo.

– Fagúndez & Barrada (2007):

Inv: especie invasora, en tres diferentes niveis de menos a máis perigosa: Inv P1, Inv P2 e Inv P3. Entre parénteses, especies citadas sen mencionar ou considerar efectos invasores.

– Ibader (2005):

G-1A: planta invasora agresiva con nivel de afección moi grave.

G-1B: planta invasora agresiva con nivel de afección grave.

G-1C: planta invasora agresiva con nivel de afección moderado.

G-2: planta invasora potencialmente agresiva, afección documentada noutros territorios ibéricos.

G-4: Planta invasora potencialmente agresiva, non avaliada convenientemente.

– Romero (2007):

Inv: especie invasora.

Inv. pot: especie potencialmente perigosa.

Táboa 11

Valoración do status invasor en Galicia das especies de flora vascular
exótica do parque natural

Catálogo español de especies exóticas invasoras

Fagúndez & Barrada

Ibader

Romero

Acacia dealbata

x

Inv P3

G-1A

Inv

Acacia melanoxylon

Inv

G-1A

Inv

Eucalyptus globulus

Inv P3

G-1A

Inv

Arctotheca calendula

Inv P2

G-1B

Inv

Arundo donax

x

Inv P3

G-4

Inv

Aster squamatus

Inv

Buddleja davidii

x

Inv P1

G-1C

Inv

Conyza canadensis

Inv P2

G-1C

Inv

Cortaderia selloana

x

Inv P3

G-1A

Inv

Cyperus eragrostis

Inv P2

G-1C

Inv

Ipomoea indica

x

Inv P2

G-1C

Inv

Oxalis pes-caprae

x

Inv P2

G-1C

Inv

Phytolacca americana

Inv P1

G-1A

Inv

Robinia pseudoacacia

Inv P3

G-2

Inv pot

Stenotaphrum secundatum

Inv P2

G-1C

Inv

Tradescantia fluminensis

x

Inv P2

G-1B

Inv

Tritonia x crocosmiiflora

Inv P2

G-1C

Inv

Vinca difformis

Inv P1

G-1B

Inv

Acacia decurrens

Amaranthus retroflexus

Inv P2

G-1C

Inv

Erigeron karvinskianus

Inv

G-1C

Inv

Gamochaeta spicata

Inv

G-1C

Inv pot

Hakea salicifolia

Hakea sericea

Inv

Inv pot

Helichrysum foetidum

Inv

G-1C

Inv

Ipomoea purpurea

Inv

G-1B

Inv

Lonicera japonica

Inv

Opuntia maxima

x

Inv

G-1C

Oxalis debilis

Inv

G-1C

Inv pot

Pittosporum tobira

G-1C

Pittosporum undulatum

G-1C

Prunus serotina

Pseudotsuga menziesii

G-1B

Quercus rubra

G-1B

Soliva pterosperma

G-1C

Inv

Sporobolus indica

Inv

G-1C

Inv

Zantedeschia aethiopica

Inv

Inv

Setaria sp

G-1C

Inv

Propostas de xestión en materia de especies exóticas invasoras.

O grao de coñecemento actual sobre o fenómeno das invasións biolóxicas fundamenta a aplicación do enfoque de precaución como elemento clave das políticas e estratexias de xestión en materia de especies exóticas invasoras (IUCN, 2000) e Fundación para a Conservación da Biodiversidade (Convenio sobre Diversidad Biológica, 2002). Esta aproximación pon a énfase sobre a prevención, dirixindo as accións de manexo nos primeiros estadios da secuencia de invasión, coa finalidade de interromper a transferencia de especies. A prevención responde a unha aproximación proactiva do problema e resulta máis eficiente e económica en comparación con outras opcións de manexo, eliminando desde un principio as potenciais consecuencias dunha invasión. A prevención constitúe, por tanto, unha prioridade na loita contra as especies exóticas invasoras.

No que respecta ás actuacións sobre especies invasoras xa implantadas e mesmo ben distribuídas no territorio, débense emprender diferentes plans de acción, unha vez determinados diversos aspectos como a súa distribución e abundancia, e os efectos que causan sobre a biodiversidade.

Proposta de actuación para especies exóticas invasoras.

a) Obxectivos de conservación.

Erradicar ou controlar a presenza de especies exóticas invasoras no parque natural, con especial atención ás sinaladas como máis perigosas e con nivel de afección máis grave. Considéranse obxectivos específicos do presente PRUX:

• Reducir nun mínimo dun 75 % a presenza de EEI na zona I-uso limitado.

• Reducir nun mínimo dun 25 % a presenza de EEI no parque natural.

• A restauración dos hábitats e as especies de interese afectadas pola presenza de especies exóticas invasoras.

• A recuperación das especies de interese afectadas polas especies exóticas invasoras.

b) Directrices.

A execución dos traballos de eliminación de especies exóticas invasoras debe ter en conta os posibles efectos sobre os hábitats en que se desenvolven e as especies autóctonas que os conforman.

É preciso desenvolver un protocolo de recolla de información e alerta temperá sobre a presenza de especies exóticas invasoras no parque natural que inclúa a especie detectada, a data, a localización e o tamaño da poboación.

As novas informacións sobre presenza de especies exóticas invasoras deben ser avaliadas o antes posible co obxectivo de establecer as actuacións precisas.

Das actuacións de eliminación de especies exóticas invasoras farase unha avaliación que incluirá, como mínimo, especie sobre a cal se actúa; hábitat sobre o cal se actúa; métodos empregados; número de exemplares e superficie retirados, e nese caso estudarase se a eliminación da poboación é total ou parcial e a porcentaxe eliminada.

c) Metodoloxía.

Finalmente, no que respecta ás actuacións sobre especies invasoras xa implantadas e mesmo ben distribuídas no noso territorio, débense emprender diferentes plans de acción, unha vez determinados diversos aspectos como a súa distribución e abundancia e os efectos que causan sobre a biodiversidade. Tendo en conta que se identificaron provisoriamente 18 especies invasoras, alén doutras 19 invasoras potenciais, cómpre estruturar accións no eido do programa correspondente para abordar a súa xestión co maior éxito posible, o cal vai estar limitado fundamentalmente polos recursos dispoñibles.

En canto ás técnicas de eliminación e mecanismos de control observarase o disposto no Catálogo de especies invasoras da Xunta de Galicia e nas recomendacións metodolóxicas de, entre outros, Capdevila et al., 2006; Fagúndez & Barrada, 2007; Orueta, 2007; Capdevila-Argüelles et al., 2011; Actualización do Catálogo de Especies Invasoras, (Junta de Andalucía, 2014), alén doutros traballos específicos.

Á luz da información manexada, relaciónanse a seguir algunhas posibles liñas de actuación:

– Control e manexo de árbores invasoras (Acacia spp., Ailanthus altissima, Robinia pseudoacacia).

– Control e manexo de herbas exóticas invasoras (Amaranthus spp., Aster squamatus, Bidens aurea, Conyza spp., Cyperus spp., Oenothera spp. Oxalis spp., Paspalum dilatatum).

– Control e manexo de plantas invasoras de bosques e ribeiras (Arundo donax, Bidens frondosa, Buddleja daviddi, Ipomoea spp., Senecio mikanioides, Phytolacca americana, Tradescantia fluminensis, Tritonia x crocosmiiflora, Vinca difformis).

– Control e manexo do caranguexo de río americano (Procambarus clarkii).

– Control e manexo do visón americano (Neovison vison).

Paisaxe.

Desde o punto de vista da ecoloxía, as paisaxes son mosaicos de ecosistemas que interactúan e que, por tanto, contan cunha determinada estrutura espacial que muda ao longo do tempo. Desde o punto de vista da planificación, a paisaxe considérase como un recurso que, no seu sentido máis amplo, compendia e reflicte as características físicas e bióticas dun territorio, así como a incidencia da pegada antropóxena. Esta consideración pode ser asumida desde unha dobre perspectiva: como recurso ambiental en si mesmo, tratándose dun elemento que necesita protección fronte ás actuacións que o poidan degradar, e como recurso que contribúe decisivamente na capacidade do territorio para o desenvolvemento de certas actividades ou usos (recreativos e turísticos, fundamentalmente).

A reducida extensión do parque natural e as súas particulares características fisiográficas condicionan notablemente a delimitación das unidades da paisaxe. En realidade, o conxunto do Monte Aloia pódese considerar como unha unidade no marco da comarca do Baixo Miño que abrangue unha ampla bacía visual con forma convexa formada por ladeiras arborizadas cando se visualiza desde o exterior (marxe portuguesa do río Miño).

Tomando como referencia o Catálogo das paisaxes de Galicia, aprobado polo Decreto 119/2016, do 28 de xullo (DOG do 25 de agosto), no que se fai unha caracterización das paisaxes e se delimitan as áreas de especial interese paisaxístico (AEIP), pódense delimitar como subunidades desta unidade constituída polo monte Aloia as tres que forman o interfluvio denominado costa de Oia, a superficie culminante do alto de San Xián, así como as ladeiras de orientación S-SE do monte Aloia.

• A costa de Oia presenta como característica diferencial a escasa cobertura da vexetación arbórea, consistente en mouteiras de, maiormente, Pinus pinaster, P. radiata e Eucalyptus globulus distribuídas de forma descontinua polas ladeiras dominadas polo mato. A presenza de abundantes formacións rochosas con formas suaves e arredondadas nas zonas culminantes tamén lle confire un aspecto característico.

• O alto de San Xián correspóndese coa superficie culminante do monte Aloia, que está constituída por unha zona chaira con diversos promontorios rochosos ou penedos de natureza granítica. Esta zona ten unha notable cobertura de especies arbóreas exóticas de gran porte, o que lle confire un aspecto singular a este espazo concreto. Os diversos penedos que aquí se atopan fan ás veces de miradoiros naturais cun elevado potencial de vistas. Localízase tamén nesta subunidade o santuario de San Xián, que se encontra perfectamente integrado co seu contorno.

O resto do monte Aloia está integrado por ladeiras con pendentes de moderadas a fortes e cunha orientación maioritaria S-SE. Estas ladeiras presentan unha gran cobertura arbórea de Pinus pinaster de repoboación, que se ve interrompida en certos lugares polas mouteiras de Eucalyptus globulus e Acacia melanoxylon e, en menor medida, polas pequenas manchas de especies autóctonas como Quercus robur e Q. suber. Estas ladeiras tamén se caracterizan por estaren percorridas por diversos cursos de auga, así como por unha importante rede de pistas forestais, por varias devasas e por tendidos eléctricos de media tensión, que rompen frecuentemente a súa homoxeneidade.

Corredores ecolóxicos.

A continuidade dos fluxos de materia e enerxía e a conectividade das poboacións biolóxicas nun territorio son fundamentais para o mantemento da biodiversidade e o funcionamento dos ecosistemas e das paisaxes.

O parque natural encrávase nos cumios, encostas e ladeiras do estremo sur da serra do Galiñeiro. Varios cursos de auga percorren o parque natural, mantendo o fluxo de auga e nutrientes no interior do parque natural e entre este e o exterior, e funcionando como corredores ecolóxicos que facilitan o movemento das especies e dos seus propágulos ao longo do leito, ben activamente, ben por arrastre. A axeitada conservación das formacións de ribeira e da calidade das augas destes cursos de auga son de grande importancia para o mantemento da biodiversidade e os procesos ecolóxicos do parque natural.

Na actualidade non existen importantes barreiras aos fluxos bióticos e abióticos dentro do parque natural, aínda que convén manter a atención sobre os elementos artificiais de carácter lineal, como pistas e estradas, ou puntuais, como as captacións de auga, para garantir que non interrompen ou modifican substancialmente o fluxo de auga e que non supoñan unha barreira para o movemento de especies acuáticas e semiacuáticas.

As estradas poden constituír importantes barreiras para algunhas especies de fauna, efecto que pode corrixirse limitando a velocidade no interior e no contorno do parque natural e mantendo a alerta para a detección de puntos negros de atropelamento de fauna, especialmente na proximidade de zonas húmidas ou arborizadas, e sobre os cales poden efectuarse medidas correctoras unha vez identificados. Por outra banda, o axeitado aproveitamento, mediante técnicas de restauración ecolóxica, destes puntos de auga ofrece unha oportunidade para os anfibios.

Usos e aproveitamentos actuais e previstos

Usos e aproveitamentos actuais.

Os usos e aproveitamentos actuais do parque natural vincúlanse principalmente co uso forestal. En canto ao grao de desenvolvemento, a maior parte do monte actual procede de rexeneración natural despois das plantacións realizadas pola Administración forestal durante o século pasado. No monte Aloia, estase aplicando desde 1995 un plan de ordenación forestal en que se define o patrón de manexo e os aproveitamentos da masa forestal do parque natural.

No monte Aloia, como en todos os montes veciñais da provincia de Pontevedra, existe una servidume de aproveitamento de pastos, esquilmos, leñas e brozas a favor da veciñanza da parroquia propietaria. O pastoreo do gando vacún e cabalar é compatible coa existencia de cobertoira arbórea e, en certa medida, coa diseminación subseguinte ás cortas; non obstante, por ser sobrada a superficie do monte para o pastoreo do gando existente, deberá coutarse a súa entrada nas parcelas en rexeneración.

Polo que respecta ao aproveitamento de esquilmos e brozas, ben que é compatible coa persistencia do monte e son desexables como defensa contra o lume, actualmente non supoñen unha gran carga debido ao progresivo abandono destas prácticas. Tamén se pode subliñar o aproveitamento temporal que se fai de determinados cogomelos, que aparecen, en especial, entre os meses de setembro e decembro.

A superficie cultivada no ámbito do parque natural presenta un carácter marxinal, que se limita a pequenas parcelas situadas nas terras baixas das vertentes orientais do parque natural. Estas pequenas explotacións están dirixidas á obtención de produtos para o autoconsumo, o que tamén se pode denominar cultivos tradicionais. Os labores agrícolas adoitan ser de carácter manual e resulta escaso o uso de maquinaria agrícola. No ámbito xeográfico do plan, a actividade gandeira limítase a unha discreta explotación extensiva de gando vacún e cabalar.

Forestal.

O parque natural comprende terreos pertencentes a dúas propiedades distintas. Por un lado temos terreos pertencentes á entidade local menor de Pazos de Reis (Tui) e polo outro á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordáns (Tui).

Tendo en conta os usos actuais e futuros do monte, os obxectivos que se pretenden acadar coa ordenación, os distintos réximes de propiedade, así como as diferentes formas de xestión que conviven dentro deste parque natural, considerouse conveniente a creación de cinco cuarteis de ordenación. Estes cinco cuarteis foron deseñados partindo dos usos asignados a cada zona do parque natural na redacción do primeiro proxecto de ordenación do ano 1995, sen apenas cambios de importancia.

Táboa 12

Superficie pertenecente á entidade local menor de Pazos de Reis e
á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordáns
(modificado do Plan de ordenación forestal do Monte Aloia 2010)

Cuartel

Uso ou interese

Superficie (ha)

Pazos 01

Forestal ou produtivo

241,8411

Pazos 02

Múltiple

88,5744

Total Pazos

330,4155

Rebordáns 01

Múltiple

91,2656

Rebordáns 02

Forestal ou produtivo-sen convenio

128,9569

Rebordáns 03

Forestal ou produtivo-sen convenio

186,2893

Total Rebordáns

406,5118

Segundo o Plan de ordenación forestal de Monte Aloia (2010), a especie arbórea que se atopa na actualidade maioritariamente no monte é o piñeiro do país ou marítimo (Pinus pinaster) cunha extensión aproximada de 452,2 ha. A seguinte especie por extensión é o eucalipto azul (Eucalyptus globulus) con preto de 14 ha. O resto das especies arbóreas susceptibles de uso forestal, entre as cales se contan especies como o carballo (Quercus robur), o castiñeiro (Castanea sativa) e o piñeiro insigne (Pinus radiata), ocupan, segundo a última revisión do Plan de ordenación forestal do Monte Aloia (2010), un total de 22,1 ha.

En canto ao grao de desenvolvemento, a maior parte do monte actual ten a súa orixe na rexeneración natural proveniente de plantacións realizadas pola Administración forestal durante o século pasado. O proceso de rexeneración natural fixo que actualmente aparezan no monte representadas todas as clases de idade (repoboado, monte bravo, bastío e alto fuste). Se tomamos o conxunto do monte, a forma de masa sería irregular, pero tomando a división por mouteiras, temos que definir a forma de masa como coetánea.

Un criterio importante é o mantemento, conservación e mellora da diversidade biolóxica. Dentro deste criterio, un punto esencial é o de calidade da rexeneración utilizando a forma máis axeitada e priorizando a rexeneración natural (xeralmente boa e abundante). Na súa falta, optarase pola repoboación con planta de calidade, utilizando, como mínimo, material seleccionado de Pinus pinaster, procedente da costa atlántica.

Debido á especie de que se trata e unido á falta de problemas graves de erosión na maioría da súa superficie debido á elevada cobertoira vexetal de matogueira, o método de beneficio empregado é o tratamento en monte alto regular, con cortas de rexeneración e cortas finais, favorecendo o establecemento do rexenerado natural do piñeiro e completando o marco, de ser necesario. O intervalo de tempo entre cortas axústase de tal xeito que se favoreza a diseminación e implantación das sementes.

Gandeiro.

Na actualidade o uso gandeiro no parque natural é pouco relevante. As vacas e bestas do Monte Aloia distribúense maiormente por riba da cota de 400 m.s.n.m. A distribución das vacas é máis agregada e concéntrase nas zonas de pasteiro. Cabalos e bestas, pola contra adoitan presentar unha distribución máis ampla e uniforme e asociada á presenza de mato.

Os pasteiros ocupan unha superficie aproximada de 22,42 ha e localízanse nas chairas do extremo noroeste do parque natural. Correspóndense con zonas de escasa cobertura de mato en que a cobertura da vexetación herbácea no estrato basal é moi elevada. Pódense distinguir dous tipos de pasteiro, dun lado aqueles en que a cobertoira arbórea é escasa ou nula, e doutro, as superficies de pasteiro con arboredo disperso ou de devesa.

Ademais de ocupar as zonas de pasteiro, con ou sen arboredo, as vacas e as bestas tamén empregan con frecuencia as devasas (2,17 ha estimadas no monte Aloia) e as bandas de servidume das liñas de alta tensión (15,6 ha estimadas no monte Aloia). Polo común, o uso destas zonas sen arboredo no medio da masa forestal é menos intenso que o das zonas de pasteiro e concéntrase nos puntos con auga e nas zonas de menor pendente.

A partir do dato de superficie de pasteiros e tendo en conta unha carga gandeira de gando vacún de 1,8 cabezas por ha, o número total de vacas do monte Aloia debería de situarse en arredor das 13 cabezas. A inclusión nos cálculos das zonas de devasa (ou servidumes) por riba da cota de 400 m s.n.m. supón un incremento escaso na capacidade gandeira total deste espazo. O número recomendado de cabezas de gando cabalar é semellante, xa que a carga gandeira recomendada para as zonas de mato alto e sotobosque, máis empregadas por cabalos e bestas, é sensiblemente inferior, arredor das 0,5 cabezas por ha.

Agrícola.

Segundo o estudo das unidades ambientais hai unha pequena zona residual de «mosaico rural con campos rodeados de sebes arbustivas».

Público.

O uso público que se dá ao parque natural adoita formas moi variadas: educación ambiental, lecer, práctica deportiva e celebracións tradicionais.

No monte Aloia desenvólvense varios programas de educación ambiental por conta do parque natural e que teñen por obxecto difundir o seu patrimonio natural e desenvolver unha conciencia de respecto pola natureza. Estas actividades centralízanse no centro de interpretación e consisten, fundamentalmente, en visitas guiadas e obradoiros dirixidos tanto ás persoas particulares como a grupos escolares.

O parque natural conta con varias zonas de recreo e descanso equipadas con instalacións diversas: un bar-restaurante-WC, seis áreas recreativas e nove fontes.

Danse tamén usos deportivos, maiormente o sendeirismo, realizado de xeito informal, máis tamén ciclismo de ruta e ciclismo de montaña por pistas e carreiros.

O parque natural ten nove rutas de baixa a media dificultade e lonxitudes entre 600 metros e 6 km que percorren diferentes miradoiros e lugares de patrimonio natural e cultural.

Cabana-Cabaciña:

Dificultade: baixa/media.

Duración: 1 h.

Distancia: 2 km.

Percorrido: circular.

Inicio/fin: aparcadoiro das Pozas da Cabana.

O percorrido iníciase cun ascenso ao miradoiro natural de Cabaciña e desde alí continúa por unha senda con variada vexetación que acompaña o nacemento do regacho das Udencias ata as Pozas da Cabana, onde acaba a ruta. Facendo esta ruta, tamén pasamos pola senda das Udencias.

Muíños de Paredes-Muíños do Deique.

Dificultade: media/alta.

Duración: 2,30 h.

Distancia: 6 km.

Percorrido: circular

Inicio/fin: área recreativa da ermida de San Fins.

Este itinerario de ida e volta discorre polos muíños do regato de Deique, un afluente do Louro que nace no monte Aloia. Aínda que de dificultade media, o desnivel é importante, polo que hai que ter en conta a subida no camiño de volta. O acceso a esta ruta sae desde preto da ermida de San Fins.

Rego da Pedra.

Dificultade: media.

Duración: 1,15 h.

Distancia: 2,5 km.

Percorrido: circular

Inicio/fin: aparcadoiro detrás do centro de interpretación.

O Rego de Pedra que dá nome a esta ruta foi construído entre 1955 e 1958 coa finalidade de transportar auga aos campos de cultivo de Frinxo. Despois de pasar polo Alto de Perdurán, formación rochosa desde a cal se contempla unha ampla panorámica, báixase ao comezo do mencionado rego para percorrelo na súa totalidade e, unha vez chegados á poza onde remata, voltar ascendendo por outro lugar ata a Senda Botánica, lugar onde comenza e finaliza o itinerario.

Castro Alto dos Cubos.

Dificultade: baixa.

Duración: 1 h.

Distancia: 4 km.

Percorrido: circular.

Inicio/fin: Frinxo.

A ruta, de grande interese arqueolóxico, lévanos ao Alto dos Cubos ou miradoiro Cabeza de Francos, que toma o seu nome do barrio situado aos seus pés. Este punto ofrece unhas boas vistas sobre o río Miño. De percorrido circular, desde este alto báixase ata a pista de Trapa. Despois da poza de Trapa, a ruta sobe ata Frinxo de novo, cruzando por una zona de frondosas.

Muíños do Tripes.

Dificultade: baixa/media.

Duración: 1,30 h.

Distancia: 2,5 km.

Percorrido: circular.

Inicio/ain: Área recreativa de Circos (Pazos de Reis).

O río Tripes é un afluente do Miño que nace no monte Aloia e fai de división natural das parroquias tudenses de Pazos de Reis e Randufe. A ruta ascende polas marxes do río salpicadas de muíños e atravesando bosques de ribeira de variada vexetación. O tramo de descenso, xa polo monte, conduce de novo ata o seu inicio.

Senda das Udencias.

Dificultade: baixa.

Duración: 30 min.

Distancia: 600 m.

Percorrido: lineal.

Inicio/fin: Pozas de Cabana.

Esta pequena senda descóbrenos as especies exóticas que se corresponden coa primeira repoboación do parque natural, que data de 1910. As máis destacadas son o ciprés de Lawson (Chamaecyparis lawsoniana), exemplares grandes de abeto de Douglas (Pseudotsuga menziesii), secuoias (Sequoia spp.) e cedros (Cedrus spp.).

Senda botánica.

Dificultade: baixa.

Duración: 25 min.

Distancia: 800 m.

Percorrido: circular.

Inicio: Centro de Interpretación da natureza Casa Forestal Enxeñeiro Areses.

Esta ruta transcorre polo arboreto ilustrado do parque natural, identificando as especies de maior importancia na comarca de Baixo Miño e no monte Aloia. A persoa visitante poderá deterse para coñecer toda a información sobre a vexetación autóctona.

A Muralla.

Dificultade: media.

Duración: 1,3 h.

Distancia: 2,5 km.

Percorrido: circular.

Inicio/fin: alto de San Xián.

Esta ruta circular percorre toda a zona alta do Monte Aloia e discorre á beira da muralla ciclópea. Destacan as vistas panorámicas que ofrece o camiño e unha vexetación mixta, tanto autóctona como alóctona. Aquí está situado o miradoiro coñecido como Celta.

Ruta da Oliva.

Dificultade: media.

Duración: 45 min.

Distancia: 1,5 km.

Percorrido: lineal.

Inicio/fin: Miradoiro da Oliva.

Esta ruta, de recente creación, aproveita antigos camiños abandonados e xúntase co aparcadoiro do Rego da Pedra, preto do centro de interpretación do Alto de San Xián, xustamente no miradoiro da Oliva.

Cómpre sinalar, por último, as festividades e romarías tradicionais. Dentro do parque natural atópanse unha serie de enclaves cunha forte significación relixiosa na comarca que convocan en días sinalados unha nutrida representación de devotos/as, romeiros/as e curiosos/as. Celébrase o 27 de xaneiro a celebración en honra a San Xián, obxecto de gran devoción polas súas virtudes milagreiras. O primeiro domingo de xullo celébrase a romaría na honra da Virxe das Angustias e o primeiro domingo de agosto a de San Fins.

Outos usos.

A veciñanza da zona realiza un aproveitamento de leñas, esquilmes e brozas, empregados estes últimos como cama para o gando e fertilizante. Actualmente non supoñen unha gran carga debido ao desuso que empezan a sufrir estas prácticas.

Usos e aproveitamentos previstos.

Forestal.

A previsión no ámbito forestal é continuar na liña marcada polo Plan de ordenación forestal de acordo coa última revisión efectuada en 2010. Os métodos e manexos silvícolas propostos nese documento, ao estaren baseados en procesos ecolóxicos naturais, son perfectamente compatibles coa conservación da biodiversidade de especies e hábitats do parque natural.

Na actualidade o monte non esta a sufrir extraccións indiscriminadas que danen o terreo e a biodiversidade. Ao ser unha zona abrupta, o acceso para as sacas é limitado. Por este motivo, a extensión de uso forestal no parque natural atópase delimitado pola capacidade de chegar ao lugar dun vehículo. Dentro do criterio de conservación da biodiversidade, é importante seguir a priorizar a rexeneración natural con cortas de rexeneración e cortas finais, favorecendo o establecemento do rexenerado natural do piñeiro e completando o marco con planta seleccionada cando for estritamente necesario. Este método adecua o intervalo de tempo entre cortas de tal xeito que se favorece a diseminación das sementes e a implantación das plántulas.

En calquera caso, cómpre mellorar a capacidade de acollida de biodiversidade dos terreos sometidos a explotación forestal mediante técnicas de restauración ecolóxica de hábitats e de establecemento da fauna.

O Plan de ordenación forestal do parque natural remata en 2020, polo que ata a devandita data existen actuacións forestais no lugar. As previstas para os anos de vixencia do PRUX, son cortas de rexeneración, cortas finais, cortas de mellora, rozas e podas. A partir desa data é necesaria unha revisión para concluír que actuacións se desenvolverán.

Gandeiro.

A pequena carga de gando equino e bovino que na actualidade soporta o parque natural é un patrimonio singular deste, xa que reflicte un uso tradicional que ata hai unhas décadas era o uso máis importante das serras litorais do Baixo Miño. Ademais, o gando pode contribuír a frear os procesos de perda de hábitats abertos, pasteiros e matos baixos, derivados do abandono das actividades agrícolas e pecuarias no medio rural. En todo caso, é importante para a conservación do parque natural asegurar que a carga gandeira se manteña en niveis semellantes á carga actual e máis dispor de medios de limitación de acceso do gando ceibo ás zonas sensibles, principalmente ás zonas de rexeneración natural de piñeiro, aos hábitats que non soportan carga gandeira, e máis ás zonas en que se emprendan actuacións de restauración ecolóxica.

Agrícola.

Nun futuro non se prevé un aumento do uso agrícola no parque natural senón máis ben todo o contrario, tanto polo avellentamento da poboación dedicada á agricultura como pola falta de remuda xeracional. Os agroecosistemas asociados aos usos agrícolas tradicionais, en contraposición aos medios dominados pola agricultura intensiva e fortemente mecanizada, inclúen un mosaico de hábitats moi valiosos para a biodiversidade, polo que serán precisas medidas encamiñadas á súa conservación. En calquera caso, estes usos ficarán limitados ás zonas agrícolas e de veiga da contorna dos núcleos habitados limítrofes co parque natural.

Público.

Cabería de esperar que seguise acollendo as mesmas actividades existentes.

Favorecer que os programas de educación ambiental poidan ser máis variados e que poidan acoller máis capacidade. Adecuar as infraestruturas aos lugares máis idóneos, aos usos permitidos e máis adecuados para o parque natural, coa posibilidade de engadir sinalización para que a persoa usuaria que visita pola súa conta o parque natural poida guiarse sen dificultade e interpretar a contorna ademais de gozar dela. Seguir tendo a posibilidade de realizar deporte ao aire libre, pero sempre nos lugares adecuados: pistas de terra, vías asfaltadas e sendas marcadas.

Ademais, prevese que nas romarías que se celebran nas áreas recreativas a afluencia de xente continúe. No relativo aos deportes, prevese o aumento da practica de running e competicións de bicicleta de montaña e carreiras.

Outros usos.

O aproveitamento de leñas, esquilmes e brozas realizado pola veciñanza é de moi pouca intensidade e mais está a diminuír, polo que non se prevén problemas de conservación relacionados con eles. De momento, non se observa aproveitamento de cogomelos.

Obxectivos operativos e de xestión

Obxectivos xerais do parque natural.

A declaración do parque natural establécese coa finalidade de crear un réxime de protección deste espazo natural mediante as normas e limitacións axeitadas, harmonizándoo co exercicio das competencias da Administración na súa área territorial, co exercicio dos dereitos privados, co parque natural: o aproveitamento recreativo, o estudo e observación dos seus valores, o aproveitamento ordenado das súas producións e demais actividades que se executen dentro del. O presente PRUX ten como obxectivos os xerais dentro da Rede Natura 2000 (Directiva 92/43/CEE) e da Rede galega de espazos naturais protexidos (Lei 5/2019):

1. A conservación da biodiversidade a través do mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais, garantindo a preservación das paisaxes, os ecosistemas e os hábitats, así como a conservación da biodiversidade nas súas tres dimensións básicas: biodiversidade ecolóxica, biodiversidade de especies e biodiversidade xenética.

2. O establecemento de medidas de xestión para o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos tipos de hábitats naturais mencionados no anexo I da Directiva Hábitats (92/43/CEE) e das poboacións e dos hábitats das especies silvestres de flora e fauna dos anexos II e IV da Directiva Hábitats, xunto coas especies de aves mencionadas no anexo I da Directiva Aves (2009/147/CE) e as especies de aves migratorias, así como as poboacións e os hábitats das especies incluídas no Catálogo español de especies silvestres ameazadas e no Catálogo galego de especies ameazadas.

3. Establecer un marco para a protección das augas superficiais continentais, así como dos ecosistemas acuáticos e zonas húmidas, que favoreza a súa conservación e o seu uso sustentable.

4. A regulación das actividades, proxectos e plans susceptibles de afectar de forma apreciable a integridade dos espazos ou dos seus compoñentes (hábitats e especies), en coherencia co artigo 6 da Directiva Hábitats (92/43/CEE) e de acordo coa lexislación vixente.

5. Propiciar o desenvolvemento sustentable, favorecendo os usos e aproveitamentos respectuosos co medio. Este uso debe ser compatible coa conservación da función e estrutura dos ecosistemas e non reducir a viabilidade dos outros recursos nin minguar as posibilidades de goce destes ás xeracións vindeiras.

6. Integrar os obxectivos concretos de conservación coas exixencias económicas, sociais e culturais, así como coas particularidades do parque natural e da súa área de influencia socioeconómica.

7. Consolidar o réxime xurídico de protección establecido para o territorio.

E como obxectivos xerais para o parque natural e a súa área de influencia socioeconómica:

1. Prioridade: hábitats naturais.

1.1. Mellorar e completar o inventario dos tipos de hábitat naturais.

1.2. Definir os estados de conservación actual e favorable dos tipos de hábitat naturais e identificar as súas principais presións e ameazas.

1.3. Mellorar o estado de conservación dos tipos de hábitat naturais, así como as condicións da súa contorna.

1.4. Mellorar a protección contra incendios a través do emprego de vexetación autóctona.

1.5. Establecer un control sobre as especies invasoras para evitar a súa propagación.

2. Prioridade: especies de interese comunitario.

2.1. Mellorar e completar o inventario das especies de interese comunitario.

2.2. Definir os estados de conservación actual e favorable das especies de interese comunitario e identificar as súas principais presións e ameazas.

2.3. Mellorar o estado de conservación das especies de interese comunitario, así como as condicións da súa contorna.

3. Prioridade: procesos ecolóxicos.

3.1. Potenciar a conectividade ecolóxica co fin de previr a perda de biodiversidade, facilitar o intercambio xenético e o desprazamento das especies de fauna e flora.

3.2. Potenciar a conectividade ecolóxica dos cursos fluviais co fin de previr a perda de biodiversidade, facilitar o intercambio xenético e o desprazamento das especies de fauna e flora.

4. Prioridade: aproveitamento sustentable dos recursos.

4.1. Fomentar o aproveitamento racional dos recursos, compatibilizándoo cos valores de conservación en niveis que permitan garantir o desenvolvemento axeitado dos procesos naturais

5. Prioridade: uso público.

5.1. Promover un uso público ordenado e compatible coa conservación dos tipos de hábitats naturais e especies de interese comunitario

6. Prioridade: investigación, educación e participación cidadá.

6.1. Favorecer liñas de investigación que permitan a mellora do coñecemento dos recursos naturais, así como do efecto que teñen sobre o medio natural os diferentes tipos de usos e aproveitamentos establecidos no espazo.

6.2. Favorecer o coñecemento e implicación social na conservación das zonas de especial conservación Monte Aloia.

Obxectivos específicos do PRUX.

1. Establecer os obxectivos e o regulamento de usos de cada unidade de zonificación.

2. Xerar e reforzar canles para o fomento do coñecemento científico e a divulgación da biodiversidade e dos procesos ecolóxicos do parque natural.

3. Regular as actividades de uso público, os aproveitamentos e outros usos que se poidan dar no interior do parque natural.

4. Establecer un marco normativo e de apoio institucional para o desenvolvemento sustentable da poboación local.

5. Realizar unha proposta orzamentaria de accións para desenvolver.

6. Establecer as bases para o seu seguimento e avaliación.

Zonificación.

A zonificación do parque natural desenvólvese en coherencia cos contidos da modificación do Plan de ordenación dos recursos naturais, co que queda como a seguir se expón:

Táboa 13

Zonificación do parque natural

Zonas

PRUX

Parque natural Monte Aloia

1

Zona de uso limitado

2

Zona de uso compatible

3

Zona de uso xeral

Unidades de zonificación.

PNMA-1 zona de uso limitado.

Teñen esta consideración aquelas áreas que conteñen os principais valores naturais do parque natural, especialmente os tipos de hábitats naturais mencionados no anexo I da Directiva Hábitats (92/43/CEE) e as poboacións e os hábitats das especies silvestres de flora e fauna dos anexos II e IV da Directiva Hábitats, xunto coas especies de aves mencionados no anexo I da Directiva Aves (2009/147/CE), e as especies de aves migratorias, así como as poboacións e os hábitats das especies incluídas no Catálogo español de especies silvestres ameazadas e no Catálogo galego de especies ameazadas.

Esta zona do parque natural correspóndese coa área de protección nas unidades de zonificación do Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia e está formada polas zonas de penedos e rochedos graníticos existentes en posicións culminantes; os regatos e ribeiras fluviais, delimitados por una franxa de 20 m por cada beira da canle fluvial; os arboredos de especies autóctonas inseridos nas masas de Pinus pinaster e aquelas ladeiras cubertas de forma predominante por mato con escasa ou nula cobertura arbórea.

Estas zonas dedicaranse fundamentalmente á función de conservación, rexeneración, investigación e uso educativo controlado. O uso público estará restrinxido, excepto en naquelas áreas debidamente delimitadas e sinalizadas polo organismo competente en materia de patrimonio natural, onde se pode desenvolver unha finalidade didáctica.

Usos e actividades compatibles:

– As accións destinadas á conservación, rexeneración e recuperación de fauna, flora e hábitats representativos.

– O uso científico e as actividades didácticas por medio de rutas e sendas específicas establecidas para este uso.

– Acceso público regulado mediante permisos.

– Non se poden abandonar os carreiros sinalados, salvo naqueles casos autorizados pola Administración do parque natural.

– Todos os traballos de limpeza de vías correspondentes á Lei de incendios e ao Plan de emerxencias poderán e deberán ser abordados nas marxes que a devandita lei dispón.

Usos e actividades incompatibles:

– Actividades que impliquen unha modificación das condicións actuais, fóra das actuacións de conservación e rexeneración.

– A circulación con calquera tipo de vehículo, agás os necesarios para o persoal do parque natural.

– A apertura de novos camiños, pistas ou sendas, salvo que se consideren imprescindibles para a xestión e conservación.

PNMA-2 zona de uso compatible.

Inclúense nestas zonas aquelas superficies do parque natural que se atopan sometidas a un aproveitamento forestal ordenado de carácter tradicional e compatible cos obxectivos de conservación do parque natural.

Esta zona correspóndese coa área de conservación do Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Nos espazos incluídos na zona de uso compatible poderanse establecer limitacións espaciais e/ou temporais.

Usos e actividades compatibles:

– Actividades destinadas ao desenvolvemento da actividade forestal e que non atenten contra as determinacións do PORN.

– Os usos e actuacións destinados a mellorar as condicións naturais e paisaxísticas destes espazos ou a facilitar a realización de actividades científicas e didácticas.

– Admítese o acceso polas pistas con vehículos destinados a labores forestais, gandeiros ou agrícolas.

– Accesos e desprazamento das persoas visitantes sometidas a certas limitacións.

– Rutas e carreiros didácticos.

– Actividades de lecer e deporte ao aire libre e actividades interpretativas.

Usos e actividades incompatibles:

– Usos que supoñan a alteración e degradación do arboredo autóctono.

– Introdución ou repoboación con novas especies vexetais alóctonas ou cuxa distribución non corresponda á área.

– Calquera cambio de usos do solo.

– A circulación de vehículos de motor sen autorización polas pistas e camiños.

– A circulación de vehículos de motor fóra das pistas, exceptuando os vehículos do persoal do parque natural.

PNMA-3 zona de uso xeral.

Son espazos con certos valores naturais e paisaxísticos que constitúen lugares de estadía, recreo e lecer ao aire libre de modo compatible coa conservación da natureza e a educación ambiental. Esta zona do parque natural correspóndese coa área de uso xeral do Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

A zona de uso xeral ten que ter a capacidade de acoller e absorber aquelas actividades que se desenvolvan no parque natural e que, por resultaren máis chocantes sobre o contorno, van ser excluídas das restantes zonas. Inclúe as dotacións e servizos destinados a garantir o correcto uso público e as áreas cun alto interese recreativo e, por tanto, unha alta carga das persoas visitantes como son Circos, A Macoca, Trapa, Faca, Cabanas, Cruceiro Novo, Udencias, santuario de San Xián, miradoiro da Oliva, San Fins, contorno da Casa Forestal, Muíños do Deique e Muíños do Tripes.

Ademais, inclúense as vías de comunicación, áreas ocupadas por conducións aéreas e subterráneas, instalacións, áreas urbanizadas con edificacións e as instalacións deportivas de uso intensivo. Inclúense as áreas ocupadas por infraestruturas e instalacións permanentes dedicadas á xestión do parque natural, que engloban o conxunto de edificacións destinadas tanto á administración como á exposición e mostra dos valores do parque natural (centro de interpretación e nova casa forestal).

Nestas zonas o uso recreativo deberá ser compatible coa rexeneración da vexetación autóctona e as actividades didácticas e de educación ambiental.

Usos e actividades compatibles:

– Uso recreativo e deportivo que non supoña unha deterioración das condicións naturais destes espazos.

– Os usos e actuacións destinados a mellorar as condicións naturais e paisaxísticas destes espazos ou facilitar a realización de actividades científicas e didácticas.

– Usos e actividades que estean relacionados coas áreas en cuestión, sen prexuízo do espírito de conservación e de protección que rexerá calquera actividade que se realice dentro do parque natural.

– Permítese o uso de vehículos de motor polas vías pavimentadas e os aparcadoiros.

– Poderanse realizar obras de mellora das vías sen que supoñan unha deterioración dos valores naturais que se pretende protexer.

Usos e actividades incompatibles:

– Usos que supoñan a alteración e degradación da área recreativa en si, da vexetación autóctona.

– A circulación de vehículos de motor fóra das pistas e camiños.

– As verteduras de calquera tipo de materiais, lixo e residuos fóra dos puntos especialmente habilitados para tal fin.

– Calquera actuación que vaia en contra dos valores naturais que se pretende protexer ou en contra das determinacións do PORN.

– O estacionamento de vehículos, salvo nas áreas debidamente acondicionadas para tal fin.

– Queda limitado a 20 toneladas o peso máximo autorizado por vehículo en toda as pistas e estradas do parque natural, con excepción da estrada Tui-Gondomar.

Medidas de xestión

Normativa sobre a cal se estrutura o PRUX

Normativa europea.

• Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

• Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas.

• Directiva 2008/105/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008, relativa ás normas de calidade ambiental no ámbito da política de augas, pola que se modifican e derrogan anteriormente as directivas 82/176/CEE, 83/513/CEE, 84/156/CEE, 84/491/CEE e 86/280/CEE do Consello, e pola que se modifica a Directiva 2000/60/CE.

• Convenio Europeo da Paisaxe (CEP). Florencia, 20.10.2000.

• Convenio relativo á conservación da vida silvestre e do medio natural en Europa. Feito en Berna, o 10.9.1979.

• Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres.

• Directiva 2007/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2007, relativa á avaliación e xestión dos riscos de inundación.

• Directiva 2004/35/CE do Parlamento e do Consello, do 21 de abril de 2004, sobre responsabilidade ambiental en relación coa prevención e reparación de danos ambientais.

• Directiva 2001/42/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente (AAE).

• Directiva 2014/52/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril de 2014 pola que se modifica a Directiva 2011/92/UE, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente.

• Directiva 2003/4/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, de acceso público á información ambiental.

Normativa estatal.

Ordenación do territorio e urbanismo.

• Sentenza 143/2017, do 14 de decembro, pola que se modifica o Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

• Lei 10/2009, do 20 de outubro, que modifica a Lei 45/2007, de desenvolvemento sustentable do medio rural.

• Lei 20/2015, do 14 de xullo, de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras, pola que se modifica a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación.

• Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento (RPU/1978).

• Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística (RXU/1978) en todo o que non se opoña ao disposto pola Lei 8/2007 e o RDL 1/1992, na parte non derrogada.

• Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se modifica a Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas, que modifica a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación.

Avaliación ambiental.

• Sentenza 53/2017, do 11 de maio de 2017, pola que se modifica a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

• Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

• Lei 9/2018, do 5 de decembro, pola que se modifica a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Paisaxe.

• Ratificación do convenio europeo da paisaxe por parte do Estado Español, do 26 de novembro de 2007. Entrada en vigor o 1 de marzo de 2008.

Conservación da natureza.

• Lei 7/2018, do 20 de xullo, de modificación da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

• Lei 33/2015, do 21 de setembro, pola que se modifica a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

• Lei 21/2015, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

• Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais da flora e fauna silvestre (traspón a Directiva 79/409/CEE, 92/43/CEE e 97/62/CE sobre a Rede Natura 2000).

• Orde AAA/75/2012, do 12 de xaneiro; Orde AAA/1771/2015, do 31 de agosto e Orde AAA/1351/2016, do 29 de xullo, polas que se modifica el Real decreto 139/2011, do 4 de febreiro, para o desenvolvemento da lista de especies silvestres en réxime de protección especial e do catálogo español de especies ameazadas.

• Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras.

• Real decreto 1274/2011, do 16 de setembro, polo que se aproba o Plan estratéxico do patrimonio natural e da biodiversidade 2011-2017, en aplicación da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

Patrimonio cultural.

• Real decreto lei 2/2018, do 13 de abril, de modificación da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

• Real decreto 162/2002, do 8 de febreiro, de modificación do Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985.

• Decreto 449/1973, do 22 de febreiro, polo que se colocan baixo a protección do Estado os hórreos ou cabazos antigos existentes en Galicia e Asturias.

• Decreto 798/1971, do 3 de abril, polo que se dispón que nas obras e nos monumentos e conxuntos histórico-artísticos se empreguen no posible materiais e técnicas tradicionais.

• Decreto 571/1963, do 14 de marzo, sobre protección dos escudos, emblemas, pedras heráldicas, pelouriños de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico-artístico.

Accesibilidade.

• Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

• Real decreto 505/2007, de condicións básicas de accesibilidade en espazos públicos urbanizados e edificacións.

Augas e costas.

• Lei 1/2018, do 6 de marzo, pola que se modifica o Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

• Real decreto 1514/2009, do 2 de outubro, polo que se regula a protección das augas subterráneas contra a contaminación e a deterioración.

• Real decreto 638/2016, do 9 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas.

Mobilidade.

• Lei 37/2015, do 29 de setembro, de estradas.

• Real decreto lei 3/2018, do 20 de abril, pola que se modifica a Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

• Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas.

Ruído.

• Real decreto lei 8/2011, do 1 de xullo, polo que se modifica a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

• Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental. Última modificación desta lei no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.

Atmosfera e cambio climático.

• Real decreto 1042/2017, do 22 de decembro, e Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se modifica a Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera.

• Real decreto 773/2017, do 28 de xullo, polo que se modifica a Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

• Lei 1/2205, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (BOE nº 294, do 6 de decembro).

Residuos.

• Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

• Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases.

• Real decreto 180/2015, do 13 de marzo, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.

• Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

• Orde PRA/1080/2017, do 2 de novembro, pola que se modifica o Real decreto 9/2005, do 14 xaneiro, que establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados.

• Real decreto 1290/2012, do 7 de setembro, polo que se modifica o Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, e o Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

• Real decreto 20/2017, do 20 de xaneiro, sobre os vehículos ao final da súa vida útil.

Outras.

• Orde PRE/1841/2005, do 10 de xuño, pola que se modifica parcialmente a Orde do 18 de xaneiro de 1993, do Ministerio de Relacións coas Cortes e a Secretaría do Goberno, sobre zonas prohibidas e restrinxidas ao voo.

• Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

• Lei 18/2014, do 15 de outubro, que modifica a Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

Normativa autonómica de Galicia.

Xeral.

• Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal.

Ordenación do territorio.

• Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia (modifica Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo Galicia, e o Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia).

• Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei  2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

• Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

• Lei 2/2016, do 10 de febreiro, pola que se modifica a Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

• Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio (DOT).

• Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

• Decreto 176/2013, do 21 de novembro, polo que se aproba o Plan de seguimento das directrices de ordenación do territorio de Galicia e da sustentabilidade territorial.

• Decreto 156/2012, do 12 de xullo, polo que se crea a comisión de seguimento das directrices de ordenación do territorio de Galicia.

• Decreto 330/1999, do 9 de decembro, polo que se establecen as unidades mínimas de cultivo para Galicia.

• Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Avaliación ambiental.

• Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Lei 2/1995, do 31 de marzo, pola que se dá nova redacción á disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

• Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

• Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

• Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único da regulamentación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.

Paisaxe.

• Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

• Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia.

Montes.

• Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

• Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, texto consolidado.

• Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigacións de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

• Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do rexistro de empresas do sector forestal.

• Lei 13/1989, 10 de outubro, de montes veciñais en man común. (DOG do 20 de outubro de 1989).

• Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

• Orde do 20 de abril de 2018 pola que se modifican os anexos II, III e VI do Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do rexistro de empresas do sector forestal, e se regulan os procedementos de autorización, declaración responsable e comunicación final de aproveitamentos madeireiros.

• Decreto 76/2018, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia.

Conservación da natureza.

• Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

• Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia, onde figuran os mapas cos límites actualizados das ZEC, as especies e hábitats presentes que figuran nos anexos I e II da Directiva Hábitats, a zonificación e o plan de ordenación dos recursos naturais destes espazos protexidos.

• Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

• Decreto 127/2008, do 24 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico das zonas húmidas protexidas e se crea o inventario de zonas húmidas de Galicia.

• Decreto 110/2004, do 27 de maio, polo que se regulan as zonas húmidas protexidas.

• Decreto 137/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico das zonas húmidas protexidas e se crea o Inventario de zonas húmidas de Galicia.

• Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura de espazo natural de interese local e figura de espazo privado de interese natural.

• Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.

• Decreto 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, e se actualiza o dito catálogo mediante o cal se agregan sete novas especies na categoría de «vulnerables».

Patrimonio cultural.

• Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

• Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

• Decreto 199/1997, do 10 xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica de Galicia.

• Decreto 430/1991, do 30 decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de ben de interese cultural e se crea o rexistro de bens de interese cultural de Galicia.

• Normas complementarias e subsidiarias de planeamento da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Resolución do 14 de maio de 1991 da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.

Urbanismo.

• Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 20 de febreiro de 2006, sobre o Plan de inspección urbanística autonómica.

• Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

Accesibilidade.

• Lei 10/2014, do 3 de decembro de accesibilidade.

• Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Augas e costas.

• Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

• Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia e se regulan determinadas cuestións en desenvolvemento da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

• Lei 5/2006, do 30 de xuño, para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos.

• Lei 15/2008, do 19 de decembro, do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada.

• Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación de augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas.

• Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico das zonas húmidas protexidas e se crea o Inventario de zonas húmidas de Galicia.

• Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do servizo público de saneamento e depuración de augas residuais de Galicia.

Mobilidade.

• Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

• Decreto 308/2003, do 26 de xuño, de relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ruído.

• Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

Atmosfera e cambio climático.

• Lei 8/2002, do 18 de decembro, de protección do ambiente atmosférico de Galicia.

Residuos.

• Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia.

• Decreto 174/2005, do 9 de xuño, que regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

• Orde 20 xullo 2009, de construción e xestión dos vertedoiros en Galicia.

• Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020 aprobado polo Consello da Xunta o 13 de xaneiro de 2011.

• Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados.

Outros.

• Decreto 85/2012, do 16 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 138/2008, do 22 de maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia e se aproba o manual de sinalización turística de Galicia.

• Plan sectorial de ordenación das áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 27 de maio de 2004.

• Plan sectorial eólico de Galicia e as súas modificacións.

• Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

Planeamento vixente de carácter territorial.

• Plan xeral de ordenación municipal de Tui (26.1.2011).

• Ordenanzas municipais.

• Plan de ordenación dos montes veciñais en man común (2001-2012) termina no 2020.

Normativa específica do parque natural.

De acordo coa Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro), e o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG do 25 de abril de 2019), no seu artigo 2, se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e que é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a que corresponde o exercicio das competencias e funcións que en materia de ambiente e conservación da natureza se establecen nos artigos 27.12, 15, 30 e 29.4 do Estatuto de autonomía de Galicia e no resto da normativa de aplicación, en especial na normativa sobre protección ambiental de Galicia.

De acordo co establecido na Directiva 2009/147/CE do Consello, do 2 de abril, de conservación das aves silvestres, Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres, Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas, na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade; na Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe (última modificación do 19 de febreiro de 2016); no Real decreto lexislativo 1/2001, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, e na Lei de protección da paisaxe de Galicia, establécense os obxectivos, directrices e normas xerais para a ordenación do parque natural e dos seus principais compoñentes.

Directrices.

1. Promoverase un uso sustentable do territorio favorecendo aquelas actividades e aproveitamentos respectuosos cos valores naturais presentes e a súa diversidade ecolóxica e paisaxística.

2. Os obxectivos de conservación primarán sobre calquera outra actividade que se planifique ou se desenvolva no parque natural. En toda actuación primará o principio de cautela e de mínima intervención e menor agresividade para os compoñentes da biodiversidade do parque natural.

3. Fomentarase a utilización dos compoñentes naturais do parque natural dun modo e a un ritmo que non ocasione a diminución a longo prazo da biodiversidade, de modo que se aseguren as posibilidades de satisfacer as necesidades e as aspiracións das xeracións actuais e futuras.

4. Velarase polo mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos ecosistemas.

5. Velarase pola preservación da variedade, a singularidade e a beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe, evitando ou, se for o caso, minimizando, a degradación destes por elementos ou construcións que supoñan un elevado impacto visual derivado da súa localización, materiais empregados ou as relacións de texturas e cores utilizadas.

6. Darase preferencia ás medidas de conservación, preservación e restauración dos hábitats naturais e seminaturais, facendo especial fincapé naqueles considerados como prioritarios ou de interese comunitario.

7. Darase preferencia ás medidas de conservación, preservación e recuperación das especies silvestres de flora e fauna, facendo especial fincapé naquelas consideradas como protexidas por normativas internacionais, comunitarias, nacionais ou galegas.

8. Concederase prioridade ás especies de interese para a conservación, ás especies endémicas ou que posúan unha área de distribución limitada, así como ás especies de fauna migratoria.

9. Darase preferencia á conservación da diversidade xenética das poboacións silvestres de flora e fauna, así como ao mantemento ou, se for o caso, á recuperación de razas, variedades e cultivos tradicionais que formen parte dos sistemas tradicionais de aproveitamento agrícola, gandeiro ou forestal.

10. As actividades e actuacións que se desenvolvan no espazo natural buscarán o mantemento dos reservatorios naturais de carbono existentes no espazo natural, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, así como unha maior eficiencia no gasto dos recursos renovables e no control integral dos residuos e produtos contaminantes.

11. Evitarase a introdución e proliferación de especies, subespecies ou razas xeográficas distintas ás autóctonas, na medida en que poidan competir con estas, alterar a súa pureza xenética ou provocar desequilibrios ecolóxicos sobre os hábitats naturais e seminaturais.

12. Evitarase a realización de calquera tipo de actividade que poida supoñer un risco de contaminación das augas, tanto superficiais como subterráneas.

13. Manteranse as actividades e usos que sexan compatibles coa conservación da biodiversidade e o uso sustentable dos recursos naturais, de tal maneira que, sen poñer en risco os valores naturais do territorio, se poida asegurar o desenvolvemento social e económico que mellore a calidade de vida da poboación residente.

14. Mellorarase a calidade de vida dos habitantes da área de influencia do parque natural mediante a adopción de medidas de dinamización e desenvolvemento económico, dirixidas especialmente ás actividades relacionadas co uso público, o turismo e o aproveitamento sustentable dos recursos naturais.

15. Elaborarase un programa de seguimento da realidade económica, sociolóxica e natural do espazo natural co fin de poder avaliar axeitadamente a repercusión de programas e proxectos sobre as características naturais do espazo.

16. Farase promoción do coñecemento dos valores naturais e culturais do parque natural a través da coordinación con outras administracións, a comunidade científica e a poboación local.

Normativa.

O presente plan articula as directrices e normativas de xestión en tres niveis. O primeiro nivel corresponde á normativa para cada un dos compoñentes que conforman o parque natural e defínense, en consecuencia, obxectivos, directivas e normas de aplicación das principais actividades e proxectos. A normativa por compoñentes inclúe obxectivos, directrices e normas elaboradas a partir da lexislación sectorial vixente.

Nun segundo nivel desenvólvese a normativa xeral de ordenación e xestión, que marca o desenvolvemento das actuacións o usos no parque natural, así como das políticas sectoriais que incidan sobre este e sobre os seus valores. As normas xerais elabóranse a partir dos obxectivos e criterios orientadores derivados da normativa comunitaria (DC 79/409/CEE, DC 92/43/CEE, DC 2000/60/CE), estatal (Lei 33/2015) e autonómica (Lei 5/2019), así como criterios propios relativos á exclusión ou, se for o caso, regulación de determinadas actividades.

O terceiro nivel vén marcado pola normativa zonal, de modo que, para cada unha das unidades de zonificación establecidas no plan e delimitadas no parque natural en función da expresión territorial dos compoñentes da biodiversidade, se propón un réxime de ordenación e xestión específico que responde, en consecuencia, ás diferentes necesidades de conservación e xestión e a diferentes graos de aproveitamento dos recursos naturais.

4.2.1. Normativa por compoñentes.

4.2.1.1. Atmosfera.

Obxectivos.

1. Procurar manter a calidade do aire, limitando no parque natural a emisión de substancias contaminantes en concentracións tales que modifiquen a calidade do aire por enriba dos niveis autorizados.

2. Vixiar o cumprimento da normativa de carácter comunitario, estatal e autonómica relativa ás emisións atmosféricas de po, cheiros e ruído producidos polas distintas actividades que se desenvolven no ámbito do parque natural.

3. Controlar os niveis de elementos contaminantes presentes no parque natural.

Directrices.

1. Promoveranse as medidas correctoras necesarias para minimizar ou, se for o caso, eliminar as fontes de emisión de cheiros desagradables ou ruídos molestos.

2. Promoveranse as medidas correctoras necesarias para minimizar os efectos da contaminación lumínica.

3. Tomaranse as medidas necesarias para limitar a contaminación lumínica. Nas novas instalacións ou infraestruturas evitarase a emisión de luz directa cara ao ceo e evitaranse excesos nos niveis de iluminación.

Normativa.

1. Con carácter xeral, e en materia de contaminación atmosférica, seguirase o disposto na lexislación vixente respecto á protección do ambiente atmosférico, así como ás diferentes disposicións sectoriais.

2. Non se permite a emisión de niveis de ruído inxustificados, contrarios ás disposicións vixentes e aos obxectivos do presente plan, que perturben significativamente a tranquilidade das poboacións e das especies animais de interese para a conservación no ámbito do parque natural.

4.2.1.2. Xea.

Obxectivos.

1. Conservar os recursos da xea e promover o seu aproveitamento sustentable.

2. Establecer medidas preventivas para impedir a progresiva perda de solo.

3. Os usos e aproveitamentos do solo velarán por manter ou aumentar a capacidade de secuestro de carbono, dada a súa importancia na mitigación dos efectos derivados do cambio climático global.

Directrices.

1. Velarase para manter as características químicas, estruturais e de textura dos solos das cales depende en boa medida a súa vexetación e para evitar a aparición de fenómenos erosivos por causas antrópicas.

2. Tenderanse a conservar aquelas superficies con pendente superior ao 50% sobre as cales se desenvolvan hábitats naturais ou, se for o caso, plantacións forestais.

3. A utilización do solo con fins agrícolas, forestais e gandeiros deberá realizarse de forma sustentable, asegurando o mantemento do seu potencial biolóxico e da súa capacidade produtiva.

4. Realizaranse xestións para que todas as actividades extractivas existentes dispoñan dos plans de restauración pertinentes e velarase polo seu cumprimento.

5. Os plans de restauración mineiros terán como obxectivos preferentes a recuperación paisaxística, así como a recuperación dos hábitats de interese comunitarios e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

6. Inventariaranse e diagnosticaranse os recursos xeolóxicos e xeomorfolóxicos e adoptaranse as medidas que sexan precisas para a súa protección e conservación.

7. Nas autorizacións e nos procedementos de avaliación ambiental teranse en consideración as singularidades xeolóxicas e xeomorfolóxicas do territorio, especialmente naquelas áreas incluídas no inventario de espazos de interese xeomorfolóxico, tanto en función do seu valor intrínseco (xeodiversidade) como por constituíren unha parte esencial de diversos tipos de hábitats de interese comunitario e prioritario (biodiversidade), promovendo a súa conservación ou, se for o caso, establecendo medidas compensatorias co fin de reducir o impacto sobre elas.

Normativa.

1. Con carácter xeral, permítese a modificación da configuración, estrutura e propiedades do solo, relacionadas con actividades tradicionais de carácter agrícola ou vinculadas con actividades construtivas, cando se realicen de acordo coas regulacións establecidas no presente plan, así como conforme as normativas sectoriais.

2. Son usos autorizables os aproveitamentos mineiros con concesión existentes con anterioridade á aprobación do presente plan, as cales deben realizar a súa actividade conforme as normativas sectoriais e de acordo cos criterios establecidos no presente plan.

3. A recolección de pequenas cantidades de rochas, minerais ou fósiles para coleccionismo, fins científicos ou educativos deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza.

4. A realización de actuacións que poidan supor a modificación do estado actual do solo ou o inicio de estados erosivos, tales como movementos de terra por medios mecánicos ou manuais, apertura de exploracións, prospeccións, sondaxes, etc., deberán contar coa autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza.

5. Prohíbese a vertedura, almacenamento, depósito, enterramento, transformación ou incineración de lixo, entullo ou calquera tipo de residuos, así como de substancias tóxicas e perigosas, excluíndo o tratamento dos materiais xerados no desenvolvemento das actividades de xestión e procesamento de residuos nas instalacións actualmente en funcionamento e que teñan a correspondente autorización, así como o depósito temporal antes da eliminación ou degradación dos restos dos aproveitamentos forestais, agrícolas ou gandeiros sobre o solo, nas condicións de seguridade que determine a normativa sectorial ou as respectivas autorizacións de aproveitamento.

6. Prohíbese a acumulación, depósito ou almacenamento de residuos radioactivos, tóxicos, perigosos ou calquera outro tipo de substancia altamente contaminante fóra das áreas que poidan ser autorizadas para ese efecto.

4.2.1.3. Augas continentais.

Obxectivos.

Establecer un marco para a protección das augas superficiais continentais e as augas subterráneas que:

1. Prevexa toda deterioración adicional que protexa e mellore o estado dos ecosistemas acuáticos e, con respecto ás súas necesidades de auga, dos ecosistemas terrestres e zonas húmidas directamente dependentes dos ecosistemas acuáticos.

2. Promova un uso sustentable da auga baseado na protección a longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles.

3. Teña por obxecto unha maior protección e mellora do medio acuático, entre outras formas mediante medidas específicas de redución progresiva das verteduras, as emisións e as perdas de substancias prioritarias e mediante a interrupción ou a supresión gradual das verteduras, as emisións e as perdas de substancias perigosas prioritarias.

4. Garanta a redución progresiva da contaminación da auga subterránea, evite novas contaminacións e contribúa a paliar os efectos das inundacións e secas.

5. Contribúa a reducir de forma significativa a contaminación das augas subterráneas.

Directrices.

1. Preservarase a calidade da auga, tanto superficial como subterránea e aseguraranse os caudais mínimos ecolóxicos.

2. O organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza velará pola conservación das marxes, leitos e ribeiras dos cursos de auga así definidos pola lexislación de augas. A este respecto, minimizaranse os impactos que puider producir a realización de obras que supoñan a modificación da estrutura ou vexetación característica destes elementos. Velarase para que as autorizacións de captacións e aproveitamentos de augas nas zonas húmidas ou na súa área de captación non supoñan unha afección significativa sobre os recursos hídricos das zonas húmidas e sobre o mantemento dos ecosistemas e comunidades de flora e fauna que estes albergan.

3. Procurarase conseguir, no menor prazo posible, o axeitado tratamento de depuración para as verteduras, xa sexan urbanas, industriais, agrícolas ou gandeiras, velando en todo momento para manter a calidade das augas.

4. Estableceranse mecanismos de coordinación cos organismos de bacía para asegurar a eficacia das medidas de protección e actuación.

5. No tratamento das augas residuais tenderanse a cumprir os obxectivos de calidade máis estritos, desde o punto de vista ambiental, das normativas técnicas existentes.

Normativa.

1. As novas captacións de augas, así como a realización de sondaxes, deberán contar coa autorización do organismo competente en materia de ambiente e conservación da natureza, sen prexuízo das competencias do organismo de bacía ou doutros organismos competentes nos diferentes ámbitos sectoriais.

2. Toda actuación, construción ou instalación susceptible de provocar contaminación das augas do parque natural deberá posuír os sistemas de depuración conforme a normativa sectorial vixente, o que deberá ser autorizado polo organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza.

3. As fosas sépticas deberán construírse de xeito que aseguren a súa estanquidade. A súa xestión debe realizarse en todo momento de acordo coa normativa sectorial vixente.

4. Prohíbese a realización de calquera tipo de vertedura, así como a utilización de calquera tipo de substancia química que poida afectar significativamente a calidade das augas nacentes ou circulantes, ou ao ciclo hidrolóxico do territorio do parque natural, cando se realicen fóra dos lugares habilitados para tal efecto ou sexan contrarias ás condicións establecidas na lexislación vixente ou no presente plan.

5. Prohíbese a alteración dos cursos, leitos e ribeiras, así como a modificación significativa do réxime das augas, sen a autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza.

6. Prohíbese o desecamento ou drenaxe de pozas ou calquera outro tipo de zona húmida sen a autorización do organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza.

7. Prohíbense as acumulacións de materiais en encostas, barrancos ou leitos que poidan supoñer un obstáculo ao libre paso das augas, ou ben poidan ser orixe de procesos erosivos intensos ou que entrañen unha modificación das condicións hidráulicas e hidrolóxicas naturais.

8. Prohíbese o lavado de vehículos e calquera tipo de obxecto en ríos, regatos ou zonas húmidas, botar obxectos ás ditas zonas, así como a incorporación directa ás augas de deterxentes, xabóns, lixivias ou outros tipos de substancias que poidan afectar de forma significativa o estado ecolóxico dos ecosistemas acuáticos.

4.2.1.4. Paisaxe.

Obxectivos.

1. O recoñecemento, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe co fin de preservar todos os elementos que a configuran no marco do desenvolvemento sustentable, entendendo que a paisaxe exerce unha función principal de interese xeral nos eidos ambientais, culturais, sociais e económicos.

2. Manter nun estado de conservación favorable os tipos de paisaxes existentes no parque natural, así como os costumes tradicionais existentes e os compoñentes naturais e elementos construtivos destes.

3. Mitigar os elementos artificiais que, a nivel estrutural e funcional, actúan como barreiras, así como fortalecer a conservación daqueles de carácter natural ou seminatural que constitúen corredores ecolóxicos esenciais para a migración, a distribución xeográfica e o intercambio xenético das especies silvestres.

4. Nas actuacións susceptibles de alterar ou modificar a paisaxe natural do parque natural, teranse especialmente en conta as súas repercusións sobre a calidade paisaxística adoptando cantas medidas sexan necesarias con obxecto de minimizar as consecuencias. En tal sentido, os proxectos que teñan por obxecto este tipo de actuacións e especial incidencia sobre a paisaxe supervisaranse co obxecto de garantir o cumprimento do expresado neste artigo.

Directrices.

1. Establecerase un programa de prioridades de recuperación daquelas áreas que conteñan elementos da paisaxe degradados, dando prioridade ás áreas de maior accesibilidade visual.

2. Restaurarase a calidade paisaxística alí onde fose deteriorada por accións humanas, como movementos de terra, actividades extractivas, apertura de pistas e camiños ou de calquera outro tipo.

3. Procurarase evitar a introdución no medio natural de calquera elemento artificial que limite o campo visual ou rompa a harmonía da paisaxe. Non obstante, poderán establecerse as infraestruturas que sexan imprescindibles, de acordo coas prescricións do presente plan, procurando minimizar o seu impacto sobre o medio.

4. Velarase polo mantemento do territorio do parque natural libre de lixos, residuos e verteduras, apoiando a aplicación da normativa vixente na materia. Eliminaranse os vertedoiros e entulleiras incontrolados.

5. Teranse en conta criterios paisaxísticos na planificación das repoboacións forestais e a ordenación das masas arborizadas preexistentes. O organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza poderá limitalas e propoñerá, se for o caso, as medidas correctoras necesarias.

6. O impacto paisaxístico deberá ser especialmente tido en conta nos proxectos de infraestruturas lineais e nas actuacións realizadas en áreas de alta visibilidade.

7. O organismo autonómico competente en materia de medio ambiente e conservación da natureza poderá determinar aquelas singularidades da paisaxe, tanto elementos naturais como culturais, que deban ser preservados e delimitar o seu ámbito de protección tendo en conta a súa bacía visual.

Normativa.

1. A introdución de calquera elemento estrutural de carácter artificial, que altere de maneira significativa a paisaxe natural ou desfigure as súas formas e perspectivas, e modifique o seu valor estético deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza.

2. A instalación de carteis, inscricións ou elementos de calquera natureza con fin publicitario fóra dos núcleos de poboación ou fóra das áreas autorizadas para tal fin deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza.

3. Prohíbese a realización de inscricións, sinais, signos ou debuxos na pedra, árbores ou en calquera outro elemento do medio natural, así como sobre paneis informativos, elementos de valor histórico-cultural ou en calquera tipo de ben moble ou inmoble e, en xeral, a deterioración ou destrución da infraestrutura propia do parque natural, salvo aqueles debidamente autorizados que sexan necesarios para mellorar e completar as redes de camiños e carreiros.

4. Prohíbese botar lixo fóra dos contedores establecidos para tal fin, así como o abandono de ferrallas ou o abandono ao aire libre de maquinaria, vehículos ou calquera tipo de material alleo ao medio natural.

4.2.1.5. Hábitats naturais e especies de interese.

Obxectivos.

1. Manter nun estado de conservación favorable os hábitats prioritarios e de interese comunitario establecidos no anexo I da DC 92/43/CEE.

2. Regular e fomentar o uso sustentable dos hábitats naturais e seminaturais e, de xeito especial, daqueles que posúen unha área de distribución reducida no parque natural, así como no conxunto da Rede Natura 2000.

3. Manter a integridade e conservar a funcionalidade das zonas húmidas que proporcionan o medio acuático vital para a reprodución de moitas especies da fauna ameazada, Achondrostoma arcasii, e demais animais ligados a ambientes húmidos.

Directrices.

1. Os criterios de xestión de hábitats e especies rexeranse, en ausencia de especificacións concretas, polo considerado no artigo 6 da DC 92/43/CEE.

2. Estableceranse medidas específicas de xestión para os hábitats de maior fraxilidade ecolóxica ou para aqueles que posúen unha escasa representación territorial no ámbito do parque natural ou do conxunto da Rede Natura 2000 en Galicia.

3. Darase prioridade, alí onde se presenten os hábitats incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE, á conservación e rexeneración natural destes fronte a calquera outro tipo de actuación.

4. Darase prioridade á conservación dos hábitats que alberguen áreas prioritarias de especies de flora ou fauna silvestre de interese para a conservación.

5. Darase prioridade á protección e conservación dos hábitats de especies de especial interese polo seu carácter endémico, a súa situación de ameaza ou por se atoparen no límite da súa área de distribución.

6. Desenvolveranse un conxunto de indicadores que permitan analizar e avaliar o estado de conservación dos hábitats para tomar, se é o caso, as medidas de protección, conservación e restauración que se consideren necesarias.

7. Para os efectos de xestión do parque natural, e cando non exista unha delimitación territorial concreta dos corredores fluviais e das zonas húmidas, considérase como área mínima os límites do dominio público, máis a zona de servidume e policía definidas na normativa básica sobre augas continentais ou ben a área delimitada pola existencia de hábitats e especies característicos dos ecosistemas acuáticos e das zonas húmidas.

Normativa.

1. As actuacións non vinculadas ás necesidades de conservación e xestión dos compoñentes da biodiversidade ou aquelas non consideradas nos supostos de actividades permitidas ou autorizadas establecidas no presente plan, que poidan afectar de maneira significativa, individualmente ou en combinación con outras actuacións, o parque natural ou o estado de conservación dun tipo de hábitat incluído no anexo I da DC 92/43/CEE, deberán contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza. A autorización será outorgada tras unha adecuada avaliación das súas repercusións sobre o parque natural, de acordo co establecido no artigo 6 da DC 92/43/CEE.

2. O organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza velará para que o emprego de biocidas, así como de residuos urbanos, industriais ou calquera substancia química, se realice no parque natural dun xeito racional e conforme a normativa vixente, poderá limitar ou, se for o caso, prohibir aqueles usos que supoñan a destrución ou a alteración significativa dos hábitats de interese comunitario.

3. Prohíbese o depósito ou vertedura de materiais vexetais, derivados do mantemento de xardíns, parques ou vías sobre os hábitats naturais ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

4.2.2. Normativa por recursos, usos e actividades.

As autorizacións que outorga o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural formularanse de acordo co artigo 6 da Directiva 92/43/CEE trasposto ao ordenamento xurídico español na Lei 42/2007, e en coherencia cos obxectivos e directrices recollidas no presente plan.

Cando, de acordo coa lexislación sectorial vixente, as actividades descritas como de uso permitido ou autorizable no presente plan se deban someter a autorización por parte de calquera organismo da Administración, enténdese que, se ben estas entidades son as competentes para a expedición da devandita autorización, esta deberá supeditarse ás condicións establecidas para cada tipo de actividade no ámbito do presente plan. Deberase comunicar ao organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural a mencionada solicitude e, se así o especifica a normativa do presente plan, solicitar o informe preceptivo deste organismo.

Usos permitidos.

1. Con carácter xeral, considéranse usos ou actividades permitidas aquelas de carácter tradicional que sexan compatibles coa protección do parque natural e todos aqueles non incluídos nos grupos de actividades prohibidas ou suxeitas a autorización nin considerados na normativa específica contida neste plan.

2. O territorio delimitado polo espazo natural e a súa área de influencia socioeconómica considérase como área preferente para o desenvolvemento daquelas actividades socioeconómicas de carácter tradicional coherentes e respectuosas cos obxectivos de conservación. A Xunta de Galicia promoverá nestes territorios as seguintes actividades:

a) Actividades vinculadas coa explotación racional dos recursos naturais: agricultura, gandaría, silvicultura.

b) Actividades de uso público de carácter ambiental.

c) Promoción da custodia do territorio.

3. As administracións públicas, ao abeiro do artigo 72 da Lei 42/2007, poderán fomentar a custodia do territorio mediante acordos entre entidades de custodia e persoas propietarias de terreos privados ou públicos que teñan por obxectivo principal a conservación do patrimonio natural e a biodiversidade.

Usos autorizables.

1. Todas aquelas actividades directamente relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública ou con outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde ou ben que poidan ser obxectivamente consideradas como accións positivas de primordial importancia para o ambiente, sempre que cumpran co disposto no artigo 6 da Directiva 92/43/CEE.

2. Considéranse usos autorizables aqueles usos que, baixo determinadas condicións, e tras a obtención das correspondentes autorizacións dos organismos ou administracións competentes, así como da autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, poden ser executados ao seren considerados compatibles cos obxectivos de conservación do espazo e dos compoñentes clave da biodiversidade, ao non levaren consigo unha deterioración significativa, a curto ou medio prazo, dos seus valores.

O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural avaliará o grao de significación da actividade e poderá autorizala tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e propoñerá, se for o caso, medidas preventivas e compensatorias, co fin de asegurar que a mencionada actividade non alcance os límites establecidos no punto 6.3 da Directiva 92/43/CEE.

3. Dentro da categoría de usos autorizables inclúense tamén actividades que, sen teren unha relación directa coa xestión do parque natural ou sen seren necesarios para esta, poidan afectar de forma significativa o citado lugar, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos. Estas actividades, de acordo co artigo 6.3 da Directiva 92/43/CEE, someteranse a unha axeitada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os obxectivos de conservación do lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar, e supeditado ao disposto no número 6.4 da mencionada directiva, o organismo competente en materia de patrimonio natural, só se declarará de acordo co plan ou proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública.

Se, a pesar das conclusións negativas da avaliación das repercusións sobre o lugar e a falta de solucións alternativas, debera realizarse un plan ou proxecto por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, incluídas razóns de índole social ou económica, as administracións públicas competentes en materia de patrimonio natural, de acordo co artigo 6.4 da Directiva 92/43/CEE e o artigo 45 da Lei 42/2007, tomarán cantas medidas compensatorias sexan necesarias para garantir que a coherencia global da Rede Natura 2000 quede protexida.

4. Cando, de acordo coa lexislación sectorial vixente, as actividades permitidas ou autorizables no presente Plan se deban someter á autorización de organismos da Administración distintos do competente en materia de patrimonio natural, entenderase que as ditas entidades son as competentes para a expedición da autorización, ben que esta deberá supeditarse previamente ás condicións establecidas para cada tipo de actividade no ámbito do presente plan, polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural. En consecuencia, deberán ser comunicadas as solicitudes ao organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural e, se así o especifica o presente plan, solicitar o informe preceptivo do devandito organismo.

Non obstante, existe outro tipo de actividades incluídas na presente normativa que, de acordo cos contidos do presente plan, pasan a ser autorizadas polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, con base nas atribucións deste.

Usos prohibidos.

1. Considérase uso prohibido aquel contrario aos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000 e que leva consigo unha afección significativa sobre a integridade do parque natural ou sobre o estado de conservación dos compoñentes clave para a biodiversidade (hábitats e especies protexidas).

Usos e actividades excluídas no parque natural.

1. O territorio delimitado polo parque natural considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas actividades e aproveitamentos mineiros. Non se permitirán novas actividades extractivas. Estas explotacións producen un impacto paisaxístico crítico, incompatible cos obxectivos de protección do parque natural, dos seus hábitats de interese comunitario e das especies de interese para a conservación e, por outra parte, contan con mínimas posibilidades de restauración a curto ou medio prazo.

2. O territorio delimitado polo parque natural considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas obras e instalacións de piscicultura e aproveitamentos de enerxía eólica, fotovoltaica ou hidroeléctrica.

3. O territorio delimitado polo parque natural considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas actividades industriais incluídas nas seguintes categorías establecidas pola Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE):

Sección C. Industrias extractivas (todos os niveis).

Sección D. Industrias manufactureiras, as epígrafes seguintes:

Grupo 175. Outras industrias téxtiles.

Grupo 183. Preparación e tinxudura de peles de peletaría.

División 19. Preparación curtume e acabamento do coiro.

División 21. Industria do papel.

División 23. Coquerías, refinación de petróleo e tratamento de combustibles nucleares.

División 24. Industria química.

División 25. Fabricación de produtos de caucho e materias plásticas.

División 26. Fabricación doutros produtos minerais non metálicos.

División 27. Metalurxia.

División 28. Fabricación de produtos metálicos, salvo maquinaria e equipamento.

División 29. Industria da construción de maquinaria e equipamento mecánico.

División 30. Subsección DL. Industrias de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico.

4.2.2.1. Usos agropecuarios.

Obxectivos.

1. A agricultura e a gandería constitúen unha actividade de carácter marxinal en relación coa vocación forestal do parque natural e coa necesidade de conservar os seus valores naturais. A non ser que contribúa ao desenvolvemento sustentable no medio rural, conforme os obxectivos establecidos na Lei 45/2007, do 13 de decembro, a normativa xeral oriéntase a minimizar, cando non se eviten, as afeccións sobre os compoñentes clave do territorio: tipos de paisaxes, medios ecolóxicos, hábitats protexidos, núcleos poboacionais de especies de interese para a conservación.

Directrices.

1. Promoveranse as políticas agrogandeiras que fomenten o mantemento nun estado de conservación favorable dos núcleos de poboación e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

2. Velarase e promoverase a aplicación de códigos de boas prácticas, así como os criterios establecidos de ecocondicionalidade.

3. Nos aproveitamentos agrícolas e gandeiros procurarase respectar a vexetación autóctona de carácter natural ou seminatural establecida nos lindeiros de bosques e regueiros, así como as sebes arbustivas e arbóreas, as liñas de arboredo, os pequenos bosquetes e cantos elementos naturais poidan ser significativos para a conservación da biodiversidade e, en especial, da flora e fauna silvestre. Especialmente, velarase polo mantemento daqueles elementos que:

• Sirvan de hábitat secundario, refuxio, cría ou alimentación de especies protexidas.

• Constitúan os últimos lugares de refuxio, cría ou alimentación para os elementos silvestres de flora e fauna, por perdurar en paisaxes agrarias ou gandeiras fortemente degradadas.

• Establezan corredores biolóxicos con ou entre áreas de maior naturalidade, evitando o illamento xenético das poboacións.

• Os cercas e valados en terreos rurais deberán construírse de tal forma que non impidan a circulación da fauna silvestre.

4. As actividades da gandaría deberán evitar as afeccións aos medios forestais, axustándose en todo momento aos seguintes criterios:

• No caso de gando autorizado, exixirase o seu mantemento en boas condicións sanitarias. A falta de certificación de vacinación levará á anulación da autorización.

• Limitarase o número de cabezas de gando no parque natural a aquelas declaradas polos gandeiros/as, sen permitirse a estadía incontrolada.

• As zonas onde se leven a cabo reforestacións, así como as zonas de propagación e rexeneración de masas naturais e máis as zonas en que se desenvolvan proxectos de restauración ecolóxica, deberán quedar coutadas ao pastoreo ata que non se comprometa a viabilidade da masa.

• O acceso do gando ás zonas de pasto realizarase polos camiños ou vías existentes, evitando o paso por zonas sensibles.

Normativa.

Usos permitidos: aqueles de carácter tradicional vinculados coas explotacións agrícolas e gandeiras existentes con anterioridade á declaración do parque natural que non leven consigo afeccións significativas sobre os hábitats de interese comunitario e as especies de interese para a conservación, e cumpran coa normativa sectorial vixente, coas disposicións do presente plan e que non entren en conflito coas directrices do proxecto de ordenación forestal, incluíndo entre elas:

• O cultivo ou a cría dentro das explotacións agropecuarias de especies, subespecies, variedades ou razas representativas dos sistemas tradicionais de explotación agrícola ou gandeira existentes en Galicia.

Usos autorizables: coa finalidade de asegurar un uso sustentable dos recursos naturais e o propio mantemento das explotacións agropecuarias tradicionais, considéranse actuacións suxeitas a autorización por parte do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural as seguintes:

• O uso de fertilizantes e biocidas nos terreos de labradío e nos pasteiros de carácter artificial sempre que a súa aplicación non afecte negativamente os hábitats de interese comunitario existentes no seu ámbito, así como as poboacións de especies de interese para a conservación, e sempre que se apliquen de maneira racional, acorde coas normativas vixentes e co código de boas prácticas.

• As concentracións parcelarias ou proxectos similares que leven consigo unha drástica modificación da paisaxe rural do parque natural ou que afecten de xeito significativo o estado de conservación dos hábitats de interese comunitario e as especies de interese para a conservación deberán someterse obrigatoriamente a avaliación de impacto ambiental, que se formulará seguindo os criterios establecidos no artigo 6 da Directiva 92/43/CEE, tendo en conta os obxectivos de conservación establecidos na Rede Natura 2000 e no presente plan, e acorde coa normativa sectorial vixente.

• Gando ceibo.

Usos prohibidos: todos os que atenten contra os valores protexidos do parque natural, en particular, os seguintes:

• Os cambios de usos que supoñan a desaparición ou diminución significativa do estado de conservación (diminución da superficie, modificación da estrutura, cambios nas funcións ecolóxicas) dos tipos de hábitats de interese comunitario ou dos hábitats das especies de interese para a conservación.

• A eliminación de sebes e bosquetes nas áreas de aproveitamento agrícola ou gandeiro.

• O uso de biocidas. Exclúese desta consideración o uso de biocidas vinculados ao mantemento dos prados de sega (Nat-2000 6510) cando se realice conforme a normativa xeral vixente.

• A liberación no medio natural de organismos modificados xeneticamente.

• A introdución no parque natural de especies alóctonas non presentes na actualidade cando o seu aproveitamento ou naturalización poida xerar riscos significativos sobre a pureza xenética das poboacións existentes ou xerar unha alteración significativa sobre o estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou para as especies de interese para a conservación.

• O depósito de lodos de depuradoras industriais ou urbanas, así como o seu emprego como fertilizantes ou emendas dos solos agrícolas.

4.2.2.2. Usos forestais.

Obxectivos.

1. Na xestión forestal do parque natural deberán primar os aproveitamentos e usos sustentables de modo que se minimicen, cando non se eviten, as afeccións sobre os compoñentes clave do territorio: tipos de paisaxes, medios ecolóxicos, hábitats protexidos, núcleos poboacionais de especies de interese para a conservación.

Directrices.

1. Promoveranse as políticas forestais que fomenten o mantemento nun estado de conservación favorable dos núcleos poboacionais e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, priorizando aqueles compoñentes cuxa persistencia se atopa ligada ao mantemento dos sistemas de explotación tradicional de carácter forestal.

2. Os criterios e medidas ambientais determinadas nos contratos globais de explotación e as medidas ambientais que promova o organismo autonómico competente en materia forestal e do medio rural definiranse coa colaboración do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

3. As explotacións incluídas no ámbito do parque natural consideraranse como prioritarias para a concesión de axudas á práctica de métodos agroambientais compatibles coa conservación das especies de interese para a conservación.

4. Fomentarase o mantemento das explotacións forestais tradicionais mediante a sintarua de acordos ou convenios contractuais coas comunidades de montes e coas persoas titulares de terreos que se comprometan á aplicación de medidas ambientais compatibles coa conservación dos hábitats de interese comunitario e/ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

A xestión forestal deberá desenvolverse mediante proxectos de ordenación de montes e plans técnicos de xestión redactados conforme a Lei 21/2015, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes. De acordo co artigo 32 desta lei, para a súa aprobación terase en conta a diversidade e a necesidade de conservación dos hábitats naturais e seminaturais de interese comunitario, así como dos hábitats das especies de interese para a conservación. Os usos e aproveitamentos que nestes documentos se prevexan, non poderán supoñer en ningún caso unha redución significativa do estado de conservación destes hábitats, sobre todo daqueles considerados como prioritarios ou que presenten unha reducida cobertoira ou elevada fraxilidade no parque natural.

As autorizacións de aproveitamentos forestais deberán establecer as medidas precisas que aseguren o respecto do arboredo e da vexetación autóctona desenvolvida baixo a masa, así como o mantemento da diversidade de biotopos (afloramentos rochosos, regueiros, pequenas zonas húmidas).

Evitarase que as autorizacións de cortas leven consigo a desaparición de bosquetes ou a supresión de sebes arbóreas ou arbustivas nas áreas de uso agrícola ou gandeiro. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá establecer limitacións co fin de garantir o mantemento deste tipo de hábitats.

Os aproveitamentos deberán realizarse con técnicas tradicionais e respectuosas en todo momento coa integridade do ambiente, garantindo o mantemento da masa, os solos e os biótopos e ecotóns que esta albergue, así como o restablecemento das condicións preexistentes ou, no seu caso, a súa substitución por formacións de carácter natural.

Os aproveitamentos forestais das formacións naturais realizaranse mediante cortas por rareo sucesivo uniforme ou, se for o caso, por entrecollas, por bosquetes ou por afuroamento.

A construción de vías de saca deberá evitar, no trazado da pista, pendentes superiores ao 10 %, límite que poderá superar, excepcionalmente, co fin de evitar impactos paisaxísticos negativos. Estas vías deberán contar con pasos de auga nos escoadoiros naturais do terreo, tanto permanentes como estacionais, e os seus entroncamentos con camiños ou vías deberán ser realizados tras a consulta ao organismo autonómico competente en patrimonio natural, co fin de determinar a forma idónea da súa construción. O depósito dos materiais sobrantes na construción e reparación de pistas será controlado con rigor.

Os plans de ordenación de recursos forestais, as directrices básicas comúns de xestión forestal sustentable, os proxectos de ordenación, e calquera outra acción de planificación, deberá incluír disposicións para a prevención e loita contra pragas e enfermidades, con especial atención aos riscos das pragas emerxentes, coas seguintes consideracións:

• Non poderán ser empregados fitocidas e insecticidas (salvo casos de urxente necesidade).

• Permitirase o control biolóxico ou natural determinado pola comunidade internacional e coñecido como Entomology Management (sempre a través de EIA).

• Con carácter preferente, en labores de prevención e loita potenciarase o emprego de plantas cebo, loita biolóxica con uso de trampas de feromonas e, principalmente, a estabilización de poboacións de insectívoros mediante o uso de caixas aniñadeiras, así como a protección dos dormideiros de quirópteros.

• Na extinción de incendios empregaranse, preferentemente, as accións que xeren menor impacto no medio e a restauración de áreas afectadas terá carácter prioritario.

Normativa.

Usos permitidos: aqueles de carácter tradicional vinculados coas explotacións forestais existentes no parque natural, sempre que non leven consigo afeccións significativas sobre o estado de conservación dos hábitats de interese comunitario e das especies de interese para a conservación e cumpran coas disposicións do presente plan e coa normativa sectorial vixente.

O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, independentemente das regulacións que poida establecer o órgano forestal competente, poderá regular dentro do parque natural ou denegar novas explotacións ou aproveitamentos, cando leven consigo unha afección significativa sobre o estado de conservación dos tipos de hábitats de bosques tipificados no anexo I da Directiva 92/43/CEE, así como sobre os hábitats das poboacións de especies de interese para a conservación, ou ben cando os aproveitamentos afecten a integridade do propio parque natural, o mantemento dos valores paisaxísticos ou a conectividade entre os diferentes tipos de medios ecolóxicos.

• A recolla de follaxe, castañas, cogomelos, landras e doutros pequenos froitos por parte das persoas propietarias dos montes para o seu propio aproveitamento, sempre que non afecte a persistencia do exemplar/es ou que desta derive unha perda do estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

• A recolla de leña por parte das persoas propietarias dos montes para o seu propio aproveitamento.

• Aqueles recollidos nos proxectos de ordenación de montes e plans técnicos de xestión aprobados conforme a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e que teñan informe favorable do organismo competente en materia de patrimonio natural. Estas actuacións só precisarán unha declaración responsable ao órgano de xestión do parque natural.

• As tarefas de xestión da biomasa nas faixas primarias e secundarias, segundo o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tendo en conta a modificación introducida pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia.

Usos autorizables: en cumprimento do artigo 6 da Directiva 92/43/CEE e coa finalidade de asegurar o uso sustentable dos recursos naturais e o propio mantemento das explotacións forestais, considéranse actividades suxeitas a avaliación e autorización preceptiva ou informe preceptivo e determinante, por parte do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, as seguintes:

• A recolección de vexetais e fungos con fins comerciais, mediante proxecto de explotación.

• Calquera clase de obras destinadas á prevención de incendios forestais que teñan que ser realizadas nos montes incluídos dentro do territorio comprendido polo espazo natural deberán someterse con anterioridade á súa execución a un informe previo do organismo competente en materia de patrimonio natural.

• A presenza de gando solto sen autorización.

Usos prohibidos: todos aqueles que poidan afectar de xeito significativo a integridade do parque natural, o estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou aos núcleos de poboación das especies de interese para a conservación.

• Calquera outro tipo de aproveitamento de madeira non recollido na normativa que supoña a destrución ou alteración dos hábitats incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

• A destrución, subsolaxe, drenaxe, rozas mecánicas que poidan producir unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats dos corredores fluviais (Nat-2000 3260, 3270, 91E0*).

• A introdución, plantación ou sementeira de especies exóticas non consideradas como especies de aproveitamento forestal nos correspondentes proxectos de ordenación de montes, que teñan informe favorable do organismo competente en materia de patrimonio natural.

• A introdución, plantación ou sementeira de especies exóticas sobre hábitats de importancia comunitaria.

• O uso de calquera tipo de biocidas ou herbicidas sobre hábitats incluídos na Directiva 92/43/CEE ou sobre os hábitats das especies de interese para a conservación.

• A realización de socalcamentos nos proxectos de plantacións forestais.

• As cortas a feito sobre formacións arborizadas naturais e, especialmente, sobre aquelas incluídas dentro do anexo I da Directiva 92/43/CEE.

• As rozas ou labores mecánicos, así como as subsolaxes, en liña de máxima pendente.

• A vertedura de xurros e residuos agrícolas ou industriais sobre o medio acuático, así como sobre o resto dos hábitats de interese comunitario, a excepción dos diversos tipos de prados de sega mencionados na Directiva 92/43/CEE, realizados de acordo coa normativa sectorial.

• A fumigación con equipamentos aéreos en tratamentos continuos e masivos.

• As primeiras repoboacións forestais de máis de cincuenta hectáreas, cando entrañen riscos de graves transformacións ecolóxicas de carácter negativo.

4.2.2.3. Urbanismo e ordenación territorial.

Obxectivos.

1. Contribuír á ordenación e protección do medio rural dos núcleos rurais de poboación que se sitúen no espazo natural e do patrimonio rural.

2. Garantir que os proxectos de actividades e obras, tanto de promoción pública como privada, conteñan desde o inicio a consideración dos posibles impactos ambientais, o desenvolvemento de alternativas e as medidas e partidas orzamentarias necesarias para a corrección, se for o caso, dos efectos negativos producidos, así como a súa adecuación ecolóxica e paisaxística. Todos estes elementos serán valorados de forma prioritaria á hora de estudar a concesión das pertinentes autorizacións.

Directrices.

1. O presente plan, xunto coas disposicións do Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia, prevalece sobre o Plan xeral de ordenación municipal de Tui adaptado á LOUG, ao ordenamento urbanístico e á ordenación do territorio. Cando as súas determinacións sexan incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, os órganos competentes revisarán estas de oficio.

2. A clasificación do solo dentro do parque natural adaptarase, coa excepción do especificado no presente plan, á normativa estatal e autonómica vixente, a cal rexerá a actividade construtiva no solo urbano e nos núcleos rurais, regulando, pola súa vez, o posible desenvolvemento destes, co fin de asegurar a protección e conservación da paisaxe e dos compoñentes clave do parque natural.

3. Os instrumentos do plan urbanístico deberán definir as condicións que garantan a integración paisaxística das edificacións e manteñan o estilo tradicional do parque natural, prestando especial atención á tipoloxía e volumes, así como aos materiais de cubertas e fachadas. Para lograr este obxectivo promoveranse liñas de fomento ou subvención necesarias.

4. Promoverase a elaboración de estudos ou catálogos sobre arquitectura tradicional do parque natural e fomentaranse liñas de axuda para a adecuación das vivendas rurais á esta tipoloxía, fomentando que na rehabilitación, mellora e nova construción de vivendas rurais, se manteña a fisionomía tradicional dos núcleos rurais.

5. Fomentarase a rehabilitación de edificios fronte á construción doutros novos.

6. Nas edificacións promoverase especialmente a substitución dos elementos construtivos distorsionantes por outros máis acordes cos tipos tradicionais do parque natural.

7. Os instrumentos de desenvolvemento urbanístico procurarán fixar, con carácter de mínimas, as condicións necesarias para evitar a formación de pantallas arquitectónicas e garantir a integración paisaxística das vivendas e a súa harmonía co contorno.

8. Fomentarase a inventariación de edificios, elementos ou conxuntos arquitectónicos, de enxeñaría, espazos colectivos, etc., que sexan de interese polo seu valor arquitectónico, histórico, social ou cultural, co obxecto de facilitar a súa rehabilitación e coñecemento, e promoverase a protección e conservación das edificacións máis valiosas.

9. Toda actuación que se realice en edificacións xa existentes adaptarase ás normas urbanísticas correspondentes.

Normativa.

1. Os usos permitidos, autorizables e prohibidos en relación co medio rural, urbanismo e ordenación territorial do parque natural veñen establecidos, con carácter xeral, pola normativa estatal (Lei 8/2007) e autonómica vixente (Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004 e a Lei 6/2007).

2. Para o desenvolvemento das actuacións urbanísticas dentro da Rede Natura 2000, incluíndo a realización de edificacións, será necesaria a autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, que se desenvolverá en conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE, independentemente do resto das autorización por parte doutros organismos competentes.

Usos permitidos: permítese a mellora das construcións e instalacións existentes acordes co Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia, e da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

Usos autorizables: os usos e as actividades urbanísticas que se realicen conforme as normativas estatais e autonómicas e que, por conseguinte, estean amparados nun instrumento ou plan urbanístico adaptado a este marco normativo, sempre que se desenvolvan de xeito respectuoso cos obxectivos de conservación do parque natural e non provoquen unha afección significativa sobre a súa integridade, a calidade da paisaxe e o funcionamento dos ecosistemas, nin supoñan unha redución do estado de conservación dos hábitats naturais ou das especies de interese para a conservación.

Mediante a aprobación dun plan especial de dotacións, regulado polo artigo 71 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, poderán incluírse dentro da zona de uso xeral e da zona de uso moderado equipamentos comunitarios de carácter educativo.

Usos prohibidos: considéranse usos especificamente prohibidos os seguintes:

• A construción de cemiterios dentro dos límites do parque natural.

• A instalación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, con fins residenciais fóra dos núcleos rurais ou das áreas urbanas.

• A construción de instalacións para a explotación gandeira de carácter industrial.

• O resto das actividades urbanísticas non recollidas nesta norma zonal considéranse como prohibidas.

4.2.2.4. Infraestruturas e obras.

Obxectivos.

1. Procurar minimizar o impacto sobre o medio natural no desenvolvemento de infraestruturas (viarias, transporte de enerxía e datos, estacións radioeléctricas, etc.) cando estas se realicen fóra dos núcleos urbanos ou das áreas industriais.

2. Protexer o patrimonio natural e cultural do parque natural realizando as medidas de restauración necesarias para minimizar o impacto paisaxístico das infraestruturas e obras existentes que así o requiran.

3. Garantir que os proxectos de actividades e obras, tanto de promoción pública como privada, conteñan desde o inicio a consideración dos posibles impactos ambientais, o desenvolvemento de alternativas e as medidas e partidas orzamentarias necesarias para a corrección, se for o caso, dos efectos negativos producidos, así como a súa adecuación ecolóxica e paisaxística. Todos estes elementos serán valorados de forma prioritaria á hora de estudar a concesión das pertinentes autorizacións.

4. Procurar, en coordinación coa Administración estatal e autonómica, a conservación e ordenación dos recursos naturais existentes no dominio público.

Directrices.

1. Os proxectos definirán e incorporarán de forma precisa as medidas de control da erosión e a restauración e integración paisaxística da obra. Estas medidas referiranse non só aos elementos principais da obra senón tamén aos accesos provisionais e definitivos, conducións, plataformas de traballo, vertedoiros, préstamos e a cantas superficies visen alterada a súa cobertoira vexetal ou modificadas as súas condicións de equilibrio.

2. No deseño e execución das obras deberán minimizarse os efectos erosivos e a alteración hidrolóxica sobre os hábitats naturais e seminaturais e, especialmente, sobre os hábitats prioritarios.

3. Evitarase a localización de instalacións ou infraestruturas nos cumes de maior altitude do parque natural, así como naqueles picos que posúan unha grande singularidade cultural, paisaxística ou ambiental.

4. Como criterio para a apertura de novos desmontes, gabias ou vías tomarase aquel que supoña, en primeiro lugar, un menor impacto ambiental sobre os elementos da paisaxe, os hábitats e as especies protexidas.

5. Os materiais sobrantes das obras de mantemento, restauración, modificación ou desmantelamento deberán ser retirados e xestionados segundo a lexislación vixente.

6. No deseño e mantemento de infraestruturas teranse en conta as necesidades de paso da fauna silvestre habilitando as medidas necesarias que permitan e favorezan este fluxo.

7. En caso de ser necesaria a introdución de material vexetal (plantas, escallos, sementes) para a restauración de noiros e áreas alteradas, empregaranse unicamente especies autóctonas, elixindo aquelas propias dos hábitats circundantes á zona de obra.

8. Controlaranse e eliminaranse as especies exóticas e invasoras das vías e das áreas afectadas polas obras.

Normativa.

Usos permitidos: co fin de evitar as afeccións sobre hábitats de interese comunitario ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación da fauna e flora silvestre, observaranse as seguintes normas:

1. Na planificación das novas vías, así como nos labores de mantemento das existentes, optarase por:

• Aplicación de técnicas de enxeñaría branda ou bioenxeñaría nas novas obras.

• O emprego de especies vexetais autóctonas na configuración das sebes dos medianís, beiravías, rotondas e áreas de descanso.

• Nos puntos de evacuación da auga instalaranse dispositivos co fin de reducir a súa capacidade erosiva. No deseño e mantemento destes puntos empregaranse técnicas brandas ou de bioenxeñaría.

• A saburra empregada na construción será do mesmo material xeolóxico que o existente na traza, en ningún caso residuos industriais nin de demolición.

2. Nas obras de restauración ou de rexeneración ambiental seguiranse, ademais, os seguintes criterios:

• Na construción, mantemento ou modificación de paseos non se modificarán os hábitats de interese comunitario e dos hábitats da especies de interese para a conservación e, especialmente, daqueles considerados como prioritarios.

• O mantemento ou modificación das construcións existentes deberá formularse cara á restauración das condicións ecolóxicas, substituíndo no posible os muros verticais, diques ou noiros de pedra.

• Na vexetación de noiros e áreas alteradas utilizaranse unicamente especies autóctonas propias da zona do parque natural onde se realiza a obra.

• Empregaranse igualmente especies vexetais autóctonas nas plantacións ou sementeiras que se realicen en medianís, beiravías, rotondas e áreas de descanso.

3. Nos labores de mantemento das infraestruturas lineais existentes no parque natural empregaranse as técnicas e métodos que aseguren una mínima afección sobre os recursos naturais e, de forma especial, sobre as augas, os solos, os tipos de hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou sobre os núcleos poboacionais de especies de interese para a conservación a través dos cales discorre a traza.

Usos autorizables: no mantemento das áreas de servidume das infraestruturas lineais, poderá autorizarse excepcionalmente o uso selectivo de herbicidas ou biocidas, sempre que a súa aplicación non supoña unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou sobre os hábitats que alberguen núcleos poboacionais de especies de interese para a conservación existentes nas marxes destas infraestruturas.

Na xestión dos medianís e áreas de servidume das infraestruturas lineais que discorren polo parque natural estableceranse medidas de control co fin de evitar o establecemento ou expansión de especies invasoras que poidan afectar o estado de conservación dos hábitats ou dos núcleos poboacionais de especies de interese para a conservación existentes no parque natural.

Ás liñas eléctricas aéreas de alta tensión con condutores nus situadas en zonas de protección que sexan de nova construción ou que non conten cun proxecto de execución aprobado antes da entrada en vigor do Real decreto 263/2008, do 22 febreiro, derrogado pola disposición derogatoria única do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión (BOE do 13 setembro o 14 de setembro de 2008), así como ás ampliacións ou modificacións de liñas eléctricas aéreas de alta tensión xa existentes, seranlles aplicadas as medidas de protección contra a electrocución e as medidas de protección contra a colisión recollidas no referido Real decreto 1432/2008.

Usos prohibidos: co fin de limitar os efectos prexudiciais para a saúde humana derivados da exposición a curto e longo prazo da substancias e preparados perigosos, prohíbese o emprego de madeira tratada con creosota ou outros derivados de hexacloroetano (Directiva 90/2001/CE, Orde PRE/2666/2002, do 25 de outubro, pola que se modifica o anexo I do Real decreto 1406/1989, do 10 de novembro, BOE nº 261, do 31 de outubro de 2002), na construción de áreas de uso público (pasarelas, instalacións recreativas e de lecer ao aire libre), así como en calquera tipo de construción en que exista risco de contacto frecuente coa pel.

• A vertedura directa ou con certa intensidade sobre materiais disgregables ou en áreas de importantes pendentes, así como nos medios acuáticos naturais ou seminaturais e, especialmente, sobre regueiros, lagoas, turbeiras, queirogais húmidos e sobre os rochedos.

• O uso de residuos industriais, de construción ou demolición como saburra.

• Colocación de mobiliario urbano sobre hábitats naturais.

• Uso de materiais alleos ao medio (formigón, aceiro inoxidable, materiais plásticos, etc.) no acabamento e exteriores.

4.2.2.5. Uso público e actividades deportivas.

Obxectivos.

1. Compatibilizar o uso público e as actividades recreativas e deportivas cos obxectivos de conservación do parque natural e co desenvolvemento do medio rural.

2. Ordenar e facilitar o goce da persoa visitante baseado nos valores do parque natural, de modo compatible coa súa conservación. Darase prioridade e fomentaranse as actividades de paseo e contemplación. Ofreceranse para iso áreas onde poder apreciar a integridade do ambiente natural. Neste sentido, prestarase especial atención aos valores culturais, estéticos, educativos e científicos, dándolles prioridade sobre os de carácter meramente turístico, deportivo ou recreativo.

3. Achegar a poboación cara a un ámbito natural, co fin de aumentar o seu coñecemento sobre este medio, así como lograr unha maior sensibilización, sobre todo no caso das poboacións urbanas, cara á necesidade da súa conservación.

Directrices.

1. Adecuar a intensidade de uso do espazo á súa capacidade de acollida.

2. Promover coa Administración estatal, autonómica e provincial, así como cos municipios integrados na zona de influencia socioeconómica, o uso público, turístico e recreativo de carácter sustentable no parque natural.

3. Impulsarase o uso público, como elemento dinamizador do desenvolvemento socioeconómico da poboación residente na área de influencia do parque natural.

4. Proceder á debida sinalización, tanto sinalización viaria externa, como nos accesos ao espazo natural, así como para aquelas infraestruturas e equipamentos dispoñibles para o uso público.

5. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá establecer regulacións específicas ao exercicio das actividades deportivas que se poidan desenvolver no parque natural, cando desta deriven ou, previsiblemente, poidan derivar prexuízos económicos sobre outras actividades, sobre o uso público do espazo e, por conseguinte, sobre a seguridade das persoas ou sobre os compoñentes clave do parque natural.

6. Realizarase un axeitado seguimento e avaliación das actividades de uso público e recreativo dentro do parque natural que atenderá, especialmente, aos efectos sobre o medio natural e á calidade da visita, aplicando cando sexa adecuado, as oportunas medidas correctoras.

Normativa.

Usos permitidos:

• O tránsito a pé polo parque natural, sempre que se realice de forma racional, respectando a propiedade privada e as actividades e aproveitamentos existentes, así como a normativa sectorial, a do presente plan e as regulacións que poida establecer o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

• O tránsito polas vías (estradas de titularidade estatal, autonómica ou provincial, vías de servizo, rúas e camiños existentes, pistas agrícolas ou forestais, e as vinculadas co mantemento de infraestruturas) nas cales se permite o uso de vehículos, cabalarías ou o tránsito peonil, farase de acordo coa normativa e disposicións sectoriais en materia de circulación e seguranza viaria.

Usos autorizables:

• As competicións deportivas de montaña (carreiras pedestres e de bicicleta de montaña) con posibilidade de poñer condicionantes ao número de persoas participantes, itinerario ou datas.

• A práctica da escalada, a espeleoloxía e a práctica doutros deportes.

• O uso da imaxe, marca ou sinais de identidade gráfica do parque natural.

Usos prohibidos: considéranse incompatibles cos obxectivos de conservación do parque natural e, consecuentemente, prohibidos, as actitudes ou comportamentos das persoas visitantes que supoñan os aspectos seguintes:

• A falta de consideración e respecto polo resto das persoas visitantes.

• Lanzar ou precipitar de pedras ou outros obxectos.

• Utilizar a alto volume de radios e outros instrumentos que emitan son de modo que perturben a tranquilidade da zona.

• Usar de megáfonos, salvo por razóns de seguridade.

• Non respectar os sinais, os itinerarios e as zonas de acceso prohibidos ou restrinxidos temporalmente, así como saír de camiños e vías de tránsito autorizados.

• Molestar os animais mediante ruídos, lanzamentos de pedras ou outros obxectos.

• Circular con vehículos motorizados incumprindo os sinais e normativas para tal efecto, así como aparcar fóra dos lugares indicados.

• Non respectar as indicacións dos axentes do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural ou do persoal de información do parque natural.

• Circular e aparcar sobre hábitats de interese comunitario ou sobre os hábitats das especies de interese para a conservación.

4.2.2.6. Actividades científicas e seguimento.

Obxectivos.

1. Fomentar o coñecemento sobre a dinámica ou evolución dos compoñentes e dos procesos naturais no parque natural.

2. Regular as actividades científicas e de seguimento do parque natural co fin de evitar a afección aos compoñentes da biodiversidade.

Directrices.

1. As investigacións científicas serán efectuadas por persoal cualificado logo da avaliación dunha proposta técnica que conterá a información necesaria para avaliar a incidencia da actividade sobre o ambiente (paisaxe, medios ecolóxicos, hábitats protexidos, especies de interese para a conservación).

2. Favorecerase a realización de traballos de investigación relacionados coa ecoloxía e a bioloxía dos compoñentes da biodiversidade do parque natural, fomentando a investigación naqueles temas de interese para a xestión e conservación destes.

3. Todos os traballos científicos ou de investigación que se realicen no ámbito do parque natural utilizarán as técnicas e métodos menos impactantes posibles para o medio natural.

4. Limitarase a recolección de espécimes e mostras biolóxicas ou de rochas, minerais e fósiles aos casos estritamente necesarios, establecendo as condicións de captura ou recolla en que se indiquen as cantidades, lugares, épocas e modo de realizalas.

5. Crearase un depósito bibliográfico e un repositorio público dixital con copias dos estudos e traballos realizados no parque natural e na súa área de influencia.

Normativa.

Usos permitidos: non existen usos científicos directamente permitidos.

Usos autorizables: toda actividade científica ou de investigación que se desenvolva no parque natural deberá ser autorizada polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural e adaptarase ás normas e condicionantes establecidos na autorización. O persoal investigador deberá entregar un informe completo das investigacións realizadas.

• As actividades científicas ou de investigación que afecten especies ou hábitats de interese para a conservación deberán contar coa autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

• As actividades presentarán un proxecto detallado sobre os labores de investigación previstos, medidas preventivas sobre a recolla, captura, extracción ou sobre os métodos de estudo.

• Para a realización de actividades científicas ou de investigación poderanse outorgar permisos especiais para o transporte de material e persoas polas vías de tránsito restrinxido.

• Igualmente, poderase autorizar a instalación dos campamentos e infraestruturas necesarias en áreas non habilitadas para tal fin, con carácter temporal e con impacto visual e ecolóxico mínimo.

• A persoa responsable das investigacións realizadas nun parque natural deberá proceder aos traballos necesarios para a restauración das condicións naturais que houber con anterioridade.

• As actividades de investigación ou seguimento non poderán deixar pegadas permanentes que vaian en detrimento dos valores naturais e culturais.

Usos prohibidos: calquera investigación non autorizada.

4.2.3. Normativa zonal.

As tres categorías son as seguintes: zona de uso limitado, zona de uso compatible e zona de uso xeral.

4.2.3.1. Zona de uso limitado (PNMA-1).

Definición.

1. Territorios cun valor de conservación alto, cunha porción significativa de hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE, cunha elevada naturalidade e diversidade, que mostran, xeralmente, unha maior representación territorial dos hábitats de interese comunitario fronte aos de carácter prioritario, ou ben unha porción significativa das áreas prioritarias das especies silvestres de flora e fauna de interese para a conservación, coa singularidade de que estas unidades se integran nun territorio cun nivel importante de humanización, no cal existe unha porción tamén significativa de hábitats de interese comunitario cuxa composición, estrutura e dinámica está intimamente vencellada ao mantemento dos sistemas de aproveitamento tradicional.

Obxectivos.

1. Nestas áreas deberase restrinxir ou, se for o caso, prohibir calquera uso diferente dos que actualmente derivan das actividades agropecuarias e forestais de carácter tradicional e que non sexan compatibles cos obxectivos de conservación.

2. Manter ou, se for o caso, restaurar as paisaxes, os ecosistemas, os hábitats protexidos e as áreas prioritarias para as especies de interese para a conservación, nun estado de conservación favorable.

3. Mantemento dos usos tradicionais por parte da poboación local, evitando aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

4. Os aproveitamentos dos recursos naturais deberán someterse a melloras que permitan un aproveitamento máis eficaz destes, mantendo os criterios de sustentabilidade e de ecocondicionalidade.

5. Ordenación e regulación das actividades deportivas e recreativas de baixa incidencia ambiental, especialmente o sendeirismo, excursionismo e actividades afíns, sempre que non produzan deterioración significativa de hábitats e especies.

Directrices.

1. Na zona de uso limitado darase prioridade ás actividades de conservación e restauración vinculadas cos compoñentes da xeodiversidade e biodiversidade do parque natural e, especialmente, as vinculadas coa loita contra a contaminación e a erosión, incendios forestais, eliminación de especies exóticas minimizando ou, se for o caso, evitando calquera afección significativa sobre os compoñentes ambientais que sustentan a delimitación da zona de uso limitado.

2. Fomentar a conservación e restauración das paisaxes culturais e, de xeito especial, as vinculadas con valores históricos, ecosistemas de explotación tradicional e sustentable dos recursos naturais.

3. Fomento da conservación e a restauración natural dos hábitats naturais e dos núcleos das especies de interese para a conservación, garantindo en todo momento o mantemento da súa naturalidade, así como da súa diversidade taxonómica e xenética.

4. Velar por que os aproveitamentos e labores de carácter tradicional que se realicen sobre os recursos naturais empreguen técnicas que minimicen os impactos e sexan de carácter sustentable.

5. Os mosaicos e sistemas de prados mesófilos (Nat-2000 6510, 6520), debido ao seu carácter de hábitat de interese comunitario, serán receptores preferentes das actuacións de mellora. Potenciaranse accións que aumenten a diversidade estrutural e paisaxística mediante a aplicación de plans compatibles co ambiente.

6. Fomentar a conservación e recuperación do bosque natural substituíndo as formacións existentes de eucaliptais, piñeirais e outras especies alóctonas por formacións nativas en forma de monte alto irregular.

7. Evitarase a existencia de grandes superficies continuas cubertas polo mesmo tipo de vexetación de carácter sinántropico.

Normativa.

Usos permitidos:

• Os usos destinados a conservación e rexeneración dos hábitats e especies de interese.

Usos autorizables:

• O uso científico e investigación.

• As actividades do acceso público reguladas.

• O arranxo das pistas e estradas.

Usos prohibidos:

• Calquera práctica agropecuaria.

• O aproveitamento de madeira e de leña.

• As rozas e a apertura de novas devasas

• A recolección de materiais xeolóxicos, biolóxicos o culturais, salvo nas actividades de investigación ou que teñan relación coa xestión do parque natural.

• O uso forestal fóra das plantacións destinadas á rexeneración ou recuperación dalgún hábitat representativo.

• Todos os usos urbanísticos, realización de edificacións e infraestruturas, a excepción da mellora das construcións e instalacións existentes acordes co PORN.

• O tránsito fóra dos carreiros sinalados, salvo naqueles casos autorizados pola administración do parque natural, así como a práctica de deportes, incluíndo a caza.

• A circulación con calquera tipo de vehículo, a excepción do persoal do parque natural.

4.2.3.2. Zona de uso compatible (PNMA-2).

Definición.

1. Territorios con valor de conservación medio. Son áreas xeralmente en mosaico nas cales en conxunto predominan medios antrópicos e seminaturais. Entre estes últimos atópase un importante número de hábitats de interese comunitario cuxa composición, estrutura e dinámica está intimamente vencellada ao mantemento dos sistemas de aproveitamento tradicional. As zonas de uso compatible poden albergar, ademais, pequenas áreas configuradas por hábitats prioritarios ou hábitats ou ben localidades que integran as áreas prioritarias de conservación de especies catalogadas a nivel nacional ou autonómico, ou son consideradas como protexidas pola normativa comunitaria ou internacional.

2. Nestas áreas, regúlanse as actividades non tradicionais que poidan levar consigo un empeoramento do estado de conservación dos hábitats e diminución das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación. A zona de uso compatible actúa a xeito de área de amortecemento entre as zonas de uso xeral e as zonas de maior valor de conservación.

Obxectivos.

1. Manter ou, se for o caso, restaurar as paisaxes, os ecosistemas, os hábitats protexidos e as áreas prioritarias para as especies de interese para a conservación, nun estado de conservación favorable.

2. Mantemento dos usos tradicionais por parte da poboación local, evitando aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

3. Ordenación e regulación das actividades deportivas e recreativas de baixa incidencia ambiental, especialmente o sendeirismo, excursionismo e actividades afíns, sempre que non produzan deterioración significativa de hábitats e especies.

Directrices.

1. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá regular os aproveitamentos dos recursos naturais, así como denegar novas explotacións, cando sexan contrarias ou afecten de maneira significativa a integridade da zona, ou sobre o estado de conservación dos hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou das áreas prioritarias de conservación das especies de interese para a conservación.

2. Fomentar a conservación e restauración das paisaxes naturais, dos hábitats naturais e dos núcleos de poboación das especies de interese para a conservación, garantindo en todo momento o mantemento da súa naturalidade, así como da súa diversidade taxonómica e xenética.

3. Fomentar a aplicación e desenvolvemento de códigos de boas prácticas como criterios orientadores da xestión sustentable dos recursos naturais, así como promover e velar pola aplicación dos requisitos establecidos na normativa e programas de ecocondicionalidade.

4. Os aproveitamentos dos recursos naturais poderán someterse a melloras que permitan un aproveitamento máis eficaz destes, mantendo os criterios de sustentabilidade e de ecocondicionalidade.

5. Evitarase a existencia de superficies cubertas polo mesmo tipo de vexetación de carácter sinántropico.

6. Os mosaicos e sistemas de prados mesófilos (Nat-2000 6510, 6520), debido ao seu carácter de hábitat de interese comunitario, serán receptores preferentes das actuacións de mellora. Potenciaranse accións que aumenten a diversidade estrutural e paisaxística mediante a aplicación de plans compatibles co ambiente.

7. Fomentar a conservación e recuperación do bosque natural substituíndo as formacións existentes de eucaliptais, piñeirais e outras especies alóctonas por formacións nativas en forma de monte alto irregular.

8. O parque natural instará as persoas propietarias á adecuación das masas arborizadas e das novas plantacións ás distancias mínimas establecidas pola normativa forestal e de defensa contra os incendios forestais.

Normativa.

Usos permitidos:

• Os labores destinados ao desenvolvemento da actividade forestal e que non atenten contra as determinacións dos instrumentos de xestión do parque natural.

• Os usos e actuacións destinados a mellorar as condicións naturais e paisaxísticas do parque natural ou a facilitar a realización de actividades científicas e didácticas, a condición de que eviten a alteración e degradación do arboredo autóctono.

• O acceso e o desprazamento das persoas visitantes sometido a certas limitacións.

Usos autorizables:

• O uso científico.

• Calquera práctica agropecuaria.

• A apertura e arranxo de novas estradas e pistas.

• A realización de rutas e carreiros didácticos, actividades de lecer e deporte ao aire libre e actividades interpretativas.

Usos prohibidos:

• A transformación en solo agrícola.

• A circulación de vehículos de motor polas pistas e camiños, exceptuando os vehículos utilizados en actividades forestais e agrarias e aquelas expresamente autorizadas polo órgano competente en materia de conservación do patrimonio natural.

• No uso forestal, a repoboación con novas especies vexetais alóctonas.

• Todos os usos urbanísticos, realización de edificacións e infraestruturas a excepción da mellora das construcións e instalacións existentes acordes co PORN.

• A caza e outras actividades deportivas non compatibles coa xestión do parque natural .

4.2.3.3. Zona de uso xeral (PNMA-3).

Definición.

1. Territorios cun valor de conservación medio ou baixo en que predominan os medios seminaturais, cunha reducida naturalidade e medios sinantrópicos, desvinculados, na maioría dos casos, dos sistemas de explotación tradicional dos recursos naturais.

2. Inclúe os territorios do parque natural que nos instrumentos ou plans urbanísticos vixentes, adaptados e conformes a normativa estatal e autonómica en materia de ordenación do territorio e urbanismo, teñan a cualificación e delimitación de solo de núcleo rural ou de solo urbano consolidado.

3. Inclúe as zonas de dominio público das infraestruturas de comunicación de titularidade estatal, autonómica, provincial ou local.

4. Na planificación do parque natural, a zona de uso xeral debe ser capaz de absorber a maior parte das actividades de carácter recreativo, co fin de reducir a presión destas sobre as áreas que posúen hábitats ou especies cunha elevada fraxilidade.

Obxectivos.

1. Manter a naturalidade da área, evitando as perdas de elementos característicos do parque natural.

2. Mantemento dos usos tradicionais por parte da poboación local, evitando aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

3. Ordenación e regulación das actividades deportivas e recreativas de baixa incidencia ambiental, especialmente o sendeirismo, excursionismo e actividades afíns, sempre que non produzan deterioración significativa de hábitats e especies.

Directrices.

1. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá regular os aproveitamentos dos recursos naturais, así como denegar novas explotacións, cando sexan contrarias ou afecten de maneira significativa a integridade da zona, ou sobre o estado de conservación dos hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou das áreas prioritarias de conservación das especies de interese para a conservación.

2. Arbitraranse medidas de carácter económico especiais para os enclaves rurais existentes nesta zona o no seu ámbito de influencia, mediante subvencións ou beneficios fiscais, para o desenvolvemento dos diferentes sectores produtivos e a mellora na súa calidade de vida.

3. Fomentarase a aplicación e desenvolvemento de códigos de boas prácticas como criterios orientadores da xestión sustentable dos recursos naturais, así como promover e velar pola aplicación dos requisitos establecidos na normativa e programas de ecocondicionalidade.

4. Os aproveitamentos dos recursos naturais poderán someterse a melloras que permitan un aproveitamento máis eficaz destes, mantendo os criterios de sustentabilidade e de ecocondicionalidade.

5. Evitarase a existencia de grandes superficies continuas cubertas polo mesmo tipo de vexetación de carácter sinantrópico.

6. Os mosaicos e sistemas de prados mesófilos (Nat-2000 6510, 6520), debido ao seu carácter de hábitat de interese comunitario, serán receptores preferentes das actuacións de mellora. Potenciaranse accións que aumenten a diversidade estrutural e paisaxística mediante a aplicación de plans compatibles co ambiente.

7. Fomentar a conservación e recuperación do bosque natural substituíndo as formacións existentes de eucaliptais, piñeirais e outras especies alóctonas por formacións nativas en forma de monte alto irregular.

8. Adecuaranse as masas arborizadas e as novas plantacións ás distancias mínimas establecidas pola normativa forestal e de defensa contra os incendios forestais.

Normativa.

Usos permitidos:

• Permítese o uso recreativo que non supoña unha deterioración das condicións naturais destes espazos.

• Permítense os usos e actuacións destinados a mellorar as condicións naturais e paisaxísticas destes espazos ou facilitar a realización de actividades científicas e didácticas, evitando a alteración e degradación da vexetación autóctona.

• Considérase permitido o aproveitamento de fungos e cogomelos (Decreto 50/2014, cap. VI).

• O uso de vehículos de motor polas vías pavimentados e os aparcadoiros e limítase a 20 toneladas o peso máximo autorizado por vehículo con excepción da estrada Tui-Gondomar.

Usos autorizables:

• As obras de mellora das vías sen que supoñan unha deterioración dos valores naturais que se pretende protexer.

• A escalada, a espeleoloxía e a práctica doutros deportes.

Usos prohibidos:

• As verteduras de calquera tipo de materiais, lixo e residuos fóra dos puntos especialmente habilitados para tal fin.

• O estacionamento de vehículos, salvo nas áreas debidamente acondicionadas para tal fin.

Plan de xestión de emerxencias

Obxectivo.

O plan de emerxencias pretende coa súa implantación optimizar a utilidade dos recursos materiais e humanos dispoñibles polo parque natural co obxectivo de controlar de forma rápida a evolución da emerxencia e minimizar consecuencias.

Os conceptos de accidente e emerxencia están moi relacionados entre si e poden definirse como sucesos inesperados ou non desexados que interrompen o desenvolvemento normal dunha actividade. Nalgúns casos comportarán consecuencias económicas e noutros produciranse lesións a persoas.

As medidas contra accidentes-emerxencias son a prevención, a protección e a reparación. A prevención, como medidas dirixidas a que non se produza a situación non desexada; a protección, como conxunto de medidas que tenten neutralizar a emerxencia producida; a reparación, como conxunto de medidas dirixidas a reparar o dano provocado polo accidente ocorrido.

Introdución

Plans de protección civil en Galicia.

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude das súas competencias en materia de protección civil, elabora o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga). Este é un instrumento de carácter técnico que comprende un conxunto de normas e procedementos de actuación que constitúen o sistema e dispositivo de resposta das administracións públicas fronte a calquera situación de emerxencia que se produza no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo como emerxencia para estes efectos aquela emerxencia non ordinaria, é dicir, aquela que supera a capacidade de resposta dos dispositivos habituais de atención a emerxencias, e que non necesita, por tanto, das medidas adicionais e extraordinarias que supoñen a activación do plan.

Dentro do territorio galego atópanse desenvolvidos os plans especiais:

• Mercadorías perigosas: enquisa TMP 2013 (transporte de mercadorías pedregosas).

• Inundacións.

• Incendios forestais.

• SISMIGAL (Sísmico en Galicia).

Estes plans supoñen a planificación das respostas fronte ás diferentes situacións de emerxencia, a intervención para anular as causas, corrixir e minimizar os efectos das catástrofes e as calamidades públicas, restablecer os servizos esenciais, preparar as persoas que pertencen a grupos de intervención e informar e formar as persoas e colectivos implicados.

O Peifoga é o Plan de protección civil e emerxencias por incendios forestais de Galicia e prevé a redacción de plans de actuación municipal, con obxecto de establecer a organización e o procedemento de actuación dos recursos e servizos.

Zonas de alto risco de incencios (ZAR).

O parque natural queda incluído no Peifoga dentro das áreas xeográficas de alto risco de incendio forestal. Pertence ao distrito forestal XVIII Vigo-Baixo Miño.

Estas áreas xeográficas presentan un alto nivel de risco para as persoas, infraestruturas e bens inmobles ou ben son zonas que polo seu valor ecolóxico merecen unha atención especial, cun índice de perigo local alto.

Plano 1

Correspondente ao plano 6.4. Plan especial de protección civil
ante emerxencias de incendios Peifoga

missing image file

Medio físico.

As características do territorio, ámbito xeográfico e rede de infraestruturas quedan descritas ao longo do desenvolvemento do presente PRUX.

Identificación de riscos.

Segundo o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga), defínense os riscos como os posibles fenómenos ou sucesos de orixe natural, xerados pola actividade humana ou pola interacción de ambos, que poden dar lugar a danos para as persoas, bens e/ou o ambiente.

Xenericamente pódense definir tres tipos principais de riscos:

a) Riscos naturais.

Son aqueles debidos a factores xeográficos e climáticos. En ocasións son riscos previsibles en función da situación atmosférica e xeográfica das zonas. Adoitan manterse nun nivel constante ao longo do tempo e, en xeral, obrigan a facer unha planificación sobre as consecuencias.

Identifícanse os seguintes riscos deste tipo no parque natural:

• Temporais e tormentas: poden provocar caída de árbores e outros elementos, corte de vías de comunicación, danos en construcións e illamentos de poboacións ou persoas, debido aos danos ocasionados no medio polo impacto de lóstregos.

• Chuvias intensas e persistentes: poden presentar efectos semellantes ao punto anterior, ao que habería que sumar o risco de escorrementos e arrastre de terras, especialmente en áreas sen protección vexetal por incendios, aradas recentes, etc.

• Sismos: de efectos practicamente instantáneos. A planificación realizarase sobre as consecuencias e non sobre a súa prevención.

b) Riscos tecnolóxicos.

Débense á existencia de actividades de carácter tecnolóxico e de estruturas fixas ou móbiles deseñadas e construídas polo home. Os seus efectos son facilmente previsibles, pero non se pode definir a priori en que momento se van producir. O factor de prevención é moi importante, o risco pódese reducir de modo drástico.

c) Riscos antrópicos.

Son aqueles provocados ou derivados das accións ou actividades humanas, pasadas ou presentes.

Identifícanse os seguintes riscos deste tipo no parque natural:

• Asociados ao tráfico e transporte público: accidentes de vehículos e atropelamentos, e saturación dos aparcadoiros existentes.

• Incendios forestais.

• Accidentes, incidentes e danos a persoas sufridos polas persoas residentes ou persoas usuarias do parque natural durante o desenvolvemento de actividades normalmente permitidas:

– Mentres se percorren sendeiros do parque natural: lesións, picaduras de especies velenosas, caídas en pozos de rega tradicionais, caída de elementos naturais (pólas, rochas), derrubas de elementos antrópicos (valos de pedra, etc.), problemas cardíacos e outras urxencias médicas.

– Durante a visita ás instalacións de uso público: lesións, problemas cardíacos e outras urxencias médicas.

– Durante a observación de flora e fauna: semellantes aos expostos para o percorrido de sendeiros.

– Durante a realización de tarefas agropecuarias ou silvícolas: lesións, accidentes con maquinaria ou ferramenta, picaduras de especies velenosas, problemas cardíacos e outras urxencias médicas.

– Accidentes, incidentes e danos a persoas sufridos polas persoas usuarias do parque natural durante o desenvolvemento de actividades deportivas ou outras actividades suxeitos a autorización.

– Accidentes derivados de actividades de carácter tecnolóxico e de estruturas fixas ou móbiles, deseñadas e construídas polo home.

A identificación de riscos debe contar cunha cartografía que identifique as zonas en que é máis probable que se dean os riscos anteriores, por exemplo as rutas do parque natural.

Medidas de protección.

As medidas de protección son aquelas accións deseñadas para impedir ou diminuír os danos a persoas e bens materiais, naturais ou culturais que poidan producirse en calquera tipo de emerxencia.

As medidas de protección poden ser:

a) Medidas de protección á poboación.

Considéranse, como mínimo, as seguintes:

– Avisos á poboación afectada.

– Confinamento en lugares seguros.

– Evacuación e asistencia social.

– Seguridade cidadá.

– Control de accesos.

b) Medidas de socorro.

Considerando as situacións que representan unha ameaza para a vida e saúde das persoas:

– Procura, rescate e salvamento.

– Primeiros auxilios.

– Transporte sanitario.

– Clasificación, control e evacuación das persoas afectadas con fins de asistencia sanitaria e social.

– Asistencia sanitaria.

– Albergue de emerxencia.

– Abastecemento (equipamentos e ofertas para atender a poboación afectada).

c) Medidas de protección dos bens.

Considerando:

– Protección do ben propiamente dita.

– Evitar riscos asociados.

d) Medidas reparadoras referidas á rehabilitación dos servizos públicos esenciais.

Cando a súa carencia constitúa unha situación de emerxencia ou perturbe o desenvolvemento das operacións.

Para garantir estas actuacións, pode ser preciso, ademais, realizar outras medidas como:

– Regulación do tráfico.

– Condución dos medios á zona de intervención.

– Apoio loxístico aos intervenientes.

– Establecemento de redes de transmisións.

– Abastecemento

Plan de emerxecias do parque natural

Clasificación das emerxencias.

As emerxencias clasifícanse no momento e época do ano en que se producen, segundo o tipo de risco, da gravidade ou consecuencias que poidan ter e da dispoñibilidade de recursos humanos.

As emerxencias por incendios forestais recóllense no número específico 5.6.2, conforme o establecido no Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga), polo que se regula a organización, os procedementos de actuación e a utilización e a coordinación e mobilización dos medios e dos recursos nas situacións de emerxencia por incendios forestais.

Segundo o tipo de risco.

Segundo as situacións de risco enumeradas no punto 2, as emerxencias poden clasificarse en:

– Emerxencia por incendio.

– Emerxencia por inclemencias meteorolóxicas (temporal, tormentas, etc.).

– Emerxencia por enchentes, inundacións, escorremento de terras.

– Emerxencia médica ou perda de persoas.

– Emerxencia por accidente de tráfico interno.

Segundo a gravidade.

a) Fase de alerta.

Aquelas situacións de risco por fenómenos naturais en que se prevé o aumento do risco para a actividade no parque natural.

Son situacións en que non se iniciou ningún tipo de emerxencia pero nas cales o persoal do parque natural e o corpo de axentes ambientais do parque natural se vén obrigados a aumentar a vixilancia e aplicar nalgúns casos medidas preventivas.

Son situacións deste tipo:

– Situacións de alto risco de incendio forestal.

– Previsión de fortes temporais ou tormentas que poden tamén dar lugar a inundacións.

b) Nivel 1: incidente ou conato de emerxencia.

Aquelas situacións de risco que poden ser controladas de xeito rápido e eficaz polo persoal e os medios propios do parque natural e o corpo de axentes ambientais do parque natural.

Son situacións que afectan unha persoa ou grupo de persoas, ou que se dan en zonas puntuais en que non se prevexa a evolución a situacións máis graves e non sexa precisa a intervención de servizos de salvamento alleos ao parque natural.

Son situacións deste tipo:

– Pequenos accidentes ou enfermidades sufridas por algunha persoa visitante ou persoa traballadora que non requiran de tratamento médico especializado.

– A picadura de especies velenosas de baixo risco cando non se observen reaccións que comprometan a saúde das persoas.

– Conatos de incendio en lugares puntuais que poidan ser rapidamente controlados.

– Tormentas con previsións de curta duración nas cales sexa preciso refuxiar temporalmente as persoas visitantes.

– Caída de árbores e outros obstáculos que afecten a actividade normal do parque natural.

c) Nivel 2: emerxencia parcial.

Aquelas situacións de risco nas cales é precisa a intervención do corpo de bombeiros. Afectan só unha persoa ou grupo de persoas ou danse puntualmente nunha determinada zona e non é precisa a protección ou evacuación xeral de todo o persoal do parque natural.

Estas situacións poden ser frecuentes nos períodos de máxima afluencia. Para a súa resolución establecerase un mando conxunto entre os grupos de rescate e/ou extinción de bombeiros e axentes ambientais, estes últimos con funcións de asesoramento e colaboración, baixo a dirección dos servizos especializados. Requirirase a axuda precisa do resto do persoal do parque natural. No caso de rescate por vía terrestre, será imprescindible manter as vías libres de calquera obstáculo para facilitar o acceso aos servizos especializados.

Son situacións deste tipo:

– Accidentes ou sucesos de orixe natural que pola súa gravidade ou difícil acceso requiren a intervención de bombeiros ou policía local ou outros corpos especializados.

– Incendios forestais en zonas en que non queda comprometida a seguridade das persoas visitantes e persoal do parque natural, pero nas cales se requira axuda externa para o seu control.

– Accidentes deportivos en zonas de difícil acceso.

– Emerxencias e urxencias médicas.

– Perda de persoas.

– Accidentes derivados do tráfico interior do parque natural.

d) Nivel 3: emerxencia xeral.

Aquelas situacións de risco que, pola súa gravidade e dimensión, requiren da intervención coordinada de bombeiros, axentes ambientais e todo o persoal do parque natural, e é preciso confinar e/ou evacuar as persoas visitantes do parque natural dalgunha zona ou da totalidade do parque natural.

Afectan extensións grandes do territorio e en épocas de máxima afluencia poden levar a situacións catastróficas. Para a súa resolución será precisa a intervención conxunta e coordinada de servizos especializados, asesorados polos axentes ambientais do parque natural e a colaboración do persoal do parque natural e outros externos locais, se for preciso.

Se a emerxencia afecta de xeito xeral o municipio de Tui e/ou municipios limítrofes, actuarase segundo os plans territoriais, plans de actuación municipal (no caso de Tui) e/ou plans especiais que sexan de aplicación.

Son situacións deste tipo:

– Grandes incendios forestais.

– Grandes enchentes ou inundacións.

No referido ao risco de incendios forestais, traballarase conxuntamente co distrito forestal XVIII para que no seu plan de actuación se recolla especificamente a actuación dentro do parque natural, tendo en conta as particularidades do seu funcionamento e a protección dos valores naturais que acubilla.

Táboa 14

Tipo de situacións de risco no parque natural

OTipo

Alerta

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nevadas

1. Previsión de risco de nivel 3.

1. Persoa atrapada por nevadas.

1. Illamento de gran número de persoas.

2. Tormentas de neve fóra de tempada.

2. Gran número de vítimas.

Tormentas/enchentes

1. Previsión de tormentas intensas e posibles inundacións.

1. Tormentas de curta duración.

1. Caída de lóstregos sobre persoas.

1. Rotura de presas hidroeléctricas.

2. Previsión de crecidas xerais en cursos de auga.

2. Accidentes por enchente localizadas en ríos ou corgas.

2. Enchente de corgas e ríos.

Esbarroamentos

1. Caída de árbores, rochas ou obstrución de vías que afecten a actividade.

1. Desprendementos que supoñan perigo para as persoas visitantes e persoal.

1. Illamento de gran número de persoas.

2. As persoas visitantes illadas ou atrapadas por esbarroamento.

3. Vítimas por esbarroamento de rocas.

E. médica/perda de persoas

1. Accidentes de escalada en rocha ou xeo.

2. Accidentes de montaña.

3. Hipotermia.

4. Conxelación.

1. Dores de cabeza.

5. Hemorraxia.

2. Insolacións.

6. Traumatismo.

3. Bochas.

7. Fracturas e escordaduras.

4. Picaduras de insecto.

8. Diarreas.

5. Queimaduras.

9. Vómitos.

6. Cortes pouco importantes.

10. Picaduras de víbora.

7. Outros.

11. Perda de persoas.

12. Ataque ao corazón.

13. Shock.

Accidente de tráfico

1. Vehículos en cunetas.

1. Accidentes de tráfico.

2. Vehículos atrancados en neve.

Emerxencias por incendios forestais.

As emerxencias por incendios forestais serán xestionadas de acordo cos procedementos operativos establecidos no Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga) para as situacións 0 e 1, así como no Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga) para a situación 2.

O indice de risco diario de incendio forestal (IRDI) determina, para cada día, o risco de ocorrencia dun lume forestal, é de acceso público, pode ser consultado na dirección electrónica mediorural.xunta.gal e divúlgase cunha periodicidade diaria cando o nivel do índice de risco é alto, moi alto ou extremo. Deste xeito poderase empregar o IRDI co fin de determinar en que épocas do ano convén incrementar a vixilancia no parque natural ou adoptar medidas preventivas extraordinarias.

Detección de incendios forestais e verificación do lume.

O paso previo á activación do Peifoga por unha emerxencia por incendios forestais é a detección e o aviso da existencia dun lume forestal. Os pasos a seguir tras a detección dun lume forestal, independentemente de quen o detecte, son os establecidos no número 8.8.1 do Pladiga, e os destinatarios finais do aviso son o centro de coordinación de distrito (CCD) ou o centro de coordinación provincial (CCP).

No caso de que sexa o persoal do parque natural quen detecte un lume forestal, comunicarase inmediatamente a alarma ao respectivo CCD ou CCP, realizando unha primeira avaliación da importancia do lume.

Tras ter coñecemento dun lume seguirase o procedemento establecido no número 8.8.2 do Pladiga. Deste xeito o CCD asignará medios e persoal para o lume, que se aproximarán de acordo co procedemento establecido no número 8.8.3 do Pladiga.

Extinción.

Unha vez que se confirme que se trata dunha emerxencia por lume forestal e en función da avaliación que realice o director/a técnico/a de extinción, determinarase a situación operativa que corresponde en función do índice de gravidade potencial do lume, e as posibles situacións de activación do Peifoga serán as que se expoñen a seguir.

• Situación 0: o plan atópase activado en situación 0 a partir do momento en que se detecta un incendio forestal. É a situación de emerxencia provocada por un ou varios incendios forestais que, na súa evolución previsible, poidan afectar só bens de natureza forestal e poidan ser controlados cos medios e recursos do propio plan local ou da Comunidade Autónoma, incluídos os medios do Estado, a condición de que estes últimos actúen dentro da súa zona de actuación preferente. A situación 0 corresponderá con carácter xeral a incendios con IGP0.

• Situación 1: situación de emerxencia provocada por un ou varios incendios forestais que, na súa evolución previsible, poidan afectar gravemente bens forestais e, se é o caso, levemente a poboación e os bens de natureza non forestal e que poidan ser controlados cos medios e recursos do plan da Comunidade Autónoma, ou para cuxa extinción poida ser necesario que, por solicitude do órgano competente da Comunidade Autónoma e tras a valoración da Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior ou da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, segundo corresponda, sexan incorporados medios extraordinarios. O plan activarase en situación 1 para incendios IGP0 cando sexa necesaria a incorporación de medios extraordinarios, ou ben para incendios IGP1, declarados así porque o dano esperado é considerable, pola extensión do incendio ou polas características da masa afectada, pero nos que non é necesario poñer en práctica medidas de protección dirixidas á poboación allea ao dispositivo de extinción.

• Situación 2: situación de emerxencia provocada por un ou varios incendios forestais que, na súa evolución previsible, poidan afectar gravemente a poboación e os bens de natureza non forestal, e que exixen a adopción inmediata de medidas de protección e socorro. Pode ser necesario que, por solicitude do órgano competente da Comunidade Autónoma, sexan incorporados medios extraordinarios ou que poden comportar situacións que deriven cara ao interese nacional. O plan activarase en situación 2 para incendios IGP1 ou superiores cando a cualificación veña motivada pola afección á poboación e aos bens de natureza non forestal (vías principais de comunicación e redes principais de subministración) e sexa necesario adoptar medidas de protección dirixidas á poboación, tales como evacuación e/ou albergue. A cualificación da situación operativa do plan será establecida polo director/a do plan a través do centro de coordinación central do SPDCIF para as situacións 0 e 1 e polo delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia que estea afectada polo lume, para a situación 2, por proposta do centro de coordinación central do SPDCIF. Esta cualificación poderá variar de acordo coa evolución do incendio. Así mesmo, a situación operativa 1 será comunicada ao organismo competente en materia de protección civil, a través do CAE112.

• Situación 3: situación de emerxencia correspondente e consecutiva á declaración de emerxencia de interese nacional polo Ministerio do Interior. Efectuarase por propia iniciativa ou por instancia da persoa titular da consellería competente en materia de protección civil ou da persoa titular da Delegación do Gobemo en Galicia.

Se o persoal do parque natural dispón de formación en extinción de incendios forestais, de equipamentos de protección individual e de ferramentas de extinción, poderase realizar un primeiro ataque, co fin de intentar controlar o lume.

Inventario de medios humanos e materiais no interior do parque natural

Medios humanos.

O persoal do parque natural será o establecido na relación de postos de traballo da consellería competente en materia de patrimonio natural.

Medios materiais.

Considéranse medios materiais do parque natural para ter en conta en caso de emerxencia todos aqueles vehículos e ferramentas dispoñibles no territorio do parque natural. Isto supón os medios a disposición de axentes, gardas, peóns/oas e persoal vixilante.

O parque natural conta con material para levar a cabo as tarefas de mantemento, conservación e as propias silvícolas da ordenación forestal. Neste senso está debidamente provisto de ferramentas manuais, motoserras, motorrozadoras, equipamentos de protección individual e materiais diversos. Posúe, así mesmo, un taller de reparacións debidamente fornecido, o que permite atender as incidencias menores do día a día cumpridamente. No tocante ao parque móbil do espazo protexido, posúese actualmente o seguinte: tractor Massey-Ferguson, cisterna Moga, remolque Toimil, tractor New Holland TS-100, pick-up Mitsubishi L-200 e pick-up Isuzu Rodeo.

Estes vehículos contan, pola súa vez, con aveños e trebellos adaptados ás necesidades forestais e de uso público do Monte Aloia, como rozadoras (lateral e de cadeas), pá e guindastre, así como unha trituradora de biomasa arrastrada por tractor.

Infraestruturas.

Vías principais de acceso ao parque natural.

Para identificar as posibilidades de acceso ao parque natural, definimos como vías principais de acceso aquelas estradas nacionais, comarcais e locais que dan acceso ao parque natural desde os núcleos de poboación máis próximos onde se concentran os medios externos ao parque natural.

A rede viaria local e provincial existente no espazo natural inclúe as seguintes estradas asfaltadas:

Autovía O Porriño-Portugal (A-66).

Estrada Tui-Gondomar PO-340.

Estrada local Gondomar-Prado-Tui.

Vías de evaucación.

Defínense como vía principal de evacuación todas aquelas pistas forestais primarias con largura suficiente para permitiren a circulación cruzada de dous vehículos 4×4 ou 2 BRL (bomba rural lixeira) a través das cales se accede ás estradas locais e comarcais descritas no apartado anterior.

As principais vías de evacuación son:

Autovía O Porriño-Portugal (A-66).

Estrada Tui-Gondomar PO-340.

Estrada local Gondomar-Prado-Tui.

Puntos de reunión.

Defínense como puntos de reunión aqueles onde se unen os itinerarios turísticos coas vías principais de evacuación definidas no punto anterior, que son de fácil acceso aos vehículos de rescate e que a partir deles permiten o traslado rápido cara ao exterior do parque natural. Son puntos de reunión sempre que calquera factor natural non supoña un risco para as persoas visitantes.

Considéranse puntos de reunión os que dispoñen dalgunha destas características:

• Proximidade a unha pista transitable.

• Ocupada por persoal do parque natural.

• Con emisora ou posibilidade de comunicación.

Táboa 15

Punto de reunión no parque natural

Punto

Persoal

Teléfono/emisora

Acceso vehículos

Centro de visitantes do parque natural

Axente forestal

Si

Vía transitable

Telecomunicacións.

O parque natural integrouse dentro da Rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de seguridade e emerxencias de Galicia (Resgal) baseada na tecnoloxía Tetra, que garante a interconexión segura e fiable e altos niveis de dispoñibilidade das comunicacións, mesmo en situacións extremas ou de saturación (doutras redes).

Resgal permite integrar, por primeira vez, nun mesmo sistema todos os colectivos que participan na resolución de emerxencias (AXEGA/112, UPA, 061 e o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), o que facilita unha intervención máis efectiva e eficaz dos efectivos implicados e simplificar as tarefas de coordinación entre eles. Ademais, posibilita a xeolocalización vía GPS en tempo real da posición de todos os dispositivos de emerxencia.

O teléfono 112, único no ámbito europeo e con resposta inmediata as 24 horas do día, centraliza as chamadas de urxencia, co obxecto de que a cidadanía poida solicitar os servizos públicos de urxencias sanitarias, de extinción de incendios, salvamento, seguridade cidadá e de protección civil cando estean ante unha situación de emerxencia. A persoa que chame a este teléfono deberá informar do seu nome, enderezo, municipio, teléfono e tipo de sinistro. Segundo o artigo 18 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, corresponde á Axencia Galega de Emerxencias (Axega) xestionar o CIAE112: Centro Integrado de Atención de Emerxencias de Galicia e prestar materialmente asistencia requirida pola cidadanía e polas cidades a través del, ou dar o traslado, segundo estableza regularmente, daquelas que lle corresponde atender a outros organismos competentes na materia.

O 085, teléfono da Central de Defensa Contra Incendios, permite dar conta da aparición de calquera incendio forestal que, independentemente das súas dimensións, deba ser inmediatamente coñecido e atacado con todos os medios posibles.

O 061 é o teléfono do Servizo de Urxencias e Emerxencias Sanitarias a que pode chamar calquera persoa da Comunidade Autónoma Galega que se atope ante un problema médico urxente. Desde unha única central de coordinación situada en Santiago de Compostela, centralízase a atención a todas as chamadas procedentes da cidadanía que se atope na comunidade; é aquí onde se reciben as chamadas, se analiza a información obtida e, se a urxencia o require, é de aquí de onde parten as ordes para a mobilización dos recursos móbiles con que conta na actualidade a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Outras medidas preventivas e medios de protección.

Para facilitar os traballos de prevención e extinción de incendios detállase a relación de infraestruturas e medios, tanto internos como externos, dispoñibles no parque natural para este fin.

Medidas de protección da persoa visitante.

O parque natural adopta as seguintes medidas de protección da persoa visitante:

• Sinalización de itinerarios e paneis informativos.

• Instalación de valos de protección.

• Construción de pontes e pasarelas sobre ríos.

Ademais aquelas persoas visitantes que accedan ao parque natural e se dispoñan a percorrer algunha das pistas de sendeirismo sinalizadas para tal fin deberán adoptar as súas propias medidas preventivas:

• Dispoñer de roupa e protección contra o frío, choiva, neve e sol.

• Levar un teléfono móbil co cal poder poñerse en contacto co persoal do parque natural ou servizo de emerxencia en caso de accidente ou incidencia.

• Consultar as previsións meteorolóxicas.

Extintores.

As instalacións do parque natural están adaptadas ás actuais normativas de riscos laborais e, por tanto, aquelas en que se pode realizar algunha actividade con risco de desencadear unha ignición, dispoñen de extintores.

Os extintores estarán situados próximos aos puntos onde se estime maior probabilidade de iniciarse o incendio, se é posible, próximos ás saídas de evacuación e, preferentemente, sobre soportes fixados a paramentos verticais, de modo que a parte superior do extintor quede situada entre 80 e 120 cm sobre o chan, tal como dispón o Regulamento de instalacións de protección contra incendios (Real decreto 513/2017).

Igualmente, todos os vehículos do parque natural dispoñen de extintores.

Bases dos medios aéreos proximas: Campiño e Queimadelos.

Sede do distrito forestal XVIII: Pol. Barrio de Torneiros, s/n (Edificio Multiúsos) 36410 O Porriño; teléfono 986 33 54 55; fax: 986 33 54 55.

Accións que se realizarán no caso de incidente e emerxencia.

Os diferentes incidentes e emerxencias requirirán da intervención de persoas e medios para garantir a resposta en todo momento:

Alerta: ao recibir calquera aviso de risco por fenómenos meteorolóxicos adversos (temporais, risco de incendio) transmitirase a alerta ao persoal do parque natural, as persoas visitantes e colectivos autorizados para realizaren actividades no interior do parque natural, e adoptaranse as medidas preventivas que se consideren precisas.

Aviso-detección: calquera persoa que detecte un incidente ou emerxencia debe poder transmitir por emisora, teléfono ou persoalmente a alerta a un lugar permanentemente ocupado (central, teléfono móbil). Esta, da forma máis rápida posible, poñerá en acción o resto do persoal do parque natural e comunicarao aos servizos exteriores do parque natural, en caso necesario.

Alarma: informarase da actuación máis axeitada e sobre a aplicación doutras medidas de protección e paralizarase o tráfico para permitir o acceso aos servizos especializados, se é preciso.

Confinar: realizarase o confinamento ante unha situación perigosa que se atenúa rapidamente.

Evacuar: a evacuación é unha medida definitiva que se xustifica unicamente se o perigo a que se expoñen as persoas visitantes é grande dabondo. A orde de evacuación virá dada polo mando de bombeiros.

Etapas:

1. Aviso de evacuación.

2. Preparación: as persoas concéntranse nos puntos de reunión indicados e prepáranse os medios de transporte.

3. Traslado: traslado cos medios previstos.

Intervención: para o control de incidentes. Realízase cos medios do parque natural e debe ser rápida e precisa para obter a máxima eficacia.

Axudas externas: recepción e información aos servizos de axuda exterior ao parque natural, asesoramento e colaboración.

Equipos do parque natural.

Os equipos estarán organizados para actuar segundo os esquemas operativos en caso de incidencia e emerxencia.

Todo o persoal membro do equipo:

– Coñecerán a existencia do Plan de emerxencia.

– Coñecerán as funcións do equipo en que se integran.

– Coñecerán as situacións de risco posibles no ámbito do parque natural.

– Coñecerán os medios materiais de que dispón o parque natural e a súa localización.

– Serán quen de identificar unha situación de risco e transmitir a alarma segundo as secuencias de actuación do Plan de emerxencia.

– Serán capaces de realizar unha primeira actuación nos casos de incidente.

Centro de Recepción de Alarmas (CRA).

É o centro en que se reciben as alarmas no ámbito do parque natural e o punto neurálxico de todo incidente interno, xa que todas as actuacións se coordinan desde aquí.

Dado que é o lugar onde se coordinan os incidentes, debe cumprir os requisitos mínimos e necesarios propios para a realización do seu fin. Estes requisitos engloban o lugar (seguridade), os medios (comunicacións normais e as asignadas en caso de incidente, inventario de recursos, directorios, planos, etc.) e a accesibilidade. Normalmente o Centro de Recepción de Alarmas considérase o lugar de traballo ocupado pola central telefónica.

A persoa responsable da central do Centro de Recepción de Alarmas do parque natural será quen transmitirá todas as ordes facilitadas pola persoa responsable de emerxencias ou incidentes, con quen sempre permanecerá en contacto.

Cando se reciba aviso de incidente ou emerxencia, fará o seguinte:

1. Avisará sen demora a persoa responsable de emerxencias ou incidentes.

2. Activará os equipos de primeira intervención do parque natural.

3. Transmitirá todos os avisos aos diferentes equipos de intervención que interveñan ou aos que a persoa responsable de emerxencias ou incidentes determine.

4. Transmitirá ao exterior as demandas de axuda da persoa responsable de emerxencias ou incidentes.

5. Atenderá e establecerá as comunicacións co exterior, organismos oficiais, etc.

6. Transmitirá todas as instrucións e ordes en todos os sentidos, tanto a equipos de intervención do parque natural como ao resto de persoal e ás persoas visitantes.

7. Anotará o desenvolvemento e cronoloxía das accións tomadas durante o incidente ou emerxencia.

8. Encargarase da actualización do directorio de teléfonos.

Na actualidade a Casa Forestal Enxeñeiro Areses conta cun horario:

• No inverno: M-V das 10.30 ás 14.00 horas e S-D e festivos das 10.30 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas Luns sen servizo.

• No verán (Semana Santa a setembro): M-D das 10.30 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas. Luns sen servizo.

• Fóra deste horario, o teléfono estará desviado ao da persoa responsable de emerxencias (RE) na súa quenda laboral.

Persoa responsable de emerxencias (RE ou RI).

É a máxima autoridade do parque natural en caso de emerxencia, ata que cheguen as axudas externas ao parque natural. A persoa responsable de incidentes ou emerxencias (RI/RE) debe ser capaz de avaliar a situación e decidir en cada caso a actuación máis conveniente.

Dado que os axentes forestais e ambientais teñen o perfil máis adecuado e dadas as súas funcións noutros plans de emerxencia de nivel superior (de avaliación da emerxencia, asesoramento técnico e intervención) ademais do coñecemento do territorio, a persoa responsable de incidentes ou emerxencias (RI/RE) e as súas persoas substitutas deben formar parte do corpo de axentes forestais e ambientais, destinados ao parque natural. No caso de que nalgunha quenda non haxa ningún axente forestal ou ambiental, o persoal do parque natural de maior rango asumirá o labor da persoa responsable de emerxencias.

As súas funcións serán:

• En caso de incidente, ao recibir a alarma directamente ou a través do Centro de Recepción de Alarmas, trasladarase ao lugar do incidente ou enviará o equipo de intervención do parque natural máis próximo, manténdose en contacto.

• En caso de calquera incidente, informará o Centro de Recepción de Alarmas da evolución ata que quede resolto.

• Avaliará a gravidade do incidente e decidirá a actuación máis conveniente, dando as ordes de actuación a cada equipo do parque natural.

• En caso de que considere que o incidente pasa a niveis de maior gravidade, notificará a emerxencia ao Centro de Recepción de Alarmas e avisará a través deste o CIAE112 (Centro Integrado de Atención de Emerxencias).

• Unha vez resolto o incidente, dará a orde de final de incidente.

• Unha vez valorada a emerxencia como parcial ou xeral e dado o aviso, trasladarase ao acceso onde se produciu a emerxencia para recibir as axudas externas ao parque natural.

• En caso de emerxencia parcial e xeral dará a orde aos equipos de alarma e evacuación de manter libres as vías de acceso para os medios externos.

• Unha vez chegadas as axudas externas, unirase ao mando de bombeiros, informarao, asesorarao e conducirao ao lugar da emerxencia.

• En caso de emerxencia parcial e xeral, xunto co mando dos servizos de rescate, decidirá a reorganización dos equipos do parque natural.

• En caso de emerxencia xeral, debe prever xuntamente co mando dos servizos de rescate os posibles confinamentos ou evacuacións e os medios do parque natural que serán necesarios.

• Investigará as causas do incidente e redactará un informe.

Equipos de primeira intervención do parque natural (EPIP).

Os equipos de primeira intervención do parque natural estarán formados polo persoal de mantemento e axentes forestais e ambientais de todo o territorio do parque natural.

Será o equipo encargado de resolver de forma rápida e eficaz as situacións de nivel 1 de gravidade; por tanto, deben ser capaces de localizar correctamente o lugar do incidente, manter a calma e utilizar as ferramentas e equipos de intervención.

As súas funcións serán:

• Observar, asesorar e guiar as persoas visitantes como medida preventiva contra calquera situación de risco.

• Dar o aviso ao Centro de Recepción de Alarmas de calquera situación de incidente ou emerxencia que se detecte, informando de quen fala, que sucede e onde sucede.

• Resolverán de forma rápida e eficaz calquera dos incidentes de nivel 1 de gravidade ou pedirán axuda a través da persoa RE/RI e/ou CRA aos equipos de primeira intervención do parque natural ou de primeiros auxilios máis próximos.

• Despois de que a emerxencia sexa valorada pola persoa responsable de incidentes como de emerxencia parcial ou xeral, serán os encargados de realizar unha primeira actuación ata a chegada das axudas especializadas externas ao parque natural.

• En caso de emerxencia parcial e xeral, poñeranse á disposición das axudas externas especializadas segundo as directrices do mando de bombeiros e persoa responsable de incidentes ou emerxencias do parque natural.

• Actuarán como reforzo de vixilancia das zonas de emerxencia xa controladas.

Equipos de primeiros auxilios (EPA).

Os equipos de primeiros auxilios formaranos todo o persoal do Centro de Visitantes, que dispoñen, como mínimo, dunha caixa de primeiros auxilios con material básico e teñen formación en primeiros auxilios. Ante calquera persoa accidentada, as funcións deste equipo serán:

• Asegurarse de que a persoa accidentada ou enferma e o persoal membro do equipo de primeiros auxilios estean en lugar seguro.

• En caso de calquera incidente, comunicarán ao Centro de Recepción de Alarmas a situación, informando de quen fala, que sucede e onde sucede.

• Realizarán as curas necesarias á persoa ou persoas accidentadas ou enfermas nos casos de nivel 1 de gravidade.

• Se a situación necesita de asistencia médica especializada, informarán directamente ou a través do Centro de Recepción de Alarmas a persoa responsable de incidencias ou emerxencias do parque natural. Manteranse xunto á persoa accidentada ou enferma e actuarán segundo a formación adquirida ata a chegada dos servizos especializados externos ao parque natural.

• En caso de emerxencia parcial ou xeral, colaborarán nas tarefas que lles asigne o mando dos servizos especializados e a persoa responsable de incidentes ou emerxencias do parque natural.

• En caso de emerxencia xeral de longa duración, ocuparanse ou colaborarán no aprovisionamento dos equipos de intervención do parque natural e de salvamento especializados.

• Encargaranse da revisión e reposición do material das caixas de primeiros auxilios.

Equipos de alarma e evacuación (EAE).

Os equipos de alarma e evacuación estarán formados polo persoal do Centro de Visitantes. Ante calquera situación que requira un confinamento ou evacuación, as súas funcións serán:

• Ao recibiren o aviso da persoa responsable de emerxencias, incidentes ou do Centro de Recepción de Alarmas, dirixirán as persoas visitantes en perigo cara aos puntos de reunión establecidos polo mando de bombeiros e a persoa RE/RI e esperarán nova orde, e efectuarán a contaxe das persoas asegurándose de que non falte ninguén.

• En caso de emerxencia parcial e xeral, ao recibiren a orde da persoa responsable de incidencias ou de emerxencia paralizarán o tráfico interno e manterán libres as vías por onde deban acceder os medios de rescate externos ao parque natural.

• Ao recibiren a orde de evacuación, realizarana sempre baixo as directrices conxuntas do mando de bombeiros e a persoa responsable de incidencias ou de emerxencias, mobilizando os vehículos necesarios.

• Aseguraranse de que se evacuou totalmente a zona.

Esquemas operacionais en caso de incidente e emerxencia

a) No caso de alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos.

Ao recibiren calquera previsión de risco por fenómenos meteorolóxicos adversos (temporais, risco alto de incendio, etc.):

1. CRA transmitirá a alerta ao persoal do parque natural e nas páxinas web do parque natural.

2. O parque natural proporá medidas preventivas ás administracións con competencias nos accesos.

b) No caso de incidente (nivel 1).

1. Darase aviso ao CRA, por teléfono ou persoalmente.

2. No caso de non ser posible contactar co CRA, avisarase o 112.

3. O CRA avisará a persoa responsable de incidentes.

4. O CRA ou o RI mobilizarán os EPIP e os EPA precisos, segundo as características do incidente.

5. A persoa que descubra o incidente, despois de dar aviso tentará solucionalo.

6. De non ser capaz de solucionalo, situará a persoa ou persoas en lugar seguro e informarán o CRA e/ou RI

7. Cando cheguen o RI e/ou os EPIP ou EPA ao lugar do incidente, tentarán solucionalo.

8. No caso de non podelo solucionar cos medios e coñecementos dos equipos do parque natural, o RI analizará a situación e, se o cre preciso, dará orde de paso a emerxencia parcial ou xeral.

c) No caso de emerxencia parcial (nivel 2).

1. A persoa RE informará o CRA do inicio de emerxencia parcial.

2. O CRA avisará os servizos especializados a través do 112 e mobilizará os EAE.

3. Os EAE encargaranse de manter as vías libres para facilitar o acceso aos medios de salvamento exteriores ao parque natural.

4. A persoa RE recibirá as axudas externas, informaraas da situación, conduciraos ata o lugar da emerxencia e porase á súa disposición.

5. A persoa RE, xunto co mando de bombeiros, reorganizarán os EPIP e EPA para a colaboración na actuación dos servizos especializados.

6. No caso de persoas accidentadas, os EPA encargaranse da xestión do traslado ao centro sanitario.

Fóra do horario de apertura do CRA.

1. A persoa que descubra a emerxencia avisará directamente o 112.

2. O 112 dá aviso ao control central de bombeiros e este avisará en caso necesario, o control central de axentes forestais e ambientais, que localizará a persoa RE/RI.

3. En caso necesario, a persoa RE/RI recibirá e asesorará os equipos de salvamento especializados.

4. Os equipos de salvamento especializados realizarán a intervención e encargaranse do traslado das posibles persoas feridas ao centro sanitario.

d) No caso de emerxencia xeral (nivel 3).

1. A persoa RE informará o CRA do inicio da emerxencia xeral e nas páxinas web do parque natural.

2. CRA avisará os servizos especiais a través do 112, 085, 061 ou policía local de Tui, e mobilizará os EAE

3. Os EAE encargaranse de manter as vías libres co obxectivo de permitir o acceso aos medios externos de salvamento.

4. A persoa RE recibirá as axudas externas, informaraas da situación, conduciraos ata o lugar da emerxencia e porase á súa disposición.

5. A persoa RE, xunto co mando de bombeiros, reorganizarán os EPIP e EPA para a colaboración na actuación dos servizos especializados.

6. No caso de persoas accidentadas, o corpo de bombeiros encargarase do traslado ao centro sanitario.

7. Executarase a evacuación segundo as directrices do mando de bombeiros e a persoa RE do parque natural.

Fóra do horario de apertura do CRA.

1. A persoa que descubra a emerxencia avisará directamente o 112.

2. O 112 dá aviso ao control central de bombeiros e este avisará, en caso necesario, o control central de axentes forestais e ambientais que localizará a persoa RE

3. Se é necesario, a persoa RE recibirá e asesorará os equipos de salvamento especializados.

4. Os equipos de salvamento especializados realizarán a intervención e encargarase do traslado das posibles persoas feridas ao centro sanitario.

Táboa 16

Esquema operacional no caso de emerxencia no parque natural

Época

Nevadas

Tormenta-enchente

Esbarroamentos

Médica-perda de persoas

Accidente de tráfico

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Inverno

Día

(*)

(*)

E.O.3

E.O.1

E.O.2

E.O.3

E.O.1

E.O.2

E.O.3

E.O.1

E.O.2

(*)

E.O.1

E.O.2

(*)

Noite

E.O.N.

E.O.N.

E.O.N.

E.O.N.

(*)

E.O.N.

E.O.N.

E.O.N.

Verán

Día

(NON)

E.O.1

E.O.2

E.O.3

E.O.1

E.O.2

E.O.3

E.O. 1

E.O.2

(*)

E.O. 1

E.O. 2

(*)

Noite

(NON)

E.O.N.

E.O.N.

E.O.N.

(*)

E.O.N.

E.O.N.

E.O.N.

(E.O.1) Esquema operacional 1. Plan de emerxencia.

(E.O.2) Esquema operacional 2. Plan de emerxencia con aviso aos servizos externos especializados.

(E.O.3) Esquema operacional 3. Plan de emerxencia con aviso a servizos externos especializados e evacuación.

(E.O.N.) Esquema operacional fóra dos horarios do CRA. Aviso a servizos externos especializados.

(NON) Non se prevé ningunha emerxencia.

(*) Os incidentes ou emerxencias non adoitan ter este nivel.

Ilustración 1

Esquema xeral de actuación para calquera persoa

missing image file

Ilustración 2

Esquema operacional 1-incidente

missing image file

Ilustración 3

Esquema operacional 2-diúrno (xornada laboral)

missing image file

Ilustración 4

Esquema operacional 3

missing image file

Ilustración 5

Esquema operacional fóra dos horarios do CRA

missing image file

Protocolo de actuación.

A seguir definiranse de xeito máis concreto os protocolos que seguirán os medios e sistemas de actuación con que conta o parque natural.

Centro de recepción de alarmas (CRA).

Lugar Turístico Centro de Interpretación do parque natural Monte Aloia (Tui).

Frinxo, 37, Pazos de Reis, 36715 Tui (Pontevedra).

Telf: 886 12 06 50.

Inverno: do martes ao venres das 10.30 ás 14.00 horas. Sábados, domingos e festivos das 10.30 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

Verán (15.3 ao 15.9): do martes ao domingo e festivos das 10.30 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.

Alerta.

Ao recibir unha previsión de alto risco de incendio ou risco meteorolóxico transmitirá a alerta a todo o persoal que traballa no parque natural.

Aviso-detección.

En caso de detectar un incidente ou emerxencia avisará a:

• Axentes forestais nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque natural.

• Central de Emerxencias 112 nos casos de nivel 2 e 3, por teléfono. En caso de emerxencia e urxencia médica utilizarán os índices de avaliación de vítimas e os factores potencialmente agravantes que utilizan os bombeiros.

– Persoa responsable de emerxencias ou incidentes.

– Persoal de vixilancia nos casos de nivel 1, 2 e 3.

– 112, 085, 061 e Policía Local de Tui nos casos de nivel 2 e 3.

– Policía Local de Tui, en caso de incidentes de nivel 2 e 3 que afecten estradas e camiños locais.

Alarma.

En todos os casos de nivel 1, 2 e 3 activarán os EPIP e/ou EPA na zona que indique a persoa RE/RI.

Nos casos de nivel 2 e 3 activará os EAE que a persoa RE/RI indique.

Equipos de primeiros auxilios (EPA) e equipos de alarma e evacuación do parque natural (EAE).

Alerta.

Ao recibir a alerta do CRA de risco alto de temporal, inundacións ou semellante:

– Percorrerán a zona e transmitirán a orde de peche do parque natural a todas as persoas visitantes nos puntos de acceso e aqueles que estean ao seu alcance no interior do parque natural.

– Pecharán as instalacións da Casa Forestal Enxeñeiro Areses e trasladaranse ao exterior do parque natural.

Ao recibir a alerta do CRA de risco alto de incendio forestal e tormentas fortes:

– Informarán do risco as persoas visitantes que estean ao seu alcance no interior do parque natural

Aviso-detección.

Ao detectar un incidente ou emerxencia avisarán:

– O CRA nos casos de nivel 1, 2 e 3.

– Por teléfono ao CIAE112, se hai cobertura e está pechada a Casa Forestal Enxeñeiro Areses.

Alarma.

En calquera caso, informarán as persoas visitantes da situación e da actuación máis axeitada.

Nos casos de nivel 2 e 3 que indique a persoa RE/RI, paralizarán o tráfico das vías precisas para o acceso dos servizos de rescate.

Intervención.

No caso de incendio de nivel 1, manterán as persoas visitantes lonxe do incendio e intentarán sufocalo cos medios dispoñibles ata a chegada dos EPIP.

No caso de incidente médico, actuarán como EPA segundo as consignas establecidas e, no caso de emerxencia e urxencia médica, atenderán a persoa accidentada segundo os seus coñecementos ata a chegada da asistencia médica externa ao parque natural e colaborarán no que sexa preciso.

Confinamento-evacuación.

No caso de tormentas de curta duración, darán refuxio ás persoas visitantes.

No caso de incendio, tormentas, enchentes ou riscos semellantes de nivel 2 e 3, realizarán o confinamento das persoas visitantes afectadas nos puntos que establezan o mando de bombeiros e a persoa RE/RI.

Equipos de primeira intervención do parque natural (EPIP).

Alerta.

Ao recibir a alerta do CRA de risco forte de temporal ou inundacións:

– Percorrerán a zona e transmitirán a alerta ás persoas visitantes que estean ao seu alcance no interior do parque natural.

Aviso-detección.

Ao detectar un incidente ou emerxencia avisarán:

– O CRA nos casos de nivel 1, 2 e 3. No caso de emerxencia e urxencia médica utilizarán os índices de avaliación de vítimas e os factores potencialmente agravantes que utilizan os bombeiros.

– Por teléfono ao CIAE112, se hai cobertura e está pechada a Casa Forestal Enxeñeiro Areses.

Alarma.

En calquera caso, informarán as persoas visitantes da situación e da actuación máis axeitada.

Intervención.

– No caso de conato de incendio e incendio forestal de nivel 1, 2 ou 3, recollerán o máximo de información do CRA, collerán os equipamentos de que dispoñen e dirixiranse ao incendio, actuando segundo a formación recibida e as consignas establecidas.

– No caso de caída de árbores e outros obstáculos, actuarán segundo as consignas establecidas.

– No caso de saídas de vehículos a cunetas ou semellantes, tentarán retornar o vehículo á vía.

– No caso de perda de persoas, colaborarán na busca, no caso de que o mando de bombeiros e a persoa RE/RI o consideren preciso.

– En todos os demais casos de nivel 2 e 3, segundo as ordes da persoa RE/RI, desprazaranse ao lugar da emerxencia e poranse á disposición dos servizos de salvamento especializados.

Guías interpretativos do parque natural.

Os guías interpretativos do parque natural dispoñen do seu propio protocolo de prevención de riscos laborais, coa relación de roupa e equipamentos que deben levar nos itinerarios da natureza e as recomendacións e instrucións sobre as actuacións antes, durante e despois da saída.

Segundo este protocolo, os pasos que seguen en caso de emerxencia son:

Alerta.

Ao recibir a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco de inundacións:

• Cancelarán os itinerarios previstos ata que melloren as condicións de risco.

Aviso-detección.

No caso de detectaren un incidente ou emerxencia, avisarán a:

• Centro de Recepción de Alarmas do parque natural (CRA) nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque natural.

• Por teléfono ao CIAE112, se se ten cobertura e está pechado o Centro de Recepción.

Intervención.

No caso de accidente grave, non se tocará a persoa accidentada. Taparase cunha manta térmica e non se deixará nunca só.

Confinamento-evacuación.

Se se atopan en situacións de emerxencia de nivel 2 e 3 (incendios, nevadas, enchentes e esbarroamentos) colaboran no confinamento do seu grupo, segundo as instrucións do mando de bombeiros e a persoa responsable de incidentes ou emerxencias do parque natural.

Persoa responsable de incidentes.

En calquera circunstancia os axentes forestais e ambientais actuarán como EPIP, pero ademais:

Alerta.

Ao recibiren a alerta do Centro de Recepción de Alarmas do risco de inundacións:

• Percorrerán a zona e transmitirán a alerta a todas as persoas visitantes ao seu alcance no interior do parque natural.

• Sinalizarán o peche de accesos.

Aviso-detección.

Ao detectaren un incidente ou emerxencia avisarán a:

• Centro de Recepción de Alarmas do Parque Natural (CRA) nos casos de nivel 1, 2 e 3, pola frecuencia do parque natural. En caso de emerxencia e urxencia médica utilizarán os índices de avaliación de vítimas e os factores potencialmente agravantes que utilizan os bombeiros.

• Por teléfono a CIAE112, se se ten cobertura e está pechado o Centro de Recepción.

Alarma.

A persoa responsable de incidentes, valorará a situación e decidirá o esquema operacional que se seguirá.

A persoa responsable de incidentes nos casos de incidente, dará as ordes de intervención dos EPIP e EPA directamente ou a través do CRA.

Nos casos de emerxencia parcial e xeral, a persoa responsable de incidentes recibirá o mando de bombeiros e transmitiralle información e asesoramento.

En calquera caso, informarán as persoas visitantes da situación e da actuación máis conveniente.

Intervención.

No caso de incendio de nivel 1, actuarán como EPIP segundo as consignas establecidas.

No caso de saída de vehículos a cunetas ou vehículos atrancados na neve, os axentes forestais e ambientais actuarán como EPIP para retornar o vehículo á vía.

No caso de emerxencia parcial e xeral por incendio forestal, actuarán como EPIP ata a chegada de bombeiros, momento en que se poñerán á súa disposición.

En todos os demais casos de nivel 2 e 3 (enchentes, atropelamentos, accidentes de tráfico), desprazaranse ao lugar da emerxencia co obxecto de poñer orde e evitar sobreaccidentes, ata a chegada dos servizos especializados, momento en que os informarán, asesorarán e poranse á súa disposición.

Confinamento-evacuación.

Nos casos de emerxencia de nivel 2 e 3 (incendio, enchentes), a persoa responsable de Incidentes do parque natural conxuntamente co mando de bombeiros, establecerá os puntos de confinamento definitivos ou provisionais para a posterior evacuación.

Implantación.

Despois da confección técnica do Plan de emerxencia do parque natural, a organización e actividade deste, debe ser capaz de realizar as tarefas previstas no plan.

Non só formarán parte do incidente ou emerxencia o persoal do parque natural e o corpo de axentes forestais e ambientais, senón que as persoas visitantes que accidentalmente se atopen ante un incidente ou emerxencia deben dispoñer da información necesaria para poderen integrarse ao Plan de emerxencia.

A implantación ten como obxectivo a planificación da información, formación e adestramento, de xeito que todas as persoas teñan claro que facer, como e cando actuar en caso de incidencia ou emerxencia.

Para a implantación do plan é preciso:

• A selección das persoas que compoñen os equipos.

• A redacción das consignas de actuación nos incidentes e emerxencias.

• A planificación da información, formación e adestramento do persoal.

• A planificación e programación de simulacros.

• A análise e investigación de sinistros.

Selección de equipos do parque natural.

Todo o persoal e axentes forestais e ambientais que opera no parque natural forman parte dos equipos do parque natural.

Ao existiren no Plan de emerxencia unhas funcións ou misións moi concretas que realizar, débese enmarcar o persoal, segundo os seus coñecementos ou aptitudes, nos correspondentes equipos do parque natural.

Para realizar a distribución de persoas-equipos, utilizarase a seguinte ficha:

Táboa 17

Ficha de selección de equipos do parque natural

Ficha de selección de equipos

A persoa responsable de incidentes

Teléfono

Titular ………………………………………………………....................................

…………………

Suplente ……………………………………………………...................................

…………………

Equipo de primeira intervención do parque natural

Persoas responsables

.........................……………………………………………………………………..

…………………

.........................……………………………………………………………………..

…………………

Equipo de primeiros auxilios

Persoas responsables

.........................……………………………………………………………………..

…………………

.........................……………………………………………………………………..

…………………

Equipo de alarma e evacuación

Persoas responsables

.........................……………………………………………………………………..

…………………

.........................……………………………………………………………………..

…………………

Redacción de consignas.

O desenvolvemento do Plan de emerxencias require o coñecemento por parte de todas as persoas que operan no parque natural das operacións ou consignas que se realizarán se se produce un incidente ou emerxencia.

As consignas xerais asignadas ao persoal que opera no parque natural, estarán relacionadas coa súa misión no equipo do parque natural a que fosen asignados. Estas consignas poden ser modificadas, reducidas ou ampliadas segundo se crea conveniente.

Achégase unha proposta de consignas que se entregará aos compoñentes dos equipos e persoas que intervirán no incidente ou emerxencia.

Táboa 18

Consignas para a persoa visitante

Norma xeral para a persoa visitante

Se observa un inicio de situación de perigo:

Aviso ao persoal do parque natural máis proximo.

Se non está preto do persoal do parque natural, avise se lle é posible por teléfono ao Centro de Recepción ou ao Centro Xeral de Coordinación de Emerxencias 112.

En caso que se lle transmita a alarma de perigo:

Diríxase ao punto de reunión máis próximo e siga as instrucións do persoal do parque natural.

No perda a calma, siga as instrucións do persoal do parque natural sen correr nin gritar, pois contribuiría a crear pánico.

Teléfonos:

Centro de recepción: 886 12 06 50

Táboa 19

Consignas Centro de Recepción de Alarmas

Centro de Recepción de Alarmas

Cando reciba o aviso de incidente ou emerxencia:

Avisará a persoa responsable de emerxencias.

Dará a alarma ao 112 cando o indique a persoa responsable de emerxencias e atenderá as comunicacións con organismos oficiais.

En caso de urxencia e emerxencia médica avisará utilizando os índices de avaliación de vítimas e os factores agravantes que utiliza bombeiros.

Activará os equipos de primeira intervención do parque natural e/ou de primeiros auxilios da zona en que se dá o incidente ou emerxencia cando o indique a persoa responsable de emerxencias.

Transmitirá as instrucións e ordes da persoa responsable de emerxencias tanto aos equipos do parque natural como ás persoas visitantes.

Anotará o desenvolvemento e cronoloxía das accións tomadas durante o incidente ou emerxencia.

Táboa 20

Consignas para a persoa responsable de emerxencias

Persoa responsable de emerxencias (RE)

Cando reciba o aviso de incidente ou emerxencia:

A persoa responsable de emerxencias é máxima persoa responsable en caso de incidente e en caso de emerxencia ata a chegada da axuda externa ao parque natural.

Ao ser avisada directamente ou a través do centro de recepción de alarmas ou centro de emerxencias 112, trasladarase ao lugar do incidente ou emerxencia ou ben enviará o equipo de primeira intervención do parque natural máis próximo manténdose en contacto.

Avaliará o incidente ou emerxencia e decidirá as actuacións para seguir segundo o nivel de gravidade.

En caso necesario, requirirá a axuda dos equipos de primeiros auxilios do sector en que se dá o incidente ou emerxencia.

En caso de valorar a emerxencia en niveis de gravidade 2 e 3, notificará a emerxencia directamente ou a través do centro de recepción de alarmas ao centro xeral de coordinación de emerxencias 112.

En caso de urxencia ou emerxencia médica, avisará utilizando os índices de avaliación de vítimas e factores potencialmente agravantes que utiliza bombeiros.

En caso de emerxencia parcial ou xeral:

Activará os equipos de alarma e evacuación para que se manteñan libres as vías de acceso.

Trasladarase ao acceso do sector para recibir os servizos externos, informando, asesorando e conducíndoos ao lugar da emerxencia.

Unirase ao mando de bombeiros e conxuntamente reorganizarán a composición e actuación dos equipos do parque natural.

En caso que sexa necesario, dará a orde de evacuación aos equipos de alarma e evacuación.

Unha vez resolto o incidente, dará a orde de final de incidente.

Investigará as causas do incidente e redactará informe.

Táboa 21

Consignas para equipos de primeira intervención do parque natural

Equipos de primeira intervención do parque natural (EPIP)

Ao recibir aviso de incidente a través do centro de recepción de alarmas ou persoa responsable de emerxencias:

Trasladaranse ao lugar do incidente seguindo as instrucións da persoa RE.

Tentarán resolver de forma rápida e eficaz calquera dos incidentes de nivel 1 de gravidade cos medios de que dispoñen.

Se non poden ou non saben resolvelo, pedirán axuda a través do centro de recepción de alarmas á persoa responsable de emerxencias.

Nos casos en que a persoa responsable de emerxencias valore a situación de emerxencia parcial ou xeral.

Poñeranse a disposición do mando de bombeiros e da persoa responsable de emerxencias.

Actuarán como reforzo de vixilancia das zonas xa controladas cando llo indique o mando de bombeiros.

En calquera caso informarán periodicamente da evolución da emerxencia a persoa responsable de emerxencias do parque natural.

Táboa 22

Consignas para equipos de primeiros auxilios

Equipos de primeiros auxilios (EPA)

Ao recibir o aviso de incidente a través do centro de recepción de alarmas a persoa responsable de emerxencias:

Dirixiranse ao lugar do incidente.

Aseguraranse de que as persoas estean en lugar seguro.

Realizarán as curas necesarias á persoa ou persoas accidentadas ou enfermas.

Volverán establecer contacto co centro de recepción de alarmas ou coa persoa responsable de emerxencias explicando a situación.

Sempre recomendarán á persoa accidentada ir a un centro sanitario, aínda que se solucionase correctamente o incidente.

Nos casos en que a persoa responsable de emerxencias considere de emerxencia ou urxencia médica:

Iniciaranse as actuacións PAS (protexer-avisar-socorrer) segundo a formación adquirida, ata a chegada da asistencia médica e informarán das técnicas e protocolos realizados ata o momento.

Colaborarán nas tarefas que lles sexan asignadas polo mando de bombeiros e persoa responsable de emerxencias do parque natural.

Encargaranse da reposición e mantemento do material das caixas de primeiros auxilios.

Táboa 23

Consignas para equipos de alarma e evacuación

Equipos de alarma e evacuación (EAE)

Ao recibiren o aviso de emerxencia parcial ou xeral, a traves do centro de recepción de alarmas ou da persoa responsable de emerxencias:

Paralizarán o tráfico de acceso nas entradas ao parque natural.

Manterán as vías libres de persoas e vehículos para facilitar o acceso aos medios externos.

Desprazarán as persoas en perigo a un punto de reunión seguro e realizarán a contaxe.

Recibida a orde de evacuación do mando de bombeiros:

Prepararán os medios de transporte previstos polo mando de bombeiros e a persoa responsable de emerxencias.

Evacuarán a zona segundo as directrices do mando de bombeiros e a persoa responsable de emerxencias.

Informarán periodicamente da evolución a persoa responsable de emerxencias.

Información, formación e adestramento.

O Plan de emerxencias deben coñecelo todas as persoas que intervirán no control de incidentes e emerxencias, é dicir, o persoal do parque natural, outro persoal, empresas e colectivos que operan nel e as persoas visitantes.

Segundo as funcións que realizar, nalgúns casos será abondo coa información e noutros será precisa formación ou adestramento.

Información.

En cada unha das instalacións do parque natural e en todos os trípticos informativos do parque natural expoñeranse seccións informativas indicando os puntos de reunión e vías de evacuación e incluiranse recomendacións:

• Que facer ao detectar un incidente ou emerxencia.

• Que facer en caso de alarma por emerxencia.

Formación e adestramento.

Reunirase por grupos todo o persoal do parque natural, axentes forestais e ambientais e colectivos que operan no territorio para explicar o Plan de emerxencia.

Igualmente, terase en conta nesta formación e adestramento a implementación das medidas necesarias para previr e, se for o caso, atender posibles casos de agresións sexuais ou de acoso que poidan producirse nas distintas actividades que desenvolva o parque natural.

Posteriormente, e unha vez configurados os equipos do parque natural, reuniranse estes mesmos e entregaranse a cada un as consignas de actuación en caso de incidente ou emerxencia.

Para o persoal dos EPIP e EPA programaranse cursos de formación e adestramento axeitados ante un incidente ou emerxencia e aprenderán a manexar os equipos que deban utilizar.

A programación da formación e o adestramento debe incluír o programa inicial dos cursos e o mantemento anual dos coñecementos a través da concertación cos centros homologados. Proponse que a formación se basee en:

1. Formación básica.

Todo o persoal do parque natural e axentes forestais e ambientais deben formarse en:

• Definición de alerta, incidente e emerxencia.

• Descrición de toda a cadea de actuacións en caso de incidente e emerxencia.

• Formas de dar o aviso.

• Mensaxes tipo.

• Exercicios prácticos.

2. Formación para a persoa RE.

Preténdese que teña formación en:

• Primeiros auxilios, entendendo como tal o dominio das pautas de actuación ante un accidente, de forma que, sen coñecementos específicos en medicina, saiban que facer e non facer ante unha situación de emerxencia e urxencia médica.

• Coñecemento dos episodios meteorolóxicos que poden comportar máis risco de incendio.

• Coñecementos do comportamento do lume no ámbito do parque natural.

• Coñecementos na utilización de ferramentas e equipamentos de extinción de incendios.

3. Formación dos EPIP.

Preténdese que teñan formación en:

• Utilización de ferramenta e equipamentos de extinción de incendios.

4. Formación dos EPA.

Formar parte do EPA e recibir a formación axeitada debe ser sempre voluntario para a persoa traballadora.

Preténdese que teñan formación en:

• Primeiros auxilios, entendendo como tal o dominio das pautas de actuación ante un accidente, de forma que, sen coñecementos específicos en medicina, saiban que facer e non facer ante unha situación de emerxencia e urxencia médica.

Simulacros.

A efectividade do Plan de emerxencia conséguese mediante a realización de prácticas periódicas que manteñan o adestramento do persoal nas tarefas que vai realizar. Isto conséguese con simulacros e prácticas.

Os simulacros deben programarse e planificara o seu desenvolvemento como se se tratase dunha emerxencia real.

A planificación realizarase a partir dun suposto de inicio de incidente ou emerxencia e secuenciando temporalmente as accións que se van realizar, como e quen as efectuará, así como un equipo de control que recolla as incidencias e tempos utilizados en cada acción para efectuar, posteriormente, un informe de resultados e conclusións do simulacro.

Táboa 24

Ficha de simulacros

Ficha de simulacros

Tipoloxía de emerxencia suposta:

Localización:

Zona………………………….......................…………………...

Punto…………………………………………........................…..

Coordenadas………………………..........................…………..

Altitude……………………………….......................…………….

Acceso a vías…………………………….........................……..

Incendio

Enchente

Esbarroamentos

Accidente

Perda

Nivel de gravidade:

Equipos que se alertarán:

Nivel 1

EPIP

Nivel 2

EPA

Nivel 3

EAE

Detectado por:

Outros

Persoal parque natural

Período:

Axentes forestais e ambientais

Inverno-diúrno

Persoas visitantes

Inverno-nocturno

Outros colectivos

Verán-diúrno

Axudas externas:

Verán-nocturno

Non necesarias

Confinamento/evacuación:

Recórrese a

Sen confinamento/evacuación

Emerxencias 112

Confinamento

Concello e outros locais

Evacuación do sector

Control da emerxencia:

Evacuación total

Centro de Recepción de Alarmas

Tempos estimados simulacro:

Centro de Control de Bombeiros

Tempos: ………………………………………

Data: ………………………………………….

Investigación de sinistros.

Terase previsto poder efectuar a investigación dos incidentes e emerxencias que se poden materializar, co fin de analizar as causas da súa orixe e consecuencias que se produciron, para poder emendar as deficiencias existentes no Plan de emerxencia mediante a implantación das medidas correctoras oportunas.

Achégase un modelo de investigación de sinistros:

Táboa 25

Ficha de investigación de sinistros

Ficha de investigación de sinistros

Identificación do incidente ou emerxencia:

Concello …………………………………………………….............................................…………………….…..…..

Parque natural …………………………………………………………...................................……………..….……..

Tipo de incidente ou emerxencia …………………………………………………………….......................……..….

Nivel de gravidade ………………………………………………………………............................……...……..........

Data ……………………………………………………….........................................................................................

Hora de detección ...............................................................................................................................................

Persoa que descobre ..………..................……………Lugar ……………....…………………………….................

Análise do incidente ou emerxencia:

Causa do incidente ou emerxencia .......................………………………………....…...……………………..….....

Causas básicas que orixinaron o incidente ou emerxencia ...............................…....……………………..……...

Consecuencias (danos ao medio, bens ou persoas) ..………….................…....................................................

Medios técnicos utilizados ……………………………………………………………………....................................

Equipos do parque natural que interviñeron ………………………………………………………...........................

Medios de salvamento externo …………………………………………………………………................................

Efectividade:

Dos medios utilizados ………………………………………………………………………........................................

Dos equipos ……………………………………………………………………..........................................................

Do plan de emerxencia …………………..………………………………………......................................................

Medidas correctoras e deficiencias:

Sobre as causas básicas do incidente ou emerxencia ………………………………………….............................

Sobre os medios utilizados ……………………………………………………………………...................................

Sobre comunicacións …..………….………………………………………………………….....................................

Sobre os equipos ……….…………………………………………………………………………...............................

Sobre o Plan de emerxencia …………..………………………………………………………..................................

Data ……..………................................................................................................................................................

Táboa 26

Directorio

Directorio

Teléfono

Emerxencias

112

Seprona

062

Bombeiros

085

Garda Civil Tui

986 60 02 21

Centro Interpretación Parque Natural

886 12 06 50

Oficina Pontevedra (Xunta)

986 80 56 50

Información municipal

Tui

677 418 405

Urxencias médicas

Centro Saúde Tui

Urxencias Tui

986 60 19 36

986 60 09 08

Mantemento do plan

Obxecto.

• Mantemento adecuado das zonas perigosas susceptibles de provocar unha emerxencia.

• Mantemento periódico dos medios de protección e evacuación.

• Mantemento periódico da formación.

• Revisións periódicas do Plan de emerxencia.

Creación do Consello de Autoprotección.

Función: a súa misión consistirá en coordinar e asesorar sobre a implantación e seguimento do Plan de emerxencias e estará composto polo seguinte persoal:

• A persoa titular da xefatura do Servizo de Parques Naturais.

• Unha persoa representante da Unidade de Medio Natural do equipo de xestión do parque natural.

• Unha persoa representante do corpo de axentes forestais e ambientais.

• Unha persoa representante do corpo de bombeiros.

• Outras persoas representantes que se crean oportunas.

A composición do Consello de Autoprotección procurará unha composición equilibrada de mulleres e homes.

Periodicidade: recoméndase que o Consello de Autoprotección se reúna como mínimo unha vez ao ano.

Mantemento do plan.

O Consello de Autoprotección establecerá un programa de mantemento periódico dos medios e da formación de equipos e elaborará unha guía dos simulacros.

Aconséllase:

• O mantemento mínimo anual das caixas de primeiros auxilios, emisoras e materiais de intervención.

• O mantemento da formación dos equipos, mínimo cada 2 anos.

• A realización de simulacros periódicos, que se poderán espaciar cada vez máis ata un mínimo de 1 simulacro ao ano.

• A revisión do Plan de emerxencias e todo o que del deriva como mínimo cada 3 anos.

A seguir móstranse uns exemplos de fichas para o mantemento de material e vehículos:

Táboa 27

Fichas para o mantemento da caixa de primeiros auxilios

Revisión caixa de primeiros auxilios

Data: …..……. día …..……. mes ……..…. ano

Contido

Ben

Reposición

Observacións

Gasas estériles

Algodón hidrófilo

Vendas

Esparadrapo

Apósitos adhesivos

Tesoiras

Pinzas

Luvas dun só uso

Alcohol

Auga oxixenada

Tópico

Aspirina

Gelocatil

Termalgin

Almax = Bemolan

Voltaren

Voltaren xel

Algiasdin = Neobrufen

Silvederma

Táboa 28

Fichas para mantemento de material

Revisión material

Data: …..……. Día …..……. Mes ……..…. Ano

Contido

Ben

Reposición

Observacións

Motoserras

Rozadoira

Compresor

Motobombas

Xerador eléctrico

Mangueiras

Mangotes aspiración

Alcachofa aspiración

Mochilas de auga

Lanzas incendios

Máscaras anti-fume

Filtros

Cordas cánabo

Extintores

Bombas apagalumes

Outros

Táboa 29

Fichas para el mantemento de vehículos

Revisión vehículos

Data: …..……. día …..……. mes ……..…. ano

Contido

Matrícula

Data revisión

Reparacións

Tractor Massey-Ferguson

Cisterna Moga

Remolque Toimil

Tractor New Holland TS-100

Pick-up Mitsubishi L-200

Pick-up Isuzu Rodeo

Programa de actuacións que se desenvolverán

A proposta que se xunta consta dun conxunto de actuacións concretas destinadas a coñecer, manter e mellorar os valores naturais e os compoñentes ecolóxicos valiosos do parque natural, de acordo cos obxectivos xerais e específicos establecidos para este, en tanto espazo protexido integrado na Rede Natura 2000 e na rede galega de espazos protexidos, e co propósito de impedir a súa deriva cara a unha irrelevancia ecolóxica que non debería ocorrer. Doutra banda, a proposta intenta ampliar a proxección do parque natural cara á sociedade reforzando a súa función como espazo demostrativo dunha outra forma de relación co medio natural, aspecto en que, se cadra, o parque natural na actualidade, se amosa falto de contidos.

Deste xeito, é preciso subliñar que o monte Aloia pode constituír un bo exemplo de xestión da auga e dos hábitats asociados á auga no monte, xa que no Aloia nacen cinco correntes fluviais e mais é zona de recarga de acuíferos. O Aloia pode, xa que logo, ser un exemplo demostrativo de xestión do territorio encamiñada á protección da auga como recurso desde unha perspectiva ecosistémica.

De xeito análogo, o monte Aloia pode postularse como un espazo en que se desenvolven modelos de explotación madeireira do monte comunal que, ademais, de seren sustentables e rendibles en termos financeiros, poden ser compatibles coa conservación da biodiversidade e co mantemento dos procesos ecolóxicos clave do territorio. Cómpre, logo, poñer de manifesto o exemplo do monte Aloia como xestión forestal compatible coa conservación, é dicir, dar á silvicultura un papel central no discurso do parque natural.

Ademais do antedito, estes programas oriéntanse ao establecemento duna planificación dirixida á recuperación e restauración ecolóxica dos hábitats naturais que corresponden ao monte Aloia. Unha das vantaxes deste tipo de actuacións e o seu potencial para diminuír o risco de lumes e mais incrementar a resiliencia do conxunto fronte a este grave ameaza.

E, finalmente, trátase de reorientar o uso público en función do aproveitamento didáctico e divulgativo dos propios compoñentes do programa.

Así, considerando os obxectivos establecidos no presente plan e de acordo coas previsións de usos e aproveitamentos, formúlanse as principais liñas de actuación para desenvolver durante o seu período de vixencia de seis anos. Algunhas das liñas de actuación son compartidas con máis dun obxectivo, debido ao seu carácter transversal.

Programa 1. Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural.

Xustificación:

A propia declaración de espazo natural evidencia a responsabilidade e o compromiso de conservar os hábitats máis representativos e salientables, xunto coa protección dos ecosistemas máis vulnerables. Como no resto do territorio galego, o parque natural, está a sufrir as consecuencias do abandono do medio rural. En último termo, o abandono determina unha diminución da superficie ocupada polos hábitats abertos (campos de cultivo, pasteiros e matos baixos) que viran cara a hábitats pechados (mato alto, arboredo e bosque). Este cambio é relativamente rápido, polo, que ao longo dos once anos transcorridos desde a redacción do anterior PRUX, se levan producido importantes variacións na identidade e na distribución dos hábitats do parque natural.

Un dos diversos factores que fan que moitas das especies de interese do parque natural teñan unha distribución restrinxida e fragmentada e conten con poboacións pouco numerosas, polo que o risco de que se produzan extincións locais é, se cadra, elevado.

A maior parte do parque natural é propiedade de dúas comunidades de montes. Estas levan a cabo a explotación forestal da zona de acordo cun proxecto de ordenación forestal. Os métodos e manexos silvícolas propostos nese documento, ao estaren baseados en procesos ecolóxicos naturais, son, en principio, perfectamente compatibles coa conservación da biodiversidade de especies e hábitats do parque natural. En calquera caso, cómpre mellorar a capacidade de acollida de biodiversidade dos terreos sometidos a explotación forestal mediante técnicas de restauración ecolóxica de hábitats e de facilitación da fauna.

Obxectivos.

– Garantir a conservación do conxunto de hábitats de interese presentes no parque natural.

– Restaurar aqueles que se foron degradando co paso do tempo por causa da sucesión natural e da falta de manexo.

– Incrementar o grao de naturalidade do parque natural mediante a creación, restauración e conservación dos hábitats que se corresponden coa vexetación climácica do territorio.

– Coñecer a dinámica e máis a evolución das poboacións das especies de flora e fauna de interese.

– Obter datos sistemáticos e contrastados en que sustentar a xestión das poboacións de flora e fauna de interese.

– Favorecer a compatibilidade entre o uso forestal e os obxectivos de conservación de hábitats e especies.

– Salientar a xestión forestal que se vén desenvolvendo no parque natural como exemplo de xestión compatible coa conservación da biodiversidade de hábitats e especies.

Propostas:

• Poderanse desenvolver pequenas intervencións destinadas á restauración ecolóxica das pequenas infraestruturas asociadas á auga, aos ecosistemas fluviais e aos hábitats hidromorfos asociados ás nacentes.

• Tamén se poderán abordar iniciativas destinadas á mellora dos hábitats asociados a aos rochedos e os matos secos.

• Nos hábitats boscosos deberíase facer fincapé nos bosques mestos con sobreira (Quercus suber), con carballo (Quercus robur) e con acivro (Ilex aquifolium).

• En relación coas especies de interese, convén facilitar a conservación da flora de interese de solos hidromorfos: Narcissum spp., Gentiana pneumonante; a poboación de Achondrostoma arcasii, os anfibios e os morcegos cavernícolas.

• No eido forestal subliñar as vantaxes derivadas da posibilidades de sinerxías entre o PRUX e o Plan de ordenación forestal, encamiñadas cara ao desenvolvemento de piñeirais de alto valor ecolóxico; conservar algunha das mouteiras de piñeiros vellos en que poidan desenvolverse as comunidades propias deste tipo de hábitats e loitar polo control e erradicación das especies de árbores alóctonas con comportamento invasor.

Programa 2. Programa de investigación, seguimento e avaliación.

Xustificación:

Transcorridos uns anos desde o anterior PRUX e despois do observado no traballo de campo, faise patente a necesidade de actualizar moitos dos datos básicos sobre os compoñentes do medio biolóxico do parque natural, con especial fincapé nos hábitats e especies de interese, así como na actualización das unidades descritivas do territorio, xa que esta información é a que sustenta as decisións de xestión e manexo.

Obxectivos:

– Actualizar e mellorar a información básica sobre o medio físico, biolóxico e humano do parque natural.

– Actualizar o inventario de hábitats e especies de interese.

– Acompañar toda esa información dunha cartografía actualizada.

– Afondar no coñecemento das poboacións das especies de fauna e flora de interese.

Propostas:

• Neste sentido faise necesario traballar na elaboración dunha nova cartografía de unidades de vexetación, hábitats de interese comunitario e unidades ambientais do parque natural, así como os respectivos inventarios.

• Tamén é preciso afondar no coñecemento territorial das especies invasoras e das especies de flora e fauna de interese.

Programa 3. Programa xestión do uso público.

Xustificación:

É necesario reforzar a imaxe do parque natural como espazo natural valioso a escala local, comarcal e rexional. Este espazo foi declarado parque natural por unha serie de valores que é necesario dar a coñecer ás persoas visitantes.

Para conservar é necesario coñecer. Por iso é importante dar a coñecer as actividades que se realizan no parque natural. Involucrar a cidadanía na conservación e darlle a posibilidade de contribuír á xestión do espazo e crear sentimentos de orgullo e pertenza entre a veciñanza que redundan nunha conservación máis efectiva.

Obxectivos.

– Desenvolver unha oferta recreativa, educativa e cultural.

– Compatibilizar o uso público e goce do parque natural garantindo a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade.

– Dar a coñecer os valores patrimoniais, culturais e naturais existentes.

– Divulgar o uso responsable do espazo natural.

– Ofrecer unha imaxe corporativa consolidada da sinalización.

– Conxugar a conservación da contorna co goce da natureza facilitando os percorridos autoguiados con explicacións sobre os diferentes hábitats e especies presentes no parque natural.

– Educar no respecto á natureza e no coñecemento dos valores naturais específicos do parque natural.

– Divulgar dun modo didáctico e ameno os valores do patrimonio natural, con posibilidades de participación cidadá nos labores de seguimento das especies e dos hábitats do parque natural e a resolución de problemas concretos do parque natural.

– Divulgar dun modo didáctico e ameno a xestión forestal que se está a desenvolver no Monte Aloia como exemplo de xestión forestal compatible coa conservación.

– Ofrecer posibilidades de participación cidadá nos labores de seguimento das especies e dos hábitats do parque natural e máis fornecendo medios de acceso público libre e directo á información científica e técnica.

Proposta:

• Relacionadas coa información, divulgación e sinalización: o máis importante deste subprograma é o relativo á atención do Centro Enxeñeiro Areses e a publicación de guías e audiovisuais. Ademais, poderíase actualizar a cartografía de uso público do parque natural e definir novas rutas: de árbores senlleiras, ruta panorámica en coche por diferentes fitos do parque natural, posta en valor da muralla ciclópea.

• Relacionadas coa educación ambiental: Creación dunha ruta botánica de árbores senlleiras; participación cidadá no seguimento das poboacións de flora e fauna do parque natural; divulgación dun percurso sobre a xestión forestal no Monte Aloia: o Monte Aloia como exemplo de xestión forestal compatible coa conservación.

• Implementación do Plan de emerxencias: por último, aínda que non menos importante, tamén precisará de partida económica para formación, etc.

Programa 4. Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos.

Xustificación:

As infraestruturas, instalacións e equipamentos do parque natural deben presentar unha adaptación continua a toda a normativa, agás dun mantemento.

Obxectivos:

Dotar una partida económica para manter e mellorar as instalacións do parque natural.

Propostas:

• Mellora das zonas recreativas.

• Accesibilidade ao bar.

• Actualización de contidos do Centro de Interpretación (Casa de Visitantes).

• Conservación de sendas e itinerarios.

• Conservación de vías.

• Reposición de maquinaria e vehículos.

Programa económico.

Preséntase de seguido a repartición dos recursos económicos previstos ao longo dos dez anos de vixencia do plan para cada unha das actuacións programadas:

Táboa 30

Programa económico

Anos

Total

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

1. Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural

Conservación biodiversidade, patrimonio cultural e paisaxe.

20.000

20.000

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

440.000

Total

20.000

20.000

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

440.000

2. Programa de investigación, seguimento e avaliación

Estudos, seguimento e avaliación de fauna, flora, hábitats e outros.

30.000

30.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

100.000

Total

30.000

30.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

100.000

3. Programa de xestión do uso público

Relacionados coa información, divulgación e sinalización.

30.000

30.000

30.000

30.000

30.000

30.000

30.000

30.000

30.000

30.000

300.000

Relacionados coa educación ambiental.

5.000

10.000

10.000

10.000

10.000

10.000

10.000

10.000

10.000

10.000

95.000

Implementación do plan de xestión de emerxencias.

10.000

10.000

Total

45.000

40.000

40.000

40.000

40.000

40.000

40.000

40.000

40.000

40.000

405.000

4. Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos

Conservación e mellora da rede viaria e as instalacións. Mantemento de infraestruturas, vehículos e maquinaria.

5.000

10.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

55.000

Total

5.000

10.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

55.000

Orzamento total

100.000

100.000

100.000

100.000

100.000

100.000

100.000

100.000

100.000

100.000

1.000.000

Sistema de seguimento e avaliación

O seguimento e avaliación do PRUX é fundamental para constatar se as accións propostas e a normativa establecida están a ofrecer os resultados esperados e medir o seu grao de eficacia. Esta información será de grande utilidade tanto para a formulación do seguinte PRUX como para poder realizar unha xestión adaptativa que permita dar resposta a imprevistos non considerados no presente documento, así como, con base no seguimento e avaliación periódica, reconducir, deter e/ou buscar alternativas para aquelas accións que non estean a ofrecer os resultados esperados.

Seguimento.

De acordo coas premisas do manexo adaptativo, a xestión e a conservación das poboacións das especies de flora e fauna teñen que sustentarse en datos obtidos mediante unha metodoloxía sistemática e contrastada. Estableceranse protocolos de seguimento que permitan obter información dos diferentes aspectos e accións que teñen lugar no parque natural, cos seguintes obxectivos:

1. Rexistrar os cambios que se producen nos usos e nos hábitats naturais do parque natural, establecendo as súas tendencias.

2. Previr e proporcionar mecanismos de alerta e anticipación fronte a cambios puntuais ou situacións de risco para os valores naturais do parque natural ou para as persoas.

3. Mellorar o coñecemento sobre os hábitats e especies presentes no parque natural.

4. Previr e minimizar conflitos sociais derivados da aplicación do PRUX.

5. Determinar o grao de cumprimento dos obxectivos do PRUX.

6. Determinar os efectos producidos polos usos e as accións recollidas no PRUX e outras que poidan desenvolverse sobre o medio natural e detección de efectos non desexados.

7. Mellorar a implementación do PRUX mediante unha xestión adaptativa do parque natural.

O seguimento será de dous tipos:

1. Un seguimento rutinario do funcionamento, das condicións, dos compoñentes da biodiversidade e dos procesos ecosistémicos do parque natural.

2. Un seguimento específico das accións que se desenvolven no parque natural e de determinadas especies e hábitats de interese.

Prestarase especial atención aos seguintes aspectos:

• Augas: cantidade e calidade.

• Solos: signos de erosión ou de degradación.

• Hábitats: estado de conservación, cambios na súa extensión, ameazas e impactos.

• Flora: dinámica das comunidades, estado de conservación e parámetros poboacionais das especies de interese, ameazas e impactos.

• Fauna: estado de conservación e parámetros poboacionais das especies de interese, ameazas e impactos.

• Uso forestal: protocolos de seguimento do efecto das prácticas silvícolas nos compoñentes da biodiversidade.

• Uso público: efecto do uso público sobre os hábitats e especies.

• Percepción social e implicación da veciñanza, comuneiros/as, persoas propietarias e das persoas visitantes na xestión do parque natural.

Indicadores.

Para realizar un seguimento eficaz é preciso desenvolver unha serie de indicadores que sirvan para medir o éxito das accións que se realizan no parque natural e a eficacia das medidas propostas e metodoloxías empregadas. O Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia propón diversas fontes de indicadores básicos de biodiversidade e indicadores de sustentibilidade. Tamén en Atauri et al. (2005) se atopan fontes e listas de indicadores básicos que poden servir de referencia para construír unha listaxe propia e adaptada á realidade e ás actividades que se desenvolvan no parque natural.

Desenvolverase un conxunto de indicadores que permitan obter datos sistemáticos ao longo do tempo sobre o estado de conservación dos ecosistemas, dos hábitats e das especies de flora e fauna do parque natural para tomar, se for o caso, as medidas de protección, conservación e restauración que se consideren necesarias. Entre estes indicadores cómpre citar:

a) Superficie ocupada e grao de fragmentación dos tipos de hábitats naturais do anexo I da Directiva Hábitats (92/43/CEE).

b) Características estruturais, diversidade ecolóxica e riqueza específica dos hábitats do anexo I da Directiva Hábitats (92/43/CEE).

c) Grao de fragmentación dos hábitats das beiras fluviais e grao de conectividade co resto de hábitats forestais.

d) Área de distribución, número de núcleos poboacionais, tamaño das poboacións e parámetros demográficos das especies de interese do parque natural, incluídas as reflectidas nos anexos II e IV da Directiva Hábitats, no anexo I da Directiva Aves (2009/147/CE) e as especies de aves migratorias, así como as poboacións e os hábitats das especies incluídas no Catálogo español de especies silvestres ameazadas e no Catálogo galego de especies ameazadas.

A seguir preséntase unha listaxe de indicadores de referencia e de programas específicos para o seguimento:

• Indicadores para os hábitats:

Superficie ocupada.

Índices de fragmentación.

Diversidade ecolóxica de especies de flora.

Riqueza de especies de flora.

Proporción de especies de flora alóctonas e invasoras.

Cobertoira horizontal e altura da vexetación.

• Programas específicos:

Seguimento dos hábitats de interese europeo.

Seguimento dos hábitats de pasteiro e de mato baixo.

Seguimento dos hábitats de rochedo e penedías.

Seguimento dos hábitats forestais autóctonos.

Seguimento dos hábitats asociados á rede fluvial.

• Indicadores para as poboacións de especies de flora e fauna:

Área de distribución.

Tamaño da poboación.

Tendencia da poboación.

Estrutura demográfica.

Parámetros demográficos.

• Programas específicos:

Seguimento das especies de flora casmofítica.

Seguimento das especies de flora dos rochedos e penedías.

Seguimento das especies do xénero Narcissum sp.

Seguimento de Gentiana pneumonante.

Seguimento de Achondrostoma arcasii.

Seguimento das poboacións de acivro (Ilex aquifolium).

Seguimento das poboacións de morcegos cavernícolas.

Seguimento das poboacións de anfibios que empregan instalacións artificiais.

Seguimento de especies invasoras de árbores: Acacia melanoxylon, A. dealbata e Robinia pseudoacacia.

• Indicadores do efecto do uso forestal:

Riqueza e diversidade ecolóxica de especies de flora.

Riqueza e diversidade de especies de artrópodos.

Riqueza e diversidade de especies de aves.

Proporción de especies de flora alóctonas e invasoras.

Índice de recrutamento e densidade de plántulas de Pinus pinaster.

• Programas específicos:

Contraste entre parcelas afectadas polo uso forestal e parcelas de control.

• Indicadores do uso gandeiro:

Área de distribución do gando.

Carga gandeira de gando vacún e cabalar.

Riqueza e diversidade ecolóxica de especies de flora.

Índice de recrutamento e densidade de plántulas de Pinus pinaster

• Programas específicos:

Contraste entre parcelas afectadas polo uso gandeiro e parcelas de control.

Variacións temporais e espaciais da carga gandeira.

• Indicadores do uso público:

Media diaria das persoas visitantes desagregada por sexo (homes/mulleres).

Distribución das persoas visitantes por localidade de orixe e medio de transporte empregado, desagregada por sexo (homes/mulleres).

Repartición espacial das persoas visitantes en función do hábitat, desagregada por sexo (homes/mulleres).

Repartición espacial das persoas visitantes pola rede de estradas, pistas e sendeiros, desagregada por sexo (homes/mulleres).

Grao de satisfacción das persoas visitantes desagregado por sexo (homes/mulleres).

• Programas específicos:

Contraste entre parcelas afectadas polo uso público e parcelas control.

Programa de enquisas e entrevistas ás persoas visitantes.

• Realizaranse tres tipos de avaliación:

– Avaliación por accións: ao finalizar calquera acción presentada.

– Avaliación anual: representa a memoria anual do parque natural e fai unha avaliación do funcionamento xeral do parque natural durante o ano anterior.

– Avaliación final: realizase á finalización do presente PRUX e fai unha avaliación da súa aplicación e os resultados obtidos

Organización administrativa.

a) Xestión xeral e dirección.

A xestión do parque natural é responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por medio do Servizo de Parques Naturais, a quen lle corresponderá a xestión do parque natural e, en particular, a elaboración de orzamentos e o desenvolvemento do presente plan.

b) Xunta Consultiva.

A Xunta Consultiva constitúese en virtude do Real decreto 3160/1978, do 4 de decembro, sobre declaración do Parque Natural do Monte Aloia (Pontevedra), (BOE nº 16, do 18 de xaneiro de 1979), e o Decreto 265/2007, do 28 de decembro, polo que se modifica a composición das xuntas consultivas dos parques naturais de Galicia (DOG nº 17, do 24 de xaneiro de 2008). Ten como propósito colaborar na xestión do parque natural e canalizar a participación das persoas propietarias e os intereses sociais e económicos afectados.

Na proposta e designación das persoas vogais que non teñan a condición de cargos natos procurarase a composición de xénero equilibrada segundo o previsto na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, o que se terá en conta especialmente nas designacións que correspondan ás administracións públicas representadas nas xuntas consultivas.

Así mesmo, en virtude do establecido no artigo 7 do Decreto 265/2007, a presidencia poderá convidar ás reunións das xuntas consultivas persoas expertas nalgunha materia relevante e/ou que garden relación co parque natural, que participarán nestas reunións con voz, pero sen voto. De acordo co artigo 74 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, corresponde a esta xunta consultiva a colaboración na xestión do parque natural a través da súa función asesora e consultiva mediante:

• A aprobación e a modificación do seu regulamento de réxime interior

• A emisión daqueles informes que lle sexan solicitados

• A proposta de actuacións e de iniciativas tendentes á consecución dos fins do espazo natural protexido, incluíndo os de difusión e información dos seus valores, así como os programas de formación e educación ambiental

• A colaboración na promoción e na proxección exterior do espazo natural protexido e dos seus valores.

c) Procedemento administrativo.

As autorizacións que se outorguen no parque natural serán emitidas polo organismo competente en patrimonio natural ou, se for o caso, pola Xefatura Territorial de Pontevedra, logo de informe preceptivo do Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra ou do organismo competente en patrimonio natural. Estas autorizacións deberán obterse con anterioridade ás exixidas pola lexislación sectorial pertinente e a obtención delas non exime do cumprimento da normativa sectorial de aplicación nin de cantas outras autorizacións permisos ou licenzas sexan requiridos por esta.

Vixencia e revisión do plan.

Segundo o establecido no artigo 19 da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres, e o artigo 58 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, a vixencia do PRUX deberá ser, como mínimo, de dez anos e deberase revisar ao termo do prazo de vixencia establecido ou antes, se for necesario, conforme o estado da ciencia e da técnica ou da aplicación das medidas de seguimento que correspondan.

ANEXO III

Cartografía

Situación xeográfica do Parque Natural do Monte Aloia

Mapa 1. Situación en Galicia do Parque Natural do Monte Aloia.

missing image file

Mapa 2. Situación en Pontevedra do Parque Natural do Monte Aloia.

missing image file

Mapa 3. Situación xeográfica do Parque Natural do Monte Aloia.

missing image file

Rede fluvial na zona do Parque Natural do Monte Aloia

Mapa 4. Rede fluvial na zona do Parque Natural do Monte Aloia.

missing image file

Plano de zonificación do PRUX do Parque Natural do Monte Aloia

Mapa 5. Zonificación do PRUX do Parque Natural do Monte Aloia.

missing image file

Plano de unidades ambientais

Mapa 6. Estimación de cambios nas UA desde o anterior PRUX do Parque Natural do Monte Aloia.

missing image file

Plano de pasteiros para o gando

Mapa 7. Estimación dos pasteiros para o gando do Parque Natural do Monte Aloia.

missing image file

Plano de sendeiros do Parque Natural do Monte Aloia

Mapa 8. Sendeiros do Parque Natural do Monte Aloia.

missing image file