Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13287

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 12 de febreiro de 2020 pola que se fixa o prezo de venda ao público dunha publicación.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

DISPÓN:

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO

– Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña: O legado de Maruxa Seoane. 15 €.