Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13343

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 13/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 13/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Sanandrés Pensado contra Ambuibérica, S.L., Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Ergasat mutua colaboradora coa Seguridade Social número 276, INSS, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Maxistrada xuíza: María Mercedes Pena Moreira.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 448/2019, de data 16 de setembro de 2019, ditada no procedemento SSS 128/2018 a favor da parte executante, Rubén Sanandrés Pensado, fronte a Ambuibérica, S.L., Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Ergasat mutua colaboradora coa Seguridade Social número 276, INSS, partes executadas, por importe de 413,51 euros en concepto de principal, desagregado da seguinte forma:

– A Ambunova Servicios Sanitarios, S.L. e Ambuibérica, S.L., como responsables directas e solidarias, a cantidade de 114,60 euros correspondentes á prestación de IT dos días 1 a 3 de xuño de 2016, con responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia empresarial.

– A Ambunova Servicios Sanitarios, S.L. e Ambuibérica, S.L., como responsables directas e solidarias, a cantidade de 298,91 euros correspondentes á prestación de IT dos días 7 a 15 de agosto de 2016, con responsabilidade subsidiaria de Ergasat mutua colaboradora coa Seguridade Social número 276 en caso de insolvencia empresarial.

Súmanse outros 41,35 euros, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir as executadas Ambuibérica, S.L., Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 413,51 euros en concepto de principal, desagregada da seguinte forma:

– A Ambunova Servicios Sanitarios, S.L. e Ambuibérica, S.L., como responsables directas e solidarias, a cantidade de 114,60 euros correspondentes á prestación de IT dos días 1 a 3 de xuño de 2016, con responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia empresarial.

– A Ambunova Servicios Sanitarios, S.L. e Ambuibérica, S.L., como responsables directas e solidarias, a cantidade de 298,91 euros correspondentes á prestación de IT dos días 7 a 15 de agosto de 2016, con responsabilidade subsidiaria de Ergasat mutua colaboradora coa Seguridade Social número 276 en caso de insolvencia empresarial.

Súmanse outros 41,35 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación; o dito importe ingresarase na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0013 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Ambuibérica, S.L., Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselles tamén multas coercitivas periódicas.

– Requirir a parte executante Rubén Sanandrés Pensado, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, se é o caso, puidesen obterse na presente execución.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza