Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14429

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I).

Advertida unha redacción non coincidente entre o artigo 2.3 e o artigo 4.1.b) do anexo I e o punto 5 do anexo VI da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 36, do 21 de febreiro de 2020, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 12713, onde di:

«3. Que non fosen contratados por unha universidade do SUG, baixo ningunha modalidade de contratación, nos 24 meses anteriores á data límite de presentación de solicitudes».

Debe dicir:

«3. Que non fosen contratados baixo ningunha modalidade de contratación, nos 24 meses anteriores á data límite de presentación de solicitudes:

1) Polas universidades do SUG.

2) Polos organismos públicos de investigación de Galicia.

3) Polas fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur).

4) Polos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

5) Unha institución ou organismo do I+D+i galego».