Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14430

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2020 pola que se fai pública a actualización da relación de axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento AU100A).

O 24 de xuño de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28.5.2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento AU100A).

O 14.10.2019, a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión de axudas.

As axudas fináncianse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

O 16.12.2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección de Augas de Galicia, do 25 de novembro de 2019, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28.5.2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento AU100A).

O 28.12.2019 a Dirección de Augas de Galicia resolveu aceptar a renuncia presentada polo Concello de Carnota á subvención concedida por resolución da Dirección de Augas de Galicia do 14.10.2019.

Os artigos 15.7 e 19.1 das bases reguladoras recollen a posibilidade de renunciar á subvención concedida posibilitando atender solicitudes admitidas e valoradas pola comisión de valoración seguindo a orde de puntuación, sen necesidade dunha nova convocatoria, co crédito que resulte dispoñible de producirse algunha renuncia, polo que o 9.1.2020 a Dirección de Augas de Galicia resolveu conceder unha axuda ao Concello de Vilamarín polo importe de doce mil euros (12.000 €) para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, ao abeiro da Resolución do 28.5.2019, citada.

De conformidade co previsto nos artigos 13 e 25 da Resolución do 28.5.2019, xa citada,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia, nas páxinas web oficiais de Augas de Galicia e da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da relación actualizada das entidades beneficiarias e do importe das axudas concedidas.

No cadro anexo constan o detalle actualizado das solicitudes a que se lles concedeu a axuda solicitada e o importe da axuda concedida.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle de axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28.5.2019

Entidade solicitante

Importe da axuda

Concello de Baños de Molgas

12.051,60 €

Concello de Coles

12.000,00 €

Concello de Cabana de Bergantiños

14.520,00 €

Concello da Teixeira

14.320,00 €

Concello de Xunqueira de Espadanedo

14.326,40 €

Concello de Lobeira

9.825,20 €

Concello de Petín

9.825,20 €

Concello de Manzaneda

9.825,20 €

Concello da Veiga

15.000,00 €

Concello do Bolo

15.000,00 €

Concello de Verea

15.000,00 €

Concello de Moeche

4.356,00 €

Concello de Rubiá

9.825,20 €

Concello de Muíños

12.051,60 €

Concello de Portomarín

8.053,92 €

Concello de Bande

15.000,00 €

Concello do Vicedo

12.000,00 €

Concello de Vilamartín de Valdeorras

12.051,60 €

Concello de Avión

9.825,20 €

Concello de Vilamarín

12.000,00 €