Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15204

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (código de procedemento IN421L).

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019 que foi publicada no DOG número 14, do 22 de xaneiro de 2020, establecéronse as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o 2020.

O artigo 3.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento, se pasados dez días naturais desde a apertura do prazo de solicitudes, nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe lista de espera. O prazo de presentación de solicitudes comezou o día 10 de febreiro e o día 21 de febreiro existe listaxe de espera na liña de Renovables eléctricas (RE) e na de Proxectos de aforro e eficiencia enerxética (PAE) ao tempo que non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles na liña de Renovables térmicas (RT).

O artigo 31 do Decreto 11/2009, establece que, cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción de agrícola primaria,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o 2020 en función do volume de solicitudes recibido modificando a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 19 de decembro do 2019 do seguinte xeito:

Distribución por liña de axuda

Aplicación orzamentaria

Dotación orzamentaria inicial (€)

Modificacións (€)

Dotación orzamentaria final (€)

RT-Proxectos de enerxías renovables térmicas

09.A2.733A.770.1

580.000,00

-140.000,00

440.000,00

RE-Proxectos de enerxías renovables eléctricas

09.A2.733A.770.1

1.900.000,00

100.000,00

2.000.000,00

PAE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética

09.A2.733A.770.0

20.000,00

40.000,00

60.000,00

Total

 

2.500.000,00

0,00

2.500.000,00

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia