Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15202

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2020 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2020

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Deputación de Ourense para a realización de actividades relacionadas coa XXIV edición do Festival de Cine Internacional OUFF (Ourense).

30.000

18.9.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Vigo para a programación no Auditorio Municipal (Vigo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no segundo semestre de 2019.

12.212,59

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Pontevedra para a programación no Pazo da Cultura e Teatro Principal (Pontevedra), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no segundo semestre de 2019.

9.268,92

30.9.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ourense para a programación no Auditorio Municipal-Pazo de Congresos (Ourense), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no segundo semestre de 2019.

12.901,33

11.10.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello da Estrada para a programación no Teatro Principal (A Estrada), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no segundo semestre de 2019.

6.228,50

5.9.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ortigueira para a programación no Teatro da Beneficencia (Ortigueira), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no segundo semestre de 2019.

1.566,00

13.9.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Vimianzo para a programación no Auditorio Casa da Cultura (Vimianzo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no segundo semestre de 2019.

3.688,20

10.9.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello da Coruña para a programación no Fórum Metropolitano (A Coruña), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no segundo semestre de 2019.

10.076,00

12.9.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello da Coruña para a programación no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no segundo semestre de 2019.

8.333,76

12.9.2019