Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15903

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5797/2019 MDM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 5797/2019

Xulgado de orixe/autos: DSP despedimento/cesamentos en xeral 379/2018 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Edicto

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5797/2019 desta sección, seguido por instancia de Eduardo Pérez Pintos contra o Fondo de Garantía Salarial, Transportes Crespo y Cousido, S.L., Combarros Logística y Alquileres, S.L., Granitui, S.L., Exportaciones e Importaciones Crespo, S.L. e Explotaciones Forestales Cousido, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza do 14 de febreiro de 2020, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Estimando o recurso de suplicación interposto por Eduardo Pérez Pintos contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 29 de marzo de 2019, en autos nº 379/2018 e acumulado 386/2018, instados polo aquí recorrente fronte a Combarros Logística y Alquileres, S.L., Transportes Crespo Cousido, S.L., Exportaciones e Importaciones Crespo, S.L., Explotaciones Forestales Cousido, S.L., Granitui, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento e extinción da relación laboral, revogamos en parte a resolución de instancia e declaramos a improcedencia do despedimento do demandante Sr. Pérez Pintos, condenando a mercantil Combarros Logística y Alquileres, S.L. a que, á súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, o readmita no seu posto de traballo ou o indemnice coa cantidade de 13.231,99 euros, así como a aboar os salarios de tramitación para o suposto de readmisión a razón de 48,83 euros diarios. Confirmamos no demais a sentenza de instancia.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Combarros Logística y Alquileres, S.L. e Granitui, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza