Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15912

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 151/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 151/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Nieto Pol contra as empresas Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L. e Seimarín 2019, S.L., sobre ordinario, se ditou Decreto do 17 de febreiro de 2020, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva.

Acordo:

– Decretar o embargo do saldo existente en calquera das contas bancarias en que apareza como titular a executada Seimarín 2019, S.L., con CIF B88416474, ata cubrir o importe de 11.308,69 euros en concepto de principal (10.324,35 euros brutos + 189,33 euros netos + 795,01 euros de xuros por mora ao 10 %), máis outros 1.130,87 euros calculados provisionalmente polos conceptos de xuros e custas, e practíqueo telematicamente a letrada da Administración de xustiza a través do punto neutro xudicial.

– Decretar o embargo sobre as devolucións de IVE, IRPF ou calquera outro imposto que tiver ao seu favor a executada Seimarin 2019, S.L., con CIF B88416474, ata cubrir o importe de 11.308,69 euros en concepto de principal (10.324,35 euros brutos + 189,33 euros netos +795,01 euros de xuros por mora ao 10 %), máis outros 1.130,87 euros calculados provisionalmente polos conceptos de xuros e custas, e practíqueo telematicamente a letrada da Administración de xustiza a través do punto neutro xudicial.

– De conformidade co disposto no artigo 276.1 da LXS, dar audiencia a Joaquín Nieto Pol e ao Fondo de Garantía Salarial para que, no prazo máximo de quince días, insten o que ao seu dereito conveña para a continuación da execución respecto á entidade Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., designando en tal caso bens concretos do debedor sobre os cales despachar execución.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 1596, clave 64 N, aberta en Banco de Santander, e consignar, no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza