Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15910

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 122/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 122/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Claudia Verónica Illesca Bazar contra Víctor Manuel Rodríguez Souto e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2019.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Claudia Verónica Illesca Bazar presentou demanda de execución fronte a Víctor Manuel Rodríguez Souto e Fogasa.

Segundo. Ditouse auto en que despachaba execución con data 1.7.2019 por un total de 391,40 euros en concepto de principal (346,50 euros en concepto de salarios, 44,90 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 39,14 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a Claudia Verónica Illesca Bazar.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Víctor Manuel Rodríguez Souto en situación de insolvencia total por importe de 391,4 euros en concepto de principal (346,50 euros en concepto de salarios, 44,9 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 39,14 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para os efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Víctor Manuel Rodríguez Souto, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza