Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16318

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (DCO 41/2019-S).

Despedimento colectivo 41/2019

Demandantes: Miguel Ángel Rodríguez, UGT Galicia

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Elena Barrio López, Juan Carlos Calvo Alejandre, Cufica Los Campos, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento despedimento colectivo 41/2019 deste tribunal, seguido por instancia de Miguel Ángel Rodríguez, UGT Galicia contra Elena Barrio López, Juan Carlos Calvo Alejandre e Cufica Los Campos, S.L., sobre outros dereitos laborais, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Acordo:

– A suspensión dos actos sinalados para o día 6 de febreiro de 2020, e fixar novo sinalamento para os actos de conciliación e xuízo para o próximo día 26 de marzo, ás 10.15 horas, coas mesmas advertencias legais do decreto do 19 de decembro de 2019.

Notifíquese ás partes, citando os demandados a través do Diario Oficial de Galicia, intentando, ademais, a notificación aos administradores mancomunados Francisco Javier Fidalgo Fidalgo e Raúl Real Ante.

Conforme o artigo 53.2 da LXS no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que deberá expresar a infracción que a xuízo do recorrente se cometese na resolución impugnada, debendo interpoñer o recurso no prazo de cinco días seguintes á súa notificación, sen que a mera interposición suspenda a executividade da resolución recorrida».

E para que sirva de notificación en legal forma a Elena Barrio López, Juan Carlos Calvo Alejandre, Cufica Los Campos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza