Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16320

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (899/2018).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza de Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto se notifica a Cristian Zimmer Oquendo a sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

Vigo, 27 de novembro de 2019.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 899/2018, promovidos por Cafento, S.L.U., representada polo procurador Sr. Fandiño Carnero e asistida do letrado Sr. Sánchez del Rosal, contra Cristian Zimmer Oquendo, en situación procesual de rebeldía...

Resolución.

Admitindo integramente a demanda promovida por Cafento, S.L.U. contra Cristian Zimmer Oquendo, debo condenar e condeno o demandado a aboar a cantidade de 6.320,90 euros, máis xuros do 2 % mensual desde a data de vencemento dos importes debidos. Faise expresa imposición ao demandado das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpoñer ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra».

Vigo, 10 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza