Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Josefa Patiño Barral.

Antecedentes.

Por Resolución do 25 de marzo de 2019 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefa Patiño Barral (ABI/2018/0005).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. N. nº 90, do 15.4.2019), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 71, do 11.4.2019), na páxina web da Consellería de Facenda, e foi exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Oleiros e Vigo por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 6 de marzo de 2014 no municipio de Vigo, e que aínda que tiña outorgado testamento, este resoltou ineficaz pola premoriencia dos instituídos. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Vigo, co que queda xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información acadada de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que ao menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20.bis e 20.ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Josefa Patiño Barral, con DNI 32157868G, entendendo legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Inmobles urbanos:

– Metade do dominio da casa composta de baixo comercial e tres pisos interiores e outros tres exteriores, cun total de seis vivendas, sinalada co nº 74 da rúa Capitán Cortés, hoxe rúa México nº 62, da cidade de Vigo. Ocupa con inclusión do destinado a patios a superficie de 177,30 m2. Estrema: oeste ou traseira, con herdeiros de José María Millán, en liña de nove metros; leste ou fronte, en igual lonxitude de nove metros coa rúa Capitán Cortés; norte ou dereita, con parede medianeira de Manuel Rodríguez Táboas; e sur ou esquerda, nunha lonxitude de dezanove metros con noventa e catro centímetros, co resto do predio de que se segrega. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 3456812NG2735N0001RK.

Valor catastral: 220.097,02 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Vigo nº 1, tomo 124, libro 124, folio 199, predio nº 12319.

b) Inmobles rústicos:

– Metade do dominio do labradío chamado Granxas do Penedo, no fondal do lugar de Pousada, municipio e parroquia de Oleiros (A Coruña), que mide 2.414 m2-2.468 m2 segundo o Catastro. Estrema: norte, parcela de María del Carmen Ordóñez Pernas; sur e leste, Antonio Fernández; e oeste, parcela da viúva de Manuel Rodríguez. Gravada con servidume de paso.

Referencia catastral: 15059A018001000000TX.

Valor catastral: 493,47 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade da Coruña nº 3, tomo 891, libro 248, folio 1, predio nº 21168.

– Parcela nº 114 do polígono 18 do Catastro inmobiliario (Pinar), no municipio de Oleiros (A Coruña), de 3.291 m2 de superficie. Estrema: norte, parcelas nº 119 e 120 do Catastro; sur, camiño; leste, parcela nº 113; e oeste parcela nº 115 do Catastro. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 15059A018001140000TY.

Valor catastral: 341,48 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Parcela nº 332 do polígono 18 do Catastro inmobiliario (Pousada), no municipio de Oleiros (A Coruña), de 2.954 m2 de superficie, de forma triangular. Estrema: leste, parcelas nº 330, 327, 326 e 325 do Catastro; sur, parcela nº 324; e oeste, parcelas nº 333, 334 e 335. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 15059A018003320000TU.

Valor catastral: 590,68 euros.

Non consta inscrición rexistral.

c) Contratos e outros efectos bancarios:

– Abanca, depósito a prazo: 2080 0064 98 3810011996.

– Abanca, conta de aforro: 2080 0064 90 3000070046.

– BBVA, conta de aforro: 0182 6631 81 0201552487.

– Banco Santander, S.A., conta de aforro: 0049 2731 27 94051612.

– Banco Santander, S.A., depósito a prazo: 0049 2731 30 24023805.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na ligazón http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Oleiros e Vigo.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda