Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16598

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 287/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 287/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Manuela Picallos López contra Limpintegra XXI, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 287/2018, en que son parte, como demandante, María Manuela Picallos López, asistida pola letrada Sra. Insua Canosa, e, como demandada, Limpintegra XXI, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que Lexaudit Concursal, S.L.P., chamado en calidade de administrador concursal; Limpiezas Ciclón, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, pronunciou esta sentenza, no nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo:

Estímase en parte a demanda interposta por María Manuela Picallos López contra Limpintegra XXI, S.L., Lexaudit Concursal, S.L.P., chamada en calidade de administrador concursal, e Limpiezas Ciclón, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada Limpintegra XXI, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 1.109,37 euros en concepto de salarios e vacacións, cos xuros do 10 % por mora e a Limpiezas Ciclón, S.L. ao aboamento de 12,60 euros en concepto de parte proporcional de vacacións, cos xuros do 10 % por mora. Todas as partes se deben ater a tal declaración e condena.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza