Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16574

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1046/2019).

F02 Famil. Gard. Custdo. Ali. fillo menor non matri. non C. 1046/2019

Procedemento orixe: /

Sobre medidas provisionais

Demandante: Martine Ngo Kelbe

Procurador/a: Ana Isabel Crespo Damota

Avogada: María Lourdes Cacharron Souto

Demandada: Herni Patient Tog Kwedi

Edicto de notificación

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Martine Ngo Kelbe fronte a Herni Patient Tog Kwedi, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Vistos os presentes autos nº 1046/2019, sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Sra. Crespo, en nome e representación de Martine Ngo Kelbe, dirixida por letrado, fronte a Herni Patient Tog Kwedi, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal».

«Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia de fillo menor, así como a pensión de alimentos de M. C. M. K.:

1. Atribúese a garda e custodia do menor á nai Martine Ngo.

2. Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai, sen que sexa necesaria a sinatura do pai para a adopción de decisións que afecten a patria potestade (DNI, solicitude dobre nacionalidade, petición de pasaporte, cambio de centro escolar, cambio de padrón,....).

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. En concepto de alimentos a favor do seu fillo establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 50 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa en data 1 de xaneiro.

Dentro do concepto de pensión de alimentos, e derivado da ínfima cantidade establecida, establécese a obriga de asumir o 50 % dos gastos escolares xerados ao inicio do curso escolar no mes de setembro (libros e material escolar).

Así mesmo, imponse a obriga de sufragar o 50 % dos gastos extraordinarios que se poidan producir, diferenciando entre os necesarios (gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social), para os cales non é necesario o consentimento previo das partes, e os non necesarios (clases extraescolares, viaxes, clases de apoio…), que requirirán o consentimento previo de ambos os dous proxenitores para seren cubertos. Entenderase prestada a súa conformidade se, requirido un proxenitor polo outro de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixar transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer manifestación ningunha. No requirimento que realice o proxenitor que pretenda facer o gasto, deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo e achegar orzamento en que figure o nome do profesional que o expida.

En caso de discrepancias, o gasto extraordinario deberá ser autorizado polo xulgado, conforme o artigo 156 do Código civil, salvo razóns obxectivas de urxencia.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días dende a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño abondo en autos.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe».

E ao estar o devandito demandado, Herni Patient Tog Kwedi, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense,12 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza