Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16576

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de divorcio contencioso (46/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza número 293/2019.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2019.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio número 46/2018, promovido polo procurador Sr. Pérez Goris, en nome e representación de Joana D’Arc Souza da Luz, asistida da letrada Sra. Balboa Guerra, fronte a Alfredo González Alonso, maior de idade, mencionada en autos, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Alfredo González Alonso, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Resolvo.

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. Pérez Goris, en nome e representación de Joana D’Arc Souza da Luz, asistida da letrada Sra. Balboa Guerra, fronte a Alfredo González Alonso, maior de idade, mencionada en autos, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio, en consecuencia, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído polos litigantes o 29 de maio de 2009 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 103, páxina 225, sección 2ª, do Rexistro Civil desa localidade, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

En canto sexa firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional decimoquinta da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicacion. A anterior resolución foi lida e publicada en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza