Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza dos autos 246/2017.

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 246/2017 por instancia de Gorka Prada Rodríguez contra Naval Metalúrgica Donis, S.L., Agustín Donis Rodríguez, María Teresa Donis Rodríguez e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 15 de outubro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Desestímase a demanda interposta por Gorka Prada Rodríguez contra Naval Metalúrgica Donis, S.L., Agustín Donis Rodríguez e María Teresa Donis Rodríguez, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

Absólvese Naval Metalúrgica Donis, S.L., Agustín Donis Rodríguez e María Teresa Donis Rodríguez das pretensións exercidas contra eles.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa María Teresa Donis Rodríguez, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza