Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 26 de marzo de 2020 Páx. 17394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 255/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 255/2019 deste xulgado do social ditouse o 10 de febreiro de 2020 sentenza, contra a que se pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a David Manuel Suárez Mosquera, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza