Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 31 de marzo de 2020 Páx. 17645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 594/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 594/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Conde Calvo contra a empresa Amilaxa Servicios Generales, S.L., Couto Gerpe Iago e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que, estimando integramente as demandas interpostas por Javier Conde Calvo contra Amilaxa Servicios Generales, S.L., Couto Gerpe Iago e o Fondo de Garantía Salarial, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a mercantil demandada Amilaxa Servicios Generales, S.L. por incumprimento contractual grave imputable á mercantil demandada; condeno todos os demandados a avirse á dita declaración.

2. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola demandada Amilaxa Servicios Generales, S.L. con data de efectos do 13 de setembro de 2019, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo dito despedimento por non ser realizable a readmisión; condeno todos os demandados a avirse á dita declaración.

3. Debo condenar e condeno a mercantil demandada Amilaxa Servicios Generales, S.L. a que lle aboe ao demandante a suma de 11.636,07 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución; a suma de 4.655 euros brutos en concepto de salarios debidos até o despedimento, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación até a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e a suma de 6.059,68 euros en concepto salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento até a data de extinción da relación laboral na presente resolución, sen prexuízo dos descontos que, se for o caso, procedan respecto da dita suma en fase de execución de sentenza, en relación coas prestacións por desemprego ou pola colocación do demandante durante o dito período de salarios de tramitación en función do salario que estea percibindo no seu novo emprego; condeno, así mesmo, os administradores concursais demandados a avirse ás ditas declaracións e condenas na súa condición de tales administradores concursais.

4. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Amilaxa Servicios Generales, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza