Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 31 de marzo de 2020 Páx. 17637

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 124/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 124/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Márquez Citoula contra Hipescar, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L. e o Fogasa ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Non procede despachar a execución interesada fronte a Campiñas de Laíño, S.A. e Refojo y González, S.L., por atopárense as entidades en fase de liquidación concursal.

– Despachar orde xeral de execución da Sentenza 222/19, do 9 de maio, ditada no procedemento DSP 165/2018, a favor da parte executante, José Luis Márquez Citoula, fronte a Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L. e o Fogasa, parte executada, en forma solidaria, por importe de 77.903,56 euros en concepto de principal (25.185,92 euros en concepto de salarios de trámite e 52.717,64 euros en concepto de indemnización), máis outros 7.790,35 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2020.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir as executadas de forma solidaria Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 77.903,56 euros en concepto de principal (25.185,92 euros en concepto de salarios de trámite e 52.717,64 euros en concepto de indemnización), máis outros 7.790,35 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0124 19), con apercibimento de que, en caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo da investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderán ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúan bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselles tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada de a Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza