Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 3 de abril de 2020 Páx. 17840

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 18 de marzo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 17 de marzo de 2020, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018,

ACORDOU:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao terceiro exercicio do proceso selectivo no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, así como os criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio deste tribunal con data do 15 de xaneiro de 2020, superaron o terceiro exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 17,50 puntos. Tal e como establece a convocatoria, non se sumaron as cualificacións das dúas probas de que consta o terceiro exercicio se a cualificación obtida en calquera delas foi inferior a 8,75 puntos, caso en que non se ten superado o exercicio.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Segundo o disposto na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, todas a persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio acreditaron que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar neste proceso selectivo, estaban en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, polo que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). En consecuencia, decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas de realizaren o cuarto exercicio do proceso selectivo.

Quinto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2020

Margarita Rodríguez Rama
Presidenta do tribunal