Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 3 de abril de 2020 Páx. 17838

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade de varios acordos.

Nas sesións que tiveron lugar os días 9 e 13 de marzo de 2020, o tribunal nomeado por Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, adoptou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas polos aspirantes, as preguntas 20 e 28 do exame correspondente ao segundo exercicio do proceso selectivo. Tales preguntas pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 41 e 42, respectivamente, dese mesmo exercicio.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos. Consonte o Acordo do 31 de xaneiro de 2020 deste mesmo tribunal, asígnase a valoración de vinte (20) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obtivesen un número de trece (13) respostas correctas, unha vez feita a dedución por respostas incorrectas. O resto das persoas aspirantes declaradas aptas terán unha puntuación distribuída entre os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Cuarto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala enxeñeiros, especialidade enxeñaría agronómica, no lugar onde se realizou o exercicio e na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es).

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Séptimo. De conformidade co disposto na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, estarán exentas de realizar o cuarto exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que acrediten que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posuían o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado.

Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou copias compulsadas) deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2020

Laura González-Carreró Fojón
Presidenta do tribunal