Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 3 de abril de 2020 Páx. 17836

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño).

Nas sesións que tiveron lugar os días 9 e 12 de marzo de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, adoptou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, as dúas preguntas do segundo exercicio números 31 e 35, así como a pregunta de reserva número 42. As dúas primeiras pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva números 41 e 43.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co acordado nos puntos anteriores e co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 20,33 puntos e foron fixadas en 20,333 as respostas correctas, feitas as deducións previstas na devandita base da convocatoria, necesarias para acadar a dita puntuación.

Cuarto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es).

Quinta. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexta. Segundo a base II.1.1.4, os documentos que xustifiquen as exencións do cuarto exercicio (orixinais ou fotocopias cotexadas) deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non terán que presentar a documentación xustificativa da exención aqueles aspirantes da quenda de promoción interna que figuren na listaxe publicada pola Dirección Xeral de Función Pública no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, que teñen acreditado estar en posesión do Celga requirido.

Sétimo. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2020

Antonio Rigueiro Rodríguez
Presidente do tribunal