Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 5 de maio de 2020 Páx. 19083

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

BDNS (Identif.): 496273.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación da solicitude única

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2020, iníciase o 1 de febreiro e finalizará o día 15 de xuño, ambos incluídos.

Segundo. Prazo de presentación da modificación da solicitude única

Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, os solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 30 de xuño.

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes de modificación do Sixpac

O prazo de presentación de solicitudes de modificación do Sixpac comezará o 1 de febreiro e rematará o 30 de xuño, ambos incluídos, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies validadas coa solicitude única do ano 2020.

Cuarto. Prazo de comunicación de alteracións afectantes á condicionalidade

En relación coa BCAA 7 e, concretamente, no referido ao mantemento das particularidades topográficas ou elementos da paisaxe, non será posible efectuar unha alteración dos ditos elementos agás daqueles que se indican expresamente na descrición desta BCAA no anexo VI, sempre e cando a súa alteración veña motivada por razón da viabilidade económica da explotación. Para que a dita alteración non dea lugar a un incumprimento da condicionalidade será necesario comunicala ata o día 30 de xuño.

Quinto. Prazo de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico

O período de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico iniciarase o 1 de novembro anterior ao inicio do prazo de solicitude e finalizará o 30 de xuño de 2020, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria