Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 7 de maio de 2020 Páx. 19203

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

– Actividade: o obxecto da encomenda é a execución do servizo técnico cualificado para a análise e o informe das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución é de tres meses e comeza o 1 de abril de 2020.

– Financiamento: esta encomenda por importe de 214.211,80 € tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 11.30.433A.640.1.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2020

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral de Patrimonio Cultural