Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 8 de maio de 2020 Páx. 19251

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecido na Resolución do 3 de marzo de 2020, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvenciones correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (PR924B).

Segundo o establecido no artigo 4 do Decreto 76/2017, do 28 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, as relacións coas comunidades galegas no exterior, as políticas de emigración e retorno en Galicia e a representación e participación nos órganos e foros relacionados con elas que lle encomende a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 76/2017, do 28 de xullo, desconcentra na persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

A través da Secretaría Xeral da Emigración, a Xunta de Galicia vén desenvolvendo, desde hai anos, programas de axudas e subvencións en favor das comunidades galegas no exterior co fin de posibilitar o cumprimento dos intereses e finalidades que lles son propias.

A Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, define a galeguidade como o dereito das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia a colaboraren e a compartiren a vida social e cultural do pobo galego, tal e como sinala o artigo 7.1 do Estatuto de autonomía de Galicia.

O pasado día 6 de febreiro de 2020, no DOG número 25, publicouse a Resolución do 31 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (PR924B).

A dita orde de convocatoria establecía un prazo dun mes para a presentación de solicitudes que foi ampliado ata o día 16 de marzo de 2020 pola Resolución do 3 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración (DOG núm. 44, do 5 de marzo).

Mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e a Resolución de 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante a cal se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, interrompeuse o prazo para a tramitación deste procedemento cando faltaba un día para a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

O Acordo do Consello da Xunta do 3 de abril sobre a continuación de procedementos de adxudicación de contratos e de concesión de subvencións que estivesen en tramitación no momento da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, establece aspectos relativos á continuación dos procedementos de concesión de subvencións respecto dos cales xa se aprobasen e publicasen as correspondentes bases reguladoras e convocatoria, pero non se ditase resolución de concesión no dito momento.

O 24 de abril de 2020, o Consello da Xunta autorizou que o órgano competente para a concesión da subvención, mediante resolución debidamente motivada, poida acordar a continuación dos procedementos de concesión de subvencións cuxas bases e convocatoria se aprobasen e publicasen no momento de entrada en vigor do Real decreto 462/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para xestión da actuación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, pero que non se ditase a resolución de concesión, e que aparecen relacionadas no anexo ao acordo do Consello da Xunta.

Polo tanto, en virtude do exposto e no exercicio das competencias atribuídas no Decreto 76/2017, do 28 de xullo, da autorización do acordo do Consello da Xunta do 24 de abril de 2020, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da referida Lei 9/2007, nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de aplicación,

RESOLVO:

Acordar a continuación da tramitación do procedemento de concesión de subvencións regulado na Resolución do 31 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (PR924B), e o restablecemento do prazo de presentación de solicitudes a partir do 12 de maio de 2020.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración