Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19617

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma.

O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a modificación operada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, adopta na súa disposición adicional terceira a seguinte medida en materia de prazos:

1. Suspéndense termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, de ser o caso, as súas prórrogas.

2. A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicarase a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo.

4. Sen prexuízo do disposto nos puntos anteriores, desde a entrada en vigor do presente real decreto, as entidades do sector público poderán acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

(…)

Idéntica medida resulta asumida pola Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

Como consecuencia do anterior, deben considerarse suspendidos ex lege os procedementos tramitados na Consellería de Economía, Emprego e Industria, coas soas excepcións que a propia normativa admite.

E como excepción, permítese que as administracións públicas poidan acordar a continuación daqueles procedementos administrativos referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos, sen que nestes supostos sexa necesario obter a conformidade previa das persoas interesadas.

De acordo co exposto, esta orde ten por obxecto autorizar motivadamente a continuación de procedementos desta consellería e dar publicidade desta decisión, para cumprir cos requisitos de fondo e de forma que a dita continuación exixe, e para dar resposta ás debidas exixencias de transparencia que rexen a actividade das administracións públicas.

No momento de ditarse esta orde cómpre ter presente que nos acordos do Cecop do 14 de abril de 2020 se inclúe a proposta para que as administracións públicas reactiven a tramitación de expedientes administrativos, emisión de informes e concesión de permisos e licenzas como medio necesario para a reactivación progresiva da actividade económica.

Por outra parte, esta orde complementa as previsións que, sobre a continuidade dos procedementos de subvención e contratación, se establecen nos Acordos do Consello da Xunta do 3 de abril (DOG 69-BIS, do 8 de abril).

Por todo o anterior, en uso das competencias atribuídas polo Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar motivadamente a continuación de procedementos desta consellería mentres estea vixente o estado de alarma, así como dar publicidade á dita autorización. Nos anexos á orde inclúense, organizadas por centros directivos, as relacións de procedementos que continúan e os motivos que xustifican a continuación.

Segundo. O concepto continuación enténdese no sentido amplo de inicio ou seguimento da tramitación dun procedemento xa iniciado.

Terceiro. A relación de procedementos contida no anexo poderá ser modificada ou ampliada de forma motivada, mentres siga vixente o estado de alarma.

Cuarto. Non son obxecto desta orde os procedementos de subvención nin os procedementos de contratación, aos cales se refiren os acordos do Consello da Xunta do 3 de abril (DOG 69-BIS, do 8 de abril), e nos cales a continuación de procedementos se formaliza conforme o disposto nos ditos acordos.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2020

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I

Continuación de procedementos da Secretaría Xeral Técnica

Procedemento

Motivación

Procedementos de acceso á información pública.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía do principio de transparencia, máxime no contexto COVID.

Procedementos de queixa e suxestión ante a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía do control da calidade do servizo público, máxime no contexto COVID.

Procedementos de queixa ante a Valedora do Pobo.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía do control da calidade do servizo público, máxime no contexto COVID.

Procedementos de recurso potestativo para o acceso á información pública ante a Comisión de Transparencia de Galicia.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía do control da calidade do servizo público, máxime no contexto COVID.

Procedementos de queixa ante o Defensor do Pobo.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía do control da calidade do servizo público, máxime no contexto COVID.

Procedementos de acceso a arquivos, cando resulte imprescindible.

Indispensable para o funcionamento básico dos servizos.

Garantía de dispoñibilidade da información arquivada en casos de urxencia.

Procedementos de envío ao DOG.

Indispensable para o funcionamento básico dos servizos.

Garantía de publicidade de actos administrativos ditados pola consellería.

Procedementos de pagamento, habilitación e nóminas.

Indispensable para o funcionamento básico dos servizos.

Garantía de percepción de dereitos económicos por empregados públicos.

Procedementos de provisión de postos e as súas prórrogas.

Indispensable para o funcionamento básico dos servizos.

Garantía de dispoñibilidade de persoal en postos esenciais e de continuidade do persoal existente.

Procedementos para cobertura por interinos vinculados a postos esenciais.

Indispensable para o funcionamento básico dos servizos.

Garantía de prestación de servizos esenciais.

Procedementos de concesión de permisos, licenzas e excedencias.

Indispensable para o funcionamento básico dos servizos.

Garantía dos dereitos laborais dos empregados públicos.

Procedementos para tramitación de baixas e licenzas por enfermidade.

Indispensable para o funcionamento básico dos servizos.

Garantía dos dereitos laborais dos empregados públicos e da protección da súa seguridade e saúde.

Procedementos para flexibilidade horaria, redución de xornada e conciliación.

Indispensable para o funcionamento básico dos servizos.

Garantía dos dereitos laborais dos empregados públicos.

Procedementos regrados e non regrados de teletraballo e as súas prórrogas.

Indispensable para o funcionamento básico dos servizos.

Garantía de continuidade de prestación do servizo no contexto COVID.

Procedementos de xubilación e de prórroga no servizo activo.

Indispensable para o funcionamento básico dos servizos.

Garantía dos dereitos laborais dos empregados públicos.

Procedementos ligados á prevención de riscos laborais.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento básico do servizo.

Garantía do dereito á saúde dos empregados públicos, máxime no contexto COVID.

Procedementos de protocolo de acoso.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento básico do servizo.

Garantía do dereito á saúde dos empregados públicos, máxime no contexto COVID.

Procedementos en materia de protección de datos.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía do dereito á protección dos datos persoais.

Procedementos de recurso vinculados a procedementos previos que continúen.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía da firmeza das resolucións ditadas en procedementos que continúan.

Procedementos de seguimento e control de procedementos xudiciais non suspendidos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento básico do servizo.

Garantía de colaboración coa Administración de Xustiza en decisións que afectan.

Procedementos en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía da reactivación da actividade económica, máxime no contexto COVID.

IN700A. Proposta para a mellora da regulación económica.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía da reactivación da actividade económica, máxime no contexto COVID.

IN700B. Comunicación de obstáculo e barreira á actividade empresarial.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía da reactivación da actividade económica, máxime no contexto COVID.

No caso deste centro directivo, pola peculiar natureza dos procedementos, a identificación é xenérica, e varios dos criterios de continuación axústanse aos previamente definidos polos órganos autonómicos con competencias horizontais.

ANEXO II

Continuación de procedementos da Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Procedemento

Motivación

IN407A. Autorización de instalacións eléctricas de alta tensión.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN408A. Autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN627A . Autorización de canalización de gas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN627B. Autorización conxunta anual de canalizacións de gas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN614C. Inscrición/modificación no Rexistro de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN623A. Inscrición/modificación no Rexistro de instalacións de almacenamento de glp en depósitos fixos.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN625A. Inscrición/modificación no Rexistro de instalacións receptoras de gases combustibles.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN622B. Inscrición/modificación no Rexistro de instalacións térmicas en edificios.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN407B. Procedemento de comunicación dos suxeitos consumidores que realicen autoconsumo, conectados en baixa tensión, en que a instalación de xeración sexa de baixa tensión e a potencia instalada de xeración sexa menor de 100 kW, para a súa inscrición no Rexistro.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN407C. Procedemento de contestación das empresas distribuidoras, en resposta ás solicitudes feitas por consumidores para inscrición das súas instalacións no Rexistro de Autoconsumo do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN635B. Reclamacións en materia de gas e industria.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía para o funcionamento de servizos esenciais.

IN635A. Reclamacións en materia de enerxía eléctrica.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Garantía para o funcionamento de servizos esenciais.

Aprobación de proxectos sectoriais de incidencia municipal de industrias.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector industrial.

Autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica anteriores á Lei 5/2017 e modificación de plans industriais.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

Emisión de informes relacionados co sector enerxético.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector enerxético.

IN304A. Certificado de aptitude para o manexo de maquinaria mineira móbil.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica.

IN305A. Aprobación de proxectos de voaduras especiais.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica.

IN306A. Certificación de empresas de voaduras especiais.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica.

IN306C. Depósito auxiliar de distribución de explosivos.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica.

IN307A. Solicitude de dereito mineiro.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía.

IN308A. Autorización para a transmisión de dereitos mineiros.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica.

IN311A. Outorgamento de permisos de

investigación.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía.

IN312A. Concesións derivadas de permisos de investigación.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía.

IN313A. Declaración da condición mineral, termal e de manancial das augas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía.

IN313B. Concesión de aproveitamento de augas minerais, termais e de manancial.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía.

IN326A. Intrusións e deslindamentos.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica por referirse ao seguimento do desenvolvemento da actividade.

IN327A. Demasías.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica.

IN329A. Plans de labores.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica.

IN330A. Paralizacións temporais.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por referirse a condicións de seguridade e protección ambiental.

IN331A. Prórrogas de dereitos mineiros.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía.

Sondaxes xeotérmicas de moi baixa entalpía.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica.

Sondaxes para captación de auga.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica.

Comunicación/cesamento director facultativo.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na continuidade da actividade económica e no control e seguimento do desenvolvemento da actividade.

Modificación do proxecto de explotación.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía e na protección ambiental.

Aprobación de plans de restauración.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na protección ambiental.

Aprobación de proxectos de instalacións mineiras.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía e na protección ambiental.

AIP.Acceso a información pública.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na protección dos dereitos dos cidadáns.

Aprobación de proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal (ámbito minas).

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por tratarse de proxectos que teñen por finalidade a ordenación da explotación racional no ámbito afectado e a protección ambiental.

Procedementos sancionadores (ámbito minas).

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na vixilancia e control do desenvolvemento da actividade.

IN638A. Inscrición no Rexistro de Instalacións de Raios X con fins de diagnóstico médico.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN638B. Modificación no Rexistro de Instalacións de Raios X con fins de diagnóstico médico.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN654A. Autorización/modificación instalacións radioactivas 2ª e 3ª categoría.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN647B. Autorización/renovación centros técnicos para realizar intervencións en tacógrafos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN613Q. Acreditación como operario cualificado en protección contra incendios.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN646B. Asignación de contrasinais de homologación para prototipos de vehículos de transporte de mercadorías perecedoiras.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN646C. Emisión de certificado ATP a vehículos importados de transporte de mercadorías perecedoiras.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN300A. Documentación de accidentes graves nos cales interveñan substancias perigosas.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN603A. Rexistro de instalacións con equipos de presión.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN605A. Inscrición/modificación no Rexistro de Ascensores.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN605B. Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN608B. Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609A. Rexistro de Empresas Instaladoras de Baixa Tensión.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609D. Rexistro de Empresas Instaladoras de Gas.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609E. Rexistro de empresas instaladoras ou mantedoras de instalacións térmicas nos edificios.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609F. Rexistro de empresas instaladoras de protección contra incendios.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609G. Rexistro de empresas mantedoras de protección contra incendios.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609H. Rexistro de empresas conservadoras de guindastres móbiles autopropulsados.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609I. Rexistro de empresas conservadoras de ascensores.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609J. Rexistro de empresas instaladoras de guindastres torre.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609L. Rexistro de empresas frigoríficas.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609M. Rexistro de empresas instaladoras ou reparadoras de equipos a presión.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609P. Rexistro de empresas instaladoras ou reparadoras de produtos petrolíferos líquidos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609S. Rexistro de empresas conservadoras de guindastres torre.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609T. Rexistro de empresas instaladoras en alta tensión.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609U. Rexistro de empresas recargadoras de botellas de equipamentos respiratorios autónomos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609V. Rexistro de empresas inspectoras de botellas de equipamentos respiratorios autónomos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609W. Rexistro de empresas fabricantes dos pés de encravamento ou calquera outro elemento estrutural dun guindastre torre.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609X. Rexistro de empresas recargadoras de gases.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN609Y. Rexistro de talleres de reparación de vehículos automóbiles. Declaración responsable para talleres en réxime de establecemento.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN610A. Certificación de empresas no que se refire aos sistemas que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN612A. Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN612C. Comunicación de inicio de cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN617B. Inscrición/modificación/baixa na división A do Rexistro Industrial de Galicia.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN617C Inscrición/modificación/baixa na división B do Rexistro Industrial de Galicia.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN617D. Inscrición/modificación/baixa na división C do Rexistro Industrial de Galicia.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN617E. Inscrición/modificación/baixa na división A do Rexistro Industrial de Galicia-Industrias Agrarias.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN620A. Rexistro de instalacións de seguridade contra incendios en establecementos industriais.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN620B. Incendios nos establecementos industriais.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN620C. Rexistro de instalacións de protección activa contra incendios en establecementos non industriais.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN621A. Rexistro de instalacións frigoríficas.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN624A. Inscrición/modificación no Rexistro de instalacións de almacenamento de produtos petrolíferos para o seu consumo na propia instalación.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN624B. Inscrición/modificación no Rexistro de instalacións de almacenamento de produtos petrolíferos para a subministración de combustible a vehículos propios.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN628A. Rexistro/modificación de instalacións de almacenamento de produtos químicos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN633A. Habilitación-modificación de organismos de control autorizados.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN633B. Resultado de actuación por organismo de control.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN656A. Inscrición/modificación no Rexistro de aparellos de elevación (guindastres móbiles autopropulsados).

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN657A. Inscrición no Rexistro de aparellos de elevación (guindastres torre).

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN670A. Declaración de medios, aparellos e persoal de centros de bronceado.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN639A. Incrición no Rexistro de control metroloxico de fabricantes, importadores, comercializadores ou arrendadores.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN639B. Declaración responsable de reparadores de instrumentos de medida suxeitos ao control metrolóxico do Estado.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN655D. Verificación de instrumentos de medida: sonómetros, dosímetros e calibradores acústicos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN655F. Verificación de instrumentos de medida: analizadores de gases de escape.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN655B. Verificación de instrumentos de medida: cinemómetros.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN655C. Verificación de instrumentos de medida: etilómetros.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN655E. Verificación de instrumentos de medida: opacímetros.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN655H. Dilixenciado de libros-rexistro de instrumentos de pesaxe de funcionamento non automático.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN642A. Procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN643D. Inscrición/modificación/baixa na sección 3ª (cooperativas e estacións de autobuses) do rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN643C. Inscrición/modificación/baixa na sección 2ª (distribuidores ou gasocentros) do rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN643B. Inscrición/modificación/baixa na sección 1ª «estacións de servizo» no rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

IN643A. Actualización de datos no rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos.

Indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento de servizos esenciais.

ANEXO III

Continuación de procedementos da Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Procedemento

Motivación

IN203A. Procedemento de autorización comercial autonómica para a implantación de superficies comerciais de máis de 2.500 m2.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación das iniciativas económicas comerciais.

IN201A. Obtención/renovación da carta de artesán/-a.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector artesanal.

IN201B. Obtención/renovación de obradoiro artesanal.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector artesanal.

IN201D. Revisión de actividades artesanais.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector artesanal.

IN201E. Autorización do uso da marca de Artesanía de Galicia.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector artesanal.

IN223B. Obtención da renovación do selo de Mercado Excelente.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Reactivación da actividade económica asociada ao sector artesanal.

ANEXO IV

Continuación de procedementos da Secretaría Xeral de Emprego

Procedemento

Motivación

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición da constitución dunha cooperativa ou asociación de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición das modificacións dos estatutos sociais das cooperativas ou asociacións de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición dos cesamentos e nomeamentos dos órganos sociais das cooperativas ou asociacións de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición de outorgamentos de poderes en cooperativas ou asociacións de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición de fusión ou escisión de cooperativas ou asociacións de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición de reactivación de cooperativas ou asociacións de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición de transformación en/de cooperativa.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición de disolución de cooperativas ou asociacións de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición da extinción de cooperativa ou asociación de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición de creación ou extinción dunha sección de crédito nunha cooperativa.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición de mandamento xudicial ou administrativo nunha cooperativa ou asociación de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: inscrición do depósito de contas anuais das cooperativas ou asociacións de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: legalización de libros para as cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: emisión de certificados e notas simples das inscricións das cooperativas ou asociacións de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Cooperativas de Galicia: emisión de certificación do número de altas e baixas de cooperativas nas asociacións de cooperativas.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia: cualificación e inscrición de sociedade laboral.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia: certificación de modificacións estatutarias que non afectan a condición de laboral da sociedade.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia: descualificación e baixa da inscrición como sociedade laboral.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia: comunicación da transmisión de accións ou participacións de sociedade laboral.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

TR356B. Rexistro de Empresas de Inserción Laboral de Galicia: cualificación e inscrición de empresa de inserción laboral.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Empresas de Inserción Laboral de Galicia: descualificación e baixa da inscrición de empresa de inserción laboral.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Empresas de Inserción Laboral de Galicia: presentación de modificacións e datos correspondentes a obrigas rexistrais.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

TR801A. Rexistro de Centros Especiais de Emprego de Galicia: cualificación e inscrición de centro especial de emprego.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Centros Especiais de Emprego de Galicia: recoñecemento da cualificación como sen ánimo de lucro a centro especial de emprego xa inscrito.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Centros Especiais de Emprego de Galicia: modificación e/ou ampliación de actividades, centros de traballo e datos esenciais de centro especial de emprego.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Centros Especiais de Emprego de Galicia: comunicación da constitución de enclave laboral.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Centros Especiais de Emprego de Galicia: presentación de memoria anual.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Centros Especiais de Emprego de Galicia: procedemento de descualificación e baixa da inscrición de centro especial de emprego.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

Rexistro de Centros Especiais de Emprego de Galicia: procedemento de descualificación como sen ánimo de lucro a centro especial de emprego.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Interese xeral por incidencia directa na reactivación da economía, garantindo a realización de trámites necesarios para a actividade empresarial.

ANEXO V

Continuación de procedementos da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral

Procedemento

Motivación

TR301L. Procedemento de tramitación administrativa para a inscrición, e, se é o caso, acreditación, dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Incentivación da formación e do emprego, máxime no contexto COVID.

TR301R. Procedemento de tramitación administrativa para impartir accións formativas non financiadas con fondos públicos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Incentivación da formación e do emprego, máxime no contexto COVID.

TR307B. Procedemento de tramitación administrativa para comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, e certificación dos profesionais que os utilizan.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Incentivación da formación e do emprego, máxime no contexto COVID.

TR301M. Procedemento de tramitación administrativa para mantemento da inscrición/acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Incentivación da formación e do emprego, máxime no contexto COVID.

TR308A. Certificado de profesionalidade e acreditación parcial acumulable.

Indispensable para a protección do interese xeral.

Incentivación da formación e do emprego, máxime no contexto COVID.

TR307A. Certificación persoal para a manipulación de gases fluorados.