Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19629

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma.

I. O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, declara o estado de alarma e, nas súas disposicións adicionais terceira e cuarta, decreta a suspensión dos prazos administrativos, así como dos prazos de prescrición e caducidade.

II. No mesmo sentido, a Resolución do 15 de marzo de 2020 (DOG núm. 51, do 15 de marzo), da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do COVID-19, no seu punto sétimo decreta a suspensión e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia e, no oitavo, a interrupción dos prazos de prescrición e caducidade.

III. O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de abril de 2020 sobre a continuación de procedementos de adxudicación e de concesión de subvencións que estivesen en tramitación no momento de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, establece aspectos relativos á continuación dos procedementos de concesión de subvencións respecto dos cales xa se tivesen aprobado e publicado as correspondentes bases reguladoras e convocatoria pero non se tivese ditado resolución de concesión no dito momento.

IV. As ordes e resolucións de convocatorias foron publicadas nas datas que a continuación se relacionan:

1. Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Procedemento

Publicación no DOG

Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D).

22.1.2020

2. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Procedemento

Publicación no DOG

Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300C).

21.2.2020

Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300D).

21.2.2020

3. Secretaría Xeral de Emprego.

Procedemento

Publicación no DOG

TR349R Axudas a empresas pola contratación de parados de longa duración

Orde do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR349R).

7.1.2020

TR350A Axudas a empresas pola contratación de mulleres

Orde do 20 de novembro de 2019 pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

7.1.2020

TR349T Axudas a empresas pola contratación de persoas mozas

Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

7.1.2020

TR342A Axudas a empresas pola contratación de persoas con discapacidade

Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

7.1.2020

TR349F Autónomos primeira, segunda e terceira contratación

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR341D e TR349F).

3.2.2020

TR358A Axudas as asociacións de persoas autónomas

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento TR358A).

3.2.2020

TR341D Promoción do emprego autónomo

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR341D e TR349F).

3.2.2020

TR807I Axudas creación pequenas empresas

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

3.2.2020

TR340E Axudas iniciativas de emprego de base tecnolóxica

TR341Q Bono autónomo

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341Q).

3.2.2020

TR341R Conciliación autónomos

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341R).

3.2.2020

TR341T Bono nova oportunidade

Orde do 11 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa do bono nova oportunidade das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, e se deixa sen efecto a Orde do 30 de decembro de 2019, relativa ao mesmo programa.

18.2.2020

TR341S Bono renova

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

3.2.2020

TR351F Axudas aos concellos para contratación Risgas

Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), e se aproba a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR351F).

28.1.2020

TR351A Axudas aos concellos para a contratación socorristas

Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2020 (código de procedemento TR351A).

28.1.2020

TR351G Axudas aos concellos para a contratación de persoal para a limpeza de montes

Orde de 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2020 (código de procedemento TR351G).

28.1.2020

Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).

10.1.2020

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual (2020-2022) (código de procedemento TR351H).

24.1.2020

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

24.1.2020

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A).

22.1.2020

Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).

22.1.2020

Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2020 (código de procedemento TR852A).

16.1.2020

Orde do 19 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR357C, TR357D e TR357B).

20.1.2020

Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedementoTR807A e TR807B).

16.1.2020

4. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Procedemento

Publicación no DOG

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A).

22.1.2020

Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento TR332A).

30.1.2020

Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR353B).

21.1.2020

Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2020 (código de procedemento TR331A).

22.1.2020

Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020.

23.12.2019

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V).

13.12.2019

Orde do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2019 e 2020 (código de procedemento TR302A).

27.05.2019

5. Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

Procedemento

Publicación no DOG

Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, mediante a tramitación anticipada de gasto, dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN117A).

13.1.2020

Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, mediante a tramitación anticipada de gasto, dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN118A).

13.1.2020

Resolución do 20 de xaneiro de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (código de procedemento IN116A).

4.2.2020

Resolución do 20 de xaneiro de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-15, Os teus actos de consumo poden cambiar o mundo, como o farías ti? (código de procedemento IN114A).

4.2.2020

6. Instituto Galego de Promoción Económica.

Procedemento

Publicación no DOG

Resolución do 20 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

24.1.2020

Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa de centros de fabricación avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408C).

8.1.2020

Resolución do 19 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

18.1.2019

Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

3.2.2020

Resolución do 17 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección, que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

26.9.2018

Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos agrupados Industria 4.0 en Galicia 2020, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300A).

31.1.2020

Resolución do 2 de abril de 2019 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende) (código de procedemento IG406F).

17.4.2019

Resolución do 17 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao desenvolvemento de maquinaria e bens de equipamento (programa Maquinaria 4.0), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG406M).

7.2.2020

Resolución do 2 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

16.7.2019

Mod. 18.11.2019

7. Axencia Galega de Innovación.

Procedemento

Publicación no DOG

Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na Estratexia RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN607E).

18.2.2020

Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853A).

20.2.2020

Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853B).

20.2.2020

Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN848D).

19.2.2020

Resolución do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN848C).

7.2.2020

Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Talento Sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN858A).

7.2.2020

8. Instituto Enerxético de Galicia.

Procedemento

Publicación no DOG

Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (código de procedemento IN421V).

22.8.2019

Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

20.1.2020

Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (código de procedemento IN421L).

22.1.2020

Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 2020 (código de procedemento IN421P).

23.1.2020

Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares, para o ano 2020 (código de procedemento IN421O).

23.1.2020

Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).

31.1.2020

Coa entrada en vigor do Real decreto 463/2020, o 14 de marzo suspendéronse e interrompéronse os prazos de presentación de solicitudes, así como de tramitación dos procedementos relacionados.

V. O 24 de abril de 2020, o Consello da Xunta de Galicia acordou valorar favorablemente a proposta de continuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria dos expedientes de concesión de subvencións cuxas bases e convocatorias estivesen aprobadas e publicadas no momento de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, pero que non se tivese ditado a resolución de concesión.

VI. Constan resolucións motivadas polas que se levanta a suspensión dos prazos e se acorda a continuación da tramitación dos procedementos de concesión das subvencións que se relacionan na presente orde.

VII. Consonte o previsto no artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, correspóndelles aos conselleiros o exercicio da potestade regulamentaria nas materias da súa competencia, así como exercer a dirección e a inspección de todos os servizos da consellería e dos seus entes adscritos.

No Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria outórganselle a esta consellería competencias e funcións nos ámbitos da promoción e dinamización da economía, investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas e recursos minerais, artesanía, comercio interior e exterior, consumo, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de vivenda e solo, das infraestruturas dos servizos empresariais do solo industrial. Competencias tamén para propoñer e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito laboral, que engloba as competencias en materia de políticas activas de emprego, política laboral, relacións laborais e seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, cooperativas e outras entidades de economía social, orientación e promoción laboral e para impulsar a actividade económica asociada á industria forestal, coa mellora da competitividade e da innovación das empresas do sector e a utilización da biotecnoloxía como técnica na mellora dos produtos forestais.

No eido das ditas competencias e segundo o anteriormente indicado, cómpre que a persoa titular da consellería deixe sen efecto a suspensión dos prazos administrativos dos procedementos administrativos nos casos sinalados no devandito real decreto, decidindo así, motivadamente, sobre a continuación dos procedementos referidos aos feitos xustificativos do estado de alarma e daqueles que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

De acordo con todo o anterior, vistas as propostas formuladas polos correspondentes centros directivos e facendo uso das facultades previstas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, da disposición adicional terceira, punto 4, do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, e atraendo, ao abeiro do previsto no artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, para adopción do presente acto, as competencias asignadas polo Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLVO:

Primeiro. Continuar o prazo de presentación de solicitudes nos procedementos de concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria que se relacionan no anexo I, nos cales se indican, ademais, segundo os casos, os días que restan para a presentación de solicitudes ou a data final de presentación destas establecidos tendo en conta o período que faltaba para a súa finalización na data de entrada en vigor do Real decreto 463/2020.

Segundo. Autorizar a continuación da tramitación dos procedementos de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria que se relacionan no anexo II.

Terceiro. De conformidade coa disposición adicional oitava do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o prazo para interpoñer recurso en vía administrativa ou para instar calquera outro procedemento de impugnación, reclamación, conciliación, mediación e arbitraxe que os substitúa, de acordo co previsto nas leis, computarase desde o día hábil seguinte á data de finalización da declaración do estado de alarma, con independencia do tempo que transcorrese desde a notificación da actuación administrativa obxecto de recurso, polo que no pé de recurso dos actos administrativos que se diten nos procedementos cuxa continuación se permite en virtude da presente orde, dos cales poidan derivar efectos desfavorables ou de gravame para as persoas interesadas, farase constar a devandita circunstancia.

Cuarto. A presente orde producirá efectos desde o día seguinte á data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2020

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I

Relación dos procedementos de concesión de subvencións
da Consellería de Economía, Emprego e Industria
cuxo prazo de presentación de solicitudes continúa

1. Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Procedemento

Prazo presentación solicitudes

Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D).

Ata o 30.11.2020

2. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Procedemento

Prazo presentación solicitudes

(días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no DOG)

Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300C).

10 días

Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300D).

10 días

3. Secretaría Xeral de Emprego.

Procedemento

Prazo presentación solicitudes

(días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no DOG para os supostos en que se indican días)

TR349R Axudas a empresas pola contratación de parados de longa duración

Orde do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR349R).

Ata o 30.9.2020

TR350A Axudas a empresas pola contratación de mulleres

Orde do 20 de novembro de 2019 pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Ata o 30.9.2020

TR349T Axudas a empresas pola contratación de persoas mozas

Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Ata o 30.9.2020

TR342A Axudas a empresas pola contratación de persoas con discapacidade

Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Ata o 30.9.2020

TR349F Autónomos primeira, segunda e terceira contratación

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR341D e TR349F).

Ata o 30.9.2020

TR341D Promoción do emprego autónomo

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR341D e TR349F).

Ata o 30.9.2020

TR807I Axudas creación pequenas empresas

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Ata o 31.7.2020

TR340E Axudas iniciativas de emprego de base tecnolóxica

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Ata o 30.9.2020

TR341R Conciliación autónomos

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras, que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341R).

Ata o 30.9.2020

TR341T Bono nova oportunidade

Orde do 11 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa do bono nova oportunidade das persoas autónomas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2020, e se deixa sen efecto a Orde do 30 de decembro de 2019, relativa ao mesmo programa.

Ata o 30.9.2020

TR341S Bono renova

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Ata o 30.9.2020

Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).

Ata o 30.9.2020

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual (2020-2022) (código de procedemento TR351H).

11 días

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

Programa I. TR356A: 11 días

Programa II. TR356C: 2.10.2020

4. Instituto galego do Consumo e da Competencia.

Procedemento

Prazo presentación solicitudes

(días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no DOG para os supostos en que se indican días)

Resolución do 20 de xaneiro de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (código de procedemento IN116A).

Ata o 2.7.2020

Resolución do 20 de xaneiro de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-15, Os teus actos de consumo poden cambiar o mundo, como o farías ti? (código de procedemento IN114A).

47 días

5. Instituto Galego de Promoción Económica.

Procedemento

Prazo presentación solicitudes

(días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no DOG para os supostos en que se indican días)

Resolución do 20 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

Ata o 30.12.2020

Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

Ata o 30.12.2020

Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos agrupados Industria 4.0 en Galicia 2020, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300A).

18 días

Resolución do 17 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao desenvolvemento de maquinaria e bens de equipamento (programa Maquinaria 4.0), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG406M).

25 días

6. Axencia Galega de Innovación.

Procedemento

Prazo presentación solicitudes

(días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no DOG)

Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na Estratexia RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN607E).

5

Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853A).

7

Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853B).

7

Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN848D).

38

Resolución do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN848C).

26

Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Talento Sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN858A).

25

7. Instituto Enerxético de Galicia.

Procedemento

Prazo presentación solicitudes

Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (código de procedemento IN421V).

31.12.2020

Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (código de procedemento IN421L).

15.5.2020

Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 2020 (código de procedemento IN421P).

1.7.2020

Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares, para o ano 2020 (código de procedemento IN421O).

1.7.2020

Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).

30.9.2020

ANEXO II

Relación dos procedementos de concesión de subvencións
da Consellería de Economía, Emprego e Industria cuxo prazo de presentación
de solicitudes xa rematou pero aínda non se ditou a resolución de concesión

1. Secretaría Xeral de Emprego.

Procedemento

TR358A Axudas as asociacións de persoas autónomas

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento TR358A)

TR341Q Bono autónomo

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341Q)

TR351F Axudas aos Concellos para contratación Risgas

Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR351F)

TR351A Axudas aos concellos para a contratación socorristas

Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2020 (código de procedemento TR351A)

TR351G Axudas aos concellos para a contratación de persoal para a limpeza de montes

Orde de 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2020 (código de procedemento TR351G)

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A)

Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento TR802H e TR358D)

Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2020 (código de procedemento TR852A)

Orde de 19 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR357C, TR357D e TR357B)

Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedementoTR807A e TR807B)

2. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral

Procedemento

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A)

Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento TR332A)

Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR353B)

Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2020 (código de procedemento TR331A).

Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V)

Orde do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2019 e 2020 (código de procedemento TR302A)

A continuación do cómputo dos prazos que afecta os mencionados procedementos comezará a partir do día seguinte ao da notificación da presente orde ás persoas interesadas.

3. Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Procedemento

Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, mediante a tramitación anticipada de gasto, dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN117A)

Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, mediante a tramitación anticipada de gasto, dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN118A)

4. Instituto Galego de Promoción Económica.

Procedemento

Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa de centros de fabricación avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408C)

Resolución do 19 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A)

Resolución do 17 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A)

Resolución do 2 de abril de 2019 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende) (código de procedemento IG406F)

Resolución do 2 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B)

5. Instituto Enerxético de Galicia.

Procedemento

Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y)