Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 12 de maio de 2020 Páx. 19878

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2020 pola que se nomea profesorado dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 10 de xaneiro de 2020 (BOE do 27 de xaneiro), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos terán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 46 e 8.3 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día hábil seguinte á data de finalización da declaración do estado de alarma, sen prexuízo da eficacia e executividade do acto administrativo obxecto de recurso ou impugnación, de conformidade coa disposición adicional oitava do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, ante o órgano que a ditou, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2415/19

Jesús

Varela Zapata

***4926 **

Catedrático de universidade

Filoloxía Inglesa

Filoloxía Inglesa

e Alemá

Lugo

A00591