Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 22 de maio de 2020 Páx. 20924

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sustentados con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Advertido un erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 96, do 19 de maio de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 20568, no punto 2, no segundo parágrafo, onde di: «Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 432)...», debe dicir: «Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435)...».