Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 28 de maio de 2020 Páx. 21618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 319/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 319/2018 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Carlanca Ibérica, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«A Coruña, 3 de marzo de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Fátima García Caamaño, que comparece representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Carlanca Ibérica, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte:

Sentenza.

Decido que estimando a demanda interposta por Fátima García Caamaño contra a empresa Carlanca Ibérica, S.L.U., condénoa a que lle aboe a cantidade de catro mil seiscentos cinco euros e catro céntimos (4.605,04 €), incrementada cos xuros por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela, cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carlanca Ibérica, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza