Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 28 de maio de 2020 Páx. 21616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 411/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 411/2019 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Playa Club Corporación Financiera, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Na cidade da Coruña, trece de abril de dous mil vinte.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento e resolución de contrato, por instancia de Lúa Mosquera Tenreiro, que comparece representada pola letrada Sra. Esparza Quintela, contra as empresas Soprohos Coruña, S.L. e Playa Club Corporación Financiera, S.L., que non comparecen, e Producciones Audiovisuales 15004, S.L.U., que comparece representado polo letrado Sr. Pérez Seoane, e o Ministerio Fiscal, que non comparece, ditou a seguinte.

Sentenza.

Decido.

Que desestimando a demanda interposta por Lúa Mosquera Tenreiro contra as empresas Soprohos Coruña, S.L., Playa Club Corporación Financiera, S.L. e Producciones Audiovisuales 15004, S.L.U., debo absolver e absolvo as partes demandadas de todos os pedimentos desta. Todo iso con intervención do Ministerio Fiscal.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Playa Club Corporación Financiera, S.L., en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Na Coruña, 14 de maio de 2020

A letrada da administración de xustiza