Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 28 de maio de 2020 Páx. 21620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 308/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 308/2018 deste Xulgado do Social, seguido contra a empresa Santiso Ferreira S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se achega:

«Na cidade da Coruña, 28 de febreiro de dous mil vinte.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Jisell Daniela González Luengas, que comparece representada polo letrado Sr. Rico Pousada, contra a empresa Santiso Ferreira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte.

Sentenza.

Decisión.

Que estimando en parte a demanda interposta por Jisel Daniela González Luengas contra Santiso Ferreira, S.L., condénoa a que lle abone a cantidade de mil seiscentos euros e setenta e catro céntimos (1.600,74 €), incrementada cos xuros por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Santiso Ferreira S.L., expido o presente para edicto a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza