Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 3 de xuño de 2020 Páx. 22229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (Diario Oficial de Galicia número 241, do 19 de decembro de 2019).

O día 19 de decembro de 2019, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.

Segundo o establecido no punto 6 do artigo 13 da citada orde, todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Nesta notificación os beneficiarios serán informados de que se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, medida 8.2 do PDR de Galicia, e a súa selección faise segundo os criterios establecidos no artigo 1, concorrencia non competitiva.

De conformidade co establecido no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación, e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpoñelos; ademais, reflectirá que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e o eixo prioritario do programa de desenvolvemento rural de que se trata.

En virtude do artigo 2 da Orde do 17 de novembro de 2015 sobre delegación de competencias en diversos órganos da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 223, do 23 de novembro), o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal acorda a publicación do contido da Resolución do 17 de febreiro de 2020 das axudas concedidas con cargo ao código de proxecto 14.03.713 B.770.0, CP 2016 00208, e tamén daquelas desestimadas, ao abeiro da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) en o marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.

Estas axudas sométense ao Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Esta medida foi comunicada por España á Comisión Europea e publicada na páxina web da Comisión (http://ec.europa.eu/competition/elojade/isef/case_ details.cfm?proc_code=3_SA_43021) o 20 de outubro de 2015, con clave SA.43021 (2015/ XA).

A orde estableceu unha liña de axuda obxecto de subvención, a cal se corresponde coa medida 8.2 (establecemento e mantemento de sistemas agroforestais), prioridade 4 do PDR 2014-2020:

O anexo I relaciona a lista daquelas axudas solicitadas que foron concedidas e o anexo II presenta aquelas axudas desestimadas coa indicación das causas da desestimación. Estas listas atópanse na páxina web da Consellería do Medio Rural.

As axudas concedidas, dispostas no anexo I, deberán:

1. Presentar cada ano (2020, 2021 e 2022) coa solicitude única da política agraria común (orde anual pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control), a solicitude de pagamento e a xustificación dos traballos, xunto coa seguinte documentación deberá achegar, segundo o disposto no artigo 15 da dita orde de axudas:

A. Os xustificantes de gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) de acordo co indicado no anexo V da orde.

B. No caso de cesión do dereito de cobranza da axuda cun terceiro:

– Comunicación do dereito de cobranza, conforme o modelo que figura no anexo VI da orde.

– Copia do documento público ou privado polo cal se formalizou a cesión. Se o documento é privado, deberase presentar copia da declaración do imposto de actos xurídicos documentados e, se o documento non se asina electronicamente, deberá ser asinado en presenza dun funcionario público, o cal deixará constancia deste acto no devandito documento.

Así mesmo, deberá presentar unha declaración de non ter concedidas ou solicitadas outras axudas ou, de telas, indicación de cales son.

2. A prima definitiva será a resultante da comprobación final realizada por funcionarios da consellería competente no medio rural. A raíz desa comprobación deberase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente sempre que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.

Contra a resolución que se publica cabe a interposición de recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2020

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO I

Lista de axudas concedidas

Expediente

NIF

Solicitante

Axuda total aprobada

17320013/2020

***1224**

CMVMC Parroquia de Río Caldo

16.872,00 €

Desagregación dos traballos aprobados:

Ano

Especie

Superficie

Importe subvencionado

2020

B28

14,06 ha

5.624,00 €

2021

B28

14,06 ha

5.624,00 €

2022

B28

14,06 ha

5.624,00 €

Parcela

Referencia Sixpac

Campaña
Sixpac

Superficie
actuación

Especie

1

32043 00 00 055 00181 001

2016

14,06 ha

B28

Expediente

NIF

Solicitante

Axuda total aprobada

17360019/2020

***1870**

CMVMC de Lourizán

2.964,00 €

Desagregación dos traballos aprobados:

Ano

Especie

Superficie

Importe subvencionado

2020

B28

2,47 ha

988,00 €

2021

B28

2,47 ha

988,00 €

2022

B28

2,47 ha

988,00 €

Parcela

Referencia Sixpac

Campaña
Sixpac

Superficie
actuación

Especie

3

36900 00 00 029 00582 003

2016

2,40 ha

B28

4

36900 00 00 029 00582 008

2016

0,07 ha

B28

Expediente

NIF

Solicitante

Axuda total aprobada

17360021/2020

***2875**

CMVMC de Quireza

4.092,00 €

Desagregación dos traballos aprobados:

Ano

Especie

Superficie

Importe subvencionado

2020

B28

3,41 ha

1.364,00 €

2021

B28

3,41 ha

1.364,00 €

2022

B28

3,41 ha

1.364,00 €

Parcela

Referencia Sixpac

Campaña
Sixpac

Superficie
actuación

Especie

1

36011 00 00 024 02009 005

2016

2,05 ha

B28

2

36011 00 00 024 02010 001

2016

1,36 ha

B28

ANEXO II

Lista de axudas desestimadas

Expediente

CIF/NIF

Solicitante

Motivo desestimación

17270183/2020

***0078**

Eduardo José Fernández Ares

Non cumpre co mínimo imprescindible para a súa tramitación (artigo 7.2)

17270184/2020

***4499**

María del Carmen Nélida Vázquez Pájaro

Non cumpre co mínimo imprescindible para a súa tramitación (artigo 7.2)

17270182/2020

***2660**

Blanca Vázquez Pájaro

Non cumpre co mínimo imprescindible para a súa tramitación (artigo 7.2)

17320061/2020

***6975**

Felipe Sánchez Fernández

Non cumpre co mínimo imprescindible para a súa tramitación (artigo 7.2)