Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 84, do 4 de maio de 2020, cómpre efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 18967, no punto quinto do artigo segundo, referido á representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia, onde di: «Cándido Díaz López», debe dicir: «Cándido Vázquez Díaz».
Na páxina 18967, no punto noveno do mesmo artigo, referido á representación da Administración local, onde di: «Diego Fernández Fernández», debe dicir: «Diego Fernández Nogueira».