Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23618

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se aproba a actualización do Plan básico autonómico de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de xullo de 2018, de conformidade co disposto nos artigos 50.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 102.8 do Regulamento da dita lei, aprobado por Decreto 143/2016, do 22 de setembro, acordou aprobar definitivamente o Plan básico autonómico de Galicia, integrado polos seguintes documentos:

a) Memoria xustificativa dos seus fins, obxectivos e determinacións.

b) Planos de delimitación dos ámbitos de aplicación dos instrumentos de ordenación do territorio.

c) Planos de delimitación das afeccións sectoriais.

d) Plano de identificación dos asentamentos de poboación.

e) Ordenanzas tipo de edificación e uso do solo.

f) Catálogo.

2. O Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia, foi publicado no DOG núm. 162, do 27 de agosto, así como nos catro boletíns oficiais provinciais, con data do 28 de setembro (BOP da Coruña núm. 186, do 28 de setembro; BOP de Lugo núm. 224, do 28 de setembro; BOP de Ourense núm. 224, do 28 de setembro, e BOP de Pontevedra núm. 188, do 28 de setembro).

3. Ante a situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, declarouse, mediante Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, o estado de alarma en todo o territorio nacional, por parte do Goberno de España.

A disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, na súa redacción dada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, refírese á suspensión dos prazos administrativos, sinalando a suspensión de termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos de todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Porén, a propia disposición prevé a posibilidade de que as entidades do sector público acorden, motivadamente, a continuación daqueles procedementos administrativos referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

En atención ao exposto, de conformidade coa Orde da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 27 de abril de 2020, publicada no DOG núm. 84, do 4 de maio, acórdase o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, durante a vixencia do estado de alarma, entre eles, os procedementos de tramitación dos instrumentos de planeamento urbanístico, tal e como consta no número 3 do anexo da citada orde.

II. Procedemento de actualización.

1. De conformidade co disposto no artigo 90.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o Plan básico autonómico debe actualizarse en función dos cambios derivados das modificacións das afeccións sectoriais e da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio, por canto constitúe unha peza viva, radiográfica do acontecer normativo que afecta o territorio da Comunidade Autónoma, ao que necesariamente deberán acudir os diversos axentes que actúan sobre o territorio nunha permanente revisión do estado da cuestión, que deberá dotar de transparencia e axilidade as accións planificadoras futuras.

2. O artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia, sinala que os cambios derivados da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio, así como as modificacións que se produzan nas afeccións sobre o territorio consonte a respectiva lexislación sectorial, en canto constitúe a súa normativa reguladora consonte co disposto no artigo 4.3, resultarán directamente vinculantes desde a súa entrada en vigor, prevalecendo sobre a información que, sobre a materia, se reflicta nos planos que integran a cartografía do Plan básico autonómico.

O sinalado no punto anterior enténdese sen prexuízo da necesidade de que a dita cartografía deba ser obxecto de oportuna actualización mediante resolución administrativa e a publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia con indicación dos cambios operados e cunha periodicidade mínima anual, en atención á natureza de documento dinámico da que participa o Plan básico autonómico.

3. Dado o carácter de instrumento dinámico, algúns organismos así como particulares, logo da aprobación definitiva do PBA foron comunicando á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo algúns erros detectados, así como as correspondentes modificacións a realizar. Así mesmo solicitouse expresamente información territorial actualizada a diferentes organismos con competencias sectoriais, tanto autonómicos como estatais.

III. Contido da actualización.

As modificacións derivadas da primeira actualización do Plan básico autonómico recóllense no anexo da presente resolución.

O contido íntegro do Plan básico autonómico e a súa actualización está dispoñible nas seguintes direccións electrónicas:

Descargas: http://mapas.xunta.gal/visores/descargas-pba/

Visor: http://mapas.xunta.gal/visores/pba/

IV. Resolución.

De conformidade co disposto no artigo 90.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia e no artigo 13 do Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en relación co Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia modificado parcialmente polo Decreto 106/2018, do 4 de outubro, a competencia para a actualización do Plan básico autonómico correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e, en consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a actualización do Plan básico autonómico de Galicia co contido sinalado no punto III e no anexo da presente resolución.

Segundo. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

Terceiro. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 e 213 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a actualización Plan básico autonómico de Galicia no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En todo caso, de conformidade co previsto na disposición adicional segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o prazo para a presentación do recurso contencioso-administrativo atópase suspendido e reeniciarase unha vez finalice a vixencia do citado real decreto ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2020

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

Modificacións derivadas da primeira actualización do plan básico autonómico en relación ás seguintes afeccións sectoriais:

Como resultado da recompilación de información dos distintos organismos sectoriais modifícase e actualizase o Plan básico autonómico nas seguintes afeccións:

1. Instrumentos de ordenación do territorio:

Instrumentos de ordenación do territorio engadidos na actualización do PBA 2020:

Plan sectorial:

• OT-17-033. Modificación puntual núm. 1 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia (aprobación definitiva polo Consello da Xunta o 29.11.2018, DOG núm. 242 do 20.12.2018).

Afecta os concellos de: Cambre e Cerceda na provincia da Coruña, Palas de Rei en Lugo, o concello de Ourense, e Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Vigo e Redondela na provincia de Pontevedra.

Proxectos sectoriais:

10 liñas de alta tensión:

• OT-18-002. Liña de alta tensión de evacuación do parque eólico Montes de Abella fase I-II modificado (aprobación definitiva do 28.2.2018, DOG núm. 67 do 5.4.2019).

• OT-17-030. Liña colectora Ludrio eixo sur: Tramo II 132 kV-parque eólico Serra do Punago-Vacariza/parque eólico Monciro (aprobación definitiva do 22.11.2018, DOG núm. 233 do 7.12.2018).

• OT-17-032. Liña de alta tensión de 132 kV da subestación eléctrica parque eólico de Monciro a subestación eléctrica interconexión Ludrio (aprobación definitiva do 27.12.2019, DOG núm. 11, do 16.1.2019).

• OT-18-005. Liña de alta tensión de evacuación parque eólico Pena Forcada Catasol II (aprobación definitiva do 31.1.2019, DOG núm. 33, do 15.2.2019).

• OT-09-071. Liña de alta tensión de 132 kV PEO Serra de Oribio-Sub Triacastela (aprobación definitiva do 9.11.2017, DOG núm. 187, do 1.10.2018).

• OT-17-046. Liña de media tensión de 30 kV de evacuación do parque eólico Cadeira (aprobación definitiva do 15.11.2018, DOG núm. 243, do 21.12.2018).

• OT-17-045. Liña de alta tensión de 66 kV dos parques eólicos de Montetourado e Eixo Montetourado á Subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV (aprobación definitiva do 22.11.2018, DOG núm. 240, do 18.12.2018).

• OT-17-031. Liña de alta tensión de 132 kV da subestación eléctrica do parque eólico Pastoriza-Rodeiro á subestación eléctrica de interconexión Ludrio 132/400 kV (Ludrio norte) (aprobación definitiva do 1.8.2019, DOG núm. 157, do 21.8.2019).

• OT-18-045. Liña de alta tensión de 66 kV de evacuación do parque eólico Miñón (aprobación definitiva do 10.10.2019, DOG núm. 221, do 20.11.2019).

• OT-18-047. Liña de alta tensión de 132 kV de evacuación do parque eólico Ourol (aprobación definitiva do 10.10.2019, DOG núm. 221, do 20.11.2019).

19 parques eólicos:

• OT-05-060. Modificación non substancial do parque eólico Oribio (fase I) (aprobación definitiva do 27.6.2019, DOG núm. 154, do 14.8.2019).

• OT-07-050. Parque eólico Paradela (aprobación definitiva do 13.12.2018, DOG núm. 12, do 17.1.2019).

• OT-10-069. Modificación non substancial do parque eólico Sasdónigas (aprobación definitiva do 22.11.2018, DOG núm. 24, do 4.2.2019).

• OT-11-033. Modificación non substancial do parque eólico Alto da Croa (aprobación definitiva do 5.12.2019, DOG núm. 3, do 7.1.2020).

• OT-13-012. Parque eólico Ourol (aprobación definitiva do 10.10.2019, DOG núm. 221, do 20.11.2019).

• OT-14-003. Parque eólico Carracedo (aprobación definitiva do 05.12.2018, DOG núm. 7, do 10.1.2019).

• OT-14-004. Parque eólico A Pastoriza (aprobación definitiva do 5.12.2018, DOG núm. 7, do 10.1.2019).

• OT-14-024. Parque eólico Pastoriza-Rodeiro (aprobación definitiva do 10.10.2018, DOG núm. 215, do 12.11.2018).

• OT-15-011. Parque eólico Neda (aprobación definitiva do 25.10.2018, DOG núm. 232, do 5.11.2018).

• OT-15-012. Parque eólico Cadeira (aprobación definitiva do 25.10.2018, DOG núm. 232, do 5.11.2018).

• OT-16-008. Parque eólico Serra do Punago-Vacariza (aprobación definitiva do 4.4.2019, DOG núm. 83, do 2.5.2019).

• OT-17-006. Parque eólico Pena Forcada Catasol II (aprobación definitiva do 12.7.2018, DOG núm. 152, do 9.8.2018).

• OT-17-011. Parque eólico Monte Tourado-Eixe (aprobación definitiva do 4.10.2018, DOG núm. 223, do 22.11.2018).

• OT-17-019. Parque eólico A Ruña II (aprobación definitiva do 19.12.2019, DOG núm. 30, do 13.02.2020).

• OT-17-022. Modificación non substancial do parque eólico Montes de Abella fase I-II (aprobación definitiva do 27.7.2019, DOG núm. 148, do 6.8.2019).

• OT-17-043. Repotenciación do parque eólico de Zas (aprobación definitiva do 25.4.2019, DOG núm. 109, do 11.6.2019).

• OT-18-003. Parque eólico Mouriños (aprobación definitiva do 4.10.2018, DOG núm. 198, do 17.10.2018).

• OT-18-010. Parque eólico Miñón (aprobación definitiva do 01.08.2019, DOG núm. 158, do 22.8.2019).

• OT-18-054. Parque eólico Sasdónigas fase II (aprobación definitiva do 20.12.2018, DOG núm. 24, do 4.2.2019).

Outros proxectos sectoriais:

• OT-18-034. Ampliación do Hospital Montecelo (aprobación definitiva do 26.7.2019, DOG núm. 184, do 27.9.2019, e núm. 188, do 3.10.2019).

• OT-17-026. Aluminios Cortizo (aprobación definitiva do 3.10.2019, DOG núm. 208, do 31.10.2019).

• OT-17-044. Modificación puntual núm. 2 do parque empresarial de Mondoñedo (aprobación definitiva do 14.6.2018, DOG núm. 123, do 28.6.2018).

• OT-19-003. Modificación puntual núm.1 do parque empresarial de Carballo (aprobación definitiva do 16.5.2019, DOG núm. 214, do 11.11.2019).

Correccións de erros na información dos Instrumentos de ordenación do territorio:

Engadíronse os seguintes documentos:

• OT-05-21. Parque eólico Hépotas (aprobación definitiva do 13.3.2011, DOG núm. 92, do 15.5.2019).

• OT-10-07. Modificación puntual segunda do parque empresarial de Monterroso (aprobación definitiva do 25.3.2010, DOG núm. 72, do 19.4.2010). Figuraba no listado do anexo III do PBA pero non estaba incorporado na documentación gráfica.

• OT-12-230. Parque eólico Chan do Eixo (aprobación definitiva do 23.2.2017, DOG núm. 116, do 19.6.2018).

Elimínanse os seguintes documentos:

• OT-05-09. Aproveitamento hidráulico no río Landro. Anulado por sentenza do STSXG 5630/2008 e STS 1472/2012.

• Do listado do anexo III do PBA: OT-12-105. Mellora e ampliación das infraestruturas básicas de abastecemento dos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante; e OT-12-106. Mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento dos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante; afectados pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia núm. 462/2013, do 6.6.2013, que anula o Plan sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, abastecemento e rede viaria do Concello de Barreiros.

2. Outros espazos protexidos (fóra da Rede Galega de Espazos Protexidos).

Engadiuse un novo Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Río Gafos, e un novo Espazo Privado de Interese Natural (EPIN) Os Lagos de Lousada.

3. Biodiversidade.

Engadíronse dúas árbores senlleiras:

• Falso ciprés de Solvouta, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

• Magnolia grandiflora da Casa da Picota, no concello de Boqueixón (A Coruña).

Engadiuse unha nova formación senlleira:

• Olmos de Santiago de Reinante, no concello de Barreiros (Lugo).

Engadiuse a información sobre o plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) e sobre os plans de recuperación da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.), do sapo-concho común (Emys orbicularis L.) e do oso pardo (Ursus Arctos), diferenciando en todos eles a información das áreas de presenza e das áreas prioritarias.

4. Costas.

Actualízase a información de costas con data do 12.6.2019, inclúense as ordes ministeriais desde xullo de 2016 ata agosto de 2018, e tamén se reducen os tramos en tramitación.

En detalle:

Provincia

Concello

Orde ministerial

Referencia

A Coruña

Ares

6.9.2017

DL-215-LC

Arteixo

4.8.2017

DL-147-LC

Boiro

19.10.2016

DL-171-LC

DL-167-LC

Cabanas

2.10.2017

DL-164-LC

Cambre

6.7.1989

en tramitación

DL-98-LC

Cariño

11.7.2017

DL-105-LC

Fene

19.7.2017

DL-199-LC (rectificación)

Fisterra

27.2.2017

DES01/07/15/0005

Mugardos

5.2.2018

DL-132-LC

Muros

27.2.2017

DL-201-LC

10.4.2017

DL-196-LC

En tramitación

DL-196-LC

17.5.2018

DL-163-LC (modificación)

Outes

19.7.2017

DL-151-LC

A Pobra do Caramiñal

27.2.2017

DL-125-LC

Ribeira

7.2.2017

DL-176-LC

17.8.2018

DL-160-LC

Sada

7.2.2017

DES01/14/15/0001

Lugo

Barreiros

5.6.2017

DL-23-LU (modificación)

Cervo

20.12.2016

DL-37-LU (modificación)

Foz

23.5.2017

DL-28-LU

DL-14-LU

28.5.2018

DL-28-LU (rectificación)

O Vicedo

23.5.2017

DL-10-LU (modificación)

DL-34-LU (modificación)

DL-26-LU (modificación)

Ribadeo

23.5.2017

DL-41-LU (modificación)

DL-22-LU (modificación)

5.2.2018

DL-22-LU (rectificación)

Viveiro

23.5.2017

DL-31-LU (modificación)

DL-18-LU (modificación)

10.10.2017

DL-45-LU

Pontevedra

Bueu

22.3.2018

DL-158-PO

Cambados

2.10.2017

DES01/06/36/0001

25.10.2017

DES01/06/36/0001

15.3.2018

DES01/06/36/0001

O Rosal

19.4.2018

DES01/08/36/0003

Vigo

27.7.2016

DL-151-PO

15.3.2018

DL-151-PO (tramo 1) (rectificación)

Vilanova de Arousa

19.10.2016

DL-163-PO (modificación)

5. Augas.

Actualizouse a información da rede hidrográfica coa información derivada do lugar de descarga dixital facilitado polas administracións competentes (confederacións hidrográficas que afecta a Comunidade Autónoma de Galicia: Augas de Galicia, Miño-Sil, Duero, e Cantábrico).

6. Paisaxe

Engadíronse as seguintes áreas de especial interese paisaxístico incluídas no Catálogo da paisaxe de Galicia, na Grande Área Paisaxística Rías Baixas:

• Serra do Cando, AEIP_08_12.

• Serra do Suído, AEIP_08_15.

7. Estradas.

Actualizouse a información da rede de estradas na comunidade autónoma, o que afecta principalmente cambios de titularidade de tramos de vías, de acordo coa base cartográfica oficial.

8. Ferrocarrís.

Actualizouse a información do sector ferroviario coa información derivada do lugar de descarga dixital facilitado pola administración competente, Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), o 3.7.2019: http://ideadif.adif.es.

9. Enerxía eléctrica.

Completouse a información da rede eléctrica de alta tensión na comunidade, engadindo 27 elementos novos.

Asemade, engádese a rede de media tensión.

10. Enerxía eólica.

Segundo a información facilitada polo organismo competente puxéronse en funcionamento 50 aeroxeradores novos dende a aprobación definitiva do Plan básico autonómico.

11. Gasoduto.

Engadiuse unha planta de gas natural liquado (GNL) para a subministración a Sarria (Lugo).

12. Portos.

Portos de Galicia:

Engadiuse nova información sobre a sinalización dos portos de Galicia, cunha capa de puntos, cun total de 274 novas entidades.

Asemade, tamén se engadiron 3 novas zonas de servizo:

Nome do porto

Concello

Provincia

Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa

Pontevedra

Muxía

Muxía

A Coruña

Ponteceso

Ponteceso

A Coruña

E foron modificadas as delimitacións das zonas de servizo dos seguintes 22 portos:

Nome do porto

Concello

Provincia

Sanxenxo

Sanxenxo

Pontevedra

As Corbaceiras

Pontevedra

Pontevedra

Tragove

Cambados

Pontevedra

Palmeira

Ribeira

A Coruña

Cabo de Cruz

Boiro

A Coruña

Escarabote

Boiro

A Coruña

Portosín

Porto do Son

A Coruña

Camelle

Camariñas

A Coruña

Laxe

Laxe

A Coruña

Barizo

Malpica

A Coruña

Ares

Ares

A Coruña

Ribadeo

Ribadeo

Lugo

Cedeira

Cedeira

A Coruña

Bares

Mañón

A Coruña

Burela

Burela

Lugo

Vilaxoán

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Moaña

Moaña

Pontevedra

Muros

Muros

A Coruña

Portocubelo

Portocubelo

A Coruña

Corcubión

Corcubión

A Coruña

Quenxe

Quenxe

A Coruña

Fisterra

Fisterra

A Coruña

Portos do Estado:

Actualízase a capa de información de Portos do Estado engadíndose 90 sinalizacións, principalmente localizadas nos portos de interese xeral do Estado de: Marín e ría de Pontevedra; de Vilagarcía de Arousa e a súa ría; do porto exterior da Coruña; e de Ferrol e a súa ría.

13. Aeroportos.

Actualízase a información de aeroportos en base a documentación remitida polo órgano sectorial competente o 26 de xullo de 2019, en concreto en:

• Actualízase a información da servidume aeronáutica do Radar de Espiñeiras e do Radar das Pontes.

Así mesmo, procédese a corrección dos erros detectados polo organismo competente na Zona de Servizo do Aeroporto de Vigo e na Zona de Servizo do Aeroporto da Coruña.

14. Telecomunicacións.

No tocante a información do Plan sectorial de Retegal e dos proxectos sectoriais de antenas de Retegal, o órgano sectorial competente procedeu a identificación daquelas antenas previstas que están executadas:

• 4 antenas derivadas dos proxectos sectoriais:

– RTGR15029_1502331CORISTANCO e RTGR27028_2700832LUGO previstas no proxecto sectorial de código OT-14-027.

– RTGR27021_2700848XERMADE e RTGR27034_2700843NAVIA DE SUARNA previstas no proxecto sectorial de código OT-14-021.

• 9 antenas derivadas das actuacións previstas definidas no Plan sectorial de Retegal:

RTGR15091_1502288VILARMAIOR

RTGR15026_1502297CESURAS

RTGR15041_1502299ALARACHA

RTGR27058_2700758OSAVIÑAO

RTGR27026_2700783LANCARA

RTGR27044_2700793APASTORIZA

RTGR27018_2700829FONSAGRADA

RTGR27042_2700833PARADELA

RTGR32046_MELON

No tocante ao resto de antenas localizadas no Plan básico autonómico das que derivan afeccións territoriais, o órgano competente realizou unha revisión das mesmas procedendo a sinalar unha serie de correccións que hai que incluír:

• Corrixíronse as coordenadas de 227 antenas, moitas delas pola detección de pequenas imprecisións,

• Desaparecen 11 antenas das identificadas como titularidade de Retegal (as identificadas cos seguintes códigos na aprobación definitiva: RTGA36533; RTGA36036046_PEDRADA; RTGA27030003_MONDOÑEDO; RTGA15015023_CABANAS; RTGR15006_1502287ARZUA; RTGR27010_2700737CASTRODEREI; RTGR32013_3200791MACEDA; RTGR36017_3601205AESTRADA; RTGR27017_2700870FOLGOSODOCOUREL; RTGR15070_1502208ASPONTES; RTGR27048_2700794APONTENOVA) así como a súa afección.

• Engádense 9 antenas:

RTGA36535

RTGA27561

RTGA36538

RTGA36541

RTGA27513

RTGA15526

RTGA36537

RTGA32523

RTGA32524

• Procedese a corrixir tamén a afección das antenas para axustala aos cambios anteriores.

15. Defensa.

Engadíronse 8 zonas de seguridade das instalacións de defensa e ademais engadíronse ámbitos á instalación de defensa do Exército de Terra de Figueirido, nos concellos de Pontevedra, Marín e Vilaboa; e engadiuse unha batería de costa no concello do Grove, segundo o sinalado polo organismo sectorial competente no seu informe do 20 de decembro de 2019.

Nome da zona de seguridade

Exército

Zona de seguridade próxima Escuadrón de Vixilancia Aérea núm. 10

Aire

Zona de seguridade Polvoríns de Mougá

Armada

Zona de seguridade La E.N. da Graña y Monte Fontelo

Armada

Zona de seguridade El Arsenal, Repuestos, E.E. Antonio de Escaño, Cuartel de Dolores del Tercio Norte y el Pabellón de Deportes de Batallones

Armada

Zona de seguridade Campo de Maniobras y Tiro de Parga

Terra

Zona de seguridade El Montón

Armada

Zona de seguridade base General Morillo

Terra

Zona de seguridade afastada de batería J-1 Puerto Cauces

16. Concesións mineiras.

Actualizouse a información das concesións mineiras segundo a información facilitada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia o 25 de outubro de 2019. Pásase de 1.027 dereitos mineiros na aprobación definitiva a 1.001 dereitos mineiros na actualización, o que supón unha redución de 8.426,91 ha, pasando de 354.494,62 ha na aprobación definitiva a
346 067,71 ha na actualización.

17. Concentracións parcelarias.

Engadíronse 11 concentracións parcelarias ás inicialmente recollidas no PBA, 4 na provincia da Coruña e 7 na provincia de Lugo:

Zona

Concello

Provincia

Decreto

Lamaboa

Palas de Rei

Lugo

1.11.2011

San Vicente de Vigo e Santa María de Vigo

Carral

A Coruña

26.3.1992

Vilarmaior-Barbeiros

Ordes

A Coruña

14.11.1990

Santa María de Nebra

Porto do Son

A Coruña

13.9.1991

Monte de Foxáns e Santa María de Bendaña

Touro

A Coruña

19.2.1993

Fanoi

Abadín

Lugo

19.2.1993

Pousada

Baleira

Lugo

27.5.1999

Ramil

Castro de Rei

Lugo

20.9.2001

San Xiao de Mos

Castro de Rei

Lugo

20.9.2001

Órrea-Galegos

Riotorto

Lugo

29.1.1992

Frexulfe

Valadouro, O

Lugo

1.10.1997

Así mesmo, fixéronse correccións en 29 concentracións parcelarias xa recollidas na aprobación definitiva do PBA:

Zona

Concello

Provincia

Decreto

San Juan de Ortoño

Ames

A Coruña

17.9.1964

San Lorenzo de Agrón

Ames

A Coruña

12.10.1960

Trasmonte

Ames

A Coruña

26.12.1964

Lens

Ames

A Coruña

14.2.1969

San Mamede do Monte

Baña, A

A Coruña

9.5.1963

Corneira

Baña, A

A Coruña

1.3.1962

Ermida, A

Baña, A

A Coruña

1.3.1962

Suevos

Baña, A

A Coruña

1.3.1962

Riba, A

Baña, A

A Coruña

1.3.1962

Cabanas II

Baña, A

A Coruña

1.3.1962

Barro-Marcelle

Baña, A

A Coruña

26.10.1961

Fiopáns

Baña, A

A Coruña

21.9.1960

Troitosende

Baña, A

A Coruña

21.9.1960

Marcelle

Baña, A

A Coruña

10.8.1985

Cabanas

Baña, A

A Coruña

17.6.1963

Os Ánxeles

Brión

A Coruña

26.4.1965

Coirós-Colantres-Lesa-Armea

Coirós

A Coruña

11.10.1967

Regueira

Oza dos Ríos

A Coruña

17.6.1981

Rodeiro-Bandoxa II

Oza dos Ríos

A Coruña

29.8.1980

Cis

Oza dos Ríos

A Coruña

22.7.1966

Cuíña

Oza dos Ríos

A Coruña

17.5.1966

Oza-Paderne

Oza dos Ríos

A Coruña

5.4.1965

Reboredo

Oza dos Ríos

A Coruña

7.9.1962

Bermui-Ribadeume

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

25.8.1979

San Sadurniño

San Sadurniño

A Coruña

13.10.1961

Alón

Santa Comba

A Coruña

22.2.1984

Fontecada

Santa Comba

A Coruña

28.6.1972

Vilarmaior

Santa Comba

A Coruña

14.9.1966

Meirás

Valdoviño

A Coruña

7.10.1963

18. Emerxencias e interior.

Actualízase a información relativa aos establecementos afectados polo Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves, nos que interveñan substancias perigosas segundo a información facilitada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior do 8.11.2019.

Inclúese unha nova capa coa delimitación de 14 ámbitos con Plan de emerxencia exterior (PEE) dos establecementos Seveso de nivel superior:

Nome da empresa

PEE

Concello

Provincia

Repsol Butano, S.A.

PEE A Grela-Bens

A Coruña

A Coruña

Repsol Petróleo, S.A.

PEE A Grela-Bens

A Coruña

A Coruña

ALU Ibérica LC, S.L.

PEE A Grela-Bens

A Coruña

A Coruña

CLH, S.A.

PEE A Grela-Bens

A Coruña

A Coruña

Arteixo Química, S.L.U.

PEE Arteixo Quiímica, S.L.U.

Arteixo

A Coruña

Masol Iberia Biofuel, S.L.U.

PEE Cabo Prioriño

Ferrol

A Coruña

Reganosa

PEE C.I. Punta Promontoiro

Mugardos

A Coruña

Forestal del Atlántico, S.A. e Imegasa

PEE C.I. Punta Promontoiro

Mugardos

A Coruña

Aluminio Español, S.A.

PEE C.I. San Cibrao

Cervo

Lugo

Cepsa Comercial Petróleo, S.A.U.

PEE Cepsa Gas Licuado, S.A. Maside

Maside

Ourense

CLH, S.A. (Vigo)

PEE CLH Vigo

Vigo

Pontevedra

Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A.U.

PEE Foresa

Caldas de Reis

Pontevedra

Finsa-Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A.U.

PEE Parque de Almacenamento Finsa-Foresa

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Syngenta España, S.A.

PEE Syngenta España, S.A.

O Porriño

Pontevedra

A capa de puntos da actualización do PBA inclúe a información de 29 Sevesos de nivel inferior:

Nome da empresa

Concello

Provincia

Bioetanol Galicia, S.A.

Curtis

A Coruña

C.L.H., S.A.

A Coruña

A Coruña

Carburos Metálicos, S.A.

Fene

A Coruña

Nedgia A Barcala GLP-185-15

Cambre

A Coruña

Nedgia Matogrande

A Coruña

A Coruña

Gesuga, Gestora de Subproductos de Galicia, S.A.

Cerceda

A Coruña

Industrias del Tablero, S.A.

San Sadurniño

A Coruña

Ingaroil, S.L.U.

As Somozas

A Coruña

Nedgia PSR GNL-079-124

Ribeira

A Coruña

Nedgia GLP 98-15

Carballo

A Coruña

Nedgia Ferrol

Ferrol

A Coruña

Unión de Empresas Madereras, S.A.

Coristanco

A Coruña

Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A.

As Somozas

A Coruña

Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A.

As Somozas

A Coruña

Nedgia PSR GNL 96085

Lugo

Lugo

Euroserum Ibérica, S.L.

Monforte de Lemos

Lugo

Nedgia Cuiña

Lugo

Lugo

Magnesitas de Rubián, S.A.

O Incio

Lugo

Nedgia Foz

Foz

Lugo

Nedgia Monforte GLP 13-27

Monforte de Lemos

Lugo

Vitogas España, S.A.

Sober

Lugo

Nedgia Verín

Verín

Ourense

Ence, Energía y Celulosa, S.A.

Pontevedra

Pontevedra

Copo Ibérica, S.A.

Mos

Pontevedra

Imeris Kiln Furniture España, S.L. (IKF)

A Guarda

Pontevedra

Nedgia PSN GNL-106

Lalín

Pontevedra

Nedgia PSR GNL-125

O Grove

Pontevedra

Nedgia PSN GNL-043

Cangas

Pontevedra

Zelnova Zeltia, S.A.

O Porriño

Pontevedra

19. Patrimonio cultural.

O Catálogo do Plan básico autonómico ampliouse bastante coa información achegada polo órgano competente.

De xeito resumido pode apuntarse o seguinte:

• Ampliouse en 63 o número de Bens de Interese Cultural (BIC) cos seus respectivos contornos de protección.

• Engadiuse a delimitación do Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de paisaxe cultural da Ribeira Sacra (DOG núm. 246, do 29.12.2017).

• Ampliouse en 298 o número de bens catalogados cos seus respectivos contornos de protección.

• Corrixiuse a localización dalgúns BIC e dalgúns bens catalogados xa incluídos na aprobación definitiva do Plan básico autonómico.

• Engadíronse tres plans especiais de protección.

20. Límites administrativos.

Actualízase a información sobre os límites municipais, e os da Comunidade Autónoma, coa información xeográfica de referencia dispoñible no centro de descargas do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), descarga de febreiro de 2020.

As principais alteracións coa información previa da aprobación definitiva do PBA son as seguintes:

• Alteración do límite da Comunidade Autónoma de Galicia en: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Navia de Suarna, Folgoso do Courel, A Gudiña, Riós, Vilardevós, Verín, Oímbra, Monterrei, Cualedro, Baltar e Calvos de Randín.

• Alteracións nos límites entre concellos:

– Entre O Barco de Valdeorras e Rubiá.

– Entre Barro e Portas.

– Entre O Corgo e Láncara.

– Entre Monterrei e Cualedro, e Monterrei e Oímbra.

– Entre Oímbra e Verín.

– Entre Baltar e Cualedro.

– Entre Marín e Pontevedra.

– No porto de Pontevedra, que se ten ampliado cara á ría.

– Entre Dozón e Lalín.

– Entre Covelo e Mondariz.

– Entre Cerdedo-Cotobade e Forcarei.

21. Entidades de poboación.

Actualizouse a información engadindo 27 entidades de poboación derivadas dos planeamentos xerais aprobados:

• Concello de Vilaboa: Larache; Outeiro, O; e Carballal.

• Concello de Coles: Seara Vella; Viso de Arriba; e Pazo, O.

• Concello da Teixeira: Ponte, A; Barrio; e Requeixo.

• Concello de Coles: A Eirexa; Alto de Curros; A Ribada; O Sobrado; Figueiredo; San Paio; Marco de Mira; A Zarriña; Vilar de Abaixo; e Outeiro de Cales.

• Concello de Tordoia: Torna, A; Casaldabade; Pazos de Abaixo; Monte Vello; Pardiñeiro; e Rabo do Lobo.

• Concello de Foz: Cangas.