Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23617

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2020 (código de procedemento MT210A).

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 93, do xoves 14 de maio de 2020, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 20085, artigo 19, onde di: «2. Documento que acredite a presentación do PAES na páxina web do Pacto»; debe dicir: «2. Documento que acredite a presentación do PACES na páxina web do Pacto».

Na páxina 20088, artigo 20, número 2, onde di: «No caso de que a entidade fixese constar na solicitude de subvención que solicita a modalidade de pagamento anticipado, no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión deberá presentar unha solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo V»; debe dicir: «No caso de que a entidade beneficiaria desexe solicitar a modalidade de pagamento anticipado, no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión deberá presentar unha solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo V».

Na páxina 20102, no número 2 do cadro «documentación que se presenta» do anexo IV (continuación) onde di: «1. Documento que acredite a presentación do PAES na páxina web do Pacto»; debe dicir: «1. Documento que acredite a presentación do PACES na páxina web do Pacto».