Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23974

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 19/2020 BPB).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 19/2020 desta sección, seguido por instancia de Andrea Cerdeira Fernández contra Sistemas de Televisión Gallega, S.L., Inmohevana, S.L. sobre despedimento disciplinario, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da traballadora Andrea Cerdeira Fernández contra a sentenza con data do 24 de xuño de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, en proceso por despedimento promovido pola recorrente contra as empresas Inmohevana, S.L. e Gallega de Televisión, S.L. debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Inmohevana, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza