Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23976

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 3654/2019 BPB).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3654/2019 BPB

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 323/2018 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Manuel Ángel Veiga García

Avogado: Manuel Casal Fraga

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Activa Mutua 2008 e Climatizaciones Ferrolterra, S.L.

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social e Benigno Lourido Ramil

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 3654/2019 desta sección, seguido por instancia de Manuel Ángel Veiga García contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral de la Seguridade Social, Activa Mutua 2008 e Climatizaciones Ferrolterra, S.L., sobre accidente de grao, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado polo demandante, Ángel Manuel Veiga García, contra a Sentenza ditada o 21.1.2019 polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol en autos nº 323-18 seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Activa Mutua 2008 e contra a empresa Climatizaciones Ferrolterra, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Climatizaciones Ferrolterra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza