Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 17 de xuño de 2020 Páx. 24022

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 13 de decembro de 2019 e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (SI427A).

Mediante a Resolución do 13 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 22, do 3 de febreiro de 2020), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2020 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Segundo o artigo 14.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola Comisión de Valoración prevista no artigo 12.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que se indican no anexo I pola contía resultante logo da aplicación do establecido no artigo 5.8 das bases reguladoras, por un importe total de 1.416.907,30 euros, con cargo á aplicación orzamentaria que se indica a seguir:

Aplicación

Código do proxecto

Importe

05.11.313B.481.2

2015 00142

1.416.907,30

Estas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 %, a través do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9. Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.3. A loita contra toda forma de discriminación e o fomento da igualdade de oportunidades, obxectivo específico 9.3.1. Aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando pola súa vez a discriminación múltiple.

Segundo. No anexo II relaciónanse as solicitudes que quedan na lista de espera segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer de producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.

Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 11.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases reguladoras.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 14.4 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Quinto. Informar as entidades beneficiarias de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Sexto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

Sétimo. De conformidade co artigo 18.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Resolución do 13 de decembro de 2019.

Oitavo. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 17.1 das bases reguladoras, é o 9 de outubro de 2020.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67, 68, 68 bis e 68 ter do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, segundo módulo ou custo unitario por hora efectivamente traballada, calculado sobre o custo directo de persoal máis un 20 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados do programa.

O período de referencia para desenvolver o programa e para imputar os gastos subvencionables é o comprendido entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.

Noveno. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 19 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

– Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización do programa, actuacións e actividades que fundamenta a concesión da subvención dentro do período e prazos establecidos na Resolución do 13 de decembro de 2019, así como o cumprimento dos requisitos, condicións e obrigas que resultan da normativa de aplicación.

– Manter unha pista de auditoría suficiente, dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria, e manter de forma separada na contabilidade os ingresos da axuda percibida e conservar toda a documentación relativa á subvención durante, polo menos, un período de tres anos, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación ante a Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado polo organismo intermedio do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (actualmente, a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos).

– Dar cumprimento á obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046. Así, en todo tipo de publicidade e información relativas á actuación e actividades subvencionadas, terá que constar a condición de subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

En todo caso, nos espazos de atención ás usuarias e nas comunicacións contarán co emblema da Unión Europea coa referencia ao Fondo Social Europeo, e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispor dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

– Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos. Os emblemas deberán figurar, como mínimo, en todo o material e nos documentos que se utilicen ou entreguen ás usuarias ou participantes.

– Adecuar a metodoloxía de recollida e proceso de datos de seguimento e de acreditación da realización da actividade de persoas beneficiarias ás fórmulas requiridas a través da aplicación Participa 1420, realizando as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE. Neste senso, na súa cobertura deberá respectarse o principio de integridade dos datos.

Os datos dos indicadores de produtividade relativos ás entidades e ás persoas participantes referiranse á situación previa á súa participación no programa dentro do período subvencionable, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse á situación dentro das catro semanas seguintes á finalización da súa participación nese período. Así mesmo, a Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice esta actividade, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, facilitaráselles ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación Participa 1420.

Para dar cumprimento a estes requisitos de información, as entidades beneficiarias deberán introducir os datos do perfil cos indicadores de produtividade e de resultado das persoas participantes na aplicación Participa 1420. Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán custodiar a ficha individualizada de seguimento cos indicadores de produtividade, máis a dos de resultado inmediato de cada unha das persoas participantes, asinada pola participante e pola persoa responsable do programa, segundo o modelo dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

- Dar cumprimento á normativa de protección de datos persoais, en concreto ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais (Regulamento xeral de protección de datos), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Os datos persoais das persoas usuarias participantes nas actuacións subvencionadas serán tratados pola Xunta de Galicia-Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral de Igualdade) na súa condición de responsable, coa finalidade de xestionar o adecuado desenvolvemento desta resolución e poderán ser comunicados ás administracións públicas competentes cando sexa necesario para tramitar o procedemento, aos organismos financiadores e ás entidades colaboradoras na xestión do proxecto. A base lexitimadora do tratamento é o cumprimento dunha misión realizada en interese público, a prestación de asistencia de tipo social e o consentimento das persoas interesadas, que poderán solicitar o acceso, a rectificación e a supresión dos seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar, de ser o caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se detalla en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.

As entidades beneficiarias da subvención serán responsables de informar de maneira fidedigna as destinatarias finais do tratamento que levarán a cabo sobre os seus datos conforme o especificado no artigo 13 do Regulamento xeral de protección de datos, así como dos aspectos incluídos no parágrafo anterior, e solicitarán o seu consentimento explícito para o efecto. Así mesmo, as entidades beneficiarias serán responsables de custodiar a documentación que acredite o cumprimento destas obrigas.

– Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

– Facilitar toda a información requirida pola Secretaría Xeral da Igualdade, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

– Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar a Secretaría Xeral da Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE, que incluirán as oportunas visitas sobre o terreo.

No artigo 21 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará.

Décimo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

A secretaria xeral da Igualdade
P.D. (Resolución do 8.6.2020, DOG núm. 111, do 9 de xuño)
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

ANEXO I

Concesións

Nº de expte.

Entidade

(por número de expte.)

NIF

Denominación do programa

Nº total de horas imputadas ao programa subvencionables

Nº mínimo de usuarias

Nº mínimo de usuarias con atención continuada

Puntos

Tramo

Importe de concesión

SI427A 2020/001

Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza-Acode

G36527745

Ollando cara o futuro

544

13

8

66,00

70 %

8.211,57

SI427A 2020/003

Alume Saúde Mental

G27198977

Programa pluriasistencial de apoio e rehabilitación con aloxamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

1.720

15

15

71,00

70 %

25.963,06

SI427A 2020/004

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

Por elas

784

18

11

56,00

60 %

10.143,71

SI427A 2020/005

Asociación de Viúvas María Andrea

G32014334

Apoiando na soidade

900

21

13

64,00

60 %

11.390,48

SI427A 2020/006

Asociación Down Ourense

G32311870

Programa de atención integral dirixida a mulleres con discapacidade intelectual e síndrome de Down

774

18

11

65,00

70 %

11.683,38

SI427A 2020/007

Asociación Redmadre Ourense

G32394082

Nais e fill@s

1.157

27

16

84,00

80 %

19.959,64

SI427A 2020/009

Auxilia Delegación Lugo

G08317059

Diversas pero iguais V

800

19

11

73,00

70 %

12.075,84

SI427A 2020/012

Asociación Íntegro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

G15173263

PIMD rural

1.217

28

17

63,00

60 %

15.746,03

SI427A 2020/013

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

G15458060

Mulleres teimudas: apoio na etapa adulta ás mulleres coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

729

17

10

66,00

70 %

11.004,11

SI427A 2020/014

Asociación Participacción

G32477127

Abrindo cancelas con flores

632

15

9

71,00

70 %

9.539,92

SI427A 2020/016

Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo

G36928646

Xuntas

464

11

7

54,00

50 %

5.002,85

SI427A 2020/017

Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

G27262799

Coidando de min IV

644

15

9

64,00

60 %

8.332,33

SI427A 2020/018

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

G15068091

Recursos especializados para mulleres xordas

1.053

24

14

58,00

60 %

13.624,13

SI427A 2020/019

Asociación de Ayuda a la Vida (Ayuvi)

G36802536

Ti podes

1.455

34

20

84,00

80 %

25.100,50

SI427A 2020/020

Fundación

Érguete- Integración

G36861078

Proxecto EVA

(emprego-visibilidade-autonomía)

1.809

42

25

72,00

70 %

27.306,50

SI427A 2020/021

Down Pontevedra «Xuntos», Asociación Síndrome de Down

G36164887

Programa de empoderamento de mulleres no colectivo da síndrome de Down-discapacidade intelectual

1.290

30

18

57,00

60 %

16.690,54

SI427A 2020/022

Cáritas Diocesana Tui-Vigo

R3600368I

Agarimo V

2.533

59

35

70,00

70 %

38.235,13

SI427A 2020/023

Aliad Ultreia

G27021120

Programa Senlleiras

1.853:42

43

26

72,00

70 %

27.981,23

SI427A 2020/024

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro)

G32237869

Tecendo oportunidades

1.928

45

27

73,00

70 %

29.102,77

SI427A 2020/025

ONG Mestura

G15940414

Neneiras

1.915

45

27

82,00

80 %

33.036,05

SI427A 2020/026

Andaina pro Saúde Mental

G70264999

Atención integral para a promoción da autonomía das mulleres no rural con trastorno mental 2020

810

19

11

75,00

80 %

13.973,47

SI427A 2020/027

Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol)

G15745466

Reinvéntate-Programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

449

10

6

51,00

50 %

4.841,12

SI427A 2020/028

Asociación Saúde Mental

A Creba

G15476310

Apoio integral a mulleres con doenzas mentais procedentes do medio rural

516

12

7

56,00

60 %

6.485,66

SI427A 2020/029

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur Galicia)

G70101647

Servizo integral para mulleres do rural en situación de vulnerabilidade

1.968

46

28

82,00

80 %

33.950,36

SI427A 2020/030

Asociación Nós Mesmas

G27718907

Servizo de orientación, formación e asesoramento social, psicolóxico e laboral a mulleres LBT

1.706

40

24

69,00

70 %

25.751,73

SI427A 2020/031

Asociación Síndrome de Down de Lugo (Down Lugo)

G27202043

Fortalecemento de capacidades persoais e sociais das mulleres do colectivo Down da provincia de Lugo

1.462

34

20

56,00

60 %

18.915,94

SI427A 2020/032

Cruz Roja Española

Q2866001G

Primeira infancia: apoio á crianza de 0 a 3 anos

802:30

19

11

53,00

50 %

8.652,56

SI427A 2020/034

Asociación Redmadre Pontevedra

G27707686

Nais e fill@s

1.503

35

21

84,00

80 %

25.928,55

SI427A 2020/035

Asociación Diversidades

G27783950

Donas da cidade 2020

1.988

46

28

82,00

80 %

34.295,38

SI427A 2020/037

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

G27441153

PRIAPE para mulleres en situación de vulnerabilidade. Muller: o teu traballo, a túa liberdade

1.964

46

28

82,00

80 %

31.232,83

SI427A 2020/038

Saúde Mental FEAFES Galicia

G15545353

Atención integral a mulleres con enfermidade mental en situación de vulnerabilidade

1.855

43

26

68,00

70 %

28.000,85

SI427A 2020/040

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Servizo de atención ás mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.505

35

21

71,00

70 %

22.717,67

SI427A 2020/041

Asociación de Mulleres Arandeira

G32261679

Programa de empoderamento e atención integral das mulleres do rural

1.500

35

21

78,00

80 %

25.876,80

SI427A 2020/042

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

Briana

1.707

40

24

80,00

80 %

29.447,80

SI427A 2020/043

Asociación Érguete

G36642726

Intervención desde unha perspectiva de xénero con mulleres reclusas ou exreclusas «Mírate»

1.735

40

24

90,00

90 %

33.672,19

SI427A 2020/044

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

Acompaña, en feminino

2.078

48

29

58,00

60 %

26.885,99

SI427A 2020/045

Acadar. Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia

G70223417

Programa Enrédate 2ª edición

1.750

41

25

76,00

80 %

30.189,60

SI427A 2020/046

Asociación Veciñal

As Termas

G32334989

Espazo de apoio integral ás mulleres

440

10

6

57,00

60 %

5.692,90

SI427A 2020/047

Asociación para a prevención e a educación social (APES)

G32383549

#espazomulleres

312

7

4

68,00

70 %

3.658,63

SI427A 2020/048

Unión General de Trabajadores de

Galicia-UGT Galicia

G15383011

Servizo de atención a mulleres (SAM)

1.561

36

22

63,00

60 %

20.196,84

SI427A 2020/049

Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

G27119809

Atención integral a mulleres en situación pre, intra e pospenitenciaria e familiares afectados

1.850

43

26

78,00

80 %

31.914,72

SI427A 2020/050

Asociación Ayuda y Atención al Preso

G15414667

Programa Silvia

1.918

45

27

76,00

80 %

32.002,22

SI427A 2020/051

ValoReSC Innovation

G70377585

A Tribo de Malaya

1.911

44

26

62,00

60 %

23.223,94

SI427A 2020/052

Asociación Antonio Noche

G15210388

Confeccionando o teu futuro

1.999

46

28

62,00

60 %

24.004,51

SI427A 2020/053

Acción Laboral

V09409749

Proxecto Boudica III

1.925

45

27

70,00

70 %

29.057,49

SI427A 2020/054

CIMO Entidade Prestadora de Servizos

G32010449

Actívate

760

18

11

50,00

50 %

8.194,32

SI427A 2020/055

Asociación de Mulleres Algueirada

G32354227

Servizo de atención a mulleres anciás que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.032

24

14

71,00

70 %

15.577,84

SI427A 2020/057

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario, Daleth

G70480595

Programa Daleth 2019/2020 para mulleres en situación de especial vulnerabilidade: Volvoreta IV

1.877

44

26

78,00

80 %

31.995,54

SI427A 2020/058

Asociación Integrados

G15973357

Servizo de formación e integración para mozas con discapacidade 2020

904

21

13

67,00

70 %

13.645,70

SI427A 2020/059

Asociación Amicos

G15747678

Programa mulleres, discapacidade e prevención do maltrato

1.720

40

24

66,00

70 %

25.963,06

SI427A 2020/060

Down Vigo: Asociación para Síndrome de Down

G36697324

Recursos integrais de atención personalizada e grupal de mulleres con síndrome de Down e discapacidade

1.720

40

24

66,00

70 %

25.963,06

SI427A 2020/061

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)

G32115941

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

2.651

62

37

71,00

70 %

40.000,00

SI427A 2020/062

Fundación Ronsel

G15752660

Zulia, empoderamento da muller venezolana a través do emprendemento e da creación de redes

490

11

7

54,00

50 %

5.283,18

SI427A 2020/063

Fundación Juan Soñador

G24452435

Mulleres migrantes Teranga en situación de especial vulnerabilidade

1345:30

31

19

54,00

50 %

14.507,19

SI427A 2020/064

Asociación Centinelas

G70390745

100 % muller 2020

1.892

44

26

77,00

80 %

32.000,24

SI427A 2020/065

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Em-podérate

1.250

29

17

76,00

80 %

21.564,00

SI427A 2020/066

Asociación Xarela Formación-Animación

G32261307

Valor-es

899

21

13

78,00

80 %

15.508,83

SI427A 2020/068

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

Atención psicosocial a mulleres xestantes e/ou lactantes con nenos/as menores de dous anos

1.834

16

16

75,00

80 %

31.638,70

SI427A 2020/069

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

Violencia de xénero, unha realidade oculta

1.755

41

25

78,00

80 %

30.275,86

SI427A 2020/070

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

Proxecto «Importas 2»

942

22

13

78,00

80 %

16.250,63

SI427A 2020/071

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

G94088549

Programa Apico 2019/2020: plan de loita, información e apoio integral a vítimas de violencia de xénero

1.980

46

28

68,00

70 %

29.887,70

SI427A 2020/072

Apetamcor

G32026056

Programa Verea

1.870

43

26

68,00

70 %

27.924,12

SI427A 2020/073

Asociación Mirabal

G70312954

Programa Mimosa 2019/2020

1.075

25

15

78,00

80 %

18.160,08

SI427A 2020/074

Asociación E-Deidades para a Integración Laboral e Social da Muller

G27431873

Traballando xuntas 2020

944

22

13

48,00

50 %

10.178,21

SI427A 2020/075

Asociación Ámbar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

Oigo. Programa integral de empoderamento e autoxestión para mulleres con diversidade intelectual

860

20

12

76,00

80 %

14.836,03

SI427A 2020/076

Ecos do Sur

G15354483

Apoio a nais

1.915

45

27

68,00

70 %

28.906,54

SI427A 2020/078

Federación EFA Galicia

G15299357

Mulleres con proxecto: experiencias e seguimento

362

8

5

62,00

60 %

4.683,70

SI427A 2020/079

Agrupación Miño de Asociacións Veciñais do Rural e da Periferia de Ourense

G32408023

Rede veciñal de mulleres

740

17

10

57,00

60 %

9.574,42

SI427A 2020/080

Fundación Impulsa para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social

G27866763

Programa Gaia

1.058

25

15

58,00

60 %

13.688,83

ANEXO II

Listaxe de espera

Nº de orde

Nº de expte.

Entidade

NIF

Denominación do programa

Puntos

1

SI427A 2020/067

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus

G15681000

Mulleres tecendo redes

44,00

2

SI427A 2020/033

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

Programa materno-infantil

40,00

3

SI427A 2020/002

Aspnais-Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo

G27018365

Autodeterminación e empoderamento (para a igualdade) de mulleres con discapacidade intelectual

36,00

4

SI427A 2020/039

ACCEM

G79963237

Servizo de atención psicoeducativa e terapéutica para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

31,00

5

SI427A 2020/008

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

Apoio á vivenda 2020

30,00

ANEXO III

Solicitudes denegadas e desistidas

Nº de expte.

Entidade

NIF

Denominación do programa

Causa

SI427A 2020/010

Xeracción, S. Coop. Galega

F32479040

Enredadas

Artigo 4.2 das bases reguladoras: entidade excluída do ámbito de aplicación da convocatoria

SI427A 2020/011

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

IV Programa mediación en mobilidade humana de usuarias da casa de acollida Patronato Concepción Arenal

Artigo 6.1 das bases reguladoras: non acredita que os gastos directos de persoal estean directamente relacionados coa actuación nin que se refiran de forma inequívoca e constatable a ela

SI427A 2020/015

Asociación para la Igualdad y la Visibilidad Lésbica LES Coruña

G70563143

Proxecto jam session

Artigo 11.1 das bases reguladoras: non emenda a documentación requirida mediante a Resolución do 5 de maio de 2020 (DOG núm. 93, do 14 de maio)

SI427A 2020/036

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo

G70464334

CEMEC (Centro de empoderamento para mulleres empregadas do fogar e os coidados)

Puntos 1.a) e 3 do artigo 4 das bases reguladoras: a inscrición na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais é posterior ao remate do prazo de presentación de solicitudes

SI427A 2020/056

Asociación Escola Rural de Saúde da Limia

G32426025

X-nosotras. Atención integral á muller da Limia

Desistencia expresa: artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

SI427A 2020/077

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

Programa Senectus IV

Desistencia expresa: artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas