Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24766

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 5 de xuño de 2020 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe San Miguel 2 de Vigo.

A titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe San Miguel 2 de Vigo solicita a modificación da autorización para a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) de administración e finanzas e de dúas unidades de bacharelato da modalidade de ciencias, e a autorización para impartir o ciclo formativo de formación profesional básica (FPB) de informática de oficina.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización e supresión de ensinanzas

Autorizar o ciclo formativo de FPB de informática de oficina e suprimir o CS de administración e finanzas e dúas unidades de bacharelato da modalidade de ciencias, no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: San Miguel 2.

Código: 36011211.

Enderezo: r/ Tomás A. Alonso, 13.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio San Miguel, S.L.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 4 unidades das modalidades de humanidades e ciencias sociais, e de artes.

Educación especial: 1 unidade.

Formación profesional:

• FPB informática e comunicacións (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

• FPB informática de oficina (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

Quenda tarde-noite:

• Educación para persoas adultas na modalidade presencial: 6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias, humanidades e ciencias sociais, e de artes.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia na unidade que se autoriza, así como o equipamento adecuado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional