Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24956

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de nomeamento de funcionarias e funcionario.

De conformidade coas bases específicas publicadas no BOP da Coruña núm. 100, do 29 de maio de 2019, e mediante anuncio publicado no BOE núm. 228, do 23 de setembro, convocouse o concurso de méritos para a provisión de sete postos de traballo de xefaturas de negociado do Concello de Santiago de Compostela.

Mediante Decreto da concelleira delegada de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local do 1 de xuño de 2020 noméanse funcionarias as persoas que se relacionan no anexo, que deberán tomar posesión do posto adxudicado de conformidade co establecido na base oitava das bases específicas e no artigo 48 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía 17.6.2019)
Marta Abal Rodríguez
Concelleira delegada de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local

ANEXO

Apelidos e nome

Xefaturas adxudicadas

Código do posto

Cadilla Piñeiro, José Ramón

Xefatura de Negociado de Información

1432F1420

Castelo Sánchez, Delia

Xefatura de Negociado de Pagamentos e Ingresos

2110F1420

Codesido Fuciños, Mª del Carmen

Xefatura de Negociado de Rexistro e Certificacións

1431F1420

Del Río Martínez, Alejandra

Xefatura de Negociado de Inspección

2125F1420

Estévez Temiño, Mª Soledad

Xefatura de Negociado de Asesoría Xurídica

1450F1420

Neiro Nimo, Mª Luz

Xefatura de Negociado de Deportes

6500F1420

Rello Fernández, Ana

Xefatura de Negociado de Obras

4210F1420