Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verea

ANUNCIO das bases e da convocatoria para cubrir unha praza de peón-operario de servizos varios.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno local do 8 de xuño de 2020 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de peón-operario de servizos varios neste concello, a través do sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 134, do 12 de xuño de 2020, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios da sede electrónica www.concellodeverea.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios do Concello.

Verea, 16 de xuño de 2020

José Antonio Pérez Valado
Alcalde